Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 1, REGULADORA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE, COLOCACIÓN E UTILIZACIÓN DE CONTADORES
Artigo 1. Fundamento e réxime.
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de acordo co previsto no artigo 20.4.t) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das facendas locais, establece a taxa por distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche de líñas, colocación e utilización de contadores, que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real decreto lexislativo citado.
Artigo 2. Feito impoñible.
Está constituído pola actividade municipal desenrolada con motivo da distribución de auga potable a domicilio, o enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.
Artigo 3. Devengo.
A obrigación de contribuír nacerá no momento de prestarse o servizo previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen obter a previa licencia, debendo depositarse previamente o pago correspondente ó enganche e contadores.
Artigo 4. Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servizos a que se refire esta ordenanza.
Terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais ás que se provea do servizo, as cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 5. Base impoñible e liquidable.
A base do presente tributo estará constituída por:
- No suministro ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servizo.
- Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial, vivenda individual.
- Na colocación e utilización de contadores: a clase de contador individual ou colectivo.
Artigo 6. Cotas tributarias.
A contía da taxa será a establecida a continuación:
1.º.-Suministro de auga:
A) Abonados domésticos
- Ata 50 m3/trimestre (mín.40 m3/ttre.): 0,643 euros/m3.
- Máis de 50 m3/trimestre: 0,780 euros/m3.
B) Abonados comerciais.
- Mínimo facturable 40 m3/trimestre: 0,588 euros/m3.
- Excesos: 0,588 euros/m3.
C) Abonados industriais e obras.
- Mínimo facturable: 40 m3/trimestre: 0,780 euros/m3.
- Excesos: 0,780 euros/m3.
2.º.- Cotas de conservación de acometidas e contadores:
- Acometidas: 0,315 euros/abon./mes.
- Contadores: 0,315 euros/abon./mes.
3.º.- Enganche á rede de suministro de auga:
1.- Cotas:
a) Vivendas: 212,021 euros/vivenda
b) Locais comerciais e industriais: 212,021 euros.
c) Obras: 212,021 euros.
2.-As obras de conexión serán por conta do suxeito pasivo desta taxa e poderán ser efectuados directamente previa autorización e fixación das condicións técnicas polo Concello; en tódo-los casos, dispoñerán de contador homologado e precintado polo mesmo.
Artigo 7. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.
Artigo 8. Normas de xestión.
1. As comunidades de veciños, estarán obrigadas a establecer un contador xeral, para a comunidade a excepción dos locais comerciais, sen prexuízo de que cada usuario, teña un contador individual. Os locais comerciais, así como as industrias, están obrigados a poñer contador individual, con toma anterior ó contador xeral da comunidade. En todo caso, no prazo de tres meses, contados a partir da entrada en vigor da presente ordenanza, tódo-los donos de comercio ou industrias, deberán cumprir o establecido no parágrafo anterior.
2. A acometida de auga á rede xeral, será solicitada individualmente, por cada vivenda, polo que será obrigatoria a instalación dun contador por vivenda unifamiliar. Dita solicitude, será presentada no Concello.
3. Os solicitantes de acometida de enganche, farán constar o fin a que destinan a auga, advertíndose que calquera infracción ou aplicación diferente, daquela para a que se solicita, será castigada cunha multa na cantidade que acorde o Concello, sen prexuízo de retirarlle o suministro de auga.
4. Cando o solicitante da acometida da auga a efectuase, en data posterior á que debera realizala, satisfará como dereito de enganche, o 200 por 100 do importe que lle correspondera abonar por cada enganche.
Artigo 9.
A concesión do servizo, otorgarase mediante acto administrativo e quedará suxeito ás disposicións da presente ordenanza e as que se fixasen no oportuno contrato. Será por tempo indefinido en tanto as partes non manifesten por escrito, a súa vontade de rescindir o contrato e por parte do suministrador cúmpranse as condicións prescritas nesta ordenanza e o contrato que queda dito.
Artigo 10.
As concesións clasifícanse en:
1. Para usos domésticos, é dicir, para atender ás necesidades da vida e hixiene privada.
2. Para usos industriais, considerándose dentro destos, os hoteis, bares, tabernas, garaxes, cortes, fábricas, colexios, etc.
3. Para usos oficiais.
Artigo 11.
Ningún abonado pode dispoñer da auga máis que para aquelo que lle foi concedida, agás causa de forza maior, quedando terminantemente prohibido, a cesión gratuíta ou a revenda de auga.
Artigo 12.
Os gastos que ocasione a renovación de tuberías, reparación de minas, pozos, manantiais, consumo de forza, etc., serán cubertos polos interesados.
Artigo 13.
Tóda-las obras para conducir a agua, da rede xeral á toma do abonado, serán de conta deste, se ben, realizarase baixo a dirección municipal e na forma que o Concello indique.
Artigo 14.
O Concello por providencia do Sr. Alcalde, pode sin outro trámite, cortar o suministro de auga a un abonado, cando negue a entrada ó domicilio para o exame das instalacións, cando ceda a título gratuito ou onerosamente a agua a outra persoa, cando non pague puntualmente as cotas de consumo, cando exista rotura de precintos, selos ou outra marca de seguridade posta polo Concello, así como os ¿ limitadores de suministro dun tanto alzado". Tóda-las concesións, responden a unha póliza ou contrato suscrito polo particular e o Concello que se fará por duplicado exemplar.
Artigo 15.
O corte da acometida por falta de pago, levará consigo ó rehabilitarse, o pago dos dereitos de nova acometida.
Artigo 16.
Trimestralmente, a empresa concesionaria elaborará o padrón correspondente, e previamente ao seu cobro, enviarao ao Concello para que éste proceda a súa aprobación.
Aprobado e publicado o padrón no taboleiro de anuncios do Concello, a modo de notificación colectiva, e con indicación do período voluntario de cobro, a empresa concesionaria procederá ao cobro da taxa, pero nunca antes.
Rematado o período voluntario de cobro, a empresa concesionaria remitirá ó Concello unha relación dos recibos non aboados nese período.
O cobro da taxa, farase mediante recibos trimestrais. A cota que non se fixera efectiva, dentro do mes seguinte á terminación do período respectivo, esixirase pola vía de apremio ós deudores do suministro de auga como queda dito.
Artigo 17.
No caso de que por escasez de caudal, augas sucias, sequías, xeadas, reparacións, etc., o Concello tivera que suspender total ou parcialmente o suministro, os abonados non terán dereito a reclamación algunha, nin indemnización por danos, perxuízos ou calquera outro concepto, entendéndose neste senso que a concesión faise a título precario.
Artigo 18. Responsables.
1. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 19. Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria.