Pontedeume - ORDENANZA MUNICIPAL DE VENDA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA DO CONCELLO DE PONTEDEUME

Publicación provisional: 10/03/2006 BOP Nº: 129
Publicación definitiva: 10/03/2006 BOP Nº: 129
Aplicable dende: 09/05/2012

CAPITULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Obxecto da norma.

A presente ordenanza ten por obxecto a regulación da venda ambulante ou non sedentaria no Concello de Pontedeume e do seu réxime sancionador, de acordo coas competencias atribuídas aos concellos na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no artigo 54 da Lei 7/1996, de 15 de xaneiro, de Ordenación do comercio minorista na redacción dada pola Lei 1/2010, do 1 de marzo; no Real decreto 199/2010, do 26 de febreiro, polo que se regula o exercicio da venta ambulante ou non sedentaria; e na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, actividade sometida a autorización administrativa previa.

Artigo 2. Concepto, modalidades e réxime xurídico

1.- Considérase venda ambulante ou non sedentaria a realizada por persoas comerciantes, fóra dun establecemento comercial permanente de forma habitual, ocasional, periódica ou continuada, nos perímetros ou nos lugares debidamente autorizados en instalacións comerciais desmontables ou transportables, incluíndo os camións tenda.

2.- O exercicio da venda ambulante ou non sedentaria poderase realizar nalgunha das seguintes modalidades:

a) Venda en feiras.

b) Venda en mercados ocasionais ou periódicos.

c) Venda en vía pública.

d) Venda ambulante en camións tenda.

A definición de cada tipoloxía é a recollida no artigo 71 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia:

a) Venda ambulante en mercados periódicos: aquela autorizada nos mercados situados en poboacións, en lugares e espazos determinados, cunha periodicidade habitual establecida. Dentro desta epígrafe están encadradas, entre outras, as realizadas en feiras populares, en mercados de postos e en rastros.

b) Venda ambulante en mercados fixos: aquela autorizada en lugares anexos aos mercados municipais ou de abastos, con instalacións permanentes nas poboacións.

c) Venda ambulante en postos desmontables instalados na vía pública: aquela autorizada para un número de postos, situacións e períodos determinados.

d) Venda ambulante en mercados ocasionais: aquela autorizada en mercados esporádicos, que teñan lugar con motivo de feiras, festas ou acontecementos populares.

e) Venda ambulante mediante camións ou vehículos tenda: aquela realizada nos citados medios e autorizada en zonas ou lugares determinados.

3.- A actividade comercial desenvolvida baixo algunha das modalidades de venda ambulante ou non sedentaria deberase efectuar con suxeición ao réxime xeral da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de ordenación do comercio retallista e na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, sen prexuízo do cumprimento doutras normas que resulten de aplicación.

Artigo 3.- Réxime de autorización

1.- Corresponde ao Concello de Pontedeume determinar a zona de localización para o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria, fóra da cal non se poderá exercer a actividade comercial. Os postos de venda ambulante ou non sedentaria non se poderán situar nos accesos a edificios de uso público, establecementos comerciais e industriais, nin en lugares que dificulten o acceso e a circulación.

Os postos de venda instalados en beirarrúas ou vías públicas que vulneren o establecido no aparatdo anterior, serán retirados por persoal municipal, previa Resolución da Alcaldía.

2.- Para cada localización concreta e por cada unha das modalidades de venda ambulante ou non sedentaria que o comerciante se propoña exercer, deberá solicitar unha licenza, que será outorgada polo concello.

Esta licenza dará dereito a un só posto de venda e só poderá solicitarse unha por cada epígrafe da CNAE que determina suxeición ao IAE

Artigo 4.- Características da autorización

1. A autorización para o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria terá unha duración limitada. O seu prazo de duración será de catro anos.

2.- O procedemento para o outorgamento da autorización para o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria realizarase en réxime de concorrencia competitiva. Se non fose procedente, por non ter que valorarse condicións especiais nos solicitantes, mediante sorteo.

O procedemento será público e a súa tramitación deberase desenvolver conforme criterios claros, sinxelos, obxectivos e predicibles. Na resolución do procedemento fixaranse os requisitos da autorización, que terán que ser necesarios, proporcionais e non discriminatorios.

3.- As licenzas poderánselles conceder tanto a persoas físicas coma a persoas xurídicas, sexan sociedades mercantís ou cooperativas, e serán transferibles a outras persoas físicas ou xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo seguinte, logo de comunicación á administración competente.

A autorización é persoal. No caso de que o impedimento para o exercicio da venda que autoriza a licenza municipal sexa temporal ou transitorio, o titular, mantendo tal condición, poderá ser substituído, previa autorización municipal, polos familiares en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, sempre que o familiar proposto non sexa titular doutra autorización e que estea dado de alta na seguridade social, cando proceda, todo o cal deberá documentarse adecuadamente.

O titular da autorización poderá contratar persoal que lle asista na atención do posto

4.- O Concello de Pontedeume poderá comprobar e inspeccionar, en todo momento, os feitos, actividades, transmisións e demais circunstancias da licenza concedida, notificando, se é o caso, aos órganos autonómicos de defensa da competencia os feitos dos cales teñan coñecemento no exercicio das súas funcións que poidan constituír infracción da lexislación de defensa da competencia.

A transmisión dunha autorización non afectará o seu período de vixencia, que se manterá polo tempo que reste ata a finalización do prazo de duración.

5. A autorización debe definir, polo menos, o prazo de validez, os datos identificativos do titular, o lugar ou lugares en que se pode exercer a actividade, os horarios e as datas en que se poderá levar a cabo así como os produtos autorizados para a venda.

6. O titular da autorización de produtos de alimentación e herbodietética deberá adicionalmente cumprir os requisitos que impón a normativa sanitaria.

7. O comerciante deberá ter expostos para o público e para as autoridades que realicen actuacións inspectoras, en forma facilmente visible:

a) A autorización municipal.

b) Un enderezo para a recepción das posibles reclamacións durante o exercicio da actividade.

8. As autorizacións entenderanse concedidas en precario e poderán ser revogadas unilateralmente polo Concello de Pontedeume no caso de incumprimento da normativa ou desaparición das circunstancias que as motivaron, sen que tal feito dea orixe a indemnización ou compensación ningunha.

Artigo 5. Requisitos para o exercicio da actividade de venda ambulante ou non sedentaria

1. Serán requisitos inescusables para a concesión da licenza de venda ambulante os seguintes:

a) Estar dado ou dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e, de ser o caso, no imposto de actividades económicas.

b) Cumprir cos requisitos das regulamentacións de cada tipo de produtos.

c) Estar en posesión, de ser o caso, do certificado acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos.

d) Satisfacer as taxas e os tributos fixados na correspondente ordenanza municipal.

e) Dispoñer dos permisos de residencia e de traballo que, en cada caso, sexan exixibles, de se tratar de persoas estranxeiras.

f) As persoas xurídicas deberán acreditar os seguintes extremos: o CIF, a acta de constitución, os estatutos e a escritura de poder outorgada á persoa que asina a solicitude de autorización en representación da empresa.

g) Dispoñer de seguro de responsabilidade civil.

2. Os vendedores ambulantes deberán cumprir no exercicio da súa actividade, a obriga de coñecer e cumprir a normativa xeral de ordenación do comercio, disciplina de mercado e protección do consumidor e cumprir as condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos productos que sexan obxecto da venda.

3.- As instalacións e maquinaria que se empreguen para os postos de venda terán que ser desmontables e reunirán en todos os casos, as debidas condicións de seguridade, salubridade, limpeza e presentación, podéndose ordenar a retirada das instalacións ou maquinaria que non reúnan as devanditas características.

CAPITULO II.- COMPETENCIAS MUNICIPAIS.

Artigo 6. Correspóndelle ao Concello de Pontedeume, dentro do seu termo municipal:

1.- Conceder a autorización para o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria, de acordo co establecido nesta Ordenanza. As autorizacións concederanse en condicións non discriminatorias e o procedemento deberá garantir a transparencia e a imparcialidade e, en concreto, a publicidade adecuada de inicio, desenvolvemento e fin do proceso.

2. Revogar ou anular a autorización concedida cando desaparezan as circunstancias que motivaron a súa concesión e segundo o disposto no art. 12 desta Ordenanza

3. Fixar na correspondente ordenanza fiscal as taxas para o exercicio da actividade no dominio público municipal,

4. Establecer a ubicación, datas e horarios de celebración das feiras e mercadillos do Concello, a súa modificación e supresión.

5. Determinar os artigos dos que se autoriza a venda nos mercadillos que se celebren no termo municipal, de conformidade coa normativa específica que regule a comercialización de cada grupo de productos e as prohibicións específicas contidas na Lei 13/2010, do 17 de decembro, de Comercio Interior de Galicia.

6. Establecer as condicións necesarias para o desenvolvemento do tránsito normal de vehículos e peóns, indicando as vías de circulación e os espazos de aparcamento, carga e descarga.

7. Establecer as condicións de vixilancia e control no desenvolvemento da feira ou mercado.

8.- O Concello de Pontedeume coidará de que os lugares destinados ao exercicio da venda ambulante se atopen en axeitadas condicións de limpeza e salubridade, debendo exercer o debido control hixiénico e sanitario, en especial dos produtos perecedoiros e de alimentación, de acordo coa lexislación e coas ordenanzas vixentes

9.- Impoñer as sancións correspondentes ás conductas constitutivas de infracción, de acordo co establecido no Capítulo VII da presente Ordenanza

CAPITULO III.- RÉXIME XERAL DE AUTORIZACIÓN.

Artigo 7. Autorización Municipal.

1. O exercicio da actividade regulada nesta Ordenanza está suxeita a previa concesión de licenza polo órgano municipal competente e de acordo co procedemento previsto nesta Ordenanza e segundo establecen nos arts. 74 e seguintes do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado po Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, e artigo 72 da Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

2. O seu outorgamento é discrecional e estará sometido á comprobación previa polo Concello do cumprimento polo peticionario dos requisitos legais en vigor para o exercicio do comercio así como do establecido pola regulación do producto para o que se autoriza a venda.

3. A autorización seralle outorgada á persoa física ou xurídica titular da actividade, sendo expedidas de forma nominativa para cada unha das súas persoas traballadoras, que cumpran cos requisitos do artigo 5.1 desta Ordenanza, e habilitará ao exercicio da venda ambulante ou non sedentaria ao seu titular.

4. Só se dará unha autorización a cada titular e para un só posto de venda.

Artigo 8. Procedemento

1. A autorización para o exercicio da actividade deberá ser solicitada polo interesado ou representante debidamente autorizado, en impreso normalizado, no prazo de convocatoria pública aberta polo Concello, ao que se achegará a seguinte documentación:

A. Persoas físicas: fotocopia compulsada do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa.

B. Persoas xurídicas: CIF, a acta de constitución, os estatutos e a escritura de poder outorgada á persoa que asina a solicitude de autorización en representación da empresa.

C. Declaración responsable que comprenderá os seguintes extremos:

C.1.- O cumprimento dos requisitos establecidos.

C.2.- Estar en posesión da documentación que así o acredite a partir do inicio da actividade.

C.3.- Manter o seu cumprimento durante o prazo de vixencia da autorización.

C.4.- Estar dado de alta na epígrafe correspondente do imposto de actividades económicas e estar ao día no pagamento da tarifa ou, en caso de estar exento, estar dado de alta no censo de obrigados tributarios.

C.5.- Estar ao día no pagamento das cotizacións da Seguridade Social.

C.6.- Dispoñer dos permisos de residencia e de traballo que, en cada caso, sexan exixibles, de se tratar de persoas estranxeiras.

C.7.- Reunir as condicións exixidas pola normativa reguladora do produto ou produtos obxecto da venda ambulante ou non sedentaria.

C.8.- Declaración expresa de que o solicitante coñece a normativa sectorial aplicable no termo municipal.

C.9. Ter subscrito póliza de seguro de responsabilidade civil que cubra calquera clase de risco derivado do exercicio da súa actividade comercial.

2.- A tarxeta de persoa vendedora ambulante, expedida pola Administración autonómica, logo da inscrición voluntaria no Rexistro Galego de Comercio regulado no artigo 8 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, servirá como acreditación dos extremos sinalados na alinea 2 do artigo 73 da devandita Lei

3.- No impreso normalizado, especificarase:

a) Para as persoas físicas: nome, apelidos e documento nacional de identidade do interesado e, no seu caso, da persoa que o represente, así como a identificación do domicilio que se sinale a efectos de notificacións.

b) Para as persoas xurídicas: nome, apelidos e documento nacional de identidade do representante legal, así como a identificación do domicilio que se sinale a efectos de notificacións, teléfono, fax e dirección de correo electrónico.

c) Para os cidadáns estranxeiros: nome, apelidos, documento nacional de identidade ou pasaporte e permiso de residencia e traballo que en cada caso sexan esixidos, así como a identificación do domicilio que se sinale a efectos de notificacións.

d) A identificación no seu caso da/s persoa/s con relación laboral ou familiar que vaian colaborar no desenvolvemento da actividade.

e) Modalidade de venda ambulante para a que solicita autorización, con descrición da actividade, oficio e/ou produtos obxecto de venda.

f) Dimensións, expresadas en m2 e metros lineais do espacio de ocupación que pretende, indicando, para estes efectos, se a venda se pretende realizar en posto desmontable ou dende vehículo ou furgón.

g) A matrícula, marca, modelo e cor do vehículo que se utiliza para a venda.

h) Lugar e datas de exercicio da venda ambulante.

i) Lugar, data e firma do solicitante.

4.- En caso de que a solicitude ou documentación presentada non sexa correcta, concederase un prazo de dez días para a súa subsanación, de acordo co que establece o art.71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

5. O órgano competente para a concesión ou denegación da autorización é o Alcalde, previo informe do servizo municipal correspondente e logo de sorteo público nos termos do artigo 4.2 desta Ordenanza.

Artigo 9. Outorgamento da Autorización Municipal.

Rematado o prazo de preentacion de solicitudes, e unha vez recibida a documentación completa procederase á concesión provisional da autorización. Os solicitantes, deberán presentar no prazo de 15 días hábiles dende a recepción da comunicación da concesión provisional da autorizacion, a seguinte documentación acompañados dos orixinais para o seu cotexo:

1.- Dúas fotografías actuais do solicitante tamaño carné.

2.- Xustificante do pago das taxas municipais polo exercicio da venda ambulante ou non sedentaria no dominio público municipal.

3.- Copia do seguro de responsabilidade civil con vixencia durante o período para o que se solicita a autorización municipal, que garante a cobertura de calqueira clase de risco que a maquinaria, instalacións ou productos, poida orixinar.

4.- A acreditación da circunstancia de estar dado de alta e ao día do pagamento do imposto de actividades económicas ou, se é o caso, no censo de obrigados tributarios, ou ben autorización ao Concello de Pontedeume para que verifique o seu cumprimento.

De non se presentar a devandita documentación no prazo concedido, non terá validez a autorización provisional previamente recoñecida.

Artigo 10. Contido da Autorización.

O Concello de Pontedeume expedirá as autorizacións en documento normalizado, no que se farán constar os seguintes datos:

- Nome e apelidos ou denominación social, domicilio e DNI/CIF do titular da autorización.

- Prazo de vixencia da Autorización.

- Modalidade de comercio ambulante autorizado.

- Dimensións e tipo de posto a instalar, e o seu emprazamento no perímetro feiral.

- Horarios e datas nas que se poderá levar a cabo

- Productos autorizados para a venda.

- Número de Rexistro Municipal outorgado ao titular da Autorización.

- Condicións particulares ás que se suxeita a autorización da actividade, de ser o caso

- Persoas autorizadas para a venda.

O documento orixinal e normalizado da Autorización deberá ser exhibido polo comerciante durante o exercicio da actividade, colocada en lugar perfectamente visible, para o público e para as autoridades que realicen actuacións inspectoras. Tamén un enderezo para a recepción das posibles reclamacións durante o exercicio da actividade.

Artigo 11. Vixencia e renovación da Autorización

1. Atendendo a súa vixencia as autorizacións poden ser de dous tipos:

a) As de carácter cuatrienal

b) As de carácter diario ou eventual para ambulantes en ruta, ambulantes ocasionais e pequenos industriais ou artesanos

2. As autorizacións do apartado a) do punto anterior terán un prazo de duración de catro anos. A autorización que se outorgue non dará lugar a un procedemento de renovación automática nin conlevará ningún outro tipo de ventaxa para o prestador cesante ou as persoas que estan especialmente vinculadas a él.

A concesión de autorizacións poderán renovarse expresamente previa solicitude dos titulares, presentada no prazo dun mes anterior a data de remate da autorización.

3. Aqueles interesados en exercer a actividade ocasionalmente durante días aislados, deberán presentar a súa solicitude de acordo co establecido nesta Ordenanza, polo menos quince días antes de aquel no que se inicie a actividade.

Artigo 12. Extinción da Autorización Municipal.

1. Sen prexuízo do disposto noutros preceptos desta Ordenanza, as autorizacións extínguense por:

a) Transcurso do prazo polo que se outorgaron, sen solicitar a renovación ou sen pagar

b) Falta de pago das taxas municipais correspondentes, dentro do prazo establecido ao efecto.

c) Renuncia expresa e escrita do titular.

d) Causas de interese público sobrevidas, incluso antes da terminación do prazo polo que se outorgou a autorización.

e) Falecemento do titular no caso de persoa física; ou extinción da persoa xurídica.

f) Perda dalgún dos requisitos establecidos no seu outorgamento.

g) Falta de pago das sancións municipais que se impuxesen.

h) Cometer algunha das infraccións contidas nesta ordenanza, tipificadas como infracción grave, ou moi grave, ou reincidir na infracción.

2. Salvo nos supostos de extinción polo transcurso do prazo, que operará automáticamente, os expedientes de extinción poderán iniciarse de oficio ou a instancia de parte, correspondendo a súa resolución ao sr. Alcalde.

Todo expediente de extinción será sometido a información pública durante quince días mediante nota-anuncio que se publicará no taboleiro de edictos do Concello, e no mercado ou feira.

