Vedra - Ordenanza fiscal nº 20, reguladora da taxa polo abastecemento de auga

Publicación provisional: 17/11/2007 BOP Nº: 266
Publicación definitiva: 29/12/2007 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 25/06/2012

Artigo 1. Fundamento e réxime.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 Rdl 2/2004 do 5 de marzo regulador das facendas locais, este concello establece a taxa polo subministro de augas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto no artigo 57do citado Rdl.

Artigo 2. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio da distribución de auga potable a domicilio, ou enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores en beneficio dos inmobles situados no termo municipal.

Artigo 3. Suxeitos pasivos.-

Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35 da lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servicios a que se refire esta ordenanza.
Terán consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte ocupante das vivendas ou locais, o propietario dos inmobles quenes poderán repercutir as cotas satisfeitas sobre o beneficiario do servizo.

Artigo 4. Responsables.-

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 42 da lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 43 da lei xeral tributaria

Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria .-

A base impoñible estará constituida por:

1. As acometidas á rede xeral : o feito da conexión á rede por cada local comercial e vivenda individual .

2. No subministro ou distribución de augas: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servizo

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nos seguintes tarifas para o exercicio 2012, revisable anualmente.

ABASTECEMENTO:

1.- Doméstico:

- Cota fixa mensual

3,87 euros

 

 

Consumo:

- Ata 15 m3 ó mes, cada m3

0,39 euros

- Máis de 15 m3/ mes, cada m3

0,86 euros

-Máis de 30 m3/ mes, cada m3

1,12 euros

2.- Industrial, comercial e obras: : cota fixa mensual 5,18 euros

Consumo:

Por m3/ mes : 0,59 euros

Tarifa de sobreelavción; 0,00 euros

3.- Acometidas

Conservación (incluída conservación contador): cota de 0,83 euros

Obra Civil: arqueta e lonxitude de zanxa de 1 a 5 mts

(apertura, cerre e reposición de pavimento)

Diámtero

Terra

Asfalto

Baldosa- acera

3/4"

302,74

339,70

371,31

1"

321,68

365,18

387,50

1 !/2"

354

394,27

432,29

2"

390,14

428,52

468,43

Todos os prezos veranse agravados co IVE correspondente.

Acometidas de máis de 5 mts farase un presuposto para cada caso

Altas de contrato:

As taxas de alta a aboar no momento da sinatura do contrato establécense nas seguintes cantidades dependendo do tipo de abonado:

- Naves industriais ubicadas en polígonos industriais: 1.000,00 euros/ud.

- Promotores de dúas ou máis vivendas unifamiliares: 500,00 euros/viivenda

- Promocións de vivendas colectivas: 500,00 euros/ud.

 

Artigo 6. Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir no momento de prestarse o servicio previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen ter obtida a previa licenza , debendo depositarse previamente o pagamento correspondente ó enganche.
A obriga do pagamento da taxa establécese da forma seguinte:
- taxa de conexión, antes de efectuarse a conexión e entenderase como taxa única e definitiva.
- Taxa por consumo dende o momento no que se inicie a prestación do servicio e a súa facturación e cobramento , efectuarase con periodicidade bimensual.
O abono do prezo de dita taxa efectuarase no momento da presentación, ó obrigado a realizalo, da correspondente factura. O non pagamento de tres facturacións consecutivas será motivo suficiente para corta-lo suministro de auga ó obrigado moroso.

Artigo 7. Depósito previo

Os peticionarios do subministro suscribirán o documento de alta e ingresarán na Tesourería Municipal ou na Entidade Colaboradora que o Concello sinale, un depósito previo ou fianza polo importe que corresponda dos seguintes:
-Vivendas e locais sen actividade: 35,00 euros
-Establecementos comerciais: 106,00 euros
-Establecementos de hostelería: 200,00 euros
-Solicitudes de aboados en tarifa industrial, obras de nova construción: 645,00 euros
-Solicitudes de aboados en tarifa industrial, obras de reparacións (obras menores): 100,00 euros.
Os depósitos así constituídos imputaranse ao pago dos recibos pendentes na data en que o abonado solicite a baixa no servizo; se a cantidade depositada excedese, reintegrarase oa interesado.

Artigo 8. Medicións e cálculo de consumo.

