Ames - REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL O BOSQUE DO CONCELLO DE AMES
CAPÍTULO I. DATOS DO CENTRO
Artigo 1.º.-Definición do centro.
O presente Regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento da Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" do Concello de Ames, permitindo a mellora constante das relacións entre a dirección da Escola, os pais, nais ou titores, os/as educadores/as e a administración titular do centro, así como o procedemento de adxudicación de prazas e as condicións de uso.
Constitúe o ámbito de aplicación do presente Regulamento o Concello de Ames, concretamente á Escola Infantil Municipal ¿O Bosque", empregada como equipamento diúrno de carácter educativo/asistencial e dirixido á poboación infantil de 0 a 3 anos.
Artigo 2.º.-Datos identificativos.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" está situada na estrada que vai de Bertamiráns a Negreira, moi preto do centro urbano (Avda. da Peregrina, n.º 28- BERTAMIRANS). Pódese acceder a ela tanto a pé coma en coche. O teléfono é o 981 891 111, o número de fax 981 884 686 e o correo electrónico eibertamirans@concellodeames.org.
A representante e responsable do correcto funcionamento do centro é a dirección pedagóxica, que depende orgánica e funcionalmente da Concellaría de Educación do Concello de Ames.
Artigo 3.-Titularidade.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" é de titularidade municipal, xestionada polo propio concello e o seu responsable legal é o alcalde do concello de Ames.
Está subvencionada polo propio concello e, ao mesmo tempo, recibe unha subvención para o mantemento da Consellaría de Traballo e Benestar, estando inscrita no Rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais co número E-608 (RUEPSS).
Artigo 4.-Tipo de xestión e autorizacións.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" está xestionada directamente polo Concello de Ames e funciona dende o ano 1994 . A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" conta con permiso de inicio de actividades de 8.01.2001 e modificación substancial de data 18.01.2007 pola que se autoriza a ampliación de 3 unidades quedando cun total de 8 unidades autorizadas.
CAPÍTULO II. FUNCIONAMENTO
Artigo 5.-Obxectivo da Escola.
O principal obxectivo da Escola Infantil ¿O Bosque" é estimular o desenvolvemento harmónico e integral dos/as nenos/as nos seus primeiros anos de vida sen esquecer a parte asistencial establecida para este tramo de idade. Realizando ademais unha importante labor de apoio á función educativa da propia familia.
Artigo 6.-Capacidade total do centro.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" atende o primeiro ciclo de Educación Infantil (0 a 3 anos).
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" oferta un máximo de 115 prazas repartidas en oito unidades da seguinte forma:
Dúas unidades: 0-1: 8 prazas por unidade.
Tres unidades : 1-2: 13 prazas por unidade.
Tres unidades: 2-3: 20 prazas por unidade.
Reservaranse cinco prazas para aqueles casos que, previo estudio dos servizos sociais do concello, se consideren de emerxencia, as cales repartiranse do seguinte xeito: 2 para os grupos de 2 a 3 anos, 2 para os grupos de 1 a 2 anos e 1 para os grupos de 0 a 1 anos
Artigo 7.-Calendario e horarios de funcionamento.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" prestará os seus servizos, de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos, de luns a venres en horario de 7.30 da mañá a 20.15 da tarde.
O horario de peche da Escola, previo informe da Direccion, e unha vez revisados os horarios que os/as usuarios/as estableceron nas matrículas, reducirase cando a ratio dos nenos/as no centro sexa inferior a un 5 % da matricula no curso correspondente.
No mes de novembro farase unha revisión do horario de asistencia dos nenos/as por parte do persoal do centro. No caso de observar incumprimento do mesmo a dirección da Escola solicitará ás familias o cumprimento do horario estipulado na matricula. No caso dun incumprimento reiterado sen a debida xustificación a dirección, previa comunicación á Concellería de Educación, reducirán de oficio o horario solicitado pola familia, polo horario no que o/a neno/a permaneza habitualmente no centro.
Nos meses de verán a Escola prestará servizos de luns a venres en horario de:
- Xullo, de 7.30 a 18.00 (ou inferior segundo as demandas dos/as usuarios/as).
- Agosto, de 7.30 a 18.00 (u inferior segundo as demandas dos/as usuarios/as).
Serán festivos da Escola os establecidos no calendario laboral polo Estado e a Comunidade Autónoma e os festivos locais que son os que aproba cada ano a corporación local e que estarán expostos no taboleiro de anuncio do centro.
A Escola pechará ás 14.00 horas os seguintes días: 24 de decembro, 31 de decembro, 5 de xaneiro e o martes de Entroido (cando non sexa festivo local). Os nenos e nenas tamén deberán ser recollidos/as ás 14.00 horas os días nos que se celebren as festas na Escola e as datas serán notificadas por circular a tódolos/as usuarios e usuarias (Festival de Nadal, Antroido, Fin de curso...).
O tempo máximo de permanencia na Escola Infantil Municipal será de oito horas, agás casos excepcionais que serán debidamente xustificados, polos cales se incrementará o importe segundo o establecido na ordenanza fiscal correspondente
Artigo 8.-Servizos complementarios.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" prestará servizo de:
Almorzo: ata as 9.00 (deberán traelo da casa).
Xantar: de 12.00 a 13.15 horas.
Prazas dispoñibles:
30 prazas para 1 a 2 anos.
40 prazas para 2 a 3 anos.
Merenda: de 16.30 a 17.00 horas.
Prazas dispoñibles:
15 prazas para 1 a 2 anos.
25 prazas para 2 a 3 anos.
Sesta
* Só durmirán na escola aqueles nenos/as que utilicen o servizo de comedor.
* Se en algunha convocatoria se puideran poñer á disposición dos/as usuarios/as máis prazas de comedor e merenda que as establecidas neste Regulamento, será a dirección do centro a encargada de ofertar ditas prazas.
Os horarios de comedor e merendas poderán ser modificados en algunhas datas do ano por razóns de servizo. Será a dirección do centro a encargada da modificación dos mesmos. Tendo que avisar con antelación aos pais/nais/representantes legais.
O menú de cada xornada estará exposto no taboleiro de anuncios cun prazo dunha semana de antelación.
Os/as nenos/as que utilicen o servizo de comedor ou merenda deberán estar na Escola media hora antes da hora asignada para cada comida ou merenda. Os/as usuarios/as fixos/as de comedor ou merenda que non utilicen o servizo deberán avisar con antelación ou ben o mesmo día antes das 09.00 da mañá. Se non se avisa, pagará o custo da comida dese día coma se fose un/ha usuario/a ocasional. Así mesmo aqueles usuarios/as que por razóns de enfermidade ou outras leven un tempo sen acudir á Escola, deberán avisar da súa reincorporación coa mesma antelación, senón non poderán utilizar ese mesmo día o servizo de comedor.
