A.- SUBVENCIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL
1) Finalidade das subvencións:
A finalidade desta modalidade, é a concesión de axudas económicas a aquelas persoas e/ou familias en situación económica e/ou social desfavorable e que se destinarán á cobertura das necesidades básicas e/ou outras actuacións de urxente necesidade.
2) Tipoloxía das axudas e contías máximas subvencionables:
A táboa seguinte corresponde á contía máxima sobre a que se aplicará á porcentaxe de subvención correspondente para cada solicitude segundo os ingresos da unidade familiar.
Establécense, como norma xeral, as seguintes contías:
· Alimentación básica: Segundo os membros da unidade económica de convivencia o límite máximo das axudas será:
Nº Membros unidade Económica de Convivencia | Importe máximo |
1 ou 2 membros | 600 €/Ano |
De 3 membros | 675 €/ano |
De 4 membros | 750 €/ano |
De 5 membros ou mais | 825 €/ano |
· Vestiario básico: 150 €/ano por unidade de convivencia. No caso de gastos de vestiario de menores de 18 anos ou aqueles que padezan algunha discapacidade recoñecida oficialmente con grao superior ao 33 % que teñan idade igual ou inferior a 20 anos e presenten dificultades económicas e/ou sociais para acceder aos recursos e/ou servizos necesarios cara a unha axeitada protección social dos/as menores ou discapacitados/as, será de aplicación as contías das axudas previstas no aptdo. B) do presente artigo.
· Medicación: 200 € máximo por ano, tendo en conta as enfermidades crónicas e presentando informe médico xustificativo que indique que dito medicamento non se financia polo Sergas e no caso de que sexa posible, a emerxencia social cubrirá o 40% do custo (ou porcentaxe non financiado polo SERGAS), financiándose a porcentaxe restante a través de receita médica.
· Gastos de vivenda: habitabilidade, gastos de mantemento da mesma, gastos de formalización de contrato de aluguer, pago de aluguer ou cotas de amortización. Nestes casos o importe total non poderá exceder de 600 euros no prazo máximo de 1 ano.
· Impago de suministros da vivenda (luz, gas....), o importe máximo en ningún caso excederá de 150 € no prazo máximo de un ano.
· Outros a determinar, debidamente xustificados: neste caso o importe máximo non excederá de 600 € no prazo máximo de un ano.
As axudas poderán ser en especie, e consistir tanto na adquisición e bens e servizos polo Concello como na direta prestación coa actividade, servizo, axuda ou reparación de que se trate por parte do personal municipal ou baixo a dependencia ou responsabilidade desta entidade.
B) SUBVENCIÓNS DE APOIO ÁS FAMILIAS PARA ATENCIÓN AO MENOR E DISCAPACIDADE.
1) Concepto e Finalidade:
Estas subvencións van destinadas ás familias con fillos e fillas en convivencia, menores de 18 anos ou aqueles que padezan algunha discapacidade recoñecida oficialmente con grao superior ao 33 %, teña idade igual ou inferior a 20 anos que presenten dificultades económicas e/ou sociais para acceder aos recursos e/ou servizos necesarios cara a unha axeitada protección social dos/as menores ou discapacitados/as.
As subvencións teñen por finalidade a de cubrir os gastos habituais e/ou extraordinarios que se lles presentan ás familias con menor nivel de recursos económicos derivados da atención dos seus fillos e fillas.
2) Tipoloxía de axudas e contía máxima subvencionable:
En cada solicitude so poderán ser subvencionados 2 conceptos dos sinalados a continuación, establecéndose un límite máximo para as axudas nesta tipoloxía a de 1.800 euros anuais.
Tipoloxía da Axuda | Máxima contía a subvencionar, ano. |
Gastos básicos: roupa e calzado Límite por menor. | 500 € 180 € |
Gastos por nacemento dun/ha fillo/a. | 700 € |
Gafas (límite 400 euros), gastos odontolóxicos e outros debidamente xustificados. | 1.000 € |
Comedor escolar. | 540 € 60 euros ao máximo ao mes. |
Gasto de escolarización: adquisición de libros e material escolar para todos os cursos, límite por menor: Para Educación Infantil o límite por menor sitúase en: | 200 € 100 € |
Outros, a determinar e debidamente xustificados. | 400,00 € |
Na tipoloxía da subvención por ¿gastos por nacemento de fillos/as" concederanse exclusivamente nos casos de denegación das subvencións que conceden ou poidan conceder outras Administracións por nacemento de fillos/as, ou ben por non ter acceso ás mesmas ao non cumprir requisitos básicos. Este concepto, no seu caso, concederase no primeiro ano de vida do/a menor sendo incompatible coas tipoloxías definidas no apartado de ¿emerxencias sociales".
