Ponteceso - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 8, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE SUMIDOIRO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
No uso das facultades que lle conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución, o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Ponteceso establece a taxa por prestar o servizo de sumidoiro, que se rexerá por esta ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao que preve o artigo 57 do Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiro municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, de augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiro municipal, e o seu tratamento para depuralas.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contríbuíntes as persoas físicas ou as xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan:
a) Cando se trate da concesión da licenza de acometida á rede: o propietario, o usufructuario ou o titular do dominio útil do terreo.
b) No caso da prestación dos servizos da letra b) do artigo anterior: os ocupantes ou os usuarios dos terreos do termo municipal beneficiarlas deses servizos, calquera que sexa o scu título (propietario, usufructuario, habitacionista ou arrendatario, mermo en precario).
2. En calquera caso, terá a consideración de suxeito pasivo, substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, que poderán repercutir, de se-lo caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
Serán responsables solidarios ou subsidarios da débeda tributaria, xunto cos debedores principais, as persoas ou as entidades ás que se refinen os artigos 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiro esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 36,06 € (6.000 pesetas).
2. A cota tributaria que se val esixir por prestar os servizos de sumidoiro e depuración determinaraa o Concello en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, empregada no terreo. Para tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
a) Servicio de sumidoiro:
- Abonados con servizo de abastecemento de auga: para os mesmos m3 facturados no servizo de abastecemento, 0,158064 €/m3.
- Abonados sen servizo de abastecemento: cota fila mensual, 2,379499 €/abonado/mes.
b) Servizo de depuración de augas residuais:
- Abonados con servizo de abastecemento de auga: para os mesmos m3 facturados no servizo de abasteremento: 0,263441 €/m3.
- Abonados sen servizo de abastecemento: cota fixa mensual, 3,9519 €/abonado/mes.
- Abonados sen servizo de abastecemento e con vertido de gran caudal: cota fixa mensual, 0,263441 €/m3.
3. En ningún caso se poderá tomar un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable pola súa subministración. A cota resultante da consideración deste consumo terá carácter de mínima esixible.
Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.
Artigo 7.º .-Percepción.
1. Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose esta:
a) Na data de presentación da oportuna licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiro municipal. A percepción por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo do inicio do expediente administrativo que se poida instruír para a súa autorización.
2. Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e a súa depuración ten carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista sumidoiro, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros. Percibirase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida da rede.
Artigo 8.º .-Xestión, liquidación e ingreso.
1. A inclusión inicial no padrón farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida da rede.
Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións da alta e a baixa no padrón de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación das declaracións de alta e baixa.
2. As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.
3. No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os Servicios tributarios deste Concello, unha vez concedida esa licencia, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para o seu ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo ás infraccións tributarias, así como ás sancións que correspondan, aplicarase o que dispón a Lei xeral tributaria.
Disposición final.
A modificación desta ordenanza fiscal,o dia seguinte a súa publicación no BOP e permanecerá en vigor ata que o Concello a modifique ou a derrogue.