Cedeira - ORDENANZA FISCAL 3.2, REGULADORA DA TAXA DE VAOS POR ENTRADAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS E RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCADOIRO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, E DE CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE
Artigo 1º. Fundamento e naturaleza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/04, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Cedeira establece a taxa de vaos por entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, e de carga e descarga de mercadorías de calquera clase, ó que se refire o artigo 20.3 do propio Real Decreto Lexislativo na súa letra h), e cuxas normas atenden ó previndo no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.
Artigo 2º. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa o aproveitamento especial do dominio público municipal con entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outras reservas análogas.
Artigo 3º. Suxeito pasivo
3.1. Son suxeitos pasivos a título de contribuíntes desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/03, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.
3.2. En todo caso, serán substitutos do contribuínte propietarios dos terreos e locais ós que dea acceso estas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4º. Responsables
4.1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/03, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
4.2 Serán responsables subsidiarios as persoas ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/03, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5º. Beneficios fiscais
So se admitirán os beneficios fiscais que veñan establecidos nas normas con rango de Lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 6º. Base impoñible
As tarifas a aplicar serán as seguintes:
Epígrafe | Concepto | Cota |
1 | Entrada de vehículos a locais destinados a garaxes públicos considerados como tales no imposto de actividades económicas, ó ano por plaza | 10,00 € |
2 | Entrada de vehículos a locais, destinados a garaxes individuais ou vivendas unifamiliares ó ano | 20,00 € |
3 | Entrada de vehículos en aparcamentos ou garaxes colectivos (comunidades de propietarios e similares), ó ano por plaza | 7,00 € (Mínimo 21,00 €) |
4 | Entradas de vehículos en talleres ou locais comerciais ou industriais ó ano por metro lineal ou fracción | 20,00 € |
5 | Reserva de espacios nas vías de e terreos de uso público. Para carga e descarga, por cada metro lineal ou fracción ó ano | |
5.1 | Reservas durante 4 horas ó día como máximo | 20,00 € |
5.2 | Reservas durante 8 horas ó día como máximo | 30,00 € |
5.3 | Reservas durante as 24 horas do día | 45,00 € |
6 | Pola entrega de cada placa de vado | 30,00 € |
7 | Por cada placa doutras reservas de espazos | 70,00 € |
8 | Por cada vao, ao ano e garaxe, compatible coa tarifa pola entrada de vehículos | 10,00 € |
Artigo 7º. Devengo
7.1. A taxa devengarase cando se solicite a autorización ou concesión do aproveitamento especial, prorateándose por trimestres naturais.
7.2. Cando se producira a utilización do aproveitamento especial sen solicitar licenza, o devengo da taxa terá lugar no momento do inicio de aquel aproveitamento.
7.3. Tratándose de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de xaneiro devengaráse a taxa, salvo os casos de baixa nos que se prorateará a cota por trimestres naturais.
Artigo 8º. Xestión
8.1. Cando se trate de aproveitamentos non prorrogables a outros anos, novos aproveitamentos ou ampliacións de licenzas xa autorizadas liquidarase e esixirase a taxa unha vez concedida a autorización e deberase aboar con carácter previo a entrega da placa correspondente.
8.2. Cando se trate de aproveitamentos prorrogados, liquidarase a taxa e esixirase mediante aprobación do correspondente padrón nos períodos que oportunamente se sinalen.
Este padrón formarase anualmente polos servizos económicos do Concello e estará constituído por censos que comprendan os suxeitos pasivos, o seu domicilio, o local onde se establece vao e as súas datas de alta e baixa.
8.3. Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda tomando como data a do inicio do aproveitamento, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
8.4. No caso que para as mesmas prazas de aparcamento se conte con varias entradas distintas, o importe da entrada de vehículos prorratearase por igual entre as entradas correspondentes.
Artigo 9º. Ingreso
O pago da taxa regulada nesta ordenanza realizarase mediante autoliquidación, liquidación ou recibo, emitido polo Concello ou Deputación Provincial da Coruña.
Artigo 10º. Infraccións e sancións tributarias
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e na normativa de desenvolvemento.
Artigo 11º. Normas de xestión
11.1. Unha vez autorizada a licenza de aproveitamento, e no caso de que na solicitude se solicitara a prórroga da mesma, esta entenderase prorrogada mentres non se resolva sobre a solicitude de baixa do interesado ou se acorde a súa caducidade polo órgano competente do Concello.
11.2. Os aproveitamentos entenderanse sempre concedidos en precario e sen prexuízo de terceiros. O suxeito pasivo non poderá solicitar indemnización algunha cando o Concello acorde retira-la licenza por motivos de tráfico, circulación, urbanísticos ou de outra índole.
11.3. Os titulares das licenzas para vaos deberán proverse no Concello das placas regulamentarias para a sinalización do aproveitamento mediante o pago do seu custe establecido na presente ordenanza.
11.4. Cando finalice o aproveitamento, os suxeitos pasivos presentarán a solicitude de baixa correspondente tendo efectos tal declaración no período impositivo seguinte. A non presentación da solicitude da baixa suporá a obriga de continuar aboando a taxa. Para a efectividade da baixa do vao, deberáse entregar a placa correspondente ou denuncia sobre a substracción ou desparación na Policía Local.
Disposición adicional única
As modificacións que introduzan na regulación desta ordenanza as Leis de Presupostos Xerais do Estado ou calquera outra Lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de se-lo caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición final
A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.