Na tipoloxía de axudas de integración do menor, estas serán subsidiarias das que concede a Xunta de Galicia para a mesma finalidade, debendo cursar estas en primeira instancia.
3) Condicións específicas de acceso aos gastos de escolarización:
· Menores escolarizados/as no termo municipal que cursen os estudios de educación obrigatoria, e carezan de subvención ou outras axudas de idéntica natureza.
· Cubriranse os costes derivados da adquisición de libros e material escolar, e material complementario como son: diccionarios, atlas, libros de letura obrigatoria entre outros.
· En todos os casos subvencionarase o 100 % da contía máxima indicada ou gastos realizados, sempre que os gastos non sexan inferiores á contía da subvención.
· A persoa solicitante deberá realizar a solicitude posteriormente ao inicio do curso escolar achegando xunto á mesma, a relación, emitida polo centro escolar onde se cursa os estudios, dos libros que deberán comprar do curso para o que soliciten, e a/s factura/s do gasto correspondente. Para o material escolar será suficiente a aportación das facturas de adquisición do mesmo.
C) AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS O PAGO DE TAXAS MUNICIPAIS (AUGA, SANEAMENTO E LIXO).
1.) Definición e finalidade das subvencións:
Estas subvencións van destinadas a cubrir os gastos dos recibos anuais de auga, saneamento e lixo para persoas e/ou familias en situación de desemprego ou pensionistas mínimos que, polas súas condicións socioeconómicas, se vexa necesaria a concesión desta subvención apoiando así a aquelas persoas e/ou familias en situación económica máis desfavorecida. As subvencións cubrirán os gastos indicados do ano natural no que se cursa a solicitude.
2) Tipoloxía, contía e forma de pago das subvencións:
Existen as seguintes tipoloxías de subvencións:
Tipoloxía da Axuda | Máxima contía a subvencionar.- 100 % coste |
Subvención para o pago da auga e saneamento | 107,00 € |
Subvención para o pago de auga | 50,00 € |
Subvención para o pago de saneamento | 35,00 € |
Subvencións para o pago do lixo zona urbana (90% custo) | 91,19 € |
Subvencións para o pago do lixo zona rural (90% custo) | 70,05€ |
Esta solicitude deberase cursar no derradeiro trimestre de cada ano, establecéndose o prazo máximo de xustificación de tres meses dende a data de notificación da concesión da axuda.
En todo caso ás persoas e/ou familias que presenten recibos por importes inferiores ás contías máximas subvencionables, se lles aboará o 100% das mesmas.
3.) Requisitos específicos para esta modalidade de subvención,:
a)- No caso de persoas en situación de aluguer, vivenda cedida en precario ou propiedade de familiares, as persoas solicitantes deberán presentar os correspondentes recibos actualizados do pago a nome do/a dono/a da vivenda e xustificar debidamente a residencia no domicilio para o que se solicita a subvención.
En caso de dúbidas, as persoas interesadas deberán acreditar que non teñen concedida a exención a través das Ordenanzas Reguladoras correspondentes.
b) Táboa de ingresos máximos para poder acceder á subvención (Suposto de pensionistas mínimos. No caso de personas desempregadas, será de aplicación a táboa de ingresos prevista no artigo 5º).
Número membros unidade de convivencia | Límite de ingresos económicos familiares | Tramos de ingresos |
1 persoa | Pensión mínima de xubilación da seguridade social para maiores de 65 anos e sen cónxuxe a cargo. | 8.218,00 €/ ano 587,00 €/mes |
2 persoas | Pensión mínima de xubilación da seguridade social para maiores de 65 anos e con cónxuxe a cargo. | 10.690,40 €/ano 763,60 €/mes |
3 ou mais persoas. | 120% do Salario Mínimo Interprofesional. | 10.775,52 €/ano 769,68 €/mes |
c) Capital mobiliario: Entenderanse medios económicos suficientes no que respecta aos recursos procedentes do capital mobiliario e para a valoración da concesión das presentes axudas, os que superen os 2.500 euros en contas de aforros e/ou investimentos de toda a unidade familiar, independentemente do número de titulares das contas bancarias. (Tomarase como referencia o saldo recollido na certificación bancaria a 31 de decembro do ano inmediatamente anterior á solicitude).
Todas aquelas familias que superen este saldo bancario, aínda que reúnan o resto dos requisitos, non poderán beneficiarse destas axudas, agás casos de especial gravidade que se valorarán.