Cee - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA GARDERÍA MUNICIPAL
Artigo 1.-Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19, en relación co art. 20 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, o Concello de Cee establece a taxa por prestación do servizo da escola infantil municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo da escola infantil municipal.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.
Artigo 4.-Responsables.
Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.
Artigo 5.-Base impoñible e cota tributaria.
A cota tributaria calcularase conforme aos seguinte tramos de renda:
Matrícula: 30 €
TARIFA 1.-RENDA PER CAPITA | MÁIS DE 450 €/MES |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde) | 45% da renda per cápita (ata un máximo de 202,50 € mes) 35% da renda per cápita (ata un máximo de 157,50 €/mes) Ou en ámbolos casos o 12% da renda total da unidade familiar. |
TARIFA 2.-RENDA PER CÁPITA | Dende 300 €/mes a 450,00 €/mes |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde) | 35% da renda per cápita 25% da renda per cápita |
TARIFA 3.-RENDA PER CÁPITA | Dende 240,01 € a 300,00 €/mes |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tardes) | 25% da renda per cápita 15% da renda per cápita |
TARIFA 4.-RENDA PER CÁPITA | Dende 180,00 €/mes a 240,00 €/mes |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde) | 20% da renda per cápita 10% da renda per cápita |
TARIFA 5.-RENDA PER CÁPITA | ATA 180,00 €/MES |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde) | 15% da renda per cápita 8% da renda per cápita |
Prezo por hora a maiores: 17,50 €/mes.
Prezo por hora esporádica: 10 €.
Artigo 6.-Revisión da tarifa.
Ó longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, sempre que se produzan e xustifiquen variacións nas circunstancias económicas ou familiares.
A comisión revisará a tarifa anualmente.
Artigo 7.-Retribución e período impositivo.
A taxa retribuirase cando se inicie a prestación do servicio. O período impositivo coincide co ano natural, prorrateado por meses.
Artigo 8.-Liquidación, recadación e xestión.
A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberanas aboa-los interesados nos dez primeiros días de cada mes, en calquera oficina bancaria na que teña conta este Concello ou nas oficinas municipais (só en casos excepcionais a criterio da tesourería).
Non se aboará a tarifa que corresponda ó mes en que o centro permaneza pechado por razóns de vacacións de verán. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.
A inasistencia do usuario ó centro durante un período determinado, non supón redución ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
Disposición derrogatoria.
A presente ordenanza fiscal a súa entrada en vigor, deroga a ordenanza fiscal vixente.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2012-2013, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.