Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 1, REGULADORA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE, COLOCACIÓN E UTILIZACIÓN DE CONTADORES

Publicación provisional: 16/11/2006 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 23/12/2006 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 16/01/2018

Artigo 1. Fundamento e réxime

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.t) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido das facendas locais, establece a Taxa por distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche de líñas, colocación e utilización de contadores, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real decreto lexislativo citado.

Artigo 2. Feito impoñible

Está constituído pola actividade municipal desenrolada con motivo da distribución de auga potable a domicilio, o enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.

Artigo 3. Devengo e período impositivo

A obrigación de contribuír nacerá no momento de prestarse o servicio previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen obter a previa autorización, debendo depositarse previamente o pago correspondente ó enganche e contadores.

O período impositivo por subministración de auga será por trimestres naturais.

Artigo 4. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios a que se refire esta Ordenanza.

Terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais ás que se provea do servicio, as cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 5. Clasificacións das concesións

1. As concesións clasifícanse en:

a. Para uso doméstico, é dicir, para atender ás necesidades da vida e hixiene privada

b. Para uso comercial e de servicios, para aqueles establecementos desta natureza cunha superficie útil de exposición e venta inferior a 500m2

c. Para uso Industrial, para aqueles establecementos non incluídos no punto anterior.

d. Municipal, incluíndo os usos propios do Concello de Cerceda.

2. Ningún abonado pode dispoñer da auga máis que para aquelo que lle foi concedida, agás causa de forza maior, quedando terminantemente prohibido, a cesión gratuíta ou a revenda de auga.

Artigo 6. Base impoñible e liquidable

A base do presente tributo estará constituída por:

- No suministro ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.

- Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial, vivenda individual.

- Na colocación e utilización de contadores: a clase de contador individual ou colectivo.

Artigo 7. Cotas tributarias

1.- A contía da taxa será a establecida a continuación:

1º.-Suministro de auga:

A) Abonados domésticos

- Ata 50 m3/trimestre (mín.40 m3/ttre.): 0,663 euros/m3.

- Máis de 50 m3/trimestre: 0,804 euros/m3.

B) Abonados comerciais.

- Mínimo facturable 40 m3/trimestre: 0,607 euros/m3.

- Excesos: 0,607 euros/m3.

C) Abonados industriais

- Mínimo facturable: 40 m3/trimestre: 0,804 euros/m3.

- Excesos: 0,804 euros/m3.

2º.- Cotas de conservación de acometidas e contadores:

- Acometidas: 0,324 euros/abon./mes.

- Contadores: 0,324 euros/abon./mes.

3º.- Enganche á rede de suministro de auga:

1.- Cota única:

a) Vivendas: 218,644 euros/vivenda

b) Locais comerciais e industriais: 218,644 euros .

c) Obras: 218,644 euros.

2.-As obras de conexión serán por conta do suxeito pasivo desta taxa e poderán ser efectuados directamente previa autorización e fixación das condicións técnicas polo Concello; en tódo-los casos, dispoñerán de contador homologado e precintado polo mesmo.

Artigo 8. Normas de xestión

1. Cada usuario deberá dispoñer dun contador individual.

2. Os solicitantes de acometida de enganche, farán constar o fin a que destinan a auga, advertíndose que calquera infracción ou aplicación diferente, daquela para a que se solicita, será castigada cunha multa na cantidade que acorde o Concello, sen prexuízo de retirarlle o suministro de auga.

3. Os gastos que ocasione a renovación de tuberías, reparación de minas, pozos, manantiais, consumo de forza, etc., serán cubertos polos interesados.

4. Tóda-las obras para conducir a agua, da rede xeral á toma do abonado, serán de conta deste, se ben, realizarase baixo a dirección municipal e na forma que o Concello indique.

5. Cando o solicitante da acometida da auga a efectuase en data posterior á que debera realizala, satisfará como dereito de enganche, o 200 por 100 do importe que lle correspondera abonar por cada enganche.

Artigo 9. Réxime de declaración e ingreso

1. A concesión do servicio, otorgarase mediante acto administrativo e quedará suxeito ás disposicións da presente Ordenanza e as que se fixasen no oportuno contrato. Será por tempo indefinido en tanto as partes non manifesten por escrito, a súa vontade de rescindir o contrato e por parte do suministrador cúmpranse as condicións prescritas nesta Ordenanza e o contrato que queda dito.

2. Unha vez autorizada a concesión á rede municipal de subminstración de auga, deberase practicar polo suxeito pasivo a declaración-liquidación (autoliquidación) de alta no servicio, e aboar as cotas correspondentes ó enganche conforme ó sinalado na presente ordenanza.

3. A taxa por subministración liquidarase trimestralmente mediante o correspondente padrón de auga aprobado polo órgano competente. A estes efectos, a empresa concesionaria elaborará o padrón correspondente, e previamente ao seu cobro, enviarao ao Concello para que éste proceda a súa aprobación. Aprobado e publicado o padrón no taboleiro de anuncios do Concello, a modo de notificación colectiva, e con indicación do período voluntario de cobro, a empresa concesionaria procederá ao cobro da taxa, pero nunca antes.

4. O cobro por subministración de auga realizarase mediante domiciliación bancaria, que é obrigatoria para tódolos aboados ó servizo. En todo caso facerase efectiva no trimestre natural seguinte ó que corresponde ó recibo xirado. As cotas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrixemento.

Artigo 10

1. O Concello por providencia do alcalde, iniciará un expediente que poderá rematar co corte do suministro de auga a un abonado, cando negue a entrada ó domicilio para o exame das instalacións, cando ceda a título gratuito ou onerosamente a agua a outra persoa, cando non pague puntualmente as cotas de consumo, cando exista rotura de precintos, selos ou outra marca de seguridade posta polo Concello, así como os ¿ limitadores de suministro dun tanto alzado". Tóda-las concesións, responden a unha póliza ou contrato suscrito polo particular e o Concello que se fará por duplicado exemplar.

2. No caso de que no momento da lectura, se aprecie unha avería ou rotura do contador que impida a normal lectura do mesmo, procederase a estimar o consumo tendo en conta os datos de lectura dos 12 meses anteriores.

3. O corte da acometida por falta de pago, levará consigo ó rehabilitarse, o pago dos dereitos de nova acometida.

Artigo 11

No caso de que por escasez de caudal, augas sucias, sequías, xeadas, reparacións, etc., o Concello tivera que suspender total ou parcialmente o suministro, os abonados non terán dereito a reclamación algunha, nin indemnización por danos, perxuízos ou calquera outro concepto, entendéndose neste senso que a concesión faise a título precario.

Artigo 12. Responsables

1. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 13. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables

De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido das facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 14. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria