Ponteceso - ORDENANZA FISCAL NÚM. 3, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICIO)
ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E RÉXIME
1.-No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o imposto sobre construccións, instalacións e obras.
2.-Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Real decreto lexislativo 2/2004, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza fiscal.
ARTIGO 2. FEITO IMPONIBLE
1.-Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se exixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a mesma, ou para a que se requira a presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este Concello.
2.-Son construcións, instalacións e obras suxeitas ao imposto todas aquelas na que a execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior; e en particular as seguintes:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
c) Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
d) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
e) Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.
f) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.
g) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicios públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licencia outorgada.
h) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.
i) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
j) As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
k) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
l) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.
m) A instalación de invernadoiros.
n) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
o) Os cerramentos e valados de predios.
p) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
q) Aliñacións e rasantes.
r) Obras de fontanería e sumidoiros.
s) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc, de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.
t) Obras nos cemiterios.
u) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.
3.-Quedan tamén incluídas no feito impoñible do imposto, as construcións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión. Nestes supostos a licenza aludida no apartado 1, considerarase outorgada unha vez ditada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación preceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo ao interesado.
ARTIGO 3.º.-SUXEITOS PASIVOS.
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, persoas xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, quen sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
2.-Os efectos previstos no punto anterior terán a consideración de donos da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou custes que impliquen a súa realización.
3.-Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, no caso de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, os que soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou realicen as construcións, instalacións ou obras. O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
ARTIGO 4.º.-EXENCIÓNS.
Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra das que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Provincia de A Coruña, sempre que estean directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos dependentes dos mesmos, tanto se trate de obras de investimento coma de conservación.
A declaración de que concorren as circunstancias expresadas no parágrafo anterior será efectuada polo órgano competente, previo informe dos servizos económicos.
ARTIGO 5.º.-BASE IMPOÑIBLE.
1. A base impoñible do imposto está constituída polo custe real e efectivo da construción, instalación ou obra, entendéndose por tal, o custe de execución material de aquela no que non se incluirán polo tanto os gastos xerais, o beneficio industrial, os honorarios de redación de proxecto, o imposto sobre o valor engadido, os impostos análogos propios de réximes especiais, taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construción, instalación ou obra.
2. Sen prexuízo do anterior establecese o seguinte réxime de bonificacións:
a) As bonificacións establecidas neste artigo son de natureza regrada e teñen carácter rogado,debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante este Concello, no mesmo momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correspondente licenza.
b) Establécese a seguinte bonificación:
Construcións, instalacións ou obras necesarias para a instalación dunha nova actividade comercial, industrial ou fabril no local onde sexan necesarias a realización das citadas obras ou á implantación de empresas no Polígono Industrial de Ponteceso que soliciten a licenza de construción instalación ou obra ou comunicación previa: 95%.
Tamén se verán beneficiados desta bonificación todas aquelas actividades que xa estando instaladas en outras zonas do municipio realicen un cambio de domicilio fiscal para o citado polígono sempre que se cumpra o requisito de creación de novos postos de traballo.
ARTIGO 6.º.-COTA TRIBUTARIA ÍNTEGRA E LÍQUIDA.
1.-A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible determinada de conformidade co disposto no artigo 8 da presente ordenanza fiscal. O tipo de gravame queda fixado no 4 por cento.
ARTIGO 7.º.-A OBRIGA DE CONTRIBUÍR.
1.-A obriga de contribuír nace no intre de comezar a construción, instalación ou obra, mesmo nos casos en que comece sen ter obtido a licenza ou autorización que proceda.
2.-Para os efectos deste imposto, entenderanse iniciadas as construcións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario, no momento no que se presente unha comunicación previa ou declaración responsable ou ben cando sexa concedida a licenza municipal nos casos en que ésta sexa preceptiva.
ARTIGO 8.º.-NORMAS DE XESTIÓN.
8.1.-O Concello de Ponteceso terá a competencia para a xestión do Imposto que se devengue por tódalas construccións, instalacións e obras que se realicen dentro do seu termo municipal.
Se suprime parágrafo.
8.2.-A solicitude de licenza urbanística, xa sexa por procedemento simplificado ou ordinario, así como a comunicación previa ou declaración responsable terán o valor de declaración tributaria, por canto do orzamento que se acompaña a aquelas, se deducirá a base impoñible do imposto. O citado orzamento deberá estar visado polo Colexio Oficial correspondente cando isto constitua un requisito preceptivo.
Os servizos técnicos municipais farán constar no informe que, no seu caso, elaboren, o orzamento de execución material da construcción, instalación e obra tendo en conta o anterior.