O servizo de comedor na Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" é universal sempre que se solicite.
En caso de dispoñibilidade de prazas, poderán usar o comedor eventualmente os/as nenos/as que así o precisen, pagando a cota establecida por días soltos. Deberán avisar o día antes ou o mesmo día antes das 09.00 da mañá.
Aqueles usuarios/as que teñan concedida a praza de comedor ou merenda e non a utilicen diariamente, notificaráselle por escrito a perda do dereito a dita praza.
Os xoves celebraranse os cumpreanos na Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" dos/as nenos/as que cumpriron anos nesa semana. As familias non traerán nada da casa.
No caso de que existan prazas vacantes, a Escola poderá ofertar, durante os meses de xullo e agosto, un servizo de ¿Escola Infantil de Verán" (ver anexo II).
Artigo 9.-Sistema de admisión.
Idades de ingreso e permanencia.
Os requisitos de idade que deberán cumprir os/as nenos/as serán os seguintes:
Idade mínima: ter feitos os tres meses na data de ingreso agás situacións específicas (deberanse acreditar co informe previo e favorable de Servizos Sociais).
Idade máxima: tres anos (agás casos excepcionais recollidos na lexislación vixente). Os nenos e nenas poderán ser usuarios/as do servizo ata o momento da incorporación á educación infantil de segundo ciclo.
O procedemento de reserva de praza e de ingreso será informado anualmente desde a comisión de baremación, presidida polo concelleiro/a de Educación.
Reserva de praza ordinaria.
O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza farase do 1 ao 15 de marzo.
Os pais/nais/titores dos nenos e nenas matriculados/as con praza na Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" presentarán a solicitude de reserva de praza na súa escola correspondente. Nestas oficinas facilitaráselles o impreso correspondente. Estas irán acompañadas do certificado de empadroamento e convivencia, do modelo de aceptación das bases do Regulamento e da autorización para a consulta de datos en Facenda.
Aqueles alumnos/as que fosen admitidos/as con anterioridade e sigan cumprindo os requisitos establecidos neste Regulamento, terán garantido o acceso aos novos cursos sen necesidade de someterse a ningún proceso de admisión. Tendo que acreditar, en todo caso, o mantemento das condicións económicas, familiares e laborais que permitan establecer as cuotas e descontos correspondentes.
Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude calquera que sexa o curso escolar.
Solicitude de praza.
O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 1 ao 15 do mes de abril en horario de 9.00 a 14.00 horas na Escola Infantil.
Terán preferencia para obter praza na Escola Infantil aqueles nenos/as empadroados/as no Concello de Ames.
Reserva de praza para fillos/as do persoal que preste servizo na Escola.
Unha vez adxudicadas as prazas de reserva ordinaria, terán preferencia na adxudicación das vacantes existentes para o centro onde prestan servizo a nai, pai, titor/a legal, sobre os/as solicitantes de novo ingreso, en calquera das baremacións.
Se o/a traballador/a non puidera solicitar praza dentro do período oficial establecido para tal fin, desde a Escola reservaráselle a praza para o seu fillo/a ata o momento en que o poida facer e en previsión da súa reincorporación
Unha vez adxudicadas as prazas correspondentes ás reservas de praza do ano anterior e as dos/as fillos/as do persoal do centro, as prazas vacantes adxudicaranse ás/aos solicitantes de novo ingreso segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, que para tal efecto se publica no DOG. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación de prazas tanto da Escola como do comedor(xantar e merenda), tendo preferencia para a adxudicación de prazas de comedor os/as nenos/as de xornada completa sobre os/as de media xornada, e dentro dos de xornada completa, aquelas familias nas que traballen os dous proxenitores.
Ingresos urxentes.
Consideraranse ingresos urxentes cando afecte a algún dos seguintes casos:
- Menores tutelados pola Consellería de Traballo e Benestar.
- Fillos/as de mulleres que se atopen en casas de acollida ou vítimas de violencia de xénero.
- Aqueloutros nos cales concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata, previo informe dos servizos sociais da Concello.
A adxudicación ou denegación de praza nestes supostos será resolta pola comisión de baremación previo informe de Servizos Sociais do Concello no prazo de 15 días contados a partir da data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen recaer resolución expresa a solicitude terase por desestimada. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada perante o alcalde/esa, no prazo dun mes, que comezará a contar o día seguinte ao da notificación da resolución.
Tamén poderán acceder ao servizo, as fillas e fillos de persoas, que estando empadroadas noutro Concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio. Esta situación deberá acreditarse cun certificado da empresa ou institución correspondente. Tendo sempre preferencia os/as empadroados/as no Concello de Ames.
No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos requirirase ao interesado/a para que emende os erros ou a falta de documentos preceptivos nun prazo de 10 días hábiles, con indicación de que se non o fai, terase por desistido/a da súa petición, consonte ao artigo 71 da Lei 30/1992 do 26 de novembro do Procedemento Administrativo Común.
As solicitudes de novo ingreso faranse segundo o modelo que figura no Anexo III deste Regulamento asinando a aceptación do mesmo e presentaranse nas oficinas da Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" . Desde as dependencias prestarase a colaboración precisa aos usuarios/as para cubrir a solicitude co fin de que os datos estean debidamente cumprimentados.
Nas solicitudes farase constar o tipo de xornada que precisan así como o servizo de comedor e merenda, non podendo ser modificados no momento da matrícula.
Os cambios de horario durante o curso escolar serán solicitados e debidamente xustificados por escrito á dirección do centro, a cal aceptará ou denegará os mesmos.
As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
a) Modelo de aceptación das bases do Regulamento (a non aceptación das mesmas implica a imposibilidade de realizar a matrícula no centro).
b) Documentación acreditativa da situación familiar:
- Dúas fotocopias compulsadas do libro de familia onde figure o/a alumno/a que solicita o ingreso.
- Fotocopia do D.N.I ou do pasaporte dos pais/nais ou titores.
- Solicitude nas oficinas da Escola do certificado de empadroamento e convivencia que será expedido e incorporado ao expediente polo Concello de Ames.
- Documentación acreditativa de que o/a solicitante é familia numerosa.
- Documentación acreditativa de que o/a solicitante é familia monoparental:
- No caso de separación matrimonial: sentenza de separación/divorcio (é válido achegar copia cotexada da demanda onde se recolla o selo de entrada da demanda no Xulgado, sempre e cando á hora de formalizar a matrícula se presente na escola o convenio regulador aprobado polo Xulgado)
- En caso de ruptura de parella de feito con fillos/as: sentenza sobre medidas paterno-filiais onde se recollen as mesmas medidas que se ditan con respecto aos fillos/as no caso de rupturas matrimoniais.
