Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo I.- Fundamento e réxime
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85 de bases do réxime local e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Testo refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o Imposto sobre construcións, instalacións e obras.
Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Texto refundido da Lei reguladas das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza fiscal
Artigo II.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal de Abegondo, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención de correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase a mesma ou non, sempre que a súa expedición lle corresponda ó Concello de Abegondo
As construción, instalación e obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir, entre outras actuacións, nas seguintes:
Movementos de terra
Obras de construción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
Obras de demolición
Obras nos edificios, tanto no seu interior como o seu exterior
Aliñacións e rasantes
Obras de fontanería e sumidoiros
Obras nos cemiterios
Calqueira outra construción, instalación ou obra que precise licenza de obra ou urbanística
Artigo III.- Suxeito pasivo
¿ Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas persoas xurídicas ou entidades do artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Para os efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra que soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
¿ No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos substitutos do mesmo quen solicite as correspondentes licenzas ou realice as construcións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
Artigo IV.- Exencións
Dacordo co regulado no artigo 100.2 do TRLRFL, está exenta do pago dese imposto a realización de calqueira construción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia ou as entidades locais que, estando suxeitas a este, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións de súa augas residuais,aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto que se trate de obras de investimento novo como de conservación.
Artigo V.- Bonificacións
¿ Establécense unhas bonificacións a favor das construción, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interés ou utilidade municipal por concurrir circunstacias de fomento do emprego. Corresponderá a citada declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, no seu caso, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros e atendendo aos seguintes criterios
○ Postos de traballo netos a crear no prazo dun ano dende o inicio da actividade.
A creación dos postos de traballo deberá acreditarse coa presentación dos contratos de traballo, resolucións de alta na seguridade social e documentos de cotización
○ Estabilidade do emprego a crear
○ Estabilidade da actividade no termo municipal.
○ Incidencia social ou económica no termo muncipal
¿ O acordo plenario concedendo a bonificación poderá condicionar a mesma ao mantemento dos postos de traballo ou dunha plantila neta en cómputo anual durante o periodo que se determine.
¿ A bonificación, no seu caso, cuantificarase en función dos postos de traballo creados segundo o establecido no apartado 1.a) do presente artigo e aplicando a seguinte taboa
▪ Cando xeren ata cinco posto de traballo 10 %
▪ Cando xeren entre seis e vinte postos de traballo 25 %
▪ Cando xeren entre vinte e un e cincuenta postos de traballo 45 %
▪ Cando xeren entre cincuenta e un e cen postos de traballo 60 %
▪ Cando xeren máis de cen postos de traballo 75 %
¿ A bonificación deberá ser solicitada con anterioridade ao devengo do imposto, xuntando a documentación xustificativa da creación do número de postos de traballo dentro do proxecto de actividade.
Artigo VI.- Base impoñible
A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, entendese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.
Para o cálculo da base impoñible a determinar na autoliquidación terase en conta orzamento presentado polos interesados, sempre que este estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no anexo desta ordenanza
Non forman parte da base impoñible:
¿ O imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réxime especiais
¿ As taxas, prezos públicos de demais prestacións de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construción, instalación ou obras
¿ Os honorarios profesionais
¿ O beneficio empresarial do contratista
¿ Calquera outro concepto que non integre, estritamente o custo de execución material
Artigo VII.- Cota tributaria
¿ A cota tributaria será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
¿ O tipo de gravame queda fixado no 2,8 por cento
Artigo VIII.- Devengo
¿ O imposto devéngase no intre de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza.
¿ Aos efectos deste imposto, entenderanse en todo caso iniciadas as construccións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario:
○ Cando teña sido concedida a preceptiva licencia municipal ao cumprirse un mes dende a data de notificación da concesión da mesma
○ Cando non teña sido concedida a preceptiva licencia municipal cando se efectue por parte do suxeito pasivo calquera clase de acto material ou xurídico tendente á realización das construccións, instalacións ou obras
Artigo IX.- Xestión
¿ O imposto exisirase en réxime de autoliquidación.
¿ Os suxeitos pasivos estarán obrigados a practicar a autoliquidación polo imposto no impreso habilitado a tal efecto pola administración municipal, e a abonala en calesquera entidade colaboradora autorizada no prazo que vai dende a presentación da solicitude de licencia ata transcorrido un mes dende a notificación da concesión da mesma
¿ A cantidade ingresada terá a consideración de ingreso a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematada a construción, instalación ou obra.
¿ A vista da construción e tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación, poderá modificar a base impoñible a que se refiren os apartados anteriores, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrándolle ó suxeito pasivo a cantidade que resulte.
Artigo X.- Infraccións e sancións
Para todo o relativo á cualificación e infraccións tributarias e a imposicións das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición derrogatoria
Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada a anterior ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras dese Concello.
Disposición derradeira
A presente ordenanza consta de X artigos, II anexos, unha disposición derrogatoria e unha derradeira, foi aprobada de xeito provisional polo Pleno do Concello na sesión celebrada con data , publicándose integramente no Boletín oficial da provincia número ,de data ; comezando a rexer ao día seguinte da súa publicación integra, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.
