Vimianzo - ORDENANZA FISCAL N.º 5, REGULADORA DA TAXA POR LICENZA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTO OU POSTA EN FUNCIONAMENTO DE INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS OU MERCANTÍS
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se as instalacións industriais e mercantís ou outros análogos reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura, uso ou funcionamento a que se refire o artigo 22 do Regulamento de servicios dos corporacións locais ou a Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, do 30 de decembro de 2002, o Regulamento de disciplina urbanística de Galicia e a restante normativa sobre protección ambiental que resulte de aplicación.
2. Para tales efectos, terá a consideración de apertura:
a) A posta en funcionamento por vez primeira do establecemento ou instalación, para dar comezo as súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento ou instalación aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento ou instalación e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte as condicións sinaladas no número 1 deste artigo esixindo nova verificación destas.
3. Entenderase por establecemento ou instalación industrial ou mercantís toda construcción ou instalación, atópese ou non aberta ó público, que:
a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril, artesá, da construcción, comercial, de servicios e productiva en xeral, incluída no censo de actividades económicas.
b) Aínda sen desenvolverse aquelas actividades, que sirvan de auxilio ou complemento destas, ou teñan relación con elas de forma que lles proporcionen beneficios ou proveito, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorio, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, que no seu caso, se desenvolve en calquera establecemento ou instalación industrial ou mercantil.
Artigo 4.º .-Responsables.
1. Responderá solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º .-Determinación da base impoñible.
1. Virá determinada por unha contía en función da ocupación, destino do inmoble, así como polo presuposto de execución material segundo a natureza da instalación ou establecemento e actividade, en atención ó nivel de esixencias de control para verificar que aquelas compren as condicións de tranquilidade, seguridade, salubridade e, en xeral, protección ambiental esixidas no conxunto do ordenamentos xurídico e o estado da evolución tecnolóxica.
2. A base impoñible esixirase por unidade local.
3. Nos casos de variación da actividade, soamente se esixirá a taxa, se o novo destino estivese gravado con maior tarifa e sempre pola diferencia existente coa anteriormente devengada.
4. Nos casos de ampliación, aboarase unha porcentaxe da tarifa similar o que supoña a dita ampliación.
5. No caso de desestimento formulado polo solicitante, con anterioridade á concepción da licencia, as cotas a liquidar, serán o 10 por cento das que correspondesen, sempre que a actividade municipal, tivese comezado.
6. No caso da solicitude a instancia de parte para cambio de titularidade de unha licencia concedida aplícase unha tarifa lineal.
Artigo 6.º .-Tarifas.
Para os efectos de determina-la cota tributaria e tendo en conta os elementos determinantes da base impoñible, aplicaranse as seguintes tarifas:
Conceptos | Euros | |||
Actividades/instalacións establecementos suxeitos a RAMINP | Regulamento espectáculos | RAMINP + espectáculos | Actividades inocuas | |
Polos primeiros 100 m2 ou fracción | 120 | 150 | 200 | 100 |
Por cada m2 que supere os 100 m2 | 0,9 | 1,08 | 1,35 | 0,72 |
Para o caso de actividades sometidas a expedientes de avaliación de impacto ou efectos ambientais, nos termos previstos na lexislación de protección ambiental aplicarase como tarifa a porcentaxe de 1 por cento sobre o presuposto da instalación de que se trate que incluirá o presuposto de execución material e, no seu caso, o custo de instalación de elementos incorporables de obra e maquinaria que, de modo permanente, contribúan ó proceso productivo, de acordo co presuposto total do proxecto.
Para os efectos de aplicación desta ordenanza tomaranse como referencia, nestes expedientes de actividades sometidas a trámite de avaliación ou efectos ambientais, co fin de determina-lo presuposto sobre o que se aplicará a tarifa, os seguintes parámetros:
A) Obras de edificación.
1. Industrial: 126 euros/m2
2. Comercial: 204 euros/m2
3. Residencial ou hostaleiro: 315 euros/m2
B) Infraestructuras e instalacións específicas.
1. Redes eléctricas, gas, outros: 157,5 euros/m2
2. Centros de tratamento, proceso e distribución: 189 euros/m2
C) Actividades e accións sobre o territorio que impliquen un uso extensivo deste.
1. Extraccións mineiras: 3 euros/m2
2. Parques recreativos, de ocio, campos de golf, etc.: 3 euros/m2
3. Outros: 3 euros/m2
D) A maquinaria cuantificarase polo seu valor real.
Por cada expediente que se tramite, a instancia de parte, para cambio de titularidade de calquera tipo de licencia de apertura de establecementos: 60 euros.
Artigo 7.º .-Determinación da base liquidable.
Esta base determinarase aplicando a bonificación dun 40 por cento sobre a cota resultante de aplica-las tarifas previstas no apartado precedente, agás no caso de actividades ou instalacións sometidas a declaración de impacto ou efectos ambientais e nos cambios de titularidade.
Para aqueles establecementos que se instalen no Polígono Industrial de Vimianzo, durante os anos 2011 e 2012, e soliciten a súa correspondente licenza de apertura de establecemento ou posta en funcionamento de instalación nestes exercicios, a base determinarase aplicando neste caso, unha bonificación de 90 por cento sobre a cota resultante de aplicalas tarifas previstas nos artigos anteriores, agás no caso de cambios de titularidade.
Artigo 8.º .-Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, do suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando a apertura ou posta en funcionamento xa tivese lugar sen obte-la oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autoriza-la apertura do establecemento ou decreta-lo seu peche, se non fose autorizable a dita apertura.
3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, de ningún modo, por denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 9.º .-Declaración.
1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil ou análoga presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local, acompañada do contrato ou título de adquisición do local, indicando neste último caso se o local non tivese asignado valor catastral, o prezo de adquisición ou o custo de construcción deste, no seu caso.
2. Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura ou posta en funcionamento se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas polo establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán que poñerse en coñecemento da Administración Local co mesmo detalle e alcance que se esixe na declaración prevista no número anterior.
Artigo 10.º .-Liquidación e ingreso.
1. Finalizada a actividade municipal e unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola taxa, que será notificada o suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación
2. Cando o suxeito pasivo sexa propietario, usufructuario ou concesionario so establecemento, e o local non teña sinalado o valor catastral, practicarase unha liquidación provisional tomando como base impoñible o valor de adquisición ou, no seu caso, o custo de construcción do referido local.
Unha vez fixado o valor catastral, practicarase a liquidación definitiva que proceda, da cota deducirase a liquidación provisional, ingresándose a diferencia nas arcas municipais ou devolvéndose de oficio, se así procedera, ó interesado o exceso ingresado por consecuencia da liquidación provisional.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.
En todo ó relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 de concordantes da Lei xeral tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, na que a súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o vintedous de novembro de dous mil tres, entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.