Malpica de Bergantiños - Ordenanza fiscal nº 18, da taxa pola prestación do servizo de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños.
ARTIGO 1.º .-FUNDAMENTO E NATUREZA.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola prestación do servizo de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños, que se rexerá por esta ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó previsto no artigo 57 do citado TRLFL.
ARTIGO 2.º .-SERVIZO PÚBLICO LOCAL
Entenderase como servizo o público local do Concello de Malpica de Bergantiños, a efectos da aplicación da presente ordenanza fiscal, o prestado conforme as competencias atribuídas no artigo 25, 26.1 e 85 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.
ARTIGO 3.º .-FEITO IMPOÑIBLE
1.-De acordo co previsto nos artigos 58 e 20 .4 v) Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación dos servizos de ensinanzas especiais nos seguintes establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños: Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE), Aula Municipal da Arte (AMA) e na Escola Municipal de Educación Física (EMEF).
2.-Terán a consideración de Feitos Impoñibles regulados na presente Ordenanza Fiscal as actividades municipais xestionadas pola Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE), Aula Municipal da Arte (AMA) e na Escola Municipal de Educación Física (EMEF) desenvolvidas con motivo da prestación dos servizos de ensinanzas especiais.
ARTIGO 4.º .-DEVENGO
1.-A taxa considerarase devengada, nacendo a obriga de contribuír coa iniciación da prestación del servizo, aínda que poderá esixirse o depósito previo do seu importe total coa solicitude do mesmo.
2.-O período impositivo para tódalas ensinanzas especiais impartidas na Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE), Aula Municipal da Arte (AMA) e na Escola Municipal de Educación Física (EMEF) coincide co mes natural, devengándose a taxa o primeiro día do período impositivo.
3.-No caso de cese na utilización do servizo de ensinanzas especiais impartidas na Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE), Aula Municipal da Arte (AMA) e na Escola Municipal de Educación Física (EMEF), os suxeitos pasivos deberán solicita-la súa baixa ou cese con anterioridade e ó inicio mes natural en que a devandita baixa producirá efectos.
ARTIGO 5.º .-SUXEITOS PASIVOS
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, da Lei Xeral Tributaria, que soliciten os servizos de ensinanzas especiais impartidas na Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE), Aula Municipal da Arte (AMA) e na Escola Municipal de Educación Física (EMEF) para as persoas beneficiarias dos mesmos.
ARTIGO 6º .- RESPONSABLES.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito ou de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e liquidadores de sociedades e entidades, adquirentes de bens afectos por lei ao pago da débeda tributaria e as persoas ou entidades que contraten ou subcontraten a execución das obras ou a prestación de servizos correspondentes a súa actividade económica principal , nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria
ARTIGO 7.º .-BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE
A base impoñible estará constituÍda polo número de usuarios e a modalidade de ensinanza especial que sexa solicitada por mes, sendo determinada pola aplicación da seguinte táboa:
Establecemento municipal | Especialidade de ensinanza solicitada | Elemento para a determinación da base impoñible |
Epígrafe 1.-Ensinanzas da Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE) | Danza tradicional, gaita, canto tradicional, frauta, percusión e teatro | N.º de usuarios e n.º de especialidades de ensinanza solicitadas por mes |
Epígrafe 2.-Ensinanzas da Aula municipal da Arte (AMA) | Artes plásticas | N.º de usuarios da especialidade de ensinanza solicitada por mes |
Epígrafe 3.-Ensinanzas da Escola Municipal de Educación Física (EMEF) | Fútbol sala, balomán, baloncesto, ximnasia rítmica, aerobic infantil, psicomotricidade, atletismo e tenis de mesa, etc. | N.º de usuarios e n.º de especialidades de ensinanza solicitadas por mes |
Aerobic e mantemento de adultos | N.º de usuarios da actividade solicitada por mes | |
Escolas de verán | N.º de usuarios da actividade solicitada por mes |
ARTIGO 8.º .-COTAS TRIBUTARIAS
1. As cotas tributarias esixiranse por aplicación do seguinte cadro de tarifas:
Establecemento docente municipal | Tarifa | Cota mensual por usuario |
Epígrafe 1.-Ensinanzas da Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE) | Pola ensinanza de unha especialidade por usuario e mes (Danza tradicional, gaita, canto tradicional, frauta, percusión e teatro) | 16,29 |
| Pola ensinanza de dúas especialidades por usuario e mes (Danza tradicional, gaita, canto tradicional, frauta, percusión e teatro) | 19,54 |