- No caso de fillos/as non recoñecidos/as: o propio libro de familia será proba de monoparentalidade.
c) Documentación acreditativa da situación económica:
- Dúas copias cotexadas da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
- Os profesionais autónomos acreditarán tamén os pagamentos fraccionados do ano correspondente.
- Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio, considerase a renda de quen exerza a patria potestade. Aos efectos de beneficiarse dos descontos contemplados na Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames, a familia monoparental precisa da convivencia efectiva entre un proxenitor ou titor e os seus fillos/as, tutelados/as, menores ou dependentes, pero ademais esixe que a responsabilidade dese menor sexa en solitario. Considerarase que hai unha asunción en solitario cando das medidas paterno filiais establecidas na sentenza de separación ou divorcio, a pensión alimenticia coa que se obrigue a un dos proxenitores sexa inferior ao salario mínimo interprofesional.
- Autorización para consulta de datos en Facenda.
d) Documentación acreditativa da situación laboral ou de cursar estudios oficiais:
- Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.
- No caso de cursar estudios oficiais, certificación que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.
- Certificado do INEM que acredite se está en paro ou se recibe algún tipo de prestación.
No caso dalgunha deficiencia ou enfermidade alegada polos membros da unidade familiar: certificado expedido polo organismo correspondente.
No caso de nenos e nenas con algunha deficiencia física, psíquica ou sensorial: informe do organismo competente.
Outros documentos, se proceden: nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo.
Informe dos Servizos Sociais: nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.
Artigo 10.-Baremo de admisión.
Entenderase por unidade familiar a formada polas/os nais/pais e fillas/os menores de dezaoito anos ou fillas/os maiores de dezaoito anos con discapacidade superior ao 33%.
A selección de solicitudes farase, en función da puntuación acadada segundo o baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas Escolas Infantís 0-3, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar que para tal efecto se publica no DOG. Mediante este baremo avaliaranse os factores socio-familiares, laborais e económicos da unidade familiar. En caso de obter igual puntuación daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa.
No caso de integrarse nenos/as con discapacidade física, psíquica ou sensorial, o ingreso destas/es nenos/as estará supeditado á existencia de condicións infraestruturais idóneas e de persoal axeitado e suficiente no cadro de persoal do centro. En ningún caso pode haber máis dun neno/a de integración por aula (artigo 2 do DOG do 29 de Marzo de 2007). Para efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.
Poderanse adxudicar prazas ás solicitudes relativas a media xornada. As tarifas a aplicar fixaranse segundo o establecido na Ordenanza respectiva. Respectarase en todo caso, o límite estipulado por aula. Os/as solicitantes desta media xornada non poderán variar o horario establecido na súa solicitude.
Calquera indicio de cambio non declarado, de distorsión ou de falseamento da situación socio-familiar, da situación laboral-familiar ou da situación económica reflectidas na solicitude poderá dar lugar a que se inicie de oficio unha investigación para a comprobación dos referidos datos. Para a apertura deste expediente nomearase un instrutor/a que será o/a concelleiro/a de Educación, un secretario/a que será o/a secretario/a do Concello ou funcionario/a en quen delegue. A secretaria elaborará un informe que poñerá en coñecemento da comisión de baremación.
Ademais, a comisión de baremación poderá ter en conta circunstancias que considere susceptibles de valoración ata un máximo de 10 puntos.
Artigo 11.-Relación provisional de admitidos/as.
Unha vez realizada a baremación, a comisión efectuará a proposta inicial de selección.
A mediados de maio farase pública a relación provisional coa puntuación obtida de admitidos/as e excluídos/as na Escola e adxudicación de prazas de comedor e merenda. A resolución corresponderalle ao alcalde do Concello de Ames. Esta relación será exposta nas oficinas da Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" e no taboleiro de anuncios do Concello de Ames.
Os/as solicitantes que o desexen poderán efectuar as reclamacións oportunas no prazo de 10 días hábiles contados dende a data de publicación da relación provisional.
Artigo 12.-Relación definitiva de admitidos/as e lista de agarda.
Así que a comisión estude todas as reclamacións presentadas, o alcalde do Concello de Ames, aprobará a lista definitiva de admitidos/as e lista de agarda coas puntuacións obtidas en cada caso.
As listas definitivas e a resolución, faranse públicas no taboleiro de anuncios do Concello de Ames e na oficina da Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" como máximo o 31 de maio.
As solicitudes, que por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, non se presentasen dentro dos prazos fixados serán tramitadas e baremadas pola comisión para a súa inclusión na lista de agarda segundo a puntuación obtida. As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os solicitantes en lista de agarda. A comisión de baremación reunirase trimestralmente para avaliar as solicitudes presentadas fóra de prazo a fin de incluílas na lista de agarda podendo haber modificacións en canto a posicións na mencionada lista. As solicitudes serán presentadas ata un día antes da reunión da comisión de baremación inclusive.
Artigo 13.-Matriculación de alumnos/as.
Sen prexuízo dos recursos que procedan, a matriculación farase do 1 ao 15 de xuño na Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Se finalizado o período de matrícula, esta non fose formalizada, decaerá o dereito á praza obtido e tampouco quedará en lista de agarda. Así mesmo, se unha vez rematado o mencionado prazo, non estivera entregada toda a documentación, estes usuarios/as terán 10 días hábiles, contados a partir da finalización do prazo de matrícula, para presentar a documentación restante. De non ser así decaerá o dereito á praza e tampouco quedarán en lista de agarda.
Documentación para a matrícula:
- Declaración da renda (para os/as que renovan praza), de non ser así, aplicaráselle o baremo máis alto.
- Copia da última nómina (para os/as que renovan praza).
- Certificado do INEM (para os/as que renovan praza).
- Certificado médico do neno ou nena.
- Carné de vacinación actualizado (se dispoñen del).
- Fotocopia da tarxeta de Seguridade Social ou documento equivalente.
- Seis fotografías tamaño carné.
- Impreso de domiciliación bancaria.
- Impreso horario.
- Autorización para reportaxes fotográficos.
- Informe para mestres/as e educadores/as (cubrirano só os/as pais/nais/representantes legais dos/as nenos/as que se matriculen por primeira vez).
- Autorización por escrito dos pais/nais ou representantes legais dos nenos e nenas para ser recollido/a no centro por outras persoas.
- Autorización de teléfonos dos pais/nais/representantes legais dos/as nenos/as ao Concello de Ames para casos de emerxencia.
- Certificado de empresa, conforme a persoa está en activo. Dende a Escola a dirección poderá solicitar en calquera momento un certificado de empresa actualizado dos dous proxenitores/titores, no que conste o horario laboral que realizan, que podería ser vinculante para o horario do neno/nena no centro durante diferentes épocas do ano.
