Rianxo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 16/07/2012 BOP Nº: 134
Publicación definitiva: 19/09/2012 BOP Nº: 179
Aplicable dende: 19/09/2012

Artigo 1º. Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible do Imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para as que se esixa a obtención da licenza de obras ou urbanística correspondente, obtivérase ou non esta licenza, ou para as que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, se presenten ou non, sempre que a expedición da licenza ou a actividade municipal de verificación posterior corresponda ao Concello de Rianxo.

2. As construccións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir en:

A) Obras de construcción de edificacións e instalacións de calquera tipo de nova planta.

B) Obras de demolición.

C) Obras de modificación ou reforma en edificios, tanto as que modifiquen a súa disposición interior como as que modifiquen o seu aspecto exterior ou as que incidan en calquera clase de instalacións.

D) Aliñacións e rasantes.

E) Obras de fontanería e de rede de sumidoiros.

F) Movementos de terra tales como desmontes, explanacións, escavacións, terrapléns, obras de peche de solares ou terreos, vallas e estadas.

G) Calquera outras construccións, instalacións ou obras que requiran licenza de obra ou urbanística.

Artigo 2º. Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria do 17 de decembro, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realiza aquela.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

2. No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen solicite a correspondente licenza ou que presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou quen realice as construccións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

3. Os suxeitos pasivos que residan no estranxeiro durante máis de seis meses de cada ano natural, estarán obrigados a designar un representante con domicilio en territorio español, ós efectos das súas relacións coa Facenda Pública.

Artigo 3º. Responsables

Responderán solidaria e subsidiariamente da débeda tributaria as persoas ou entidades ás que se refiren os artigos 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria deste tributo, de acordo co previsto nestes.

Artigo 4º. Exencións

Están exentos do pago do Imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra das que sexan propietarios o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais que, estando suxeitos ó imposto, vaian a destinarse directamente a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto se se trata de obras de nova inversión como da súa conservación.

Artigo 5º. Base impoñible

A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e entendese por tal, a estes efectos, o custo de execución material de aquelas.

Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

Artigo 6º. Tipo de gravame e cota

1. O tipo de gravame será o 3 por 100.

2. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

Artigo 7º. Devengo

O imposto devengarase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non contase coa correspondente licenza.

Artigo 8º. Xestión

¿ Para as obras menores:

a) O imposto esixirase en réxime de autoliquidación; o suxeito pasivo, no momento de presentar a correspondente solicitude de licenza ou comunicación previa ou declaración responsable ou cando se execute a actividade de verificación municipal posterior, deberá acreditar o ingreso do importe total declarado da débeda tributaria a conta da liquidación que en definitiva corresponda. A base liquidable resultará da aplicación de prezos unitarios que figura no anexo I.

b) O departamento de recadación no momento de concederse a preceptiva licenza ou de executarse a actividade municipal de verificación da execución das obras sometidas ao réxime de comunicación previa ou declaración responsable, practicará unha liquidación complementaria no caso de que a autoliquidación presentada non fose conforme a esta ordenanza.

c) Unha vez finalizadas as construccións, instalacións e obras, e a vista do custe real e efectivo destas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará se é o caso, a base impoñible e practicará a correspondente liquidación definitiva esixindo ou reintegrando a diferenza ao suxeito pasivo.

¿ Para as obras maiores:

a) O imposto esixirase en réxime de autoliquidación; o suxeito pasivo, no momento de presentar a correspondente solicitude de licenza ou comunicación previa ou declaración responsable ou cando se execute a actividade de verificación municipal posterior, deberá acreditar o ingreso do importe total declarado da débeda tributaria, a conta da liquidación que en definitiva corresponda. A base liquidable resultará da aplicación de prezos unitarios que figura no anexo II.

b) O departamento de recadación no momento de concederse a preceptiva licenza ou de executarse a actividade municipal de verificación da execución das obras sometidas ao réxime de comunicación previa ou declaración responsable, practicará unha liquidación complementaria no caso de que a autoliquidación presentada non fose conforme a esta ordenanza.

c) Unha vez finalizadas as construccións, instalacións e obras, no caso de que o custe real e efectivo delas sexa superior ou inferior ao que serviu de base impoñible na autoliquidación ou na liquidación referida no punto anterior, os suxeitos pasivos presentarán no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a dita finalización, certificado e orzamento final de obra visado polo colexio oficial correspondente, cando se esixiran direccións facultativas, e calquera outro documento que se considere oportuno.

d) A vista da documentación aportada e das construcción, instalacións e obras, realizadas e do custe real e efectivo destas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa , modificará, se é o caso, a base impoñible e practicará a correspondente liquidación definitiva esixindo ou reintegrando a diferenza ó suxeito pasivo.

