Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 8, REGULADORA TAXA POLA SUBMINISTRACION/ DISTRIBUCIÓN DE AUGA
Artigo 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e consonte o que dispoñen os artigos 15 a 19 e 20.4 t) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facqendas Locais (TRLRFL); este Concello establece a taxa por subministración de auga, conservación de contadores e acometidas que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao previsto no artigo 57 do TRLRFL.
Artigo 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización da rede de fornecemento de auga polos predios situados no termo municipal, os dereitos de acometida e o beneficio obtido polo mantemento do contador e a acometida.
Artigo 3.º.-SUXEITO PASIVO.
1.-Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes as entidades físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o art. 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a prestación do servicio ou sexan usuarias do mesmo en virtude de calquera título.
2.-Terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios dos inmobles afectados, que poderán repercutir as cotas, no seu caso, nos respectivos usuarios.
Artigo 4.º.-RESPONSABLES.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º.-BASE IMPOÑIBLE.
A base impoñible da taxa por subministración de auga potable está constituida polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto de ingreso.
Artigo 6.º.-COTA TRIBUTARIA.
Cota por subministración de auga: a cota tributaria en concepto de taxa por subministración de auga potable resulta de aplicar á base impoñible o precio por metro cúbico de consumo de auga, segundo segue:
Tarifas do servizo de abastecemento:
1.-Abonados domésticos e comerciais:
1.1.-Mínimo de 10 m³ mes: 0,3537 €/m³
1.2.-Excesos: 0,0,4473 €/m³
2.- Usos industriais e obras:
2.1.-Mínimo de 30 m³ mes: 0,4057 €/m³
2.2.- Excesos: 0,4993 €/m³
Artigo 7.º.-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.
Non se aplicarán exencións, bonificacións ni reducións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos teñan que satisfacer.
Artigo 8.º.-OBRIGA DE CONTRIBUIR.
A obriga de contribuír nacerá n omomento de prestarse o servizo previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen obter a previa licenza.
Artigo 9.º.-NORMAS DE XESTIÓN.
1.-A facturación dos consumos faráse trimestralmente.
2.-Os suxeitos pasivos deberán presentar a solicitude de alta ou baixa no servizo e, unha vez concedida a licencia de conexión á rede, incorporaránse o censo de suxeitos pasivos en concepto de taxa por subministración de auga potable.
3.-Os suxeitos pasivos que aparezan como titulares o comezo de cada periodo facturado están obrigados ó pagamento das liquidacións trimestrais correspondentes.
Disposición derrogatoria.
A partir da entrada en vigor desta Ordenanza queda derrogada a anterior por servizos de distribución de auga, gas, electricidade e outros abastecementos públicos, incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, cando os ditos servizos ou subministracións se presten por entidades locais.
Disposición derradeira.
A presente Ordenanza fiscal, cuxa redacción foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o , entrará en vigor o 1/01/2012 logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.