* No mes de xuño, despois do proceso de matriculación, haberá unha reunión cos pais/nais ou representantes legais dos/as nenos/as aceptados/as no centro por grupos para amosarlles as instalacións da Escola e explicarlles todo o que se considere de interese para eles.
Artigo 14.-Vacantes.
As prazas que sen causa xustificada non se atopen cubertas aos 15 días de iniciado o curso escolar, consideraranse como vacantes.
Durante o curso escolar poderá solicitarse o ingreso no centro, sempre que existan prazas libres.
As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os/as solicitantes en lista de agarda.
No caso de haber algunha praza vacante esta será notificada (tanto por telefono como por escrito) aos pais /nais/ representantes legais dos/as nenos/as que lle corresponda dentro da lista de agarda. Tanto se é aceptada como se é rexeitada, os pais/nais/ representantes legais terán un prazo de dez días para formalizar a matrícula ou firmar a súa renuncia á mesma. En caso contrario serán dados de baixa na lista de agarda.
Artigo 15.-Período vacacional.
Os usuarios/as poderán asistir á escola un máximo de 11 meses dentro do curso escolar comprendido de setembro a agosto do ano seguinte.
Estas poderán ser dun mes enteiro ou repartidas en quince e quince días, distribuíndose en quincenas naturais (1.ª quincena do mes ou 2.ª quincena do mes).
As quendas das vacacións dos/as usuarios/as deberán ser notificadas, cubríndose os formularios que para tal fin existen na Escola e que se lle facilitarán na primeira semana do mes de marzo tendo que entregalas antes do 20 de marzo, sen prexuízo de que os pais/nais/representantes legais queiran dispoñer das mesmas antes desta data.
As datas das vacacións dos/as usuarios/as non se poderán cambiar a partir do 15 de maio.
Artigo 16.-Período de adaptación.
A asistencia por primeira vez a un centro educativo é un feito moi significativo. Posibilita o contacto con outros nenos e nenas da súa idade e o acceso a diferentes actividades, feito que permite o seu desenvolvemento psicolóxico e social.
Ao mesmo tempo, pode resultar algo delicado, porque se separa por vez primeira do seu ambiente habitual e das persoas coas que convivía sempre. Enfrontarse a un ambiente novo e estraño fai que sexa frecuente e moi normal que, sobre todo nos primeiros días, os nenos/as rexeiten a Escola Infantil. Por iso precisan dun período de adaptación.
O presente Regulamento recolle unha serie de medidas que deberán ser postas en coñecemento dos pais/nais/representantes legais por parte da dirección do centro, para facilitar todo o proceso de adaptación:
O mes de setembro será utilizado como período de adaptación para os/as nenos/as de novo ingreso. Os nenos/as que empecen na escola nun mes distinto de setembro utilizarán o mesmo sistema de adaptación
Durante o período de adaptación iranse aumentando pouco a pouco os tempos de estancia na Escola, organizándose da seguinte forma:
A primeira semana asistirán á Escola media hora e a segunda semana asistirán unha hora, non podendo empregar o servizo de comedor nesta primeira quincena.
A partir da terceira semana, segundo como se vaia adaptando o/a neno/a, iranse establecendo os tempos de estancia na Escola, podendo empregar xa o servizo de comedor.
Evitaranse todo tipo de manifestacións que poidan transmitir ao neno ou nena sensación de angustia ou inseguridade relacionadas coa súa asistencia á Escola.
Procurarase pola contra, transmitir expectativas positivas e interese especial por todo o relacionado co centro.
É recomendable que a asistencia sexa o máis regular posible. Que chegue a converterse nun hábito de vida do/a neno/a.
A incorporación progresiva posibilitará que na Escola Infantil se lle preste unha especial atención os primeiros días, mellorando a calidade da acollida e da adaptación /relación afectiva cos/as educadores/as.
A dirección do centro, porá en coñecemento da familia todas estas medidas e convidaraa a expoñer calquera tipo de dúbida ou aclaración en relación ao tema.
Artigo 17.-Causas de baixa.
Consideraranse baixas na escola algunha das causas seguintes:
- Incumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia na Escola Infantil Municipal.
- Por solicitude dos pais/nais ou representantes legais.
- Por falta de pagamento da cota establecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ao que se refira a débeda.
- Por comprobación da falsidade dos datos achegados ou dos documentos.
- Por incompatibilidade e inadaptación absoluta para permanecer no centro.
- Por falta de asistencia continuada durante 15 días sen causa xustificada.
- Por incumprimento reiterado das normas da Escola Infantil Municipal ¿O Bosque".
- As baixas serán resoltas polo alcalde a proposta da comisión de baremación.
No caso de incumprimento de calquera destas normas, comunicarase por correo certificado, e se no prazo de 10 días hábiles desde a recepción da comunicación non se ten contestación, a comisión de baremación procederá á baixa do/a neno/a no centro.
Artigo 18.-Réxime de saídas.
Os nenos e nenas poderán realizar as saídas establecidas na programación do curso, previa autorización por escrito por parte dos pais, nais ou representantes legais.
Obxectivos:
- Explorar e observar o medio máis próximo.
- Integrarse e coñecer manifestacións culturais do seu contorno
- Fomentar a relación cos adultos e cos seus iguais, incentivando as relacións sociais
Artigo 19.-Horario de visitas e recollida dos nenos/as.
Os pais/nais ou representantes legais dos nenos/as poderán solicitar unha reunión coa dirección ou co/as educadores/as no horario establecido para tal fin,ou concertar outra hora sempre e cando non se dificulte a boa marcha do centro.
* O neno/a será entregado/a no centro ao pai ou á nai indistintamente, ou á persoa autorizada expresamente por escrito e documentada. Terase en conta cuestións concretas reguladas por disposición xudicial.
CAPÍTULO III. ESTRUTURA ORGANIZATIVA
Artigo 20.-comisión de baremación.
Será convocada pola dirección pedagóxica do centro no mes de maio, unha vez que remate o período de solicitude de praza e en calquera outra circunstancia que estea estipulada neste Regulamento. Así mesmo, as solicitudes que, por circunstancias alleas, non se presentasen no prazo estipulado serán baremadas pola comisión en posteriores reunións que terán lugar nos meses de xullo, setembro, xaneiro e marzo, sempre que haxa solicitantes. Estas pasarán a formar parte da lista de agarda coa puntuación obtida, podendo producirse modificacións na mencionada lista.
Estará composta por:
- Presidente/a: concelleiro/a de Educación ou concelleiro/a en quen delegue.
- Secretario/a : o/a do concello ou funcionario/a en quen delegue.
- Vocais: o/a director/a pedagóxico/a do centro ou un/ha mestre/a en quen delegue, un representante do Consello Escolar Municipal (de estar en funcionamento), un representante dos pais/nais dos menores.
