Ponteceso - ORDENANZA FISCAL NÚM. 3, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICIO)

Publicación provisional: 31/12/2007 BOP Nº: 300
Publicación definitiva: 27/02/2008 BOP Nº: 48
Aplicable dende: 09/10/2012

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E RÉXIME

1. No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.

ARTIGO 2. FEITO IMPONIBLE

1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a mesma, sempre que a súa expedición competa a este Concello.
2. Son actos suxeitos a previa licencia, sen prexuízo das demais autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable ó caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:
a. Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
b. Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
c. Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
d. Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
e. Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.
f. Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.
g. Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicios públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licencia outorgada.
h. A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.
i. As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
j. As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
k. As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
l. A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.
m. A instalación de invernadoiros.
n. A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
o. Os cerramentos e valados de predios.
p. As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
q. Aliñacións e rasantes.
r. Obras de fontanería e sumidoiros.
s. Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc, de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.
t. Obras nos cemiterios.
u. Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, persoas xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, quen sexan donos da construcción , instalación ou obra , sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
2. Os efectos previstos no punto anterior terán a consideración de donos da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou custes que impliquen a súa realización
3. Terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen solicite as correspondentes licencias ou realicen as construccións , instalacións ou obras, no suposto de que as construccións, instalacións ou obras non sexan realizadas polo suxeito pasivo contribuínte; podendo o substituto esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

ARTIGO 4. EXENCIÓNS

Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra das que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Provincia de A Coruña, sempre que estean directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos dependentes dos mesmos, tanto se trate de obras de investimento coma de conservación.

ARTIGO 5. BASE IMPOÑIBLE

A base impoñible do imposto está constituída polo custe real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, o custe de execución material de aquela non que non se incluirán polo tanto os gastos xerais, o beneficio industrial, os honorarios de redacción de proxecto, o Imposto sobre o Valor Engadido, os impostos análogos propios de réximes especiais, taxas , prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construcción, instalación ou obra.
A base impoñible determinarase:
a) En función da memoria e orzamento resultante da aplicación dos índices ou módulos que figuran como Anexo I da presente ordenanza, estructurados considerando a tipoloxía dos feitos impoñibles e superficie total a construír, segundo as unidades de obra que figuren no escrito de solicitude de licencia para os casos construccións, instalacións ou obras para os que, de conformidade coa normativa aplicable, non sexa preceptivo que o orzamento presentado polos interesados non este visado polo Colexio Oficial correspondente. Precisar que os módulos que figuran no Anexo á presente ordenanza fiscal teñen a súa orixe no informe técnico elaborado polo arquitecto técnico municipal.
b) En función orzamento presentado polos interesados naquelas obras para as que, de conformidade coa normativa aplicable, sexa preceptivo o visado do Colexio Oficial correspondente.
En virtude do exposto, os servizos técnicos municipais redactarán o correspondente informe no que farán constar:
- Se, de conformidade coa normativa aplicable, para a construcción, instalación ou obra que se pretende realizar se require ou non o visado do Colexio Oficial Correspondente.
- O custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra tendo en conta que:
- No caso das construccións, instalacións e obras ás que se refire o apartado a) anterior, se debe especificar o epígrafe do Anexo I á presente ordenanza fiscal que se está a aplicar, de xeito que o cálculo da base imponible responderá ao seguinte esquema:
Prezo unitario (según o epígrafe correspondente do Anexo I) * nº unidades
Aos efectos de que os sevizos técnicos municipais poidan efectuar tales cálculos do xeito más correcto posible, no escrito de solicitude de licenza os interesados deben especificar suficientemente as carácterísticas das construccións, instalacións ou obras a realizar.
- No caso das construccións, instalacións e obras ás que se refire o apartado b) anterior, se debe especificar que a base imponible coincide co orzamento de execución material presentado polos interesados.

ARTIGO 6. COTA TRIBUTARIA ÍNTEGRA E LÍQUIDA

A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible determinada, de conformidade co disposto no artigo 5 da presente ordenanza fiscal. O tipo de gravame queda fixado no 4%.

ARTIGO 7. A obriga de contribuir

A obriga de contribuir nace no momento de comezar a construcción, a instalación ou a obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza.

ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN .

8.1. Competencias de xestión e liquidación.
O Concello de Ponteceso terá a competencia para a xestión do Imposto que se devengue por tódalas construccións, instalacións e obras que se realicen dentro do seu termo municipal.
As liquidacións deste Imposto, calquera que sexa a súa natureza, aprobaranse pola Xunta de Goberno Local.
8.2.Obriga de declarar e liquidacións .
Os suxeitos pasivos determinarán a débeda tributaria mediante declaración-autoliquidación que se practicará no modelo de impreso establecido ó efecto, presentándose ante os Servicios Económicos do Concello xestor del imposto, para o seu visado, con carácter previo ó ingreso en calquera entidade colaboradora autorizada, previamente á retirada da licencia concedida e, en todo caso, dentro do prazo máximo dun mes contado a partir do momento en que se inicie a construcción, instalación ou obra, incluso cando non se tivera solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos a favor de aqueles
O pago da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematada a construcción, instalación ou obra. Á vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa a estas construccións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas así coma do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible estimada anteriormente, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións que sexan aplicables, de acordo co establecido na normativa reguladora ó respecto.
Cando se modifique o proxecto da construcción, instalación ou obra e tivera un incremento no orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferencia entre o orzamento inicial e o modificado, con suxeición ós prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.
8.3 Declaración del custe final e comprobación.
Os suxeitos pasivos deberán presentar declaración do custe final, efectivo e real das construccións instalacións e obras, no prazo dos 30 días seguintes á finalización das mesmas.
No caso de que a Administración Municipal non considere conforme a declaración-liquidación, practicará liquidación complementaria rectificando os elementos ou datos mal aplicados e os erros aritméticos, calculará os xuros de demora e imporá as sancións procedentes no seu caso.
Os expedientes que se tramiten para a aprobación de liquidacións complementarias poranse de manifesto ós interesados ou os seus representantes por un prazo de quince días, durante os que poderá presentar os documentos e xustificantes que estimen convenientes. En todo caso, as autoliquidacións presentadas polos interesados ó finalizar o feito impoñible serán aprobadas por la alcaldía ou órgano en quen delegue, con indicación de se a liquidación aprobada ten o carácter de provisional ou de definitiva. Atendendo a esta finalidade, o Concello designará a un técnico municipal competente na materia para que emita os informes correspondentes.
8.4 Comprobación administrativa.
Terminada as construccións, instalacións u obras, o Concello poderá comprobar de acordo cos medios previstos no artigo 57 de la L.X.T., o custe real e efectivo das obras, practicando a correspondente liquidación definitiva.
8.5 Período executivo. Réxime de recargos e xuros de demora.
As cuotas liquidadas e non satisfeitas, dentro de período voluntario, faranse efectivas pola vía de prema, con arranxo ás normas do Regulamento Xeral de Recadación

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

No relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como na determinación das sancións que correspondan, aplicarase o réxime regulado en la L.X.T. e nas disposicións complementarias.

ARTIGO 10. RECURSO DE REPOSICIÓN

Contra os actos de xestión tributaria, dictados pola Administración Municipal, os suxeitos pasivos poderán formular recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a notificación expresa da liquidación. A interposición do recurso non paralizará a acción administrativa para a cobranza, a menos que o interesado solicite, dentro do prazo de interposición do recurso, a suspensión da execución do acto impugnado e acompañe garantía que cubra o total da débeda tributaria, nalgunha das formas establecidas no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto refundido la lei reguladora das facendas locais .
Non obstante o anterior, en casos excepcionais, a alcaldía poderá acorda-la suspensión do procedemento sen prestación de garantía algunha, cando o recorrente xustifique a imposibilidade de prestala ou demostre fehacentemente a existencia de erros materiais na liquidación que se impugne.

DISPOSICIÓN FINAL

Esta ordenanza fiscal consta de 10 artigos e foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno en sesión do día vinte e un de decembro de 2007.
O Pleno do Concello aprobou a presente modificación na sesión do 30.07.2012. Entrará en vigor despois de publicala no BOP da Coruña e permanecerá en vigor ata que sexa modificada ou derrogada.

ANEXO I: IMPOSTO SOME CONSTRUCCIONS, INSTALACIONS E OBRAS. ANEXO DE VALORACIONS DE OBRAS NAS QUE NON É PRECEPTIVO O VISADO DO COLEXIO OFICIAL CORRESPONDENTE.

Este cadro de módulos valorativos tan so se aplicara naquelas construccións, instalacións e obras para as que, de conformidade coa normativa aplicable, non sexa preceptivo o visado do Colexio Oficial correspondente
I. CERRAMENTOS DE FINCAS
 
Executados con bloque de formigon ou semellante
44,28 €/m2
Executados con malla plástica ou semellante
11,99 €/m2
Executados con postes e arame
15,99 €/m2
Executados con elementos vexetais
7,99 €/m2
Executados con pedra ou semellante
62,50 €/m2
II. CUBERTAS
 
(Medición en planta)
 