CAPÍTULO IV.- REXISTRO MUNICIPAL DE VENDEDORES AMBULANTES

Artigo 14. Rexistro Municipal

1. Créase o Rexistro municipal de vendedores ambulantes, que será xestionado polos servicios municipais de consumo e mercados e a inscrición nese será consecuencia inmediata da concesión da autorización municipal correspondente para o exercicio da actividade, ou ben no momento da súa transmisión, partindo dos datos contidos na declaración responsable.

2. A inscrición dos titulares de autorizacións municipais de venda ambulante vixente ao tempo de posta en funcionamento deste rexistro farase de oficio pola autoridade municipal, sen que sexa precisa a solicitude formalizada por aqueles; non obstante, estarán obrigados a comunicar e acreditar os datos que se lles requiran para a efectiva inscrición no Rexistro, sendo sancionados os incumprimentos non xustificados coa retirada da autorización municipal de venda ambulante.

3. Igualmente a inscrición no devandito rexistro de todo vendedor que cause nova alta na venda ambulante, farana de oficio os servicios municipais de consumo e mercados.

4. Realizada a inscrición, expediráselle ao comerciante inscrito unha tarxeta ou documento acreditativo da autorización para o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria, cunha vixencia igual á vixencia da autorización.

5. O contido da tarxeta ou documento acreditativo, deberá ser como mínimo, os datos esixidos no artigo 3.3 do Real decreto 199/2010, de 26 de febreiro, polo que se regula o exercicio da venta ambulante.

6. No suposto de que a persoa vendedora ambulante non opte voluntariamente pola inscrición na sección do Rexistro Galego de Comercio, será o concello que autorice o exercicio da venda ambulante o que comunique os datos para a correspondente inscrición.

CAPÍTULO V.- DEREITOS E OBRIGAS

Artigo 15. Dereitos dos titulares da autorización

As persoas autorizadas para o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria, segundo o establecido nos artigos anteriores da presente Ordenanza, terán dereito a exercela nos días e lugares autorizados, salvo que coa debida antelación o Concello lles comunique a súa imposibilidade por concorrer causas de interese público debidamente xustificadas. Sempre que sexa posible, o Concello habilitará outro lugar ou autorizará outras datas para que se desenvolva a actividade.

Artigo 16. Obrigas das persoas autorizadas

A autorización municipal implica as seguintes obrigas ao seu titular:

a). En canto á venda:

1. Ter á vista a autorización formalizada polo Concello e enderezo para a recepción das posibles reclamacións durante o exercicio da actividade.

2. Respetar os horarios da feira ou mercado no que estexa autorizado, aínda que esgote as mercadorías.

3. Ir á feira, mantendo o posto con actividade, tendo que comunicar ao Concello a ausencia temporal xustificada

4. Realizar a venda de aqueles productos para os que estea autorizado.

5. Cumprimento da normativa de protección ao consumidor e da que regula cada tipo de venda, a de prezos e etiquetado.

6. Conservar as facturas e albaráns de entrega da mercadoría posta á venda

7. Ser respetuoso coa clientela e cos axentes da autoridade encargados do control e vixilancia da feira ou mercado

8. Comunicar ao Rexistro Municipal de Vendedores Ambulantes calquera modificación nos datos da Autorización.

9. Non poderán ser en ningún caso obxecto de venda ambulante ou non sedentaria os bens ou os produtos cuxa propia normativa o prohiba e aqueloutros que, por razón da súa presentación ou outros motivos, non cumpran a normativa técnico-sanitaria e de seguranza.

En todo caso, non se poderán vender alimentos ou produtos alimentarios non envasados por quen careza do certificado acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación deles.

b). Con relación aos postos:

1. Non se poderá ocupar un espazo superior ao da superficie autorizada

2. Deberán de conservarse os postos, así como a superficie ocupada en perfecto estado de limpeza

3. O espazo ocupado deberá de quedar, tras a retirada do posto, libre de lixos

4. Prohíbese o emprego de anclaxes ou elementos que danen o pavimento ou superficie sobre a que se coloquen os postos

CAPÍTULO VI.- INSPECCIÓN

Artigo 17.- Este Concello por mediación do servizo de Policía Local e do correspondente órgano municipal en materia de Mercados e Comercio vixiarán e garantirarán o cumprimento polos titulares das autorizacións do que dispón esta ordenanza e demáis normativa aplicable, especialmente en canto ás esixencias e condicións hixiénico-sanitarias.

CAPITULO VII.- RÉXIME SANCIONADOR.

Artigo 18.- Infraccións.