Competencias:
- Velar polo cumprimento do proceso de ingreso.
- Velar pola aplicación do procedemento de admisión.
- Propor e decidir as altas e baixas que se produzan na escola ou en calquera dos servizos que se prestan na mesma.
- Propor ao alcalde as solicitudes de ingreso.
- Esta comisión establecerá, unha vez rematado o prazo de matrícula, as exencións ou reducións nas cotas que os/as usuarios/as terán que aboar mensualmente.
- Resolver calquera dúbida ou conflito que puidera xurdir á hora da aplicación do estipulado neste Regulamento no relacionado coas competencias desta comisión.
O representante dos pais/nais será elixido mediante convocatoria pública polos demais pais/nais dos menores.
Artigo 21.-comisión educativa.
Composta por:
- Concelleira/o de Educación ou concelleiro/a en quen delegue.
- Director/a pedagóxico/a ou un/ha mestre/a en quen delegue.
- Mestres/as, educadores/as do centro.
- Persoal de servizos.
Competencias:
- Aprobar o proxecto educativo de centro e a programación anual de actividades.
- Facer o seguimento da programación do centro e do proceso educativo grupal e individual.
- Supervisar a Aplicación Curricular e a súa aplicación ao proxecto educativo de centro.
- Aplicación do presente Regulamento, así como revisión e actualización do mencionado documento.
Artigo 22.-Consello do centro.
É o órgano colexiado que asumirá a coordinación xeral do centro, marcará as directrices e adoptará os acordos precedentes. A dirección pedagóxica é a encargada de convocar as reunións a levar a cabo. A primeira reunión celebrarase ao comezo do curso e será convocada cunha semana de antelación e na convocatoria estará exposta a orde do día.
Calquera membro do Consello poderá solicitar unha reunión extraordinaria solicitándollo á dirección da Escola cunha semana de antelación.
Composición:
- Director/a pedagóxico/a ou un/ha mestre/a en quen delegue.
- Un representante do persoal educativo.
- Un representante do persoal de servizos.
- Un representante dos pais/nais dos menores.
- Un representante do Consello Escolar Municipal (se existe).
- Concelleiro/a de Educación ou concelleiro/a en quen delegue.
- Un representante de cada grupo municipal.
Competencias:
- Aprobar a memoria anual de actividades.
- Aprobar o proxecto educativo de centro e a programación anual de actividades, elaboradas pola comisión educativa.
- Proporlle á administración competente cantas medidas sexan precisas para mellorar o funcionamento do centro.
- Supervisar que as directrices e a programación se axusten aos principios, criterios e obxectivos establecidos pola administración competente.
Os/as representantes do persoal educativo e do persoal de servizos serán elixidos internamente dentro da súa categoría. O/a representante dos pais/nais dos/as menores será elixido mediante convocatoria pública.
Artigo 23.-Normativa referente a todo o persoal.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" disporá da seguinte estrutura orgánica:
a) Dirección.
b) Persoal de atención directa aos nenos/as.
c) Persoal de servizos.
Relación de persoal (ver anexo I).
Artigo 24.-Funcións.
O/a director/a pedagóxico/a.
É o/a representante do centro e o/a responsable do seu correcto funcionamento. Depende orgánica e funcionalmente do/a concelleiro/a de Educación do Concello de Ames, e as súas funcións mínimas serán as seguintes:
- Elaborar a memoria anual do centro.
- Propoñer ou presentar o proxecto educativo que será elaborado pola directora mais o persoal de atención directa aos nenos/as.
- Autorizar actuacións extraordinarias para o normal desenvolvemento do centro.
- Convocar e presidir reunións do persoal, así como executar e facer cumprir os acordos adoptados nas mesmas.
- Prestar atención personalizada aos usuarios/as tanto a través do desempeño da función educativa como directiva.
- Coordinar as relacións do persoal cos pais (anuais, Nadal, saídas...).
- Comunicarlle ao Concello as incidencias relativas ás necesidades de mantemento do Centro, baixas do persoal, necesidades materiais, e calquera acontecemento.
- Exercer a garda dos/as menores ingresados no centro acorde co previsto na lexislación vixente.
- Supervisar, coordinar e facer cumprir o correcto desenvolvemento das actividades programadas.
- Cumprir e facer cumprir as leis, disposicións vixentes, etc. do Regulamento de réxime interior.
- Participar activamente en todas as actividades complementarias e extraescolares reflectidas no PEC e na programación anual, aprobadas polo Consello do centro.
Mestras/es.
- Elaborar a programación da aula.
- Exercer a actividade educativa na súa aula.
- Atender as rutinas diarias de cada neno/a.
- Participar na elaboración do proxecto educativo do centro.
- Participar na elaboración da programación anual e da memoria anual.
- Participar activamente en todas as actividades complementarias e extra- escolares reflectidas no PEC e na programación anual, aprobadas polo Consello do Centro.
- Substituirán ó director/a en caso de vacacións, asuntos propios ou enfermidade.
Educadoras/es /asistentes infantís.
- Desempeñar a función educativa na formación integral dos nenos/as dentro da súa aula.
- Coidar da orde, seguridade, entretemento, alimentación e aseo persoal dos nenos/as da súa aula.
- Axudar na realización das actividades programadas.
- Participar na elaboración do Proxecto Educativo.
- Participar activamente en todas as actividades complementarias e extra- escolares reflectidas no PEC e na programación anual, aprobadas polo Consello do centro.
Servizos xerais.
- Encargados da orde e limpeza das estancias encomendadas.
- Orde, distribución e mantemento dos materiais encomendados.
- Encargados da lavandería.
- Encargados de portería.
- Apoio en tarefas de pinche de cociña e substitución do/a cociñeiro/a cando o servizo o requira.
- Tarefas de apoio administrativo básico que lle sexan requiridas pola dirección da Escola.
- Participar activamente en todas as actividades complementarias e extra-escolares reflectidas no PEC e na programación anual, aprobadas polo Consello do centro.
- Outros que poidan xurdir do seu cargo.
Auxiliar de cociña.
- Encargado/a da preparación dos menús. Responsabilizarase do bo estado dos alimentos e da súa preparación
- Encargado/a da limpeza da cociña e do comedor así como dos utensilios de cociña
- Tarefas de apoio administrativo básico que lle sexan requiridas pola dirección da Escola.
- Participar activamente en todas as actividades complementarias e extra-escolares reflectidas no PEC e na programación anual, aprobadas polo Consello do centro.
Auxiliar administrativo.
- Prestar tarefas de apoio administrativo, responsabilizándose daquelas xestións administrativas sinxelas que se lle encomenden.
- Asumir a responsabilidade da clasificación e arquivo de documentos e expedientes.