| Pola ensinanza de tres especialidades ou máis por usuario e mes (Danza tradicional, gaita, canto tradicional, frauta, percusión e teatro) | 27,14 |
Epígrafe 2.-Ensinanzas da Aula Municipal da Arte (AMA) | Pola ensinanza da especialidade de Artes Plásticas na Aula Municipal da Arte | 16,29 |
Epígrafe 3.-Ensinanzas da Escola Municipal de Educación Física (EMEF) | Por cada unha das ensinanzas de fútbol sala, balomán, baloncesto, ximnasia rítmica, aerobic infantil, psicomotricidade, atletismo e tenis de mesa, etc. por usuario | 2,17 |
Por cada unha das ensinanzas Aerobic e mantemento de adultos por usuario e mes | 10,85 | |
Pola participación en cada a Escola de Verán por usuario | 21,71 |
2. As cotas tributarias do cadro de tarifas serán actualizadas anualmente na mesma proporción que a variación irternanual experimentada polo índice xeral dos prezos ó consumo para o conxunto nacional total (IPC) no mes de outubro. Dita actualización será efectiva a partires do día 1 de xaneiro do ano inmediato posterior
ARTIGO 9.º .-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
De conformidade co disposto no artigo 9 Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou os expresamente previstos con rango de Lei.
ARTIGO 10.º .- NORMAS DE XESTIÓN
1.-Os suxeitos pasivos por aplicación da presente Ordenanza Fiscal deberán solicita-la prestación dos servizos de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños con anterioridade á utilización do citado servizo.
2.- As autorizacións para a realiza-lo uso do servizo de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños, serán outorgadas polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños de acordo co artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, quen poderá delega-la concesión das presentes autorizacións no funcionario encargado da xestión de cada un dos establecementos docentes municipais.
3.-Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente os suxeitos pasivos pola utilización dos servizos regulados na presente ordenanza fiscal estarán obrigados a ingresa-lo importe de taxa en concepto de depósito previo correspondente unha cota mensual, de acordo co artigo 26.1.a) Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais . O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito pasivo, especificando a modalidade de ensinanza solicitada e mes ou meses para o cal se solicita o servizo. Non se tramitará o expediente nin se permitirá o uso do servizo ata que se teña efectuado o pagamento correspondente.
4.-Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á autorización para a utilización do servizo solicitado mediante a oportuna notificación de alta na actividade ou actividade solicitadas, elevándose o depósito previo a liquidación definitiva ó concederse a autorización solicitada.
5.-Os interesados, no suposto de denegación da autorización poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.
ARTIGO 11.º .-ADMINISTRACIÓN E COBRANZA
1.-As cotas esixibles serán liquidadas polo servizo solicitado, sendo irreductibles polo período impositivo sinalado no artigo 4.º da presente Ordenanza Fiscal.
2.-Autorizada a utilización do servizo de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello, entenderase prorrogado automaticamente por un novo período impositivo, ata que se solicite a baixa polo interesado, ou sexa declarada a súa caducidade. A tal fin a Administración Municipal elaborará mensualmente unha lista cobratoria das persoas ou entidades obrigadas ó pagamento, que deberá ser aprobado definitivamente antes do día 15 día de cada mes.
3.-Os contribuíntes deberán ingresa-lo importe das cotas tributarias liquidadas mediante a referida lista cobratoria nas Oficinas deste Concello ou Entidades Financeiras Colaboradoras no período comprendido entre o día 1 e 15 do mes seguinte ó período liquidado.
4.-Nos casos de presentación da baixa por cese na utilización do servizo ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello, esta producirá efectos a partir do mes seguinte ó que se teña efectuada a presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de seguir aboando a taxa.
5.-O cobro da taxa polos servizos de ensinanzas especiais en establecementos docentes do concello realizase mediante recibos mensuais. A cota que non se fixese efectiva, dentro do período comprendido entre o día 1 e 15 do mes seguinte ó período liquidado esixirase pola vía de constrinximento ós suxeitos pasivos pola presente taxa.
ARTIGO 12º . - INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICIÓN FINAL
1. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia", e comezará a aplicarse ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
2. A presente Ordenanza, que consta de doce artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria, celebrada o día 12 de xullo de 2012 .
3 A súa entrada en vigor suporá a derrogación da Ordenanza fiscal vixente