Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 3, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/12/2019 BOP Nº: 237
Aplicable dende: 01/01/2020

Artigo 1º. Normativa aplicable.

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica rexerase neste municipio:
a) Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenrolen dita Lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º Feito Impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a titularidade dos vehículos de tracción mecánica, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.
2. Considérase vehículo apto para a circulación o que estea matriculado nos rexistros públicos correspondentes e mentres non cause baixa neles. Para os efectos deste imposto, tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.
3. Non están suxeitos a este imposto:
a. Os vehículos que, estando dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poidan ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas aos desta natureza.
b. Os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.

Artigo 3º. Exencións.

1. Estarán exentos do imposto os vehículos incluídos no artigo 93.1 do TRLFL.
2.-Para poder gozar das exencións a que se refiren os parágrafos e) e g) do apartado 1 do artigo 93.1 do TRLFL os interesados, deberán instar a súa concesión indicando as características do vehículo, a súa matrícula e a causa do beneficio.
Os interesados deberán acompañar á súa solicitude a seguinte documentación:
a) No suposto de vehículos para persoas con mobilidade reducida ou matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo:
- Fotocopia cotexada do permiso de circulación.
- Fotocopia cotexada do certificado de características técnicas do vehículo.
- Fotocopia cotexada do D.N.I. do solicitante.
- Fotocopia cotexada da declaración administrativa de invalidez ou diminución física expedida polo Organismo ou Autoridade competente.
- Fotocopia cotexada da póliza do seguro do vehículo no que figure o titular, debidamente asinada pola compañía e polo tomador ou asegurado, así como fotocopia cotexada do último recibo de pagamento aos efectos de confirmar a vixencia do mesmo.
- Xustificación documental do destino do vehículo ante o Concello mediante declaración responsable do titular discapacitado de que o vehículo destinarase para o seu uso en exclusiva e non goza de exención por outro vehículo da súa titularidade.
b) No suposto dos tractores, remolques, semirremolques e maquinaria agrícola:
- Fotocopia compulsada do permiso de circulación
- Fotocopia compulsada do Certificado de Características Técnicas do Vehículo.
- Fotocopia compulsada da Cartilla de Inscrición Agrícola expedida a nome do titular do vehículo.
Declarada a exención pola Administración municipal, expedirase documento que acredite a súa concesión.

Artigo 4º. Cota tributaria

As cotas tributarias do imposto serán as resultantes de aplicar un coeficiente de incremento do 1,40 ás cotas establecidas no artigo 95.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, é dicir:

Potencia e clase de vehículo

Cota

Euros

A) Turismos

De menos de 8 cabalos fiscais

17,67

De 8 até 11,99 cabalos fiscais

47,71

De 12 até 15,99 cabalos fiscais

100,72

De 16 até 19,99 cabalos fiscais

125,45

De 20 cabalos fiscais en adiante

156,80

B) Autobuses

De menos de 21 prazas

116,62

De 21 a 50 prazas

166,10

De máis de 50 prazas

207,62

C) Camións

De menos de 1.000 quilogramos de carga útil

59,19

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

116,62

De máis de 2.999 a 9.999 quilogramos de carga útil

166,10

De máis de 9.999 quilogramos de carga útil

207,62

D) Tractores

De menos de 16 cabalos fiscais

24,74

De 16 a 25 cabalos fiscais

38,88

De máis de 25 cabalos fiscais

116,62

E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica

De menos de 1.000 e máis de 750 quilogramos de carga útil

24,74

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

38,88

De máis de 2.999 quilogramos de carga útil

116,62

F) Outros vehículos

Ciclomotores

6,19

Motocicletas até 125 centímetros cúbicos

6,19

Motocicletas de máis de 125 até 250 centímetros cúbicos

10,60

Motocicletas de máis de 250 até 500 centímetros cúbicos

21,21

Motocicletas de máis de 500 até 1.000 centímetros cúbicos

42,41

Motocicletas de máis de 1.000 centímetros cúbicos

84,81

Potencia e clase de vehículo

Cota

Euros

A) Turismos

De menos de 8 cabalos fiscais

17,67

De 8 até 11,99 cabalos fiscais

47,71

De 12 até 15,99 cabalos fiscais

100,72

De 16 até 19,99 cabalos fiscais

125,45

De 20 cabalos fiscais en adiante

156,80

B) Autobuses

De menos de 21 prazas

116,62

De 21 a 50 prazas

166,10

De máis de 50 prazas

207,62

C) Camións

De menos de 1.000 quilogramos de carga útil

59,19

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

116,62

De máis de 2.999 a 9.999 quilogramos de carga útil

166,10

De máis de 9.999 quilogramos de carga útil

207,62

D) Tractores

De menos de 16 cabalos fiscais

24,74

De 16 a 25 cabalos fiscais

38,88

De máis de 25 cabalos fiscais

116,62

E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica

De menos de 1.000 e máis de 750 quilogramos de carga útil

24,74

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

38,88

De máis de 2.999 quilogramos de carga útil

116,62

F) Outros vehículos

Ciclomotores

6,19

Motocicletas até 125 centímetros cúbicos

6,19

Motocicletas de máis de 125 até 250 centímetros cúbicos

10,60

Motocicletas de máis de 250 até 500 centímetros cúbicos

21,21

Motocicletas de máis de 500 até 1.000 centímetros cúbicos

42,41

Motocicletas de máis de 1.000 centímetros cúbicos

84,81

Potencia e clase de vehículo

Cota

Euros

A) Turismos

De menos de 8 cabalos fiscais

17,67

De 8 até 11,99 cabalos fiscais

47,71

De 12 até 15,99 cabalos fiscais

100,72

De 16 até 19,99 cabalos fiscais

125,45

De 20 cabalos fiscais en adiante

156,80

B) Autobuses

De menos de 21 prazas

116,62

De 21 a 50 prazas

166,10

De máis de 50 prazas

207,62

C) Camións

De menos de 1.000 quilogramos de carga útil

59,19

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

116,62

De máis de 2.999 a 9.999 quilogramos de carga útil

166,10

De máis de 9.999 quilogramos de carga útil

207,62

D) Tractores

De menos de 16 cabalos fiscais

24,74

De 16 a 25 cabalos fiscais

38,88

De máis de 25 cabalos fiscais

116,62

E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica

De menos de 1.000 e máis de 750 quilogramos de carga útil

24,74

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

38,88

De máis de 2.999 quilogramos de carga útil

116,62

F) Outros vehículos

Ciclomotores

6,19

Motocicletas até 125 centímetros cúbicos

6,19

Motocicletas de máis de 125 até 250 centímetros cúbicos

10,60

Motocicletas de máis de 250 até 500 centímetros cúbicos

21,21

Motocicletas de máis de 500 até 1.000 centímetros cúbicos

42,41

Motocicletas de máis de 1.000 centímetros cúbicos

84,81

 

Artigo 5º. Bonificacións

1. Gozarán dunha bonificación do 100% da cota do imposto os vehículos históricos e todos aqueles que teñen unha antigüidade mínima de 25 anos, contados a partir da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data no que o correspondente tipo ou variante deixouse de fabricar.

Poderase aplicar de oficio esta bonificación aos vehículos respecto dos cales lle conste de xeito fidedigno á Administración tributaria a data da súa primeira matriculación para cuxo efecto se acudirá ás datas que corresponden ao número de matrícula. Nos demais casos, os suxeitos pasivos ou os seus representantes poderán solicitar a concesión da bonificación acreditando a data de fabricación ou primeira matriculación por medio dunha copia compulsada da ficha técnica, o permiso de circulación do vehículo ou o certificado do fabricante ou de Industria respecto da data en que deixou de fabricarse o modelo en cuestión. O peticionario deberá xustificar, así mesmo, estar ao corrente do pago do imposto.

Esta bonificación non poderá prorratearse, polo que os vehículos afectados pola mesma deberán ter ao 1 de xaneiro de cada ano a antigüidade mínima requirida.

2. Os vehículos tipo turismo, en función da clase de carburante utilizado e as características do motor, segundo a súa incidencia no medio ambiente, gozarán dunha bonificación do 25 % da cota do imposto, durante cinco anos naturais contados desde a data de primeira matriculación do vehículo, cando reúnan calquera das seguintes condicións:

a) Que se trate de vehículos eléctricos ou bimodales (híbridos).

b) Que se trate de vehículos que utilicen exclusivamente como combustible biogás, gas natural comprimido, gas licuado, metano, metanol, hidróxeno ou derivados de aceites vexetais e acrediten que, de acordo coas características do seu motor, non poden utilizar un carburante contaminante.

Estas bonificacións deberá ser solicitada polos suxeitos pasivos. Os interesados deberán presentar a solicitude de bonificación con anterioridade a data do devengo do Imposto. En caso contrario, a concesión da bonificación terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.

Os interesados deberán aportar a ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías previstas neste apartado.

Artigo 6º. Período impositivo e devengo.

1. O período impositivo coincidirá co ano natural, agás cando se trate de primeira adquisición dos vehículos, caso no que comezará o día en que se produza a dita adquisición.
2. O imposto devéngase o primeiro día do período impositivo.
3. O importe da cota do imposto prorratearase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o prorrateo da cota nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por substracción ou roubo de vehículo, dende o momento en que se produza a dita baixa temporal no rexistro público correspondente.
4. No suposto de transferencia ou cambio de domicilio con transcendencia tributaria, a cota será irreductible e o obrigado ao pagamento do imposto será o que figure como titular do vehículo no permiso de circulación o día do devengo.

Artigo 7º. Infraccións e sancións.

Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal que consta de seis artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.