Mugardos - ORDENANZA FISCAL N.º 14, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E RECREATIVOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 30/10/2012 BOP Nº: 207
Aplicable dende: 31/10/2012

Artigo 1º . Fundamento legal.

Consonte co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 20 da mesma Lei, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 15 a 19 do xa citado RD Lexislativo 2/2004 ,este Concello establece a taxa pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos.

Artigo 2º . Feito impoñíbel.

1. Está constituído pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e recreativas tanto en instalacións municipais coma concertadas.

2. Aos efectos da aplicación da taxa, a obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade en cuestión nos termos establecidos nesta ordenanza.

3. A baixa nunha actividade solicitarase no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo correspondente (día, mes ou cuadrimestre) á data de formalización da baixa.

Artigo 3º . Suxeito pasivo.

Están obrigados ao pagamento da taxa por realización de actividades socioculturais, deportivas e de lecer;

1. As persoas físicas que formalicen a súa inscrición nas mesmas nos termos e condicións sinalados no artigo 2.2

2. As persoas físicas ou xurídicas que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza.

Artigo 4º . Responsábeis.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo todas as persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e consonte co procedemento previsto na nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

Artigo 5º . Cota tributaria.

1. Tarifas.

Establécese unha matrícula por alumno/a das escolas deportivas e culturais así como unha mensualidade; as actividades puntuais e os obradoiros contan só cunha matrícula. As taxas das actividades, deportivas, culturais e de lecer son as seguintes:

 

MATRÍCULA

MENSUALIDADE

ESCOLAS DEPORTIVAS

 

 

1HORA/SEMANA

 

5 €

2HORAS/SEMANA

 

8 €

3HORAS/SEMANA

15 €

10 €

4HORAS/SEMANA

 

12 €

POR INCREMENTO EN 1/2HORA

 

1,25 €

OUTRAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E DE LECER

CURSOS/EXCURSIÓNS/XORNADAS

DE MENOS DE 4 HORAS

5 €

DE 5 A 14 HORAS

8 €

DE 15 A 24 HORAS

15 €

DE 25 A 34 HORAS

20 €

DE 35 A 51 HORAS

25 €

ESCOLA DE MÚSICA

MATRÍCULA

MENSUALIDADE

1HORA/SEMANA MÚSICA E MOVEMENTO (COLECTIVA)

 

10,00 €

1HORA/SEMANA LING. MUSICAL

15,00 €

0,5HORA/SEMANA INCREMENTO INSTRUMENTO

 

15,00 €

1HORA/SEMANA LINGUAXE MUSICAL

MÁIS 0,5H UN INSTRUMENTO

30,00 €

1HORA/SEMANA LINGUAXE MUSICAL MÁIS 1HORA/SEMANA DOUS INSTRUMENTOS

15 €

40,00 €

CURSO VERÁN

 

40 €

AGRUPACIÓNS MUSICAIS E CORAIS

 

5 €

ESCOLAS CULTURAIS

 

 

1HORA/SEMANA

 

7,00 €

2HORAS/SEMANA

 

13,00 €

3HORAS/SEMANA

15 €

15,00 €

4HORAS/SEMANA

 

18,00 €

POR INCREMENTO EN 1/2HORA

 

1,50 €

IDIOMAS 2HORAS/SEMANA

 

25,00 €

OBRADORIOS MAIORES

MENSUALIDADE

1,5 HORAS/SEMANA

7,00 €

2 HORAS/SEMANA

9,00 €

POR INCREMENTO EN 1/2HORA

1,25 €

OUTRAS ACTIVIDADES

LUDOTECA

MENSUALIDADE

ATA 3 HORAS/DÍA

25 €

INCREMENTO DE ¿ HORA DÍA

5 €

ACTOS GASTRONÓMICOS

Por ración

Entroido, Magosto, etc

1 €

MATRÍCULA

MENSUALIDADE

ESCOLAS DEPORTIVAS

 

 

1HORA/SEMANA

 

5 €

2HORAS/SEMANA

 

8 €

3HORAS/SEMANA

15 €

10 €

4HORAS/SEMANA

 

12 €

POR INCREMENTO EN 1/2HORA

 

1,25 €

OUTRAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E DE LECER

CURSOS/EXCURSIÓNS/XORNADAS

DE MENOS DE 4 HORAS

5 €

 

 

DE 5 A 14 HORAS

8 €

 

 

DE 15 A 24 HORAS

15 €

 

 

DE 25 A 34 HORAS

20 €

 

 

DE 35 A 51 HORAS

25 €

 

 

ESCOLA DE MÚSICA

MATRÍCULA

MENSUALIDADE

1HORA/SEMANA MÚSICA E MOVEMENTO (COLECTIVA)

 

10,00 €

1HORA/SEMANA LING. MUSICAL

 

15,00 €

0,5HORA/SEMANA INCREMENTO INSTRUMENTO

 

15,00 €

1HORA/SEMANA LINGUAXE MUSICAL

MÁIS 0,5H UN INSTRUMENTO

 

30,00 €

1HORA/SEMANA LINGUAXE MUSICAL MÁIS 1HORA/SEMANA DOUS INSTRUMENTOS

15 €

40,00 €

CURSO VERÁN

 

40 €

AGRUPACIÓNS MUSICAIS E CORAIS

 

