Cee - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA GARDERÍA MUNICIPAL
Artigo 1.-Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19, en relación co art. 20 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, o Concello de Cee establece a taxa por prestación do servizo da escola infantil municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo da escola infantil municipal.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.
Artigo 4.-Responsables.
Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.
Artigo 5.-Base impoñible e cota tributaria.
A cota tributaria calcularase conforme aos seguinte tramos de renda:
Matrícula: 30 €
TARIFA 1.-RENDA PER CÁPITA | MÁIS DE 450 €/MES |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde) | 45% da renda per capita (ata un máximo de 202,50 € mes) 35% da renda per capita (ata un máximo de 157,50 €/mes.) |
TARIFA 2.-RENDA PER CÁPITA | Dende 300 €/mes a 450,00 €/mes |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde) | 35% da renda per capita 25% da renda per capita |
TARIFA 3.-RENDA PER CÁPITA | Dende 240,01 € a 300,00 €/mes |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tardes) | 25% da renda per capita 15% da renda per capita |
TARIFA 4.-RENDA PER CÁPITA | Dende 180,00 €/mes a 240,00 €/mes |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde) | 20% da renda per capita 10% da renda percapita |
TARIFA 5.-RENDA PER CÁPITA | ATA 180,00 €/MES |
Xornada completa (8 horas diarias) ¿ xornada (4 horas diarias en xornadas de mañá ou tarde) | 15% da renda per capita 8% da renda per capita |
Prezo por hora a maiores: 17,50 €/mes.
Prezo por hora esporádica: 10 €.
A cota tributaria será obxecto das seguintes bonificacións cando se cumpra o requisito de familia numerosa acreditado documentalmente mediante a presentación do título de familia numerosa en vigor. As bonificacións establécense tomando como base o IPREM (último en vigor). Así :
Entre o 50% do IPREM e inferiores ao 75% do IPREM a cota tributaria reducirase nun 75%.
Entre o 75% do IPREM e inferiores ao 100% do IPREM a cota tributaria reducirase nun 60%.
Entre o 100% do IPREM e inferiores ao 125% do IPREM a cota tributaria reducirase nun 50%.
Entre o 125% do IPREM e inferiores ao 150% do IPREM a cota tributaria reducirase nun 40%.
Entre o 150% do IPREM e inferiores ao 200% do IPREM a cota tributaria reducirase nun 30%.
Superiores o 200% do IPREM a cota tributaria reducirase nun 20%.
Para o cálculo do IPREM tómase como base a renta per cápita resultante.
Artigo 6.-Revisión da tarifa.
Ó longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, sempre que se produzan e xustifiquen variacións nas circunstancias económicas ou familiares.
A comisión revisará a tarifa anualmente.
Artigo 7.-Retribución e período impositivo.
A taxa retribuirase cando se inicie a prestación do servicio. O período impositivo coincide co ano natural, prorrateado por meses.
Artigo 8.-Liquidación, recadación e xestión.
A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberanas aboa-los interesados nos dez primeiros días de cada mes, en calquera oficina bancaria na que teña conta este Concello ou nas oficinas municipais(so en casos excepcionais a criterio da tesourería).
As baixas durante o curso deberán notificarse ó Concello antes do día 15 do mes anterior á baixa.
Non se aboará a tarifa que corresponda ó mes en que o centro permaneza pechado por razóns de vacacións de verán. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.
A inasistencia do usuario ó centro durante un período determinado, non supón redución ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2018-2019, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.