8.3.-Nos supostos de presentación de comunicación previa ou declaración responsable, os obrigados tributarios virán obrigados a presentar ante o Concello autoliquidación segundo o modelo determinado pola Administración Municipal e simultaneamente procederá a ingresar en fondos municipais a cota que resulte.
8.4.-Nos supostos nos que sexa preceptivo a solicitude de previa licenza, previamente ao outorgamento da mesma efectuarase a liquidación provisional dos dereitos ou taxas que procedesen e a Intervención Municipal procederá á censura correspondente. A Xunta de Goberno Local procederá a aprobar a liquidación no mesmo acto no que resolva sobre a concesión da licenza solicitada. A notificación será conxunta.
8.5.-As autoliquidacións ás que se refire o parágrafo 3.-e as liquidacións ás que se refire o parágrafo 4.-terán carácter provisional ata que, unha vez rematadas as obras, sexa comprobado pola Administración municipal o efectivamente realizado, requiríndolles para iso aos interesados as correspondentes certificacións de obras e demais elementos ou datos que se consideren oportunos. Á vista do resultado da comprobación efectuarase a liquidación definitiva
8.6.-Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación, poderá modificar a base impoñible á que se refiren os apartados anteriores, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo a cantidade que resulte. Para a confección da liquidación definitiva, o obrigado tributario deberá declarar, no prazo de dous meses desde a finalización da obra, o seu custo real e efectivo, mediante a presentación do certificado ou presuposto final da obra visado polo colexio oficial correspondente, cando se esixiran direccións facultativas, ou de calquera outro documento que se considere oportuno noutro caso. Se os servizos técnicos municipais aprecian desproporción, se terán en conta os módulos previstos na presente ordenanza que figuran como anexo á mesma.
Os servizos técnicos municipais, ao abeiro do parágrafo anterior, expedirán informe dos resultados da comprobación no que farán constar o coste real e efectivo da obra realizada.
8.7.-No caso de que non se executen as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule e se aprobe a renuncia expresa á licenza ou caducara esta.
8.8.-Nos supostos de licenzas concedidas en virtude da aplicación das normas sobre silencio administrativo, o pagamento do imposto deberá realizarse antes de dar comezo as obras.
ARTIGO 9.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
No relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como na determinación das sancións que correspondan, aplicarase o réxime regulado en la L.X.T. e nas disposicións complementarias.
ARTIGO 10.º.-RECURSO DE REPOSICIÓN.
Contra os actos de xestión tributaria, dictados pola Administración municipal, os suxeitos pasivos poderán formular recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes, a contar dende a notificación expresa da liquidación. A interposición do recurso non paralizará a acción administrativa para a cobranza, a menos que o interesado solicite, dentro do prazo de interposición do recurso, a suspensión da execución do acto impugnado e acompañe garantía que cubra o total da débeda tributaria, nalgunha das formas establecidas no artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido la Lei reguladora das facendas locais.
Non obstante o anterior, en casos excepcionais, a Alcaldía poderá acorda-la suspensión do procedemento sen prestación de garantía algunha, cando o recorrente xustifique a imposibilidade de prestala ou demostre fehacentemente a existencia de erros materiais na liquidación que se impugne.
DISPOSICIÓN FINAL
Esta ordenanza fiscal consta de 9 artigos e foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno en sesión do día vinte e un de decembro de 2007.
Foi modificada en sesións plenarias de 30.07.2012, 28.07.2014, 30.05.2016 e 22.02.2018.
A modificación aprobada en sesión plenaria de 22.02.2018 entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP, sempre permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas
ANEXO II
IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS. ANEW DE VALORACIÓNS DE OBRAS MENORES
Este cadro de módulos valorativos tan so se aplicará cando sexa imposible aplicar, por razón da concreta obra menor, o módulo xeral Mb de obra maior.