5 €

ESCOLAS CULTURAIS

 

 

1HORA/SEMANA

 

7,00 €

2HORAS/SEMANA

 

13,00 €

3HORAS/SEMANA

15 €

15,00 €

4HORAS/SEMANA

 

18,00 €

POR INCREMENTO EN 1/2HORA

 

1,50 €

IDIOMAS 2HORAS/SEMANA

 

25,00 €

OBRADORIOS MAIORES

MENSUALIDADE

 

 

1,5 HORAS/SEMANA

7,00 €

 

 

2 HORAS/SEMANA

9,00 €

 

 

POR INCREMENTO EN 1/2HORA

1,25 €

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES

LUDOTECA

MENSUALIDADE

 

ATA 3 HORAS/DÍA

25 €

 

INCREMENTO DE ¿ HORA DÍA

5 €

 

ACTOS GASTRONÓMICOS

Por ración

 

Entroido, Magosto, etc

1 €

 

Artigo 6º. Xestión, inscricións e devengo.

As solicitudes para participar nas actividades presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, unha vez aberto o prazo de inscrición, e se tramitarán por rigoroso orde de entrada.

A condición de inscrito nunha actividade esixirá o previo pago da matrícula. Cando se formalice a matrícula anual débese estar ó corrente dos débitos de cursos anteriores.

As cotas das actividades liquidaranse mensualmente e son obrigatorias dende o día primeiro de cada mes.

As baixas superiores a un mes eximirán do pago si se comunican a través do Rexistro Xeral do Concello dentro dos dez primeiros días do mes. As que e comuniquen a partir do día once producirán efectos no mes seguinte.

Cando, por causas non imputables ó suxeito pasivo, a actividade non se desenvolva procederá a devolución do importe correspondente.

O Concello de Mugardos establece as seguintes bonificacións destinadas a incentivar a participación dos membros da unidade familiar de convivencia nas escolas deportivas e culturais municipais. Para isto establécense as seguintes bonificacións:

(nos dous primeiros casos, co tope máximo do 100% do IPREM mensual por persoa):

Conceptos de bonificación

Matrícula

Mensualidade

3 ou máis actividades por unidade familiar

50% bonificación na matrícula

50% bonificación na actividade de menor importe.

Familia numerosa

50% de bonificación na matrícula

50% bonificación nas actividades

Casos particulares previa solicitude e estudio, segundos os criterios de Servizos Sociais (emerxencia)

100% de bonificación na matrícula

100% de bonificación nas actividades

Para os casos particulares previa solicitude e estudio, segundo os criterios de Servizos Sociais, a valoración económica será a seguinte:

Nº persoas que compoñen a unidade familiar

Porcentaxe sobre o último dato do IPREM

1 persoa

125%

2 persoas

150%

3 persoas

175%

4 persoas

200%

5 persoas

225%

6 persoas

240%

7 persoas

255%

8 persoas

270%

Incrementarase un 10% do IPREM o límite económico por cada membro da unidade familiar.

Tendo en conta, nestes casos, que o límite se incrementa en 300 € máximo, no caso de existir aluguer ou hipoteca da vivenda habitual.

DOCUMENTACIÓN: O concello a través da área de Benestar social tramitará as exencións para o que necesitará o certificado de convivencia, IRPF ou certificado negativo dos maiores de idade, incluídos os fillos de entre 18-25.

No caso das persoas que non fagan declaración da renda, deberán ademais do certificado negativo, aportar dos fillos menores de 25 e maiores de 18 anos, vida laboral, xustificantes de ingresos do último ano (nóminas ou similar), declaración xurada de non percibir prestacións.

O órgano competente poderá non eximir do pagamento das cotas a quen, cumprindo o requisito, non teña cargas familiares ou teña ingresos adicionais que non figuren na declaración da renda e dos que sexa posible obter ingresos medíante a súa explotación. Así mesmo quen acredite unha perda substancial de ingresos con respecto á última declaración da renda poderá ser obxecto da exención.

A familia numerosa acreditarase mediante o título de familia numerosa.

Os obradoiros e outras actividades non serán de aplicación para a concesión de bonificacións de número de actividades por unidade familiar.

A partir do segundo obradoiro e por cada un deles haberá unha bonificación do 25% no prezo da hora semanal acumulable.

Ao longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar. Neste sentido, o/a usuario/a queda obrigado/a a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.

Artigo 7 º . Conceptos fiscais

Poderanse levar a cabo actividades acordadas con Sociedades, Clubs ou Asociacións. As condicións de financiamento das Escolas incluídas nos Convenios que se establezan coas Sociedades, Clubs ou Asociacións, determinarase ao comezo de cada curso escolar.

Artigo 8 º. Partidas falladas.

Considéranse partidas falladas ou créditos incobrábeis aquelas cotas que non se puidesen facer efectivas polo procedemento de prema. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 9 º . Obriga de pagamento.

As débedas por estas taxas poderán esixirse polo procedemento administrativo de prema, de acordo có establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 10º . Infraccións e sancións

As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 11 º. Dereito supletorio.

Naqueles supostos non previstos pola presente Ordenanza, será de aplicación a lexislación vixente.

Disposición final.

A presente Ordenanza, que consta de 11 artigos, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até que se acorde a súa modificación ou derrogación.