Anexo I
Manual para obter o presuposto de execución material dunha edificación aplicable á ordenanza fiscal reguladora de tasas pola prestación de servizos urbanísticos e á ordenanza reguladora do imposto sobre construcións, intalacións e obras
I) Normas xerais: crierios de valoración
a) Un traballo considerarase incluído no punto que lle corresponde de acordo co destino predominante da superficie, e incluiranse naquel as superficies con destinos minotirarios. Soamente se dividirán en varios puntos cando un dos destinos minoritarios ocupe unha superficie maior do 20% do total, nese caso valorarase independentemente.
b) A superficie total construía é a suma da superficie de cada unha das plantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas liñas perimetrais das fachadas, tanto exteriores como interiores, e os eixes de medianeiras compartidas, se é o caso.
II ) Estimación simplicada dos presupostos de execución material da edificación
a) Definicións:
Mb.- Módulo básico
Mc.- Módulo de construción ou de referencia.
S.- Superficie total construída en m²
Si.- Superficie construía por uso de acordo co destino predominante dela.
Ct.- Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación
Cu.- Coeficiente corrector en función do uso da edificación
PEMB.- Presuposto de execución material segundo módulos básicos.
PEM.- Presuposto de execución material do proxecto.
b) Valores de aplicación.
¿ Módulo básico ( Mb) 398,81 €/m²
¿ Superficie construída por uso ( Si)
○ Un traballo considérase incluído na alínea que lle corresponde de acordo co uso predominante da superfidice; inclúese naquel as superficies con destinos minoritarios, tal e como se especifica no punto dese anexo I- a
¿ Coeficiente tipoloxias ( Ct )
○ En edificacións de nova planta e adicións:
▪ 1,20.- Edificación illada ( 4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada
▪ 1.10.- Agrupación en fila ou fileira
▪ 1,00.- Edificio en quinteiro pechado. Edificación aberta vivenda colectiva
○ En obra de refroma e rehabilitación:
▪ 1,20.- Rehabilitación total toal que inclúe desomantaxe de fachadas.
▪ 1,00.- Adecuación interior de plantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas
▪ 0,65.- Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estrutura existente
▪ 0,50.- Reforma de elementos estruturais.
▪ 0,35.- Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpintería e prechamentos ( aplicada á superficie de fachada)
▪ 0,30.- Reforma de pouca entidade que non afecten a elementos estruturais nin a instalacións ( acabados interiores)
▪ 0,02.- Demolicións e derribamentos ( aplicada á superficie total das plantes que se derriban)
¿ Coeficiente de usos ( Cu )
○ Edificación:
▪ 1,30.- Saldas de festas. Discotecas. Hoteis. Casas rurais
▪ 1,20.- Locais bancarios. Residencias 3º idade. Centros de día. Tanatorios. Matadoiros
▪ 1,10.- Vivenda. Hoteis ata 2 estrelas. Moteis
▪ 1,00.- Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Restaurantes, piscinas cubertas
▪ 0,90.- Bares.
▪ 0,65.- Local comercial. Establecementos comerciais industria escaparate
▪ 0,50.- Piscinas descubertas. Cemiterios
▪ 0,40.- Garaxes e aparcadoiros. Estacións de servizo
▪ 0,35.- Locais sen uso especificio. Soportais e terrazas abertas
▪ 0,30.- Almacéns. Instalacións deportivas descubertas. Granxas
▪ 0,15.- Acondicionamento de naves con obras mínimas.
▪ 0,10.- Proxentos de urbanización ( adscritos á edificacións). Parcelas campings
c ) Obtención do presuposto de execución material segundo módulos básicos ( PEMB )
O custo da execución material de todo tipo de edificación obterase en función do módulo de construción Mc, e da superficie construída para cada uso, de acordo coas seguintes fórmulas:
¿· Módulo de construción : Mc = Mb x Ct x Cu
○ Nos casos en que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aplicarase a media entre os que máis se asemellan.
¿ Presuposto de execución material segundo módulos básicos PEMB = sumatorio (Mci x Si)
○ Mci = Módulo de construción que corresponda, de acordo co destino predominante da superficie
○ Si = Superficie construída que corresponda, de acordo co destino predominante dela
Este presuposto así obtido será o presuposto de referencia para o cálculo de autoliquidación
F O L L A D E A V A L I A C I Ó N
Suxeiro pasivo: | |
Enderezo: | |
DNI/CIF: | Tfno.: |
Tipo de obra: |
Obtención do presuposto de referencia segundo módulos básicos orientativos PMB
Plantas | Superfice construída | Módulo básico Mb | Tipoloxia Ct | Uso Cu | Módulo Mc | Presuposto parciais | ||
Núm. | Uso. | Superficie | ||||||
Total superficie: | Presuposto de referencia: |
Abegondo, ..................de .............................. do ..........................
