Irixoa - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA SOBRE RECOLLIDA DE LIXO OU R.S.U. (RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS)
Artigo 1.-Motivación e imposición
Artigo 2.-Feito impoñíbel
1.-Constitúe o feito impoñíbel da taxa a prestación do servizo, que é de recepción obrigatoria, de recollida de lixo ou R.S.U. de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos.
2.- A tal efecto considérase como lixo ou R.S.U. os restos e desperdicios de alimentación, detritus procedentes da limpeza normal de locais e vivendas; expresamente exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, líquidos, escombro de obras, trastos inútiles, detritus humano, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos, ou os que a súa recollida e verquido exixa a adopción de especiais medidas de hixiene ou de seguridade.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos
1.-Son suxeitos pasivos desta Taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, aínda carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptíbel de calquera imposición, que ocupen ou utilicen calquera clase de vivenda ou local, ben sexa a título de propiedade, de arrendatario ou calquera outro dereito real, incluíndo o precario. Tamén terán consideración de suxeito pasivo os propietarios de vivendas ou locais desocupados ou de tempada, xa que a non utilización ocasional do servizo non invalida a obriga de prestación municipal e de recepción de tales propietarios.
2.-Terán a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das citadas vivendas ou locais, quen poderá repercutir a cota sobre os usuarios ou beneficiarios do servizo.
Artigo 4.-Responsábeis
1.- Serán responsábeis solidariamente das obrigas establecidas nesta Ordenanza todas as persoas causantes ou colaboradoras na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, todas as sociedades integrantes do grupo serán responsábeis solidarias das infraccións cometidas no desarrollo e xestión económica do servizo.
2.- Os coparticipantes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades definidas no artigo 3.1 desta Ordenanza responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións nas obrigas tributarias das citadas entidades.
3.- Serán responsábeis subsidiarios das infraccións simples, e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves, cometidas polas persoas xurídicas os administradores que non realicen os actos da súa incumbencia, con resultado de infracción das obrigas que impón esta Ordenanza, ou inclusive cando consentisen o incumprimento dos que actúan baixo dependencia ou participen en acordos que fixesen posíbel calquera infracción. Asimesmo, os administradores responderán, subsidiariamente, das obrigas que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaren as súas actividades.
4.- Serán responsábeis subsidiarios os Síndicos, interventores, liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas devengadas con anterioridades ás citadas situacións e que sexan imputábeis aos respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 5.- Cota tributaria
1. A cota tributaria, que será anual e indivisíbel, agás nos supostos previstos expresamente, consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, determinada en función da natureza e destino dos inmóbeis.
2. As cotas anuais a aplicar serán as do seguinte cadro:
Apart. | Tipo de local | Cota € |
a) | Por cada vivenda unifamiliar | 45 |
b) | Por cada local de bares, ultramariños, casas rurais e similares | 90 |
c) | Por cada forno, panadería, bar con restaurante, hoteles rurais e similares | 130 |
d) | Por cada local de oficinas ou despacho profesional | 70 |
e) | Por cada oficina bancaria | 171 |
f) | Por cada taller mecánico ou de reparación en xeral | 100 |
g) | Por cada carpintería, aserradeiros, etc | 100 |
h) | Por cada local de cuartel da Garda Civil, Policia, instalacións militares, etc | 145 |
i) | Por cada cooperativa agrícola, grupos de produtores do campo, horticultores, floricultores, sociedades agrarias de transformación (SAT), queixeirías, etc.anteriores | 125 |
k) | Por cada local de farmacia, parafarmacia, herboristería, etc | 90 |
l) | Por cada estación de servizo de combustible | 195 |
ll) | Por cada supermercado, hipermercado ou similares (>150 m2) | 220 |
m) | Por cada local non incluido nos apartados anteriores por superficie de 100 m2 ou fracción | 145 |
Estas cotas devengaranse desde que naza a obriga de contribuír. Só terán a consideración de locais aqueles aos que o público teña acceso independente doutro local vivenda, debendo superar unha superficie de 8 m2.
Artigo 6.- Exencións e bonificacións
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88, de 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo ao Estado, Comunidade Autónoma e ente provincial ao que pretence este Concello, e os que sexan derivados da aplicación dos Tratados Internacionais,
Como excepción a tal regra, estarán exentos da Taxa os declarados pobres de solemnidade ou por precepto legal ou ben estean inscritos no Padrón Municipal da Beneficencia.
Artigo 7.- Devengo
Artigo 8.- Declaración e ingreso
Artigo 9.-Dereitos e deberes dos usuarios
1.- Os usuarios do servizo teñen dereito:
a) á retirada de lixo nos días e horas establecidos e cos medios técnicos aproriados, agás en casos de forza maior.
b) a que o servizo se preste con respecto ao principio de igualdade ante a Lei e aos motivos ou fins que a xustifiquen.
c) a que as taxas a abonar estean legalmente fixadas na correspondente Ordenanza Fiscal.
d) aos demais dereitos fixados na normativa en relación ao presente servizo.
2.- Os usuarios do servizo estarán obrigados:
a) a colocar o lixo ou R.S.U. en bolsas homologadas e depositalas no contedor máis próximo nas horas e días establecidos.
b) a non incluír nos contedores materias que non teñan consideración de lixo segundo o regulado no artigo 2 desta Ordenanza.
c) a satisfacer as cotas da Taxa na nontía e forma previstas nesta Ordenanza Fiscal.
d) a cumprimentar calquera obriga derivada desta Ordenanza e demais normativa relacionada co servizo.
Artigo 10.- Infraccións e sancións
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada orixinariamente por acordo plenario de 29-10-1997 e modificada por acordos plenarios de 22-09-2000 e 26-9-2008 (BOP 13-12-2008) e 26-10-2011, entrará en vigor unha vez publicada no BOP, e unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, comezando a aplicarse efectivamente a modificación a partir do día 1 de xaneiro de 2012, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.