¿ Cando se modifique o proxecto de construccións, instalacións e obras e houbese incremento de orzamento, unha vez aceptada a modificación pola administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza entre o orzamento inicial e o declarado, con independencia de que dera lugar a un novo expediente urbanístico.

¿ Para aquelas construccións, instalacións e obras que non conten con licencias, sen prexuízo das sancións que procedan, trala valoración do construído tendo en conta os anexos aplicables a esta ordenanza, procederase á liquidación e esixencia deste imposto.

¿ O departamento de urbanismo remitirá ao de recadación relación de construcción, instalacións e obras iniciadas ou realizadas sen licenza xunto coa valoración destas co fin de que esta proceda a incoar os procedementos tributarios correspondentes.

¿ O departamento de recadación, sen prexuízo do disposto no punto anterior, realizará as súas propias funcións de comprobación e investigación, así como as reguladas nos artigos 141 e seguintes da Lei xeral tributaria.

¿ O imposto esixirase tamén en réxime autoliquidación no caso de solicitudes de legalización de obras sen licenza ou comunicación previa ou declaración responsable.

Artigo 9º. Comprobación e investigación

A inspección e a comprobación do imposto realizaranse de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 10º. Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e á determinación das sancións que lles correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a desenvolven.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN DEROGATORIA ÚNICA: Queda derrogada a regulación anterior da Ordenanza fiscal do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

DISPOSICIÓN FINAL 1ª: A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO I

Módulos para a obtención do orzamento de execución material das obras menores.

Establécense os seguintes módulos para calcular o orzamento de execución material mínimo das obras menores.

No listado que segue detállanse, a base física na que se apoia o módulo entre as que distinguimos M2, M3,Ml e Ud, a tipoloxía da obra e o valor en € de cada unidade.

No caso de que a tipoloxía da obra non se atope contemplada no listado, aplicarase o módulo que de acordo coa natureza da obra e os materiais que se vaian empregar máis se lle asemelle.

Para o calculo do orzamento haberá que multiplicar o número de unidades de que conste a obra menor polo valor asignado a cada tipoloxía.

M2 = Metros cadrados.

M3 = Metros Cúbicos.

Ml = Metros lineais.

Ud = Unidade.

1. ESCAVACIÓNS, MUROS E TUBERÍAS.

1.1. Escavacións de terra a ceo aberto, realizada a máquina en terreo semicompacto: 8.67 euros/m2.

1.2. Muro de pechamento de bloques de cemento de 1 metro de altura, enfoscado a unha cara e pintado, incluso zapata de cimentación, formigón de cachote a escavación da mesma, incluso p.p. de poste de formigón de vigamento: 43,3 euros/m2.

1.3. Pechamento de postes de cemento e arame, incluso zapatas de cimentacións illadas: 18,05 euros/ml.

1.4. Colocación de tubaria de formigón a unha profundidade media de 1 metro, con diámetro ata 30 cm., incluso escavación, recheo e restitución do pavimento de terra: 34,54 euros/ml.

1.5. Colocación de tubería en condición análogas ás da partida anterior, en pavimento de formigón: 75 euros/ml.

1.6. Muro de contención de formigón lixeiramente armado, de 1 metro de altura media, incluso zapata corrida de cimentación de formigón de cachote, gabia, escavacións necesarias, perfilado á man do terreo, etc, cun ancho medio de 25 cm.: 95 euros/m2.

1.7. Colocación de postes de formigón e tres fios de arame para delimitar finca, afincados sobre o terreo sen ningún tipo de cimentación, a 6,50 €/m.l

1.8. Desbroce e limpeza de terreos con medios mecánicos, a 0,77 €/m2

1.9. Muro de manpostería 1 cara vista, a 90,15 €/m2

1.10. Muro de perpiaño de granito a 93,90 €/m2

2. REFORMAS E ALBANELERÍA.

2.1. Reforma interior de vivendas, consistente en derriba de divisións, tabicado posterior con parámetros pintados e alicatados en cociña e baños, pavimentos de terrazo, incluso substitucións de sanitarios en baños: 202,1 euros/m2.