Cubrición estructura cuberta con tella curva
25,58 €/m2
Cubrición estructura de cuberta con lousa
36,00 €/m2
Cubrición estructura cuberta con tella plana
25,58 €/m2
Cubrición estructura cuberta con fibrocemento
15,98 €/m2
Formación de vertentes de cuberta con estructura de madeira ou mediante forxa de formigon armado
42,50 €/m2
Cuberta de tella curva completa. Incluese a estructura de soporte (madeira, fibrocemento, etc.) e o material de cubrici6n
68,08 €/m2
Cuberta de lousa completa
78,50 €/m2
Cuberta de fibrocemento completa
55,98 €/m2
Cano vertical de pluviais PVC ou mat. pintado
20,00 €/ml
Cano horizontal de pluviais PVC ou mat.pintado
20,00 €/ml
III. REMATES DE FACHADA
 
Cachoteria con espesor minimo 25 cms
95,95 €/m2
Pintura impermeable en fachadas, descontando os ocos de portas e ventas
7,98 €/m2
Selado de xuntas en fachadas con morteiro de cemento branco coloreado
8,79 €/m2
Enfoscado mestreado e alisado en paramentos verticais exteriores pintado con pintura impermeable
17,58 €/m2
Limpeza de fachadas de pedra con auga ou con area a presion
6,39 €/n2
Repicado de enfoscados en fachadas
5,41 €/m2
IV. CARPINTERIA EXTERIOR
 
Pintura e/ou restauración de carpintería exterior
23,98 €/m2
Porta de balcón con contra de madeira para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalamento
247,98 €/m2
Porta de balcon de aluminio lacado ou PVC, incluido acristalamento
191,93 €/m2
Porta de entrada a vivenda de madeira maciza, para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalamento (Ude.)
479,81 €/m2
Porta de entrada a vivenda de aluminio lacado ou PVC, incluido acristalamento (Ude.)
431,84 €/m2
Venta con contra de madeira para varnizar ou pintar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalmento
255,90 €/m2
Venta ou galeria de aluminio lacado ou PVC, incluso acristalamento
199,92 €/m2
V. REMATES INTERIORES
 
Porta de paso en madeira pintada ou vernizada, incluidas ferraxes de colgar e seguridade
143,94 €/ude
Chan con pavimento ceramico ou terrazo pulido e abrillantado con rodape
24,78 €/m2
0bras con azulexo (descontaranse os ocos)
23,99 €/m2
Chan con madeira incluido rodape
31,98 €/m2
Division interior de ladrillo enfoscado
19,18 €/m2
VI. OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIONS HIXIENICO - SANITARIAS E DE HABITABILIDADE
Arqueta de rexistro
95,96 €lude
Tuberia de formigon
20,01 €/ml
Fosa séptica con capacidade para unhas dez persoas
919,13 €/lude
Lavado (incluidas billas con conexion a rede de auga fria e quente e desaugadoiro)
167,63 €/ude
Baneira (incluidas billas con conexion a rede de auga fria e quente e desaugadoiro)
183,94 €lude
Bide (incluidas billas con conexion a rede de auga fria e quente e desaugadoiro)
143,94 €/ude
Inodoro (incluidas billas con conexion a rede de auga fria e quente e desaugadoiro)
159,94 €/ude
Quentador de auga de 10 litros
279,90 €/viv
Acometida xeral de auga
191,93 €/ude
Instalacion de desaugadoiro para lavadora automatica ou lavapratos
44,79 €/ude
Deposito de auga con capacidade mil litros
431,84 €/viv
Rede interior de auga fria e quente
599,78 €/viv
Instalacion interior de gas
119,95 €/viv
VII. ACONDICIONAMENTO TERMICO, ILLAMENTO E ESTANQUEIDADE DA VIVENDA
Formacion de camara de aire con fabrica de ladrillo e illamento interior
23,18 €/m2
Doble acristalamento con vidrios incoloros, camara e selado con xunta plastica
66,38€/m2
Instalacion completa de calefaccion
4.197,37 €/viv
VIII. INSTALACIONS ELECTRICAS
 
Instalacion electrica en vivenda, totalmente rematada, incluso acometida e mecanismos de proteccion conforme os vixentes regulamentos. Grao de electrificacion medio
2.198,25 €/viv
IX. VARIOS
 
Desbroce e limpeza manual de terreo
5,59 €/m2
Movemento de terras
2,79 €/m2
Forxado de viguetas de formigon pretensado e Bovedinas de formigon (sen vigas nen pilares)
27,99 €/m2
Soleira de formigon e encachado de pedra
31,98 €/m2
Muros de contenc16n de formigon armado (de 30 cms. de espesor)
239,90 €/m2
Demolicion de tabiqueria interior
3,92 €/m2
NOTA: En caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aqui tipificada, aplicaraselle a tarifa que mais se aproxime por identidade de razon entre os supostos tipificados neste Anexo I, salvo que o suxeito pasivo aduza razons suficientes para desestimaIa valoraci6n realizada.