1. As infraccións e correspondentes sancións relatadas pola normativa referida nos artigos 102 e seguintes da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia e no Real Decreto Legislativo 1/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios y otras leyes complementarias, tramitaranse e aplicaranse segundo os devanditos textos legais, así como nas normas que os desenvolven.

2. Constitúen infraccións á presente ordenanza as seguintes conductas, que se clasificarán en leves, graves e moi graves.

A) Serán infraccións leves:

- producir ruídos, berros ou música que incumpran a Ordenanza municipal de ruídos e vibracións,

- a falta de ornato ou limpeza das instalacións e da súa zona circundante, e non depositar o lixo nos lugares asinados polo concello,

- instalar o posto fóra do lugar sinalado, sempre e cando non prexudique a terceiro nin altere o normal desenvolvemento da feira ou mercado,

- non respectar os horarios establecidos polo Concello para cada feira ou mercado,

-aumentar a superficie do posto con máis metros dos autorizados, ou non gardar a distancia establecida entre postos,

- non ter á vista a autorización Municipal de Venta Ambulante.

- as simples inobservancia das disposicións establecidas na Lei 13/2010, que non teñan repercusións económicas nin prexuízo para as persoas consumidoras.

- En xeral, o incumprir as obrigas establecidas na Lei 13/2010, que non sexan obxecto de sancións específica.

B) Serán infraccións graves:

- a reincidencia na comisión de infraccións leves.

- practicar a venda fóra dos perímetros e/ou dos lugares autorizados ou con transgresión dos días e dos horarios establecidos.

- practicar a venda calquera persoa non autorizada ou comerciantes que incumpran os requisitos establecidos na Lei 13/2010, nos regulamentos ou nas ordenanzas reguladoras.

- practicar a venda en lugares que non reúnan as condicións establecidas na Lei 13/2010, nos regulamentos ou nas ordenanzas reguladoras.

- negarse ou resistirse a subministrar datos ou a facilitar a información requirida polas autoridades ou o seu funcionariado e axentes da Administración comercial no exercicio das súas funcións de comprobación e mais a subministración de información inexacta ou incompleta.

- incumprir as disposicións administrativas relativas á prohibición de comercializar ou distribuír determinados produtos.

- exixir prezos superiores a aqueles que fosen obxecto de fixación administrativa.

- cursar información errónea ou claramente insuficiente cando esta se solicitase de conformidade coa normativa aplicable e teña carácter esencial, se xeren graves danos ou exista intencionalidade.

C) Serán infraccións moi graves:

- a reincidencia na comisión de infraccións graves,

- negarse ou resistirse a subministrar datos ou a facilitar a información requirida polas autoridades e os seus axentes no exercicio das súas funcións de inspección, cando se efectuar a través de violencia física ou verbal ou calquera outra forma de presión.

- cometer as infraccións cualificadas como graves, sempre que supuxesen unha facturación, afectada pola infracción, superior a un millón de euros

Entenderase por reincidencia a comisión, no período dun ano, de máis dunha infracción da mesma natureza, cando así fose declarado por resolución firme. Malia o anterior, para cualificar unha infracción como moi grave só se atenderá á reincidencia en infraccións graves, e a reincidencia en infraccións leves só determinará que unha infracción deste tipo sexa cualificada como grave cando se incorrese en máis de dúas infraccións de carácter leve, cando así fose declarado por resolución firme

Artigo 19. Sancións

As sancións que se aplicarán, pola comisión das conductas constitutivas de infracción da presente ordenanza, serán as tipificadas nos artigos 109 e seguintes da Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Artigo 20. Procedemento

Para a determinación das infraccións e a imposición das sancións previstas nesta ordenanza será de aplicación os artigos 114 e seguintes da Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia e o Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora; a Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demáis normas concordantes.

CAPITULO VIII.- CONDICIÓNS ESPECíFICAS DE CADA MODALIDADE DE VENDA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA

Artigo 21. Modalidades

As feiras e mercados que se realizan no Concello de Pontedeume son:

1. Mercado

2. Feirón

3. Outras feiras e mercados de carácter ocasional

1.- ¿O Mercado"

O Mercado celébrase no Concello de Pontedeume para estimular o desenvolvemento agrario da comarca do Eume e facilitar á poboación o abastecemento de productos naturais da terra de consumo diario.

UBICACIÓN:

Na actualidade instálase no Mercado Municipal.

DATAS:

De martes a sábado.

HORARIO:

-De martes a venres

a) Descarga e instalación: 8:00 a 9:00 h.

b) Actividade comercial: de 9:00 a 14:00 h.

c) Carga e recollida dos postos: de 14:00 a 15:00 h.

-Sábados de ¿Feirón"

o mesmo horario que os demais postos de venda ambulante.