- Levar a cabo actividades administrativas elementais, con arranxo a instrucións recibidas ou normas existentes.
- Redactar oficios simples.
- Realizar tarefas de atención ó público en xeral.
- Transcribir documentos.
- Colaborar na conformación e seguimento dos trámites administrativos dos expedientes.
- Control e reposición do material de oficina do seu departamento.
- Calquera outra, correspondente á súa escala, e propia do departamento no que se integra.
Artigo 25.-Dereitos do persoal.
- Recibir regularmente información da marcha e do funcionamento do centro, a través do/a director/a responsable.
- Presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento do centro e a atención prestada aos menores.
- Desenvolver as súas funcións educativas segundo o seu criterio persoal, sempre que se axusten ao proxecto educativo e á programación anual do centro.
- A que se lle proporcionen dentro das posibilidades do centro os instrumentos e medios precisos para desenvolver as súas funcións axeitadamente en beneficio dos menores atendidos.
Artigo 26.-Obrigas do persoal.
- Cumprir e facer cumprir de acordo coas súas funcións o presente regulamento.
- Velar polo respecto aos dereitos dos/as menores recollidos no presente regulamento e aqueles outros recoñecidos na lexislación vixente.
- Gardar estrita confidencialidade sobre os datos persoais dos/as menores aos que teñan acceso en razón das súas funcións.
- Cumprimento das tarefas e responsabilidades derivadas do seu posto de traballo.
Artigo 27.-Procedemento para substitucións e imprevistos do persoal.
As substitucións que podan xurdir en calquera das categorías que hai dentro da Escola Infantil serán cubertas utilizando as listas de agarda que para tal fin existen no Concello de Ames, despois dos procesos selectivos realizados para a provisión de persoal das escolas infantís municipais, ou no seu caso do Servizo Galego de Colocación.
CAPÍTULO IV. NORMATIVA REFERENTE AOS NENOS/AS
Artigo 28.-Dereitos dos/as nenos/as.
- Acceso ao centro e a recibir información sen discriminación, por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
- A consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal do centro como dos demais usuarios e usuarias.
- A realizar saídas ao exterior, sempre e cando os menores vaian acompañados por unha persoa adulta responsable, e sempre con autorización escrita por parte dos seus pais ou representantes legais.
- Á intimidade persoal en función das condicións estruturais do centro.
- A unha asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas.
- A que se lle facilite o acceso a todas as necesidades persoais que sexan precisas para acadar o seu desenvolvemento integral.
- A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educación, cultural e, en xeral a todas as necesidades persoais que sexan precisas para acadar o seu desenvolvemento integral.
- A seren educados/as para a comprensión, a tolerancia e a convivencia democrática, posibilitándolles que poidan facer uso das súas opcións de xeito libre e persoal.
Artigo 29.-Normas de saúde e hixiene persoal.
Os nenos/as deberán acudir á Escola Infantil Municipal en condicións correctas de saúde e hixiene.
No caso de enfermidade ou accidente, logo das primeiras atencións, porase dita circunstancia en coñecemento dos pais ou representantes legais, se é o caso. En caso de que o/a neno/a a precise unha atención médica axeitada, serán os pais/nais/representantes legais os encargados de facer os desprazamentos necesarios ou no seu caso, os servizos de urxencia sanitaria, previa comunicación por parte da dirección.
A falta de asistencia, debido a enfermidade ou a outras circunstancias, deberana comunicar os pais/nais/representantes legais á dirección do centro.
Cando por motivos de saúde o neno/a non poda asistir a Escola un período superior a 15 días deberá notificalo con anterioridade e xustificalo mediante informe médico, que se actualizará mensualmente, non podendo exceder na ausencia mais de 3 meses consecutivos, en caso contrario, a comisión de baremación decidirá se procede a baixa do neno ou nena na Escola.
Naqueles casos nos que se deban administrar medicinas aos nenos/as, estas deberán ir acompañadas das receitas médicas actualizadas. Nelas constará o nome do neno/a, o nome do medicamento e como e cando debe administrarse. Xunto á receita deberá axuntarse a correspondente autorización por escrito dos pais/nais/representantes legais. Calquera medicamento será facilitado polos pais/nais/ representantes legais.
Os antitérmicos salvo por prescrición médica só se administrarán en caso de que o/a neno/a teña febre e con autorización dos pais / nais / titores
Todos/as os/as nenos/as que usen cueiros deberán traer un paquete deles e un bote de toalliñas. Este material repoñerase cando sexa preciso.
Os/as nenos/as terán sempre unha muda completa de reposto.
Todos os/as nenos/as que anden deberán traer un mandilón.
Se o/a neno/a ten piollos, quedará na casa ata que queden eliminados.
O neno/a permanecerá na casa cando teña febre (38.º rectal, 37,5.º bucal, 37,5.º axilar), diarrea, vómitos, ou enfermidade contaxiosa (rubéola, papeiras, sarampelo, lombrigas, piollos, etc.). De aparecerlle calquera destes síntomas na Escola será posto en coñecemento dos pais/nais/representantes legais para que recollan ao seu fillo/a da Escola.
Artigo 30.-Normas de alimentación.
Na Escola existe o servizo de comedor, no que se respectan todo tipo de intolerancias, alerxias alimentarias, etc. e, en todo caso se algún neno/a precisa unha especial atención ao tipo de comida, os pais/nais/representantes legais deberán presentar o informe pediátrico correspondente. Para tal caso a dirección da Escola asumirá estes casos.
Así mesmo calquera tipo de variación que se teña que realizar no menú (dieta astrinxente...) deberá solicitarse o día anterior ou ese mesmo día antes das 9.00 da mañá, presentando o informe médico que avale ese cambio, senón o neno/a terá que comer o menú correspondente para ese día.
Dende esta Escola, como se especifica neste Regulamento de réxime interior, intentarase adaptar as propostas de menús a calquera tipo de necesidade alimenticia, sempre e cando, non precise que o persoal de atención aos nenos/as teña que subministrarlle dita alimentación por medio de algún tipo de sonda, ou outro mecanismo, xa que non contamos con persoal especializado.
En tal caso dende á Escola facilitaráselle aos pais/nais ou persoal autorizado a posibilidade de vir á escola a administrarlle o alimento.
Salvo no caso do almorzo, non se permite traer alimentos á Escola.
Artigo 31.-Normas de convivencia.
O tempo de permanencia na escola será de 8 horas agás casos excepcionais debidamente xustificados.
O menú de cada semana será exposto cun prazo dunha semana de antelación. Non se poderá traer comida ó centro agás para o almorzo e os biberóns dos bebés.
Os nenos/as que utilizan o servizo de comedor deberán estar na escola ¿ hora antes de cada quenda.
