Cedeira - ORDENANZA FISCAL 3.2, REGULADORA DA TAXA DE VAOS POR ENTRADAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS E RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCADOIRO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, E DE CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE

Publicación provisional: 09/11/2011 BOP Nº: 213
Publicación definitiva: 28/12/2011 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 01/01/2012

ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATURALEZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/04, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Excmo. Concello de Cedeira establece a taxa de vaos por entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, e de carga e descarga de mercadorías de calquera clase, ó que se refire o artigo 20.3 do propio Real Decreto Lexislativo na súa letra h), e cuxas normas atenden ó previndo no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa o aproveitamento especial do dominio público municipal con entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outras reservas análogas.

ARTIGO 3: SUXEITO PASIVO

3.1. Son suxeitos pasivos a título de contribuíntes desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/03, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.

3.2. En todo caso, serán substitutos do contribuínte propietarios dos terreos e locais ós que dea acceso estas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

ARTIGO 4: RESPONSABLES

4.1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/03, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

4.2 Serán responsables subsidiarios as persoas ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/03, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

ARTIGO 5: BENEFICIOS FISCAIS

So se admitirán os beneficios fiscais que veñan establecidos nas normas con rango de Lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 6: BASE IMPOÑIBLE

As tarifas a aplicar serán as seguintes:

1. Entrada a locais destinados a garaxes públicos considerados como tales no imposto de actividades económicas, ó ano por plaza: 10,00 €.

2. Entrada a locais, destinados a garaxes individuais ou vivendas unifamiliares ó ano: 20,00 €.

3. Entrada de vehículos en aparcamentos ou garaxes colectivos (comunidades de propietarios), ó ano por plaza: 7,00 €.(Mínimo 21,00 €).

4. Entradas de vehículos en talleres ou locais comerciais ou industriais ó ano por metro lineal ou fracción: 20,00 €.

5. Reserva de espacios nas vías de e terreos de uso público.

Para carga e descarga, por cama metro lineal ou fracción ó ano:

5.1. Reservas durante 4 horas ó día como máximo: 20,00 €.

5.2. Reservas durante 8 horas ó día como máximo: 30,00 €.

5.3. Reservas durante as 24 horas do día: 40,00 €.

6. Por cada placa de vado: 30,00 €

7. Por cada placa de outras reservas de espazos: 70,00 €

ARTIGO 7: DEVENGO

7.1. A taxa devengarase cando se solicite a autorización ou concesión do aproveitamento especial, prorateándose por trimestres naturais.

7.2. Cando se producira a utilización do aproveitamento especial sen solicitar licenza, o devengo da taxa terá lugar no momento do inicio de aquel aproveitamento.

7.3. Tratándose de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de xaneiro devengaráse a taxa, salvo os casos de baixa nos que se prorateará a cota por trimestres naturais.

ARTIGO 8: XESTIÓN

8.1. Cando se trate de aproveitamentos non prorrogables a outros anos, novos aproveitamentos ou ampliacións de licenzas xa autorizadas liquidarase e esixirase a taxa en Réxime de autoliquidación no momento da solicitude. Este ingreso terá o carácter de depósito previo, de acordo co disposto no artigo 26.1 do Real Decreto Lexislativo 2/04, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, elevándose a definitivo ó concederse a autorización ou concesión da licenza correspondente.

8.2. Cando se trate de aproveitamentos prorrogados, liquidarase a taxa e esixirase mediante aprobación do correspondente padrón nos períodos que oportunamente se sinalen.

Este padrón formarase anualmente polos servizos económicos do Concello e estará constituído por censos que comprendan os suxeitos pasivos, o seu domicilio, o local onde se establece vao e as súas datas de alta e baixa.

8.3. Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda tomando como data a do inicio do aproveitamento, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

ARTIGO 8: XESTIÓN

8.1. Cando se trate de aproveitamentos non prorrogables a outros anos, novos aproveitamentos ou ampliacións de licenzas xa autorizadas liquidarase e esixirase a taxa en Réxime de autoliquidación no momento da solicitude. Este ingreso terá o carácter de depósito previo, de acordo co disposto no artigo 26.1 do Real Decreto Lexislativo 2/04, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, elevándose a definitivo ó concederse a autorización ou concesión da licenza correspondente.

8.2. Cando se trate de aproveitamentos prorrogados, liquidarase a taxa e esixirase mediante aprobación do correspondente padrón nos períodos que oportunamente se sinalen.

Este padrón formarase anualmente polos servizos económicos do Concello e estará constituído por censos que comprendan os suxeitos pasivos, o seu domicilio, o local onde se establece vao e as súas datas de alta e baixa.

8.3. Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda tomando como data a do inicio do aproveitamento, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

ARTIGO 9: INGRESO

O pago da taxa regulada nesta ordenanza realizarase mediante autoliquidación, liquidación ou recibo, emitido polo Concello ou Deputación Provincial da Coruña.

ARTIGO 10: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e na normativa de desenvolvemento.

ARTIGO 11: NORMAS DE XESTIÓN

11.1. As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización do aproveitamento do dominio público municipal ó que fai referencia esta ordenanza realizarán o ingreso da autoliquidación que terá o carácter de depósito.

No caso de existir diferenzas entre os importes declarados e os existentes, se emitirán as liquidacións complementarias que procedan, sen perxuicio da regularización polos propios suxeitos pasivos mediante autoliquidación.

11.2. No caso de denegarse a solicitude de autorización, o interesado poderá solicita-la devolución do ingreso, sempre que non se houbera efectuado dito aproveitamento.

11.3. Unha vez autorizada a licenza de aproveitamento, e no caso de que na solicitude se solicitara a prórroga da mesma, esta entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa do interesado ou se acorde a súa caducidade polo órgano competente do Concello. As liquidacións posteriores realizaranse a través do padrón municipal.

11.4. Os aproveitamentos entenderanse sempre concedidos en precario e sen prexuízo de terceiros. O suxeito pasivo non poderá solicitar indemnización algunha cando o Concello acorde retira-la licenza por motivos de tráfico, circulación, urbanísticos ou de outra índole.

11.5. Os titulares das licenzas para vaos deberán proverse no Concello das placas regulamentarias para a sinalización do aproveitamento mediante o pago do seu custe establecido na presente ordenanza. Nas placas constará o número da licenza e o titular da mesma.

11.6. Cando finalice o aproveitamento, os suxeitos pasivos presentarán a solicitude de baixa correspondente tendo efectos tal declaración no período impositivo seguinte. A non presentación da solicitude da baixa suporá a obriga de continuar aboando a taxa.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

As modificacións que introduzan na regulación desta ordenanza as Leis de Presupostos Xerais do Estado ou calquera outra Lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de se-lo caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

A partir da entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior ordenanza que regulaba a taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas privado e reservas de vía publica para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, publicada no Boletín Oficial da Provincia o 30 de decembro de 1998.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2012, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.