Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 3, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/12/2011 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1º. Normativa aplicable.

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica rexerase neste municipio:
a) Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenrolen dita Lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º Feito Impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a titularidade dos vehículos de tracción mecánica, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.
2. Considérase vehículo apto para a circulación o que estea matriculado nos rexistros públicos correspondentes e mentres non cause baixa neles. Para os efectos deste imposto, tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.
3. Non están suxeitos a este imposto:
a. Os vehículos que, estando dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poidan ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas aos desta natureza.
b. Os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.

Artigo 3º. Exencións.

1. Estarán exentos do imposto os vehículos incluídos no artigo 93.1 do TRLFL.
2.-Para poder gozar das exencións a que se refiren os parágrafos e) e g) do apartado 1 do artigo 93.1 do TRLFL os interesados, deberán instar a súa concesión indicando as características do vehículo, a súa matrícula e a causa do beneficio.
Os interesados deberán acompañar á súa solicitude a seguinte documentación:
a) No suposto de vehículos para persoas con mobilidade reducida ou matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo:
- Fotocopia cotexada do permiso de circulación.
- Fotocopia cotexada do certificado de características técnicas do vehículo.
- Fotocopia cotexada do D.N.I. do solicitante.
- Fotocopia cotexada da declaración administrativa de invalidez ou diminución física expedida polo Organismo ou Autoridade competente.
- Fotocopia cotexada da póliza do seguro do vehículo no que figure o titular, debidamente asinada pola compañía e polo tomador ou asegurado, así como fotocopia cotexada do último recibo de pagamento aos efectos de confirmar a vixencia do mesmo.
- Xustificación documental do destino do vehículo ante o Concello mediante declaración responsable do titular discapacitado de que o vehículo destinarase para o seu uso en exclusiva e non goza de exención por outro vehículo da súa titularidade.
b) No suposto dos tractores, remolques, semirremolques e maquinaria agrícola:
- Fotocopia compulsada do permiso de circulación
- Fotocopia compulsada do Certificado de Características Técnicas do Vehículo.
- Fotocopia compulsada da Cartilla de Inscrición Agrícola expedida a nome do titular do vehículo.
Declarada a exención pola Administración municipal, expedirase documento que acredite a súa concesión.

Artigo 4º. Cota tributaria

As cotas tributarias do imposto serán as resultantes de aplicar un coeficiente de incremento do 1,37 ás cotas establecidas no artigo 95.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, é dicir:

Potencia e clase de vehículo

Cota (€)

A) Turismos

De menos de 8 cabalos fiscais

17,29

De 8 até 11,99 cabalos fiscais

46,69

De 12 até 15,99 cabalos fiscais

98,56

De 16 até 19,99 cabalos fiscais

122,77

De 20 cabalos fiscais en adiante

153,44

B) Autobuses

De menos de 21 prazas

114,12

De 21 a 50 prazas

162,54

De máis de 50 prazas

203,17

C) Camións

De menos de 1.000 quilogramos de carga útil

57,92

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

114,12

De máis de 2.999 a 9.999 quilogramos de carga útil

162,54

De máis de 9.999 quilogramos de carga útil

203,17

D) Tractores

De menos de 16 cabalos fiscais

24,21

De 16 a 25 cabalos fiscais

38,04

De máis de 25 cabalos fiscais

114,12

E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica

De menos de 1.000 e máis de 750 quilogramos de carga útil

24,21

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

38,04

De máis de 2.999 quilogramos de carga útil

114,12

F) Outros vehículos

Ciclomotores

6,06

Motocicletas até 125 centímetros cúbicos

6,06

Motocicletas de máis de 125 até 250 centímetros cúbicos

10,37

Motocicletas de máis de 250 até 500 centímetros cúbicos

20,76

Motocicletas de máis de 500 até 1.000 centímetros cúbicos

41,50

Motocicletas de máis de 1.000 centímetros cúbicos

82,99

Artigo 5º. Bonificacións

Gozarán dunha bonificación do 100% da cota do imposto os vehículos históricos e todos aqueles que teñen unha antigüidade mínima de 30 anos, contados a partir da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data no que o correspondente tipo ou variante deixouse de fabricar.
A bonificación será de natureza regrada e terá carácter rogado, debendo ser solicitada expresamente polo suxeito pasivo, debendo aportarse, con anterioridade ao devengo do imposto, a dita solicitude xunto coa seguinte documentación:
- Acreditación da data da súa primeira matriculación ou certificado do fabricante ou de Industria respecto da data na que deixouse de fabricar o modelo en cuestión.
- Xustificación de estar ao corrente do pagamento do imposto mediante a exhibición dos recibos dos últimos catro exercicios, ou certificado equivalente.
Establécese unha bonificación do 25% da cota do imposto, durante os dous primeiros anos dende a súa matriculación ou desde a instalación dos correspondentes sistemas, segundo os casos, para os vehículos de tracción mecánica con motores de baixa incidencia no medio ambiente ou que consuman carburantes ecolóxicos nos que a incidencia da súa combustión sexa menos lesiva para o medio ambiente. Esta bonificación aplicarase nos supostos seguintes:
a. Vehículos eléctricos, bimodales ou híbridos (motores eléctrico-gasolina, eléctrico-diésel ou eléctrico-gas).
b. Vehículos que utilicen algún tipo de biocombustible (biogas, bioetanol, hidróxeno ou derivados de aceites vexetais).
c. Vehículos que utilicen gas natural comprimido e metano.
d. Titulares de vehículos que tendo aire acondicionado con CFC no seu vehículo o cambien por outro sistema sen CFC. Quedan excluídos do ámbito de aplicación da presente bonificación aqueles vehículos de primeira adquisición que leven incorporado o aire acondicionado sen CFC:
Nos supostos ¿a", ¿b" e ¿c" a bonificación aplicarase desde a súa matriculación, debendo estar os vehículos homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, axeitados á súa clase e modelo que minimicen as emisións contaminantes. En ningún caso gozarán de bonificación os vehículos que poidan utilizar indistintamente carburante contaminante ou non, polo que se deberá acreditar que, polas características do motor, non admite carburante contaminante. No suposto ¿d" a bonificación xurdirá efecto desde a instalación dos sistemas aos que fai referencia, previa presentación da documentación acreditativa e fidedigna de tal circunstancia.

Artigo 6º. Período impositivo e devengo.

1. O período impositivo coincidirá co ano natural, agás cando se trate de primeira adquisición dos vehículos, caso no que comezará o día en que se produza a dita adquisición.
2. O imposto devéngase o primeiro día do período impositivo.
3. O importe da cota do imposto prorratearase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o prorrateo da cota nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por substracción ou roubo de vehículo, dende o momento en que se produza a dita baixa temporal no rexistro público correspondente.
4. No suposto de transferencia ou cambio de domicilio con transcendencia tributaria, a cota será irreductible e o obrigado ao pagamento do imposto será o que figure como titular do vehículo no permiso de circulación o día do devengo.

Artigo 7º. Infraccións e sancións.

Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal que consta de seis artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.