VENDEDORES:

Serán os mesmos productores dos productos da horta da comarca do Eume.

POSTOS:

Dimensión máxima: 2 x 1,5m.

En ningún caso poderán exhibirse os productos directamente enriba do chan, debendo estar en mesas para garantir unhas condicións mínimas de hixiene e sanidade, ou directamente en cestas ou paxes, situados a unha altura mínima do chan de 0,60m. e protexendo as mercadorías da choiva e do sol. En todo caso, o vendedor extremará a limpeza na zona da venda.

PRODUCTOS

Artigos da horta producidos na comarca de Pontedeume.

2.- ¿O Feirón"

Celébrase no Concello de Pontedeume como un xeito de desenvolvemento da comunidade, de dinamizar a producción da comarca e estimular o intercambio económico, mantendo esta forma de comercio tradicional.

UBICACIÓN:

Actualmente a zona destinada a actividade de venda ambulante é a comprendida nas seguintes rúas e prazas:

- Praza do Conde,

- Rúa de Betanzos,

- Rúa da Cátedra,

- Praza Real,

- Rúa Real,

- Praza do Pan,

- Praza da Calzada.

O Concello poderá modificar o emprazamento do Feirón por causa de forza maior, de interese xeral ou municipal.

Os postos de venda instalaranse no espacio delimitado polo Concello, deixando libre os accesos a edificios de uso público, establecementos industriais ou comerciais, o espacio diante dos escaparates ou exposicións, e de xeito que non se dificulten tales accesos á circulación peatonal.

Unha vez transcorrido o horario de montaxe dos postos, queda prohibida a permanencia ou entrada de calquera vehículo no recinto do mercado, salvo días de temporal ou forza maior. Esta prohibición non afecta aos vehículos-tenda ou aqueles outros vehículos que son necesarios para a realización da venda ambulante, que en todo caso, requiriran a autorización previa do Concello.

DATAS:

Os días de feirón serán todos os sábados do ano, a excepción daqueles que por coincidiren con actos ou actividades de gran afluencia de persoas, o Concello estime a conveniencia de que non se celebre o Feirón. Neste caso, a comunicación aos vendedores ambulantes farase cun mínimo de sete días de antelación.

HORARIO:

a) Descarga e instalación: 7:00 a 9:00 h.

b) Actividade comercial: de 9:00 a 19:00 h.

c) Carga e recollida dos postos: de 19:00 a 20:00 h.

Nos meses de Xullo e Agosto, o horario de actividade comercial e de carga e recollida dos postos, prolongarase dúas horas máis.

VENDEDORES:

Poderán exercer a venda ambulante todos os comerciantes que posúan a correspondente Autorización municipal, nas condicións nela recollidas.

POSTOS:

- Dimensións máximas: 10 x 2m.

- A estrutura debe ser metálica, facilmente desmontable e transportable, cunha cobertura de lona ou toldo impermeable de cores neutras.

- Debe ter unha tarima cunha altura mínima, a contar dende o chan, de 0,60m.

- Deben ter un receptáculo con tapadeira dentro do posto para verter os residuos xerados na actividade do comercio.

- Os postos teñen que estar en boas condicións de aseo e hixiene.

PRODUTOS:

Os artigos autorizados para a venda nos postos desmontables son:

1. Alimentación: froita, hortalizas e verduras, patacas, queixos do país e curados, etiquetados, ovos, embutidos, carnes curadas, productos do forno (pan e biscoitos) e churros.

2. Xeral: téxtil e calzado.

3. Artesanía e bixutería en xeral.

4. De tempada: árbores frutais, plantas e flores.

3.- Festas populares e outros ¿mercadillos" ocasionais.

Este tipo de feiras ou mercadillos poderaos organizar o Concello de Pontedeume, de xeito periódico ou esporádico como unha maneira de fomentar o turismo do Concello, ou para lograr a revitalización comercial dun sector artesanal ou de interese para a comarca.

No devandito acordo fixarase:

A ubicación dos devanditos ¿mercadillos".

Días e horario de celebración dos mesmos.

Productos autorizados.

Condicións específicas dos postos, se fosen esixibles

As especialidades respecto do réxime xeral de outorgamento de autorizacións, tales como vixencia da mesma, prazo de solicitude, persoas recollidas na súa vixencia.

Taxa municipal correspondente

Disposición transitoria

Os comerciantes ambulantes que veñen exercendo este tipo de venda no momento de entrada en vigor desta Ordenanza, e que reúnan os requisitos nela establecidos, conservarán o sitio no que se veñen instalando, pero deben obter a preceptiva licenza municipal no prazo de un mes a contar dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non obter a licenza no prazo indicado, non poderán exercer a venda ambulante.