2.2. Forxado de viguetas de formigón pretensado e bovedillas, piares ou zunchos, encofrado e desencofrado: 57,61 euros/m2.

2.3. Pechamento exterior, formado por tabicón, cámara de aire para produto illante, tabique de ladrillo, formigón de canetas impermeable, enforcado e pintado ás dúas caras: 51,14 euros/m2.

2.4. Enfoscado exterior, mestrado realizado con morteiro de cemento, posterior pintado con pintura plástica: 15,18 euros/m2.

2.5. Revestimento de fachada exterior, con plaqueta de 10x20 ou similar: 21,66 euros/m2.

2.6. Apertura de oco para porta exterior, en pechamento exterior e colocación da mesma: 613 euros/unidade.

2.7. Apertura de oco para fiestra, en pechamento exterior e colocación da mesma: 418 euros/unidade.

2.8. Alicatado de azulexo, colocado con cemento adhesivo: 18,8 euros/m2.

2.9. Instalación de cuarto de baño sobre estrutura existente: 2.116 euros/unidade.

2.10. Construción de cuarto de baño nas condicións da partida anterior, incluso pechamento de estrutura cuberta, etc. : 4.181,26 euros/unidade.

2.11. Pintura e limpeza de fachadas exteriores, a 8,07 €/m2.

2.12. Pintura plástica en interiores, 6,95 €/m2

3. CUBERTAS E BAIXANTES.

3.1. Cuberta, incluíndo viguetas de formigón, chapas de fibrocemento e tella do pais, a 50,72 €/m2.

3.2. Renovación de teitume con simple reparación de armadura de cuberta, sen modificación de cuberta nin elevación volume: 20,95 euros/m2.

3.3. Baixante de tubaria P.V.C.: 11,36 euros/ml.

3.4. Substitución de forxado, elevación de paredes e nova formación de cuberta, cunha elevación máxima dun metro: 158,84 euros/m2.

3.5. Formación de cuberta con chapas de fibrocemento, 15 €/m2.

3.6. Colocación de tella do pais enriba das chapas de fibrocemento existentes, a 26,97 €/m2.

4. ALPENDRES E GARAXES.

4.1.Alpendre ou garaxe ata 25 m2 con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do pais ou similar sobre viguetas de cemento, enfoscado exterior, pintado, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado, 93,75 €/m2.

4.2. Alpendre ou garaxe de 25 ata 50 m2, realizado con paredes de bloques de cemento, cuberta de uralita e tella do pais ou similar, enfoscado e pintado exterior, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado a 157 €/m2.

MINIMOS DE UNIDADES DE OBRA:

a) Obras de construción de edificacións e instalacións de tódalas clases, de nova planta e superiores a 40 m2 de superficie total, un mínimo de 146,56 euros.

b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases xa existentes, un mínimo de 111,20 euros.

c) As modificacións e reformas que afecten á estrutura de edificios e instalacións xa existentes, un mínimo de 73,67 euros.

d) As modificacións do aspecto exterior de edificios e instalación de tódalas clases, xa existentes, un mínimo de 43,70 euros.

e) As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que fose o seu uso, un mínimo de 36,10 euros.

f) As obras que teñan que realizarse con carácter provisional, ás que se refire o artigo 58.2 do texto refundido da Lei do Solo, un mínimo de 28,26 euros.

g) As obras de instalación de servizos públicos, un mínimo de 28,17 euros.

h) Obras menores non especificadas anteriormente, un mínimo de 28,17 euros.

i) Os movementos de terra, que devengarán uns dereitos de 0,09 euros/m2, cun mínimo de 26,04 euros.

j) As demolicións, un mínimo de 66,093 euros.

k) Aperturas de pozos de auga, 600 euros.

Construción de fosas sépticas, 800 euros.

ANEXO II

Manual para obter o orzamento de execución material dunha construción ou obra maior: orzamento de referencia

A.-Normas xerais, criterios de valoración.

1. Un traballo considerarase incluído no punto que lle corresponde de acordo co destino predominante da superficie, incluíndose as superficies con destinos minoritarios, só se dividirá en varios puntos cando cada destino minoritario supere o 20% da superficie total; neste caso valorarase independentemente.