I. CERRAMENTOS DE FINCAS | |
Executados con bloque de formigon ou semellante | 44,28 €/m2 |
Executados con malla plástica ou semellante | 11,99 €/m2 |
Executados con postes e arame | 15,99 €/m2 |
Executados con elementos vexetais | 7,99 €/m2 |
Executados con pedra ou semellante | 62,50 €/m2 |
II. CUBERTAS | |
(Medición en planta) | |
Cubrición estructura cuberta con tella curva | 25,58 €/m2 |
Cubrición estructura de cuberta con lousa | 36,00 €/m2 |
Cubrición estructura cuberta con tella plana | 25,58 €/m2 |
Cubrición estructura cuberta con fibrocemento | 15,98 €/m2 |
Formación de vertentes de cuberta con estructura de madeira ou mediante forxa de formigon armado | 42,50 €/m2 |
Cuberta de tella curva completa. Inclúese a estrutura de soporte (madeira, fibrocemento, etc.) e o material de cubrición | 68,08 €/m2 |
Cuberta de lousa completa | 78,50 €/m2 |
Cuberta de fibrocemento completa | 55,98 €/m2 |
Cano vertical de pluviais PVC ou mat. pintado | 20,00 €/ml |
Cano horizontal de pluviais PVC ou mat.pintado | 20,00 €/ml |
III. REMATES DE FACHADA | |
Cachotería con espesor mínimo 25 cm | 95,95 €/m2 |
Pintura impermeable en fachadas, descontando os ocos de portas e ventas | 7,98 €/m2 |
Selado de xuntas en fachadas con morteiro de cemento branco coloreado | 8,79 €/m2 |
Enfoscado mestreado e alisado en paramentos verticais exteriores pintado con pintura impermeable | 17,58 €/m2 |
Limpeza de fachadas de pedra con auga ou con area a presion | 6,39 €/m2 |
Repicado de enfoscados en fachadas | 5,41 €/m2 |
IV. CARPINTERÍA EXTERIOR | |
Pintura e/ou restauración de carpintería exterior | 23,98 €/m2 |
Porta de balcón con contra de madeira para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalamento | 247,98 €/m2 |
Porta de balcón de aluminio lacado ou PVC, incluído acristalamento | 191,93 €/m2 |
Porta de entrada a vivenda de madeira maciza, para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalamento (Ude.) | 479,81 €/m2 |
Porta de entrada a vivenda de aluminio lacado ou PVC, incluído acristalamento (Ude.) | 431,84 €/m2 |
Venta con contra de madeira para varnizar ou pintar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalmento | 255,90 €/m2 |
Venta ou galeria de aluminio lacado ou PVC, incluso acristalamento | 199,92 €/m2 |
V. REMATES INTERIORES | |
Porta de paso en madeira pintada ou vernizada, incluídas ferraxes de colgar e seguridade | 143,94 €/Ude. |
Chan con pavimento ceramico ou terrazo pulido e abrillantado con rodape | 24,78 €/m2 |
0bras con azulexo (descontaranse os ocos) | 23,99 €/m2 |
Chan con madeira incluído rodape | 31,98 €/m2 |
División interior de ladrillo enfoscado | 19,18 €/m2 |
VI. OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIÓNS HIXIÉNICO-SANITARIAS E DE HABITABILIDADE | |
Arqueta de rexistro | 95,96 €/Ude. |
Tubería de formigón | 20,01 €/ml |
Fosa séptica con capacidade para unhas dez persoas | 919,13 €/Ude. |
Lavado (incluídas billas con conexión a rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 167,63 €/Ude. |
Baneira (incluídas billas con conexión a rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 183,94 €/Ude. |
Bide (incluídas billas con conexion a rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 143,94 €/Ude. |
Inodoro (incluídas billas con conexión a rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 159,94 €/Ude. |
Quentador de auga de 10 litros | 279,90 €/viv. |
Acometida xeral de auga | 191,93 €/Ude. |
Instalacion de desaugadoiro para lavadora automatica ou lavapratos | 44,79 €/Ude. |
Depósito de auga con capacidade mil litros | 431,84 €/viv. |
Rede interior de auga fría e quente | 599,78 €/viv. |
Instalación interior de gas | 119,95 €/viv. |
VII. ACONDICIONAMENTO TÉRMICO, ILLAMENTO E ESTANQUEIDADE DA VIVENDA | |
Formación de cámara de aire con fábrica de ladrillo e illamento interior | 23,18 €/m2 |
Doble acristalamento con vidrios incoloros, cámara e selado con xunta plástica | 66,38€/m2 |
Instalación completa de calefacción | 4.197,37 €/viv. |
VIII. INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS | |
Instalación eléctrica en vivenda, totalmente rematada, incluso acometida e mecanismos de proteccion conforme os vixentes regulamentos. Grao de electrificación medio | 2.198,25 €/viv. |
IX. VARIOS | |
Desbroce e limpeza manual de terreo | 5,59 €/m2 |
Movemento de terras | 2,79 €/m2 |
Forxado de viguetas de formigón pretensado e bovedinas de formigon (sen vigas nen pilares) | 27,99 €/m2 |
Soleira de formigón e encachado de pedra | 31,98 €/m2 |
Muros de contención de formigón armado (de 30 cm de espesor) | 239,90 €/m2 |
Demolición de tabiquería interior | 3,92 €/m2 |
NOTA.-En caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificada, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo II, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestimaIa valoración realizada.