Muros - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE SUMIDOIRO
Artigo 1.- Feito Imponible.
1. Constitúe o feito imponible da taxa:
a) A actividade municipal tendente á verificación de se concorren as
condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de saneamento
municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de augas pluviais, negras e
residuais, a travesó da rede de saneamento municipal e, se for do caso, o
tratamento para depúralas.
2.- Non estarán suxeitas a tasa as fincas derruidas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
Artigo 2.- Suxeito Pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se ref iré o artigo 33 da Leí Xeral Tributaria que sexan:
a) cando se trate da concesión de licencia de acometida a rede, o
propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) no caso da prestación de servicios do número l.b) do artigo anterior, os
ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarías de dito
servicios, calquera que sexa o título: propietarios, usufructuarios,
habitacionistas, ou arrendatarios, incluso en precario.
2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locáis, o propietario do inmoble, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 3.- Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as perseas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Leí Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 4.- Cota tributaria
1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización
de acometida a rede de saneamento esixirase por unha soia vez e consistirá na
cantidade f ¡xa de sete mil cincocentas pesetas.
2. A cota tributaria pola prestación dos servicios de saneamento e
depuración será: 80 pesetas bimestre en rúas de segunda categoría e 100
pesetas bimestre ñas rúas de primeira categoría.
Artigo 5.- Exencións e bonif icacións.
Artigo 6.- Devengo.
1. Devéngase a taxa e xorde a obrigación de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible,isto é:
a) na data de presentación da oportuna solicitude da licencia da acometida,
se o suxeito pasivo a formulara expresamente.
b) dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento. O
devengo por esta modalidade de taxa prodúcese con independencia de que se
obtivera ou non a licencia de acometida e sen perxuício da iniciación do
expediente administrativo para a súa autorización.
2.- Os servicios de evacuación de augas pluviais, negras e residuais e, se for do caso, da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas ñas que exista saneamento, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros e devengarase a taxa aínda cando os interesados non fagan a acometida á rede.
Artigo 7.- Declaración, liquidación e ingreso.
1. Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as
declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que
media entre a data na que se produza a variación na titularidade da finca e o
último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto
a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de
presentación de declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.
2. As cotas eisixibles por esta taxa liquidáronse e recadáronse polos
mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos do precio público do
suministro e consumo de auga.
3. No suposto da licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios de este Concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
DISPOSICIÓN FINAL
Esta ordenanza entrará en vigor o primeiro día do mes de xaneiro do mil novecentos noventa.