Mugardos - ORDENANZA FISCAL N.º 14, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS, DEPORTIVOS, CULTURAIS E LECER
Artigo 1.º.Fundamento legal
Consonte co previsto no artigo 57 do RD lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, en relación co artigo 20 da mesma Lei, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e artigos 15 a 19 do xa citado RD lexislativo 2/2004, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos.
Artigo 2.º. Feito impoñíbel
1. Está constituído pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e recreativas tanto en instalacións municipais coma concertadas.
2. Aos efectos da aplicación da taxa, a obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade en cuestión nos termos establecidos nesta ordenanza.
3. A baixa nunha actividade solicitarase no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo correspondente (día, mes ou cuadrimestre) á data de formalización da baixa.
Artigo 3.º. Suxeito pasivo
Están obrigados ao pagamento da taxa por realización de actividades socioculturais, deportivas e de lecer:
1. As persoas físicas que formalicen a súa inscrición nas mesmas nos termos e condicións sinalados no artigo 2.2
2. As persoas físicas ou xurídicas que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza.
Artigo 4.º. Responsábeis
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo todas as persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e consonte co procedemento previsto na nova Lei xeral tributaria 58/03, do 17 de decembro.
Artigo 5.º. Cota tributaria.
1. Tarifas.
Establécese unha matrícula por alumno/a das escolas deportivas e culturais así como unha mensualidade; as actividades puntuais e os obradoiros contan só cunha matrícula. As taxas das actividades, deportivas, culturais e de lecer son as seguintes:
CONCEPTO | MATRÍCULA | MENSUALIDADE |
ESCOLAS DEPORTIVAS | ||
1 HORA/SEMANA | 25 € | 7,00 € |
2 HORAS/SEMANA | 13,00 € | |
3 HORAS/SEMANA | 19,00 € | |
4 HORAS/SEMANA | 25,00 € | |
POR INCREMENTO EN ¿ HORA | 2,00 € | |
ESCOLAS CULTURAIS | ||
1 HORA/SEMANA COLECTIVA | 25 € | 10,00 € |
2 HORA/SEMANA COLECTIVA | 18,00 € | |
3 HORA/SEMANA COLECTIVA | 24,00 € | |
4 HORA/SEMANA COLECTIVA | 30,00 € | |
POR INCREMENTO EN ¿ HORA | 2,50 € | |
EDUCANDO A VOZ INDIVIDUAL 1 HORA | 30,00 € | |
EDUCANDO A VOZ INDIVIDUAL 2 HORAS | 60,00 € | |
ESCOLA DE MÚSICA | ||
MÚSICA E MOVEMENTO (4 e 5 anos) | 25 € | 10,00 € |
INICIACIÓN MUSICAL ( 6 e 7 anos) | 10,00 € | |
LINGUAXE MUSICAL MÁIS UN INSTRUMENTO | 55,00 € | |
LINGUAXE MUSICAL MÁIS DOUS INSTRUMENTOS | 75,00 € | |
COMBO/CORO/BATUKA | 15,00 € | |
OBRADOIROS MAIORES | ||
1,5 HORAS/SEMANA | 0 € | 10,00 € |
2 HORAS/SEMANA | 13,00 € | |
POR INCREMENTO EN ¿ HORA | 2,00 € |
ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN | IMPORTE |
POLIDEPORTE (QUINCENA) | 20,00 € |
POLIDEPORTE (MENSUAL) | 35,00 € |
IOGA (MENSUAL) | 20,00 € |
MULTIDEPORTE ( QUINCENA) | 30,00 € |
MULTIDEPORTE (MENSUAL) | 50,00 € |
OUTRAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E DE LECER (CURSOS/EXCURSIÓNS/XORNADAS) | IMPORTE |
DE MENOS DE 4 HORAS | 7,00 € |
DE 5 A 14 HORAS | 13,00 € |
DE 15 A 24 HORAS | 19,00 € |
DE 25 A 34 HORAS | 25,00 € |
DE 35 A 51 HORAS | 35,00 |
Artigo 6. º. Xestión, inscricións e devengo
As solicitudes para participar nas actividades presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, unha vez aberto o prazo de inscrición, e se tramitarán por rigoroso orde de entrada.
A condición de inscrito nunha actividade esixirá o previo pago da matrícula. Cando se formalice a matrícula anual débese estar ó corrente dos débitos de cursos anteriores.
As cotas das actividades liquidaranse mensualmente e son obrigatorias dende o día primeiro de cada mes.
As baixas superiores a un mes eximirán do pago si se comunican a través do Rexistro Xeral do Concello dentro dos dez primeiros días do mes. As que e comuniquen a partir do día once producirán efectos no mes seguinte.
Cando, por causas non imputables ó suxeito pasivo, a actividade non se desenvolva procederá a devolución do importe correspondente.
O órgano municipal competente poderá acordar as seguintes bonificacións:
Tipo de bonificación | Matrícula | Mensualidade |
3 ou máis inscripcións por unidade familiar | 50% en todas as matrículas | 50 % na escola de menor importe |
Familia numerosa | 50 % de bonificación en todas as matrículas | 50% de bonificación nas escolas deportivas,culturais ou de música. |
Persoas/familias coas que se estean a traballar a través do Programa de educación familiar ou outro programa dos servicios sociais comunitarios do concello de Mugardos e foran derivadas e valoradas desde este departamento mediante un inform técnico. | 100% en todas as matrículas | 100% en todas (escolas, obradoiros e outras actividades ) |
Os obradoiros e outras actividades non serán de aplicación para a concesión de bonificacións de número de actividades por unidade familiar.
Para poder ser beneficiario/a da/s bonificacións, nos casos de 3 ou máis inscripcións ou por unidade familiar ou familia numerosa, os requisitos que se deben cumprir son os seguintes:
- Os ingresos da unidade de convivencia non poden superar o 100% do IPREM mensual por persoa, para o cal deberáse presentar a seguinte documentación:
-O título de familia numerosa, no seu caso.
-O certificado de convivencia.
-A declaración do IRPF do ano inmediatamente anterior ao que se realiza a/s solicitude/s de inscripción.Para os efectos, teñen a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
A bonificación será estimada previo informe técnico conxunto dos departamentos de Deportes e Cultura no que se faga constar as actividades nas que está inscrito/a, e o resto de datos complementarios ( familia numerosa, unidade de convivencia e á xustificación de ingresos da unidade de convivencia)
O procedemento que se aplicará para a valoración e concesión da bonificación será o seguinte:
¿ Formalización de solicitude de bonificación mediante instancia con entrada no rexistro municipal acompañada da documentación acreditativa.
¿ Comprobación do cumprimento de requisitos polos servizos técnicos dos departamentos de Deportes e Cultura e emisión de informe proposta remitido á Intervención municipal para fiscalización.
Acordo do órgano municipal competente.
Artigo 7.º. Conceptos fiscais
Poderanse levar a cabo actividades acordadas con sociedades, clubs ou asociacións. As condicións de financiamento das Escolas incluídas nos convenios que se establezan coas sociedades, clubs ou asociacións, determinarase ao comezo de cada curso escolar.
Artigo 8.º. Partidas falladas
Considéranse partidas falladas ou créditos incobrábeis aquelas cotas que non se puidesen facer efectivas polo procedemento de prema. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 9.º. Obriga de pagamento
As débedas por estas taxas poderán esixirse polo procedemento administrativo de prema, de acordo có establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 10.º. Infraccións e sancións
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.
Artigo 11.º. Dereito supletorio
Naqueles supostos non previstos pola presente Ordenanza, será de aplicación a lexislación vixente.
Disposición derradeira
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.