Disposición adicional

Quedan excluídos do ámbito desta ordenanza a regulación dos postos autorizados na vía pública de carácter fixo e estable nos que se desenvolvan actividades comerciais de xeito habitual e permanente.

Disposición final

A presente Ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello, e entrará en vigor unha vez publicada íntegramente no Boletín Oficial da Provincia de acordo co establecido no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN PARA VENTA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA

INTERESADO/A

Nome e apelidos ou Razón Social

DNI/CIF

Enderezo a efectos de notificacións: Rúa/Avda./Praza/Lugar

Núm.

Escaleira

Andar

Porta

CP Concello Provincia

Teléfono Fax Correo electrónico

REPRESENTANTE

Nome e apelidos

DNI/CIF

Enderezo a efectos de notificacións: Rúa/Avda./Praza/Lugar

Núm.

Escaleira

Andar

Porta

CP Concello Provincia

Teléfono Fax Correo electrónico

EXPOÑO

Que de confomidade coa Ordenanza municipal de venda ambulante ou non sedentaria e o resto da normativa aplicable, por medio da presente SOLICITO autorización para a actividade que vou levar a cabo no Concello de Pontedeume de venda ambulante ou non sedentaria cos seguintes datos identificativos:

1. Feira ou mercado no que se pretende exercer a actividade de venda:________________________________________

2. Actividade, oficio e/ou produtos obxecto de venda _______________________________________________________

3. Emprazamento solicitado ___________________________________________________________________________

4. Datas de exercicio da venda ambulante________________________________________________________________

5. Dimensións, expresadas en m2 e metros lineais do espacio de ocupación que pretende, indicando, para estes efectos, se a venda se pretende realizar en posto desmontable ou dende vehículo ou furgón _______________________________________ _______________________________________________________________________________________________

6. A matrícula, marca, modelo e cor do vehículo que se utiliza para a venda_____________________________________

IDENTIFICO

na condición de colaborador no desenvolvemetno da actividade, á/s seguinte/s persoa/s con relación laboral ou familiar:

DECLARO

COÑECER a normativa sectorial aplicable no termo municipal e acompaño esta instancia da seguinte documentación:

¿ Copia da documentación esixida no artigo 8.1 letra A ou B

¿ Declaración responsable no modelo normalizado.

Pontedeume, ______ de ___________ de ______

Asdo. O interesado Asdo. O representante

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PONTEDEUME

MODELO DE DECLARACION RESPONSABLE

INTERESADO/A

Nome e apelidos ou Razón Social

DNI/CIF

Enderezo a efectos de notificacións: Rúa/Avda./Praza/Lugar

Núm.

Escaleira

Andar

Porta

CP Concello Provincia

Teléfono Fax Correo electrónico

REPRESENTANTE

Nome e apelidos

DNI/CIF

Enderezo a efectos de notificacións: Rúa/Avda./Praza/Lugar

Núm.

Escaleira

Andar

Porta

CP Concello Provincia

Teléfono Fax Correo electrónico

EXPOÑO

Que de confomidade coa Ordenanza municipal de venda ambulante ou non sedentaria e o resto da normativa aplicable veño a efectuar DECLARACIÓN RESPONSABLE pola que declaro, en relación á actividade que vou levar a cabo no Concello de Pontedeume de venda ambulante ou non sedentaria:

1. Que cumpro os requisitos legal e regulamentariamente establecidos.

2.- Estou en posesión da documentación que así o acredita a partir do inicio da actividade.

3.- Manterei o seu cumprimento durante o prazo de vixencia da autorización.

4.- Estou dado de alta na epígrafe correspondente do imposto de actividades económicas e estou ao día no pagamento da tarifa ou, en caso de estar exento, estar dado de alta no censo de obrigados tributarios.

5.- Estou ao día no pagamento das cotizacións da Seguridade Social.

6.- Dispoño dos permisos de residencia e de traballo que, en cada caso, sexan exixibles, de se tratar de persoas estranxeiras.

7.- Reúno as condicións exixidas pola normativa reguladora do produto ou produtos obxecto da venda ambulante ou non sedentaria.

8.- Declaro que coñezo a normativa sectorial aplicable no termo municipal.

9. Teño subscrito unha póliza de seguro de responsabilidade civil que cubra calquera clase de risco derivado do exercicio da miña actividade comercial.

AUTORIZA

Aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, á administración destinataria deste escrito á comprobación telemática con outras Administracións Públicas de datos declarados e demáis circunstancias relativas ao exercicio da actividade a desenvolver.

O que asino de xeito responsable.

Pontedeume, ______ de ___________ de ______

Asdo. O interesado Asdo. O representante

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PONTEDEUME