O interesado
Asinado:
Anexo I I
Custo de execución de obras menores, aplicable á ordenanza fiscal reguladora de tasas pola prestación de servizos urbanísticos e á ordenanza reguladora do imposto sobre construcións, intalacións e obras
A. SOBRE A SUPERFICIE COMPUTABLE ( módulos)
¿ M² construción dun galpón ou alpendre 168,83.- €
¿ M² Obras de reforma en:
○ Vivendas 258,87.- €
○ Oficinas 282,72.- €
○ Locais comerciais 329,69.- €
○ Locais de hostalería 484,12.- €
B.- SOBRE UNIDADES DE OBRA (prezos unitarios )
1.- | M² nivelación terreos | 2,15.-€ | 37.- | M² revestimento monocapa para exteriores | 14,27.- € |
2.- | M² escavacións de terras | 4,77.- € | 48.- | M² substitución de acabado de cuberta pesada tipo tella | 49,11.-€ |
3.- | M³ recheo e compactado de terras | 3,69.- € | 39.- | M² substitución de acabado de cuberta lixeira tipo fibrocemento | 23,57.- € |
4.- | M . de apertura de gabias | 34,59.- € | 40,. | M² de impermeabilización | 17,83.- € |
5.- | M . encanamento enterrado | 46,97.- € | 41.- | M² canón | 13,87.- € |
6 | U. pozo de auga | 2.197,89.- € | 42.- | M baixantes | 16,87.- € |
7.- | M³ depósito de auga | 164,04.- € | 43.- | U. rede interior auga fría e quente | 609,20.- |
8.- | U. instalación de fosa séptica | 1.449,39.- € | 44.- | U. instalación completa de calefacción en vivenda | 4.183,19.- € |
9.- | M² demolición de tabiques ou apertura de ocos | 5,99.- € | 45.- | U. instalación da rede eléctrica en vivenda | 2.152,50.- € |
10.- | M² demolición e cubertas | 4,61.- € | 46.- | Instalación de ascensor en edificio | 9.800,00.-€ |
11.- | M² demolición de falsos teitos | 2,38.- € | 47.- | U. lavabo | 170.56.- € |
12.- | M² picado de masas ou azulexados | 5,34.- € | 58.- | U. bañera | 186,81.- € |
13.- | M² picado e levantado de pavimentos | 6,84.- € | 49.- | U. bidé | 146,20.- € |
14.- | M² tabique de ladrillo | 13,69.- € | 50.- | U. inodoro | 162,45.- € |
15.- | M² tabique pladur | 25,97.- € | 51.- | M² toldo | 91,55.- € |
16.- | M² enfuscado mestreado e alisado | 10,95.- € | 52.- | M² marquesina | 274,95.- € |
17.- | M² falso teito de escaiola | 16,33.- € | 53.- | M² rótulo opaco | 404,51.- € |
18.- | M² pavimento de cemento ou terrazo | 20,87.- € | 54.- | M² rótulo luminoso | 560,05.- € |
19.- | M² pavimento de gres, PVC ou moqueta | 31,51.- € | 55.- | M² carteleira publicitaria, valos, lonas e monopostes anunciadores | 41,82.- € |
20.- | M² chan de madeira | 43,13.- € | 56.- | U. instalación grúa | 1.514,90.- € |
21.- | M² pavimento de pedra ou mámore | 77,64.- € | 57.- | M. peche de postes con aramado | 13,07.- € |
22.- | M. banzo ( peldaño) | 20,14.- € | 58.- | M² peche de tea metálica con postes | 13,95.- € |
23.- | M² azulexado | 32,05.- € | 59.- | M² cerrume con bloque de formigón | 27,29.-€ |
24.- | M² chapeado de pedra ou mármore | 83,21.- € | 60.- | M² cerrume con bloque acabado especial | 46,93.- € |
25.- | M² panelado de madeira | 29,78.- € | 61.- | M . cerrado de chantos | 31,82.- € |
26.- | U. porta blindada de madeira | 870,40.- € | 62.- | M cerrume con bloque e tea metálica | 42,13.- € |
27.- | M² substitución carpintería de madeira | 159,85.- € | 63.- | M³ cerrume con cachotería, pedra ou lousa | 369,58.- € |
28.- | M² substitución carpintería de aluminio | 202,66.- € | 64.- | M² peche metálico | 69,83.- € |
29.- | M² substitución carpintería de PVC | 209,92.- € | 65.- | M² peche fundición | 111,27.- € |
30.- | M² substitución carpintería metálica | 86,47.- € | 66.- | M² porta entrada a parcela: metálica fundición | 109,64.- € 251,81.-€ |
31.- | M² Peche metálico de seguridade (reixas) | 120,15.- € | 67.- | U. entrada a parcela, incluída canalización | 470,27.- € |
32.- | M² acristalamento con vidro normal | 41,39.- € | 68.- | M² reposición de beirarrúas | 47,04.- € |
33.- | M² acristalamento con cidro ¿Climalit" | 93,39.- € | 69.- | M. execución gabia | 61,73.- € |
34.- | M² acristalamento con vidro de seguridade | 147,31.- € | |||
35.- | M² limpeza e rexuntado fachadas pedra - granito | 7,07.- € | |||
36.- | M² pintura exteriores | 7,72.- € |