Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 18, REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO VELORIO MUNICIPAL

Publicación provisional: 12/11/2005 BOP Nº: 259
Publicación definitiva: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1.-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa de velatorio municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2.-Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio do velatorio municipal.

Artigo 3.-Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos os solicitantes da concesión da autorización ou da prestación do servicio.

Artigo 4.-Responsables

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria

A cota tributaria será a seguinte:

Pola utilización de cada sala de velatorio por período de 24 horas: 174,95 euros.

Por cada noite a maiores (entendendo por noite a partir das 20.00 horas e ata as 8.00 do día seguinte), a cota tributaria será de 87,48 €.

Artigo 6.-Devengo

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación dos servicios suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.

Artigo 7.-Liquidación e ingreso

As persoas interesadas na utilización do velatorio municipal deberán dirixirse aos axentes municipais no horario establecido para tal efecto, e cumprimentar a correspondente instancia.

A taxa liquidarase e esixirase en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse a autorización do aproveitamento solicitado. No caso de denegarse a utilización os interesados poderán solicitar a devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.

Artigo 8.-Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso,  estarase ao disposto nos artigos 77 e ss. da Lei xeral tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o día 12 de novembro de 2003 e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación unha vez que sexa instaurado o servicio, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

(BOP nº 267, do 20/11/2003)

(BOP nº 299, do 31/12/2003)

(BOP nº 298, 30/12/2005)

(BOP nº 293, do 23/12/2006)

(BOP nº 300, do 31/12/2007)

(BOP nº 298, 29/12/2008)