Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL Nº 20, REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE SUMIDOIROS.
ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da c polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa de sumidoiros e depuración, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal. As normas atenden ó establecido no artigo 57 do citado RDL 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 2.- Feito Impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar si se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede municipal de sumidoiros.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excrementos, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede municipal de sumidoiros e colectores.
c) A realización, polo Servicio municipal de Saneamento, das análises e probas para comproba-las características dos verquidos, ben sexa para a concesión do Permiso de verquido ou por accións de inspección ou comprobación, nos termos previstos no Regulamento do Servicio de verquidos á rede de sumidoiros da Pobra do Caramiñal.
2.- Non estarán suxeitas á taxa as propiedades derruídas, declaradas ruinosas ou teñan a condición de terreo edificable.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
1.- Son suxeitos pasivos, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, herdanzas, xacentes e demais entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais nas que se preste o servicio, ben sexa a título de propietario, usufructuario, arrendatario ou mesmo de precario, así como as que soliciten o permiso de verquido ou sexan obxecto de actuacións de inspección e comprobación das características dos verquidos.
2.- Terá a consideración de substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicios.
ARTIGO 4º.- Responsabilidade solidaria e subsidiaria.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os arts. 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
1.- A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade de 127,92 € por cada vivenda unifamiliar.
En edificios multifamiliares a cota será:
Taxa de acometida: 127,92 €
Por cada vivenda: 59,78 €
Para a reposición do pavimento que poida deteriorarse como consecuencia das obras tarifadas, constituirase unha fianza segundo a seguinte escala:
-Con carácter xeral, ata 3 m.: 127,92 €
-A partir de 3 m: 39,48 €
2.- A cota tributaria que se esixirá pola prestación dos servizos de sumidoiros e depuración, determinarase en función da cantidade de auga, medida en m3, utilizada na propiedade.
A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
CONCEPTO | EUROS |
USO DOMÉSTICO | |
Por sumidoiros, cada m/3 | 0,302397 € |
Por depuración (rede de colectores), cada m/3 | 0,120339 € |
USO COMERCIAL | |
Por sumidoiros, cada m/3 | 0,302397 € |
Por depuración (rede de colectores), cada m/3 | 0,120340 € |
USO INDUSTRIAL ESPECÍFICO E OBRAS | |
Por sumidoiros, cada m/3 | 0,360808 € |
Por depuración (rede de colectores), cada m/3 | 0,175618 € |
USO INDUSTRIAL | |
Por sumidoiros, cada m/3 | 0,360808 € |
Por depuración (rede de colectores), cada m/3 | 0,175618 € |
3.- A cota tributaria en concepto de taxa pola conservación de acometidas é a seguinte:
Tarifa de 0,52 €/ aboado/ mes
4.- En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá carácter de mínima esixible.
5.- En aqueles casos en que unha vivenda non se beneficie do servizo de abastecemento de auga, pero si do de sumidoiro e depuración, esixirase a cota que correspondería ó mínimo consumo de auga.
6.- As tarifas que se esixirán con ocasión da práctica das análises establecidas no Regulamento municipal de vertidos, deberán axustarse ás seguintes contías:
Parámetros | Tarifas |
PH | 5,46 € |
Conductividade | 5,46 € |
Sólidos en suspensión totais | 16,56 € |
D.B.O.5 | 34,63 € |
D.Q.O. | 27,83 € |
Fósforo total | 15,32 € |
Nitróxeno amonacal | 12,93 € |
Sulfuro | 19,12 € |
Aceites e graxas | 65,69 € |
Recollida e envío mostra laboratorio | 92,81 € |
As tarifas a esixir con ocasión das actuacións de comprobación e inspección ás que se refire o Regulamento municipal de vertidos, deberá axustarse á seguinte contía:
Por inspección e informe: 179,93 €.
Sobre estas cantidades a empresa concesionaria do servizo repercutiralle o Imposto sobre o Valor Engadido correspondente.
ARTIGO 6º .- Criterios xenéricos de capacidade económica.
1.- Aplicaráselles unha reducción do 50 % da cota tributaria en concepto de taxa pola prestación dos servizos de sumidoiros e depuración, aos usos domésticos da vivenda habitual daqueles contribuíntes, persoas físicas, que teñan escaseza de recursos económicos, sempre que o soliciten no primeiro trimestre do exercicio impositivo no que pretendan que produza efectos e así o acredite un informe dos Servizos Sociais do Concello no que se fará constar que a suma dos Rendementos Íntegros do traballo, Rendementos Íntegros de actividades económicas e dos Rendementos Íntegros do capital, tanto mobiliario coma inmobiliario, tal e como se definen na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) (Lei 35/2006) do contribuínte non supera o Salario Mínimo Interprofesional en cómputo anual e previa solicitude individualizada en cada caso. Á vista da documentación presentada, o Alcalde - Presidente dictará Resolución concedendo ou denegando a reducción solicitada. A reducción concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión e para o inmediato seguinte, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da reducción instada.