Os nenos/as que utilizan o servizo de comedor e non asistan á Escola deberán comunicalo ou o día anterior ou ese mesmo día antes das 09.00 da mañá. Se permanecen ausentes durante un tempo deberán comunicar o seu retorno para que se conte con eles no comedor.
Non se dan almorzos despois das 09.00 da mañá, e terán que traer da casa os alimentos que tomen para almorzar.
No caso de haber prazas, poderán usar o servizo de comedor eventualmente os nenos/as que así o precisen, pagando a cota establecida por días soltos. Terán que avisar o día antes.
Os nenos/as asistirán á Escola con roupa cómoda e marcada co seu nome, para poder realizar as actividades e xogos libremente. Non traerán petos, cintos, pinzas do pelo e tirantes.
Cando os/as nenos/as teñan algunha enfermidade que poda ser sospeitosa de contaxio deberán consultar co pediatra a conveniencia ou non de asistir á Escola e o posible contaxio. Non poderán asistir ó centro con febre, diarrea, vómitos ou enfermidades contaxiosas.
Non se administrarán medicamentos sen a autorización correspondente e fotocopia da receita médica.
Os nenos/as so serán entregados ao pai/ nai/ titor ou persoa autorizada por escrito polos responsables legais do neno/a.
Os teléfonos de contacto deberán estar actualizados en todo momento.
Os horarios estipulados na matrícula non se poden cambiar. Os posibles cambios solicitaranse por escrito á dirección do centro e estarán debidamente xustificados.
Os nenos/as de 0-1 anos e 1-2 anos levarán a información diaria nas axendas que para tal fin posúen, os de 2 a 3 anos deberán consultala nos taboleiros situados na entrada da Escola.
As vacacións solicitaranse por escrito no formulario que se lle facilitará na escola (1 mes ou dúas quendas naturais: 1.ª quincena do mes ou 2.ª quincena do mes). Non se poderán modificar despois do 15 de maio.
Os pais nais ou representantes legais poderán solicitar unha reunión coa dirección ou co resto do persoal no horario establecido para tal fin, que estará exposto no taboleiro de anuncios.
As familias deberán traer á Escola:
- Un paquete de cueiros e un bote de toalliñas, se usan cueiros. Este material repoñerase cando sexa preciso.
- Os/as nenos/as que tomen biberón (clase 0-1 anos) deberán traer o biberón, o leite e os cereais que precisen. Os bebes tamén traerán un biberón para a auga.
- Todos os/as nenos/as que durman na escola deberán traer unha manta para o inverno e unha saba para o verán.
- Todos/as os/as nenos/as terán na escola unha mochila con muda completa incluídos zapatos e unha bolsa de plástico para gardar a roupa que manchen.
- Os/as nenos/as que coman na escola deberán traer un cepillo de dentes e un vaso.
- Un chupete para quedar na escola (se usa).
- Babeiros grandes, se come ou merenda na Escola.
- Un mandilón cunha cinta na zona do pescozo para poder poñer nos colgadoiros.
Artigo 32 .-Uso das dependencias e materiais.
Escola Infantil Municipal ¿O Bosque".
A Escola abre as portas as 07.30 horas en que os nenos/as van ó comedor . Alí os que almorzan séntanse nas mesas e os demais pasan a zoa de recreo na que poden ver algún vídeo didáctico, ler un conto ou entreterse con algún xogo.
A partir das 09.00 cada grupo de idade vai cos/as educadores/as para as aulas correspondentes a facer as actividades programadas ata hora de saír o patio interior ou exterior (dependendo do tempo) para pasar media hora de xogo libre.
Os grupos sepáranse por idades, así:
- Os de 1-2 anos saen ás 10.30 horas.
- Os de 2-3 anos saen ás 11.00 horas.
- Os bebés saen a partir de xaneiro ás 11.30 horas.
Ata hora de xantar, todos/as están outra vez nas súas aulas realizando as actividades correspondentes e mais o cambio de cueiros e aseo necesario para ir o comedor.
As 12.00 horas os/as nenos/as de 1 a 2 anos van o comedor a xantar, os de 2 a 3 fano as 12.30 e os bebes comen nas tronas dentro da súa aula.
Despois de comer todos se asean para prepararse para a sesta que cada un fai na aula destinada para elo. Se non hai outro aviso por parte dos pais/nais/ representantes legais aos nenos/as deixáselle descansar ata que esperten, o no seu caso nunca mais tarde das 15:45,hora na que se recollen os dormitorios, e os/as nenos/as aséanse e xogan un ratiño na aula e despois no patio ata hora da merenda na que volven o comedor.
Os/as nenos/as que non merendan quedan no patio interior cun/ha educador/a xogando co material que teñen a súa disposición.
A partir das 17.15 horas os/as nenos/as regresan as súas aula cos/as educadores/as correspondentes ata hora que os veñen recoller.
As 19.00 horas os/as nenos/as que aínda permanecen na Escola saen o patio interior a xogar libremente cos/as educadores/as que nese momento están na escola
No verán o recreo faise no patio exterior.
Todos/as os/as nenos/as asisten un día a semana a aula de psicomotricidade e a sesión de vídeo. Ademais os de 2 a 3 a partir do 2.º trimestre van tamén un día a semana a de ordenadores.
O material que utilizamos e todo adecuado a idade dos/as nenos/as e cumprindo as normas de seguridade establecidas para estas idades.
Artigo 33.-Promoción do uso da lingua galega.
A lingua de uso habitual do centro é o galego. Isto non quita que se atenda de xeito individualizado a aqueles/as nenos/as, pais/nais/representantes que non teñan coñecemento abondo do galego.
A escola Infantil Municipal ¿O Bosque" ten feito un Plan xeral de normalización lingüística que está a disposición dos/as usuarios/as no centro
Artigo 34.-Promoción da igualdade entre os/as nenos/as.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque", deberá promover a igualdade como valor fundamental de convivencia entre os/as nenos/as. Será o cerne de todas as actividades que se desenvolvan no centro, e reflectirase non só nas actividades e material de traballo senón tamén no comportamento habitual dos/as mestres/as e educadores/as.
Todas as actividades reflectiranse no proxecto educativo de centro e tamén nos deseños curriculares.
A dirección da Escola prestará atención especial ao fomento e respecto da interculturalidade, como instrumento de superación das desigualdades, prexuízos e racismo.
Artigo 35.-Promoción da integración.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" promoverá a integración de nenos/as con necesidades educativas especiais, fomentando deste xeito, a igualdade e o respecto como valores esenciais da convivencia.
Artigo 36.-Actividades e servizos extraescolares.
A Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" rexese para a súa labor educativa a través de:
- Proxecto educativo do centro.
- Programación anual.