2. A superficie total construída é a suma de cada unha das plantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas liñas de fachada, tanto interiores como exteriores e os eixes de medianeras compartidos se se dar o caso.

B.-Estimación simplificada dos orzamentos de execución material da edificación

B.1.1. Definicións:

Mb.- Módulo básico.

Mc.- Módulo de construción ou de referencia.

S.- Superficie total construída en m2.

Ct.- Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.

Cu.- Coeficiente corrector en función do uso da edificación.

Pemb.- Orzamento de execución material segundo módulos básicos.

Pem.- Orzamento de execución material do proxecto.

B.1.2. Valores de aplicación.

B.1.3. Módulo básico.

Establécese un prezo en €/m2 de edificación da tipoloxía da edificación aplicábel ás distintas construcións. Mb=468,00 €/m2.

B.1.4. Superficie construída por uso:

Un traballo considérase ou non incluído no apartado que lle corresponde de acordo co uso predominante da superficie, no que se inclúen as superficies con destinos minoritarios, tal e como se especifica no punto 1.1.1.

B.1.5. Coeficiente por tipoloxía: (Ct)

1. En edificacións de nova planta e adicións:

1,20 Edificación illada (4 fachadas) vivenda familiar illada e sotos 3º e seguintes.

1,10 Agrupación en fila, sotos 1º e 2º.

1,00 Edificio en rueiro pechado, edificación aberta vivenda colectiva.

2. En obras de reforma e rehabilitación:

1,20 Rehabilitación total, incluído desmontar fachadas.

1,00 Adecuación interior de plantas baixas e entrecháns, rehabilitación integral do edificio conservando só fachadas.

0,65 Rehabilitación de instalacións e acabados.

0,50 Reformas que afecten só a elementos estruturais.

0,35 Rehabilitación de fachadas e substitución de carpintería e peches (referido á superficie de fachada).

0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estruturais ni a instalacións (acabados interiores)

0,02 Demolicións e derrubamentos (aplicada á superficie que se vaia demoler).

B.1.6. Coeficiente de uso. Cu.

Segundo o tipo de edificación:

1,60 Auditorios, museos teatros, hoteis de 5 estrelas, edificios bancarios.

1,50 Hospitais, laboratorios.

1,40 Bibliotecas, facultades e escolas universitarias, hoteis de catro estrelas, edificios penitenciarios, terminais marítimas e aéreas.

1,30 Clubs sociais, cines, centros de saúde, balnearios, hoteis de tres estrelas, salas de festas, discotecas, colexios con residencia.

1,20 Casas de cultura, casas consistoriais, locais bancarios, consultorios, centros de culto, cuarteis e matadoiros.

1,10 Vivenda, hoteis de dúas estrelas, residencias universitarias, moteis.

1,00 Residencias VPO, oficinas, garderías, centros escolares, hoteis dunha estrela, ambulatorios, hostais-residencia, restaurantes, estacións de autobuses, salas de exposicións, piscinas cubertas.

0,90 Bares, mercados.

0,80 Centros comerciais, pavillóns deportivos cubertos, vestiarios, bungalows, servizos cámping.

0,65 Edificios de estacionamento, locais comerciais, establecementos comerciais, industria escaparate.

0,50 Piscinas descubertas, cemiterios.

0,40 Garaxes e estacionamentos, estacións de servizo.

0,35 Trasteiros, locais en planta baixa ou semisoto sen uso especifico, terrazas asoportaladas e terrazas abertas.

0,30 Almacéns e naves industriais, instalacións deportivas descubertas, naves, granxas, cubertos, depósitos, bancadas, panteóns (por nicho).

0,15 Acondicionamento de naves con obras mínimas.

0,10 Proxectos de urbanización (adscritos a edificacións), áreas deportivas, parcelas cámping.

0,05 Xardíns, pistas de terra e formigón, piscinas privadas, tratamento de espazos exteriores, acondicionamento de terreos.

C.-Obtención do orzamento de execución material segundo módulos básicos: Pemb.

C.1.1. Módulo de construción:

Mc=Mb x Ct x Cu

C.1.2. Orzamento de execución material segundo módulos básicos:

Pemb=Mbi x Si

Mci. Módulo de acordo coa construción que corresponda ao destino dominante da superficie.

Si. Superficie construída de acordo co destino predominante da mesma.

Este orzamento así obtido será o orzamento de referencia para o cálculo da liquidación.