2.- Aplicaráselles unha bonificación do 50 % da cota tributaria en concepto de taxa pola prestación dos servizos de sumidoiros e depuración, aos usos domésticos da vivenda habitual daqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, que cumpra ademais os seguintes requisitos:
a.- Que a suma dos valores catastrais de tódolos bens inmobles sitos en territorio nacional, dos que sexan suxeitos pasivos no Imposto sobre Bens Inmobles, o titular da familia numerosa ou algún dos membros da unidade familiar, non exceda de 100.000,00 euros. Aos efectos desta bonificación, considéranse membros da unidade familiar tódalas persoas empadroadas na Vivenda para a que se solicita a bonificación.
b.- Que a renda dispoñible da unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos límites que figuran no cadro seguinte:
Número de membros da unidade familiar | Importe máximo de renda dispoñible |
4 | 30.000,00 € |
5 | 35.000,00 € |
6 | 40.000,00 € |
7 | 45.000,00 € |
8 ou mais | 50.000,00 € |
3.- Considerase renda dispoñible aos efectos desta bonificación, á suma dos Rendementos Íntegros do traballo, Rendementos Íntegros de actividades económicas e dos Rendementos Íntegros do capital, tanto mobiliario coma inmobiliario, tal e como se definen na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) (Lei 35/2006) dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ao IRPF.
4.- Os suxeitos pasivos que cumpran os requisitos previstos no apartado anterior, e pretendan gozar da bonificación, deberán presenta-la correspondente solicitude no primeiro trimestre do exercicio impositivo no que pretendan que produza efectos. Xuntamente coa solicitude deberá aportarse a seguinte documentación:
a.- Copia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
b.- Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, no que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.
c.- Fotocopia compulsada das derradeiras declaracións do IRPF presentadas polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ao referido imposto. No caso de non estar obrigados a presentar declaración de renda, aportaran certificado no que conste que non se ten presentado esta e certificados de imputación de rendas da Axencia Tributaria, e nóminas, certificados de retencións ou calquera outro documento que sirva para a determinación da renda dispoñible.
d.- Certificado de Bens Inmobles Por Titular emitido pola Xerencia Rexional do Catastro dos que sexan suxeitos pasivos no Imposto sobre Bens Inmobles tódolos membros da unidade familiar, á que se refiren os puntos 2 e 3 deste artigo, no que conste unha relación de tódolos bens inmobles cos seus valores catastrais por NIF.
5.- Á vista da documentación presentada, o Alcalde - Presidente dictará Resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión e para o inmediato seguinte, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido no apartado 4 anterior, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da bonificación instada.
Artigo 7.º .-Devengo.
1.- No caso de acometida á rede xeral, devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúa o seu feito impoñible, entendéndose este:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulara expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede municipal de sumidoiros. O inicio da obriga de pagamento da taxa por esta modalidade producirase con independencia de que se obtivera ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación de expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.
2.- A taxa polo servicio de sumidoiro e depuración devéngase o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio, caso no que se prorrateará por trimestres.
No caso de inicio do servicio en data diferente a un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o do comezo da prestación da actividade.
No caso de cese no servicio, as cotas serán prorrateables por trimestres, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non utilizara o servicio.
Se o inicio ou cese débese ó cambio do suxeito pasivo, a obriga tributaria do pago do trimestre corresponderá a quen a fora orixinariamente no trimestre de dito inicio ou cese.
3.-Os servicios de evacuación de excrementos, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para tódalas propiedades do municipio que teñan fachada cara a rúa, prazas ou vías publicas nas que existan sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a propiedade non exceda de cen metros, e terá obriga de pagamento a Taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.
4.- As tarifas esixibles con ocasión da realización das análises e emisión de informes, así como das actuacións de comprobación e inspección ás que se refire o Regulamento municipal de verquidos, devengaranse no momento de solicita-la correspondente licencia de verquido ou no momento de inicia-las actuacións de comprobación e inspección.
Estas tarifas serán aboadas directamente á empresa concesionaria do servicio, podendo esta esixir o depósito previo dos correspondentes importes. En todo caso, con carácter trimestral, e dentro dos trinta días posteriores ó remate de cada trimestre natural, a empresa concesionaria do servicio deberá remitir ó Concello da Pobra do Caramiñal relación das contías esixidas como consecuencia das referidas actuacións.
ARTIGO 8º.- Liquidación e recadación.
1.- Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade da propiedade e o derradeiro día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique logo de rematado o prazo de presentación das devanditas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no censo farase de oficio logo de concedida a licencia de acometida á rede.
2.- As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse durante os mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministro e consumo de auga.
3.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude momento no que ingresará o importe da taxa.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
No tocante a cualificación das infraccións tributarias e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributarias e demais normativa aplicable, e o disposto nos artigos correspondentes do Regulamento do Servicio Municipal de Auga Potable.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo pleno do Concello en sesión celebrada o día 4 de decembro de 1989, e modificada polo mesmo órgano o 28 de novembro de 1996, 18 de febreiro de 1999, 16 de novembro de 1999, 26 de decembro de 2000, 8 de novembro de 2001, 11 de novembro de 2002, 30 de outubro de 2003 e 27 de maio de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo pleno do Concello en sesión celebrada o día 4 de decembro de 1989, e modificada polo mesmo órgano o 28 de novembro de 1996, 18 de febreiro de 1999, 16 de novembro de 1999, 26 de decembro de 2000, 8 de novembro de 2001, 11 de novembro de 2002, 30 de outubro de 2003, 27 de maio de 2004 e 28 de decembro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.