- Programacións trimestrais.
Todas elas son aprobadas pola comisión educativa e o Consello de Centro, e ademais están a disposición dos pais/nais/representantes legais no taboleiro da Escola.
Algunha das actividades realizadas na Escola son as seguintes:
- Saídas didácticas.
- Festivais: Nadal, Entroido, fin de curso.
- Celebracións: Día da Paz, Día do Medio Ambiente, Día do Libro, etc.
CAPÍTULO V. NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA
Artigo 37.-Dereitos e obrigas dos/as pais/nais.
Dereitos:
- Ao sixilo profesional sobre os datos do seu historial sanitario e socio familiar.
- A deixar de utilizar os servizos ou abandonar o centro por vontade propia.
- A asociárense co obxecto de favorecer a súa participación na programación e no desenvolvemento de actividades do centro. Para o desempeño destes fins a dirección do centro prestará á asociación de pais e nais un local para as súas reunións sempre e cando non se perturbe o normal funcionamento das actividades. Para isto abondará cunha comunicación da convocatoria da reunión ao director do centro, con 48 horas de antelación.
- A seren informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto da educación dos seus fillos/as.
- A participación nas actividades educativas {como festas escolares, magostos, Nadal, Entroido...) ou colaboración para preparar actividades dos nenos e nenas.
Artigo 38.-Obrigas.
- Cumprir as normas que estableza o centro para o seu bo funcionamento recollidas no presente regulamento.
- Manter e observar unha conduta inspirada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración, encamiñada a facilitar unha mellor convivencia.
- Participar na vida do centro, de acordo co que se dispoña neste regulamento.
Artigo 39.-Participación dos pais/nais/representantes legais.
- A dirección da Escola Infantil Municipal ¿O Bosque", fomentará a colaboración dos/as pais/nais/representantes legais co centro e as relacións co persoal deste.
- Os pais/nais/representantes legais poderán solicitar reunión co titor/a do seu fillo/filla ou coa dirección de conformidade co horario establecido para tal fin.
- En todo caso a dirección informará ao principio do curso dos horarios de atención aos pais, nais ou representantes legais dos nenos/as. Estes permanecerán expostos durante todo o curso escolar no taboleiro da escola.
- Porase a disposición do usuario/a un libro de reclamacións. O contido das mesmas será exposto de xeito periódico ao Consello de Centro, agás naqueles casos nos que se requira unha contestación inmediata.
Artigo 40.-Instrumentos de información aos pais/nais/representantes legais.
A información xeral da Escola estará a disposición dos pais/nais/representantes legais nos taboleiros da mesma.
Aquela outra información que o centro considere oportuna será notificada de forma individualizada .
A notificación das incidencias diarias de cada neno/a dentro da aula, serán reflectidas nas axendas que para tal fin posúen os alumnos/as ou nos taboleiros da Escola.
CAPÍTULO VI. RÉXIME DE FINANCIAMENTO
A prestación do servizo da Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" do Concello de Ames financiarase cos recursos xerais do Concello, coas achegas da Xunta de Galicia e coas tarifas que aboarán os/as usuarios/as.
Artigo 41.-Tarifas.
As tarifas son as establecidas e aprobadas polo Pleno do Concello de Ames na correspondente ordenanza reguladora.
O pagamento das tarifas será mensual e deberán ser aboadas nos primeiros 10 días de cada mes.
Todos/as os/as usuarios/as aboarán a contía de once mensualidades por curso. Non se aboará a tarifa correspondente ao mes de vacacións anual do neno/a. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos non se aboará a tarifa correspondente a este período.
A non asistencia do/a usuario/a durante un período determinado non supón redución ningunha nin exención da tarifa mentres non se formalice a baixa correspondente.
Revisión da tarifa: durante o curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, sempre que se produzan e xustifiquen variacións nas circunstancias económicas ou familiares. Neste sentido o/a beneficiario/a queda obrigado a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.
Disposición derradeira.
Este Regulamento entrará en vigor así que se publique no Boletín Oficial de Provincia e unha vez transcorrido o prazo ao que se refire o artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril reguladora das bases de réxime local, modificada pola lei 11/1999 de 21 de abril e comezará a aplicarse a partir do día seguinte. Permanecerá en vigor ata que se acorde a súa modificación ou errogación expresa polo Pleno da Corporación.
Anexo I: persoal das escola infantil Municipal ¿O Bosque".
Relación de persoal da Escola Infantil ¿O Bosque":
- Director/a pedagóxico/a.
- Tres mestres/as.
- Oito educadores/as.
- Cinco asistentes infantís.
- Catro empregados/as de servizos xerais.
- Un auxiliar de cociña.
- Un auxiliar administrativo/a.
Anexo II: servizos complementarios.
No caso de que existan prazas vacantes, a escola poderá ofertar, durante os meses de xullo e agosto, un servizo de ¿Escola Infantil de Verán", sempre respectando as ratios de educador/a por alumno/a. O período de matrícula será do 15 ao 30 de xuño, por rigorosa orde de chegada das solicitudes.
A documentación a entregar será a seguinte:
- Fotocopia compulsada Libro de familia
- Solicitude nas oficinas da escola do certificado de empadroamento e convivencia que será expedido e incorporado ao expediente polo Concello de Ames.
- Fotocopia libro de vacinas actualizado.
- Certificado médico.
- DNI dos pais/nais/representantes legais.
- Establecerase unha cota única segundo a ordenanza fiscal correspondente.
Anexo III: Escola Infantil Municipal ¿O Bosque" do Concello de Ames.
CURSO
SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA |
CENTRO |
SERVIZOS SOLICITADOS ASISTENCIA SEN£ ASISTENCIA CON COMEDOR £ COMEDOR |
DATOS DO NENO/A
APELIDOS | NOME |
DATA DE NACEMENTO | |
DATOS DO PAI/ NAI OU TITOR LEGAL
NIF/NIE | APELIDOS | NOME | |||||
ENDEREZO | LOCALIDADE | PROVINCIA | C.P. | ||||
LUGAR TRABALLO | N.º SEGURIDADE SOCIAL | TELF. CONTACTO | TELF. CONTACTO | ||||
DATOS DA UNIDADE FAMILIAR
APELIDOS E NOME | NIF/NIE | DATA NACEMENTO | PARENTESCO | SITUACIÓN LABORAL | INGRESOS ANUAIS |
| | | | | |
| | | | | |
| | | | | |
XORNADA COMPLETA SERVIZO COMEDOR MEDIA XORNADA SERVIZO MERENDA FAMILIA NUMEROSA ASISTENCIA DE VARIOS IRMÁNS AO CENTRO FAMILIA MONOPARENTAL |
SINATURA DO SOLICITANTE ¿¿¿.. de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿. de 20 |