Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 8, REGULADORA TAXA POLA SUBMINISTRACION/ DISTRIBUCIÓN DE AUGA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 04/02/2021 BOP Nº: 23
Aplicable dende: 04/02/2021

Artigo 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e consonte o que dispoñen os artigos 15 a 19 e 20.4 t) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facqendas Locais (TRLRFL); este Concello establece a taxa por subministración de auga, conservación de contadores e acometidas que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao previsto no artigo 57 do TRLRFL.

Artigo 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización da rede de fornecemento de auga polos predios situados no termo municipal, os dereitos de acometida e o beneficio obtido polo mantemento do contador e a acometida.

Artigo 3.º.-SUXEITO PASIVO.

1.-Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes as entidades físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o art. 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a prestación do servicio ou sexan usuarias do mesmo en virtude de calquera título.

2.-Terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios dos inmobles afectados, que poderán repercutir as cotas, no seu caso, nos respectivos usuarios.

Artigo 4.º.-RESPONSABLES.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º.-BASE IMPOÑIBLE.

A base impoñible da taxa por subministración de auga potable está constituida polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto de ingreso.

Artigo 6.º.-COTA TRIBUTARIA.

Cota por subministración de auga: a cota tributaria en concepto de taxa por subministración de auga potable resulta de aplicar á base impoñible o prezo por metro cúbico de consumo de auga, segundo segue:

Tarifas do servizo de abastecemento:

1.-Abonados domésticos e comerciais:

1.1.-Mínimo de 10 m³ mes: 0,3781 €/m³

1.2.-Excesos: 0,4783 €/m³

2.-Usos industriais e obras:

2.1.-Mínimo de 30 m³ mes: 0,4340 €/m³

2.2.-Excesos: 0,5339 €/m³

Artigo 7.º.-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Non se aplicarán exencións, bonificacións ni reducións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos teñan que satisfacer.

Artigo 8.º.-OBRIGA DE CONTRIBUIR.

A obriga de contribuír nacerá n omomento de prestarse o servizo previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen obter a previa licenza.

Artigo 9.º.-NORMAS DE XESTIÓN.

1.-A facturación dos consumos faráse trimestralmente.

2.-Os suxeitos pasivos deberán presentar a solicitude de alta ou baixa no servizo e, unha vez concedida a licencia de conexión á rede, incorporaránse o censo de suxeitos pasivos en concepto de taxa por subministración de auga potable.

3.-Os suxeitos pasivos que aparezan como titulares o comezo de cada periodo facturado están obrigados ó pagamento das liquidacións trimestrais correspondentes.

Disposición derrogatoria.

A partir da entrada en vigor desta Ordenanza queda derrogada a anterior por servizos de distribución de auga, gas, electricidade e outros abastecementos públicos, incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, cando os ditos servizos ou subministracións se presten por entidades locais.

Disposición derradeira.

A modificación entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia o acordo definitivo, incluíndo o provisional elevado automaticamente a tal categoría e o texto da modificación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.