Abegondo - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS URBANISTICOS
Artigo I.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 132,2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de acordo co previsto nos artigos 15 a 19 do , Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, este Concello establece a ¿taxa por prestación de servizos urbanísticos" , que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo II.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, así como a súa normativa de desenvolvemento, e que teñan que realizarse no término municipal de Abegondo, axústanse ás normas urbanísticas de edificación e policía previstas na devandita Lei e demais normas de aplicación.
Artigo III.- Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria que sexan solicitantes ou beneficiarias do servizo urbanístico.
En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte, os construtores e contratistas das obras.
Artigo IV.- Responsables
Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei Xeral tributaria.
Artigo V.- Cota tributaria
A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
A cota da tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dente a súa iniciación ata a súa resolución final.
Artigo VI.- Tarifa
A tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase da seguinte forma:
ANEXO I: SERVIZOS URABNÍSTICOS XERAIS
Concepto | Cota |
Obras menores, sen necesidade de proxecto técnico, 0,75 % sobre P.E.M., cun mínimo de 30,00 euros | 0,75 % sobre P.E.M., mínimo 30,00 euros |
Proxecto de vivenda nova unifamiliar (superf. construída) | 1,50 euros/mª |
Proxecto de vivenda nova plurifamiliar( superf. construída) | 1,50 euros/mª |
Rehabilitación de vivenda unifamiliar | 0,75 % sobre P.E.M. |
Rehabilitación de vivenda plurifamiliar, por m² rehabilitado | 0,75 euros/m² |
Construción, ampliación de naves e establecementos industriais, comerciais ou deportivos por m²; 1,10 euros/m² cun mínimo de 300 euros | 1.10 eruos/m² Mínimo 300,00 euros |
Demolición de construcións | 0,36 euros m/² |
Comprobación declaración responsable, de primeira ocupación de vivendas e locais, por cada local | 150,00 euros |
Comprobación declaración responsable, da posta en funcionamento dun servizo ou actividade | 150,00 euros |
Comprobación, da comunicación previa, das obras ou actividades | 0,75% sobre P.E.M. |
Licencias de movementos de terras | 0,36 euros/m³ |
Certificado de prescrición de infracción urbanística | 0,4 % sobre valor vivenda |
Certificado de antigüidade da vivenda | 0,4 % sobre valor vivenda |
Sinalización de aliñacións e rasantes, por cada unha | 100,00 euros |
Concesión de prórroga, sobre o orzamento das obras que falten por executar | 2% orzamento pendente |
Calquera tipo de informe ou certificado non descrito nos apartados anteriores | 60,00 euros |
Calquera tipo de prestación non descritas nos apartados anteriores | 2% do P.E.M. |
ANEXO II: PLAN URBANISTICO MUNICIPAL
Concepto | Cota | |
Certificación da situación legal de fóra de ordenación para vivendas | 0,4 % sobre valor vivenda | |
Certificación da situación legal de fóra de ordenación para naves e establecementos industriais, comerciais ou deportivos | 0,5 % sobre valor inmoble | |
Consultas previas sobre condicións ás que debe axustarse unha obra determinada | 30,00 euros | |
Pola colocación de carteis de propaganda visíbeis dende a vía pública | 25 euros/m² | |
Informes urbanísticos | A un terreo | 40,00 euros |
A un sector | 60,00 euros | |
A un polígono | 100,00 euros | |
A un ámbito do planeamento | 150,00 euros | |
Cédula urbanística | Dun terreo | 35,00 euros |
Dunha edificación | 50,00 euros | |
Parcelacións urbanísticas | 2 parcelas | 150,00 euros |
Entre 3 e 10 parcelas | 400,00 euros | |
Entre 11 e 20 parcelas | 900,00 euros | |
Máis de 21 parcelas | 1.500,00 euros | |
Plan parciais ou especiais, de sectorización, especiais de protección, reforma interior, infraestruturas e dotacións, e de ordenación do núcleo rural | 500,00 euros | |
Estudios de detalle | 350,00 euros | |
Proxecto de compensación | Ata 10 parcelas | 100,00 euros |
Entre 11 e 20 parcelas | 250,00 euros | |
Mais de 21 parcelas | 500,00 euros | |
Calquera tipo de informe ou certificado non descrito nos apartados anteriores | 60,00 euros | |
Calquera tipo de prestación non descritas nos apartados anteriores | 2% do P.E.M. |
Artigo VII.- Devengo
A presente taxa devéngase cando se inicie a prestación do servizo urbanístico, coa incoación do oportuno expediente, a solicitude do interesado ou de oficio polo Concello.
Artigo VIII.- Normas de xestión
· A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. Os usuarios virán obrigados a presentar esta autoliquidación no impreso habilitado para o efecto polo Concello. No momento da solicitude de concesión da licenza, deberá acreditarse o pagamento da autoliquidación
· A obriga de contribuír, unha vez que naceu, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez que se concedeu a licenza.
· A tramitación de novas licenzas por caducidade dunha anterior, devengará unha nova taxa
· Os dereitos de concesión de prórroga fíxanse no 2% do orzamento das obras que falten por executar
Artigo IX.- Infraccións e sancións
Nesta materia estarase ó disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro xeral tributaria e normativa de desenvolvemento.
Disposición derrogatoria
Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada a anterior ordenanza fiscal reguladora da taxa polo outorgamento de licencias urbanísticas.
Disposición derraderia
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor e será de aplicación ao día seguinte da súa publicación no Boletín oficial da provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.