Abegondo - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS URBANISTICOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 21/05/2018 BOP Nº: 94
Aplicable dende: 22/05/2018

Artigo I.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 132,2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de acordo co previsto nos artigos 15 a 19 do, Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, este Concello establece a ¿taxa por prestación de servizos urbanísticos", que se rexerá pola presene ordenanza.

Artigo II.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, así como a súa normativa de desenvolvemento, e que teñan que realizarse no término municipal de Abegondo, axústanse ás normas urbanísticas de edificación e policía previstas na devandita Lei e demais normas de aplicación, xa se atopen suxeitas a preceptiva licenza municipal, ou poidan ser susceptibles de comunicación previa ou declaración responsable consonte á normativa urbanística e sectorial vixente,

Artigo II bis.-Supostos de non suxeición.

Non están suxeitas a esta taxa as empresas e autónomos que soliciten algún dos servizos ou actividades encadrados no artigo anterior, suxeitos a licenza municipal ou susceptibles de comunicación previa ou declaración responsable, cando teñan por obxecto levar a cabo a implantación no termo municipal dunha nova empresa, ou a ampliación dun establecemento empresarial xa existente, sempre que conleve a creación de novos postos de traballo, cando o seu código CNAE corresponda a algunha actividade económica das incluídas no eido da industria 4.0 ou da Ris3.

Os beneficiarios deberán presentar no momento da solicitude da licenza ou da presentación da comunicación previa ou declaración responsable, un compromiso do número de postos de traballo que se prevén crear. Esta circunstancia deberá ser acreditada ante os servizos urbanísticos no prazo máximo de 1 mes dende o outorgamento da licenza de primeira ocupación mediante a presentación dos contratos de traballo e as altas na seguridade social dos novos postos de traballo creados. No caso de comunicación previa ou declaración responsable, este prazo computarase dende a data que o beneficiario sinale como de finalización das obras na súa declaración ou comunicación. Cando se trate de declaración responsable da posta en funcionamento dun servizo ou actividade, dende a data de rexistro de saída que figure na autorización de apertura.

Artigo III.-Suxeitos pasivos.

1. Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria que sexan solicitantes ou beneficiarias do servizo urbanístico.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte, os construtores e contratistas das obras.

Artigo IV.-Responsables.

Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

Artigo V.-Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

A cota da tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dente a súa iniciación ata a súa resolución final.

Artigo VI.-Tarifa.

A tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase da seguinte forma:

 

ANEXO I: SERVIZOS URABNÍSTICOS XERAIS

Concepto

Cota

Obras menores, sin necesidade de proxecto técnico, 0,75% sobre P.E.M., cun mínimo de 30,00 €

0,75% sobre P.E.M.,

mínimo 30,00 €

Proxecto de vivenda nova unifamiliar (superf. construída)

1,50 €/mª

Proxecto de vivenda nova plurifamiliar( superf. construída)

1,50 €/mª

Rehabilitación de vivenda unifamilir

0,75% sobre P.E.M.

Rehabilitación de vivenda plurifamiliar, por m² rehabilitado

0,75 €/m²

Construción, ampliación de naves e establecementos industriais, comerciais ou deportivos por m²; 1,10 E/m² cun mínimo de 300

1.10 €/m²

Mínimo 300,00 €

Demolición de construcións

0,36 € m/²

Comprobación declaración responsable, de primeira ocupación de vivendas e locais, por cada local

150,00 €

Comprobación declaración responsable, da posta en funcionamento dun servizo ou actividade

150,00 €

Comprobación, da comunicación previa, das obras ou actividades

0,75% sobre P.E.M.

Licencias de movementos de terras

0,36 €/m³

Certificado de prescrición de infracción urbanística

0,4% sobre valor vivenda

Certificado de antigüidade da vivenda

0,4% sobre valor vivenda

Sinalización de alineacións e rasantes, por cada unha

100,00 €

Concesión de prórroga, sobre o orzamento das obras que falten por executar

2% orzamento pendente

Calqueira tipo de informe ou certificado non descrito nos apartados anteriores

60,00 €

Calqueira tipo de prestación non descritas nos apartados anteriores

2% do P.E.M.

 

ANEXO II: PLAN URBANISTICO MUNICIPAL

Concepto

Cota

Certificación da situación legal de fóra de ordenación para vivendas

0,4% sobre valor vivenda

Certificación da situación legal de fóra de ordenación para naves e establecementos industriais, comerciais ou deportivos

0,5% sobre valor inmoble

Expedir copia en CD do planeamento, planos de cada lugar

30,00 €

Expedir copia en CD do planeamento, planos de cada parroquia

100,00 €

Expedir copia en CD do planeamento

500,00 €

Consultas previas sobre condicións ás que debe axustarse unha obra determinada

30,00 €

Pola colocación de carteis de propaganda visíbeis dende a vía pública

25 €/m²

Informes urbanísticos

A un terreo

40,00 €

A un sector

60,00 €

A un polígono

100,00 €

A un ámbito do planeamento

150,00 €

Cédula urbanística

Dun terreo

35,00 €

Dunha edificación

50,00 €

Parcelancións urbanísticas

2 parcelas

150,00 €

Entre 3 e 10 parcelas

400,00 €

Entre 11 e 20 parcelas

900,00 €

Máis de 21 parcelas

1.500,00 €

Plan parciais ou especiais, de sectorización, especiais de protección, reforma interior, infraestruturas e dotacións, e de ordenación do núcleo rural

500,00 €

Estudios de detalle

350,00 €

Proxecto de compensación

Ata 10 parcelas

100,00 €

Entre 11 e 20 parcelas

250,00 €

Mais de 21 parcelas

500,00 €

Calqueira tipo de informe ou certificado non descrito nos apartados anteriores

60,00 €

Calqueira tipo de prestación non descritas nos apartados anteriores

2% do P.E.M.

O PEM determinarase segundo o recollido no artigo VI da ordenanza reguladora do ICIO.

Artigo VII.-Devengo.

A presente taxa devéngase cando se inicie a prestación do servizo urbanístico, coa incoación do oportuno expediente, a solicitude do interesado ou de oficio polo Concello.

Artigo VIII.-Normas de xestión.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. Os usuarios virán obrigados a presentar esta autoliquidación no impreso habilitado para o efecto polo Concello. No momento da solicitude de concesión da licenza, deberá acreditarse o pagamento da autoliquidación.

2. A obriga de contribuír, unha vez que naceu, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez que se concedeu a licenza.

3. A tramitación de novas licenzas por caducidade dunha anterior, devengará unha nova taxa.

4. Os dereitos de concesión de prórroga fíxanse no 2% do orzamento das obras que falten por executar.

Artigo IX.-Infraccións e sancións.

Nesta materia estarase ó disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e normativa de desenvolvemento.

Disposición derraderia

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 15/03/2018, entrará en vigor e será de aplicación ao día seguinte da súa publicación no Boletín oficial da provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.