Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 18, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE ENSINANZAS ESPECIAIS EN ESTABLECEMENTOS DOCENTES DO CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

Publicación provisional: 18/07/2012 BOP Nº: 136
Publicación definitiva: 07/09/2012 BOP Nº: 171
Aplicable dende: 30/05/2024

ARTIGO 1º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola prestación do servizo de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños, que se rexerá por esta ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó previsto no artigo 57 do citado TRLFL.

ARTIGO 2º. SERVIZO PÚBLICO LOCAL

Entenderase como servizo o público local do Concello de Malpica de Bergantiños, a efectos da aplicación da presente ordenanza fiscal, o prestado conforme as competencias atribuídas no artigo 25, 26.1 e 85 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.

ARTIGO 3º. FEITO IMPOÑIBLE

1.-De acordo co previsto nos artigos 58 e 20 .4 v) Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación dos servizos de ensinanzas especiais impartidas nos seguintes establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños: Escola Municipal de Educación Física (EMEF).

2.-Terán a consideración de feitos impoñibles regulados na presente ordenanza fiscal as actividades municipais xestionadas neses establecementos docentes desenvolvidas con motivo da prestación dos servizos de ensinanzas especiais.

ARTIGO 4º. DEVINDICACIÓN

1.-A taxa considerarase devindicada, nacendo a obriga de contribuír coa iniciación da prestación del servizo, aínda que poderá esixirse o depósito previo do seu importe total coa solicitude do mesmo.

2.-O período impositivo para tódalas ensinanzas especiais impartidas coincide co mes natural, devindicándose a taxa o primeiro día do período impositivo.

3.-No caso de cese na utilización do servizo, os suxeitos pasivos deberán solicita-la súa baixa ou cese con anterioridade e ó inicio mes natural en que a devandita baixa producirá efectos.

ARTIGO 5º. SUXEITOS PASIVOS

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, da Lei Xeral Tributaria, que soliciten os servizos de ensinanzas especiais impartidas nos centros docentes indicados no apartado 1 do artigo 3º.

ARTIGO 6º. RESPONSABLES.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito ou de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e liquidadores de sociedades e entidades adquirentes de bens afectos por lei ao pago da débeda tributaria e as persoas ou entidades que contraten ou subcontraten a execución das obras ou a prestación de servizos correspondentes a súa actividade económica principal , nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria

ARTIGO 7º. BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE

A base impoñible estará constituída polo número de usuarios e a modalidade de ensinanza especial que sexa solicitada por mes, sendo determinada pola aplicación da seguinte táboa:

Establecemento municipal

Especialidade de ensinanza solicitada

Elemento para a determinación da base impoñible

Epígrafe 1.-Ensinanzas da Escola Municipal de Educación Física (EMEF)

Fútbol sala, balonmán, baloncesto, ximnasia rítmica, aerobic infantil, psicomotricidade, atletismo e tenis de mesa, etc.

N.º de usuarios e n.º de especialidades de ensinanza solicitadas por mes

Aerobic e mantemento de adultos

N.º de usuarios da actividade solicitada por mes

Escolas de verán

N.º de usuarios da actividade solicitada por mes



ARTIGO 8º. COTAS TRIBUTARIAS

As cotas tributarias esixiranse por aplicación do seguinte cadro de tarifas:

Establecemento docente municipal

Tarifa

Cota mensual por usuario

Epígrafe 1.-Ensinanzas da Escola Municipal de Educación Física (EMEF)

Por cada unha das ensinanzas de fútbol sala, balonmán, baloncesto, ximnasia rítmica, aerobic infantil, psicomotricidade, atletismo e tenis de mesa, etc. por usuario

2,17

Por cada unha das ensinanzas Aerobic e mantemento de adultos por usuario e mes

10,85

Pola participación en cada a Escola de Verán por usuario

21,71

ARTIGO 9º. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

De conformidade co disposto no artigo 9 Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou os expresamente previstos con rango de Lei.

ARTIGO 10º. NORMAS DE XESTIÓN

1.- Os suxeitos pasivos por aplicación da presente Ordenanza Fiscal deberán solicitar a prestación dos servizos de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños con anterioridade á utilización do citado servizo.

2.- As autorizacións para a realizar o uso do servizo de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello de Malpica de Bergantiños, serán outorgadas polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños de acordo co artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, quen poderá delega a concesión das presentes autorizacións no funcionario encargado da xestión de cada un dos establecementos docentes municipais.

3.-Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente os suxeitos pasivos pola utilización dos servizos regulados na presente ordenanza fiscal estarán obrigados a ingresar o importe de taxa en concepto de depósito previo correspondente unha cota mensual, de acordo co artigo

26.1.a) Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais . O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito pasivo, especificando a modalidade de ensinanza solicitada e mes ou meses para o cal se solicita o servizo. Non se tramitará o expediente nin se permitirá o uso do servizo ata que se teña efectuado o pagamento correspondente.

4.-Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á autorización para a utilización do servizo solicitado mediante a oportuna notificación de alta na actividade ou actividade solicitadas, elevándose o depósito previo a liquidación definitiva ó concederse a autorización solicitada.

5.-Os interesados, no suposto de denegación da autorización poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.

ARTIGO 11º. ADMINISTRACIÓN E COBRANZA

1.-As cotas esixibles serán liquidadas polo servizo solicitado, sendo irredutibles polo período impositivo sinalado no artigo 4.º da presente Ordenanza Fiscal.

2.-Autorizada a utilización do servizo de ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello, entenderase prorrogado automaticamente por un novo período impositivo, ata que se solicite a baixa polo interesado, ou sexa declarada a súa caducidade. A tal fin a administración municipal elaborará mensualmente unha lista de cobro das persoas ou entidades obrigadas ó pagamento, que deberá ser aprobado definitivamente antes do día 15 día de cada mes.

3.-Os contribuíntes deberán ingresar o importe das cotas tributarias liquidadas mediante a referida lista de cobro nas Oficinas deste Concello ou Entidades Financeiras Colaboradoras no período comprendido entre o día 1 e 15 do mes seguinte ó período liquidado.

4.-Nos casos de presentación da baixa por cese na utilización do servizo ensinanzas especiais en establecementos docentes do Concello, esta producirá efectos a partir do mes seguinte ó que se teña efectuada a presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de seguir aboando a taxa.

5.-O cobro da taxa polos servizos de ensinanzas especiais en establecementos docentes do concello realizase mediante recibos mensuais. A cota que non se fixese efectiva, dentro do período comprendido entre o día 1 e 15 do mes seguinte ó período liquidado esixirase pola vía de constrinximento ós suxeitos pasivos pola presente taxa.

ARTIGO 12º. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.