Para a determinación dos consumos durante o período fixado en trimestres naturais, efectuaranse as medicións mediante os aparatos contadores a que se refire o regulamento do servizo. No caso de que se produciran consumos mensurables no contador do inmoble, sen ter sido solicitado o alta no servizo, imputaranse todos os consumos que rexistre o contadro dende o comenzo do seu funcionamento ou dende a baixa do anterior aboado, ó trimestre en que se formalice a alta de abono, aplicándose as tarifas vixentes para o período no que se formalice a alta.
Para o suposto que se produzan utilización de servizo sen contador, o cálculo dos consumos fixaranse do seguinte xeito: Nese caso cobrarase para uso doméstico 24 m3/mes e para industriais 240 m3/mes, sen prexuizo das sancións ou dos recargos legalmente establecidos sobra a cota resultante.
Nos casos de leiras cuxo contador estivera parado, avariado ou retirado polo abonado, durante o tempo que permaneza nesta situación, facturarase o equivalente á media do consumo rexistrado nos últimos catro períodos trimestrais anteriore á avería, paro ou retirada nos que o contador funcionou normalmente e, como mínimo, facturarán os seguintes consumos:
Abonados domésticos: 30 m3, no trimestre no que se produza a avería, para ou retirada e no trimestre inmediato seguinte; ese consumo mínimo estimado, incrementarase nun 25% redondeando a unidade, en cada un dos trimestres posteriores ata a reparación ou substitución do contador; ata un máximo de 114 m3/trimestre.
Abonados industriais: 500m3, no trimestre no que se produza a avaría, paro ou retirada e no trimestre inmediato seguinte;ese consumo mínimo estimado, incrementarase nun 25%, redondeando a unidade, en cada un dos trimestres posteriores ata a reparación ou substitución do contador; ata un máximo de 2.348m3/trimestre.
Se o contador avariado, parado ou retirado, fora dos denomidados totalizadores, facturará o consumo equivalente ao máximo rexistrado e facturado en razón dese contador en calquera período trimestral anterior á avaría, paro ou retirada, deducíndose dese consumo estimado o correspondente aos contadores unitarios que se derivan do mesmo, salvo no suposto de que ese consumo máximo fora debido a fuga ou avaría cons-tatada, en cuxo caso, facturarase a media dos catro trimestres con maior lectura nos últimos cinco anos, excluído o da fuga ou avaría.
Cando por causa imputadas ao abonado (ausencia, vivendas cerradas, etc) non fora posible tomar lectura ou o contador rexistrara consumo cero, os abonados poderán presentar no servizo de augas a tarxeta de elctura con as anotacións correspondentes ao consumo, se non o fixeran ou se o consumo fora cero, facturarase aos abonados de consumo doméstico, con carácter de depósito previo, unha cota equivalente a un consumo de 27 m3 por trimestre, que se deducirán das lecturas tomadas en períodos posteriores, ata a súa compensación, sempre que non transcurra máis de seis facturacións trimestrais entre a data de recibo que corresponda á primeira lectura estimada e a data da regularización. O depósito previo non será de aplicación no suposto de que o consumo cero se producira no mesmo trimestre no que se formalice a baixa do abonado. Non se aplicará a estimación e o depósito previo cando o consumo cero se rexistre en contadores instalados de xeito que o servizo de augas poida anotar periódicamente a lectura sen intervención directa do abonado.
Para a determinación dos consumos habidos durante o período fixado en trimestres, efectuaranse as medicións do consumo mediante os aparatos contadores a que se refiere o Regulamento do servizo de augas, de modo que cada submi-nistro poida ser dimensionado mediante un contador; estable-céndose, con carácter xeral, a instalación do contador totalizador a que se refire o artigo 26 do Regulamento do servizo, para determinar os consumos globais de instalacións con ramais de derivación; da lectura dese contador deducirasea suma das lecturas dos unitarios que se derivan do mesmo e da diferencia, de habela, liquidarase ó propietario do inmoble ou comunidade de propietarios no seu caso; e se a diferencia fose negativa, acumularase para a súa dedución nos períodos trimestrais seguintes. Poderá eximirse da instalación destos contadores totalizadores a aquelas instalacións nas que non resulte aconsellable por circunstancias técnicas, debidamente contrastadas.
As obrigas impostas ós usuarios do servizo, nas disposicións legais ou regulamentarias e na presente ordenanza, poderá executarse subsidiariamente polo concello con cargo ao usuario, seguindo o precedemento legalmente establecido.

Artigo 9. Exencións e bonificacións.

Non se recoñecerá exención nin bonificación algunha na exacción desta taxa.

Artigo 10. Reduccións.

Ó abeiro do establecido no artigo 24.4 da lei 39/1988, establécese unha reducción do 50% da tarifa polo consumo destinado ás explotacións agrícolas.

Disposición Adicional Segunda. Declaración de baixa.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuinte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e surtir efecto no periodo natural seguinte ó da presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearse por meses.

Disposición Final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.