Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 18, REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO VELORIO MUNICIPAL
Artigo 1.-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa de velatorio municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio do velatorio municipal.
Artigo 3.-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos os solicitantes da concesión da autorización ou da prestación do servicio.
Artigo 4.-Responsables
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.Artigo 5.-Cota tributaria
A cota tributaria será a seguinte:
- Pola utilización de cada sala de velatorio por período de ata 24 horas: 180,90 euros
- Por cada período sucesivo de ata 24 horas, a cota tributaria será de 90,45 euros"
Artigo 6.-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación dos servicios suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 7.-Liquidación e ingreso
As persoas interesadas na utilización do velatorio municipal deberán dirixirse aos axentes municipais no horario establecido para tal efecto, e cumprimentar a correspondente instancia.
a taxa liquidarase e exixirase en función da permanencia de Atilización do velorio, segundo o libro rexistro del, debendo realizarse o ingreso no prazo máximo dun mes dende a utilización do servizo.
Artigo 8.-Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e ss. da Lei xeral tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o día 12 de novembro de 2003 e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación unha vez que sexa instaurado o servicio, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Modificaciones:
(BOP nº 267, do 20/11/2003)
(BOP nº 299, do 31/12/2003)
(BOP nº 298, 30/12/2005)
(BOP nº 293, do 23/12/2006)
(BOP nº 300, do 31/12/2007)
(BOP nº 298, 29/12/2008)
(BOP nº 245, do 27/12/2011)
(BOP nº 244, 24/12/2012)