Muros - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE SUMIDOIRO
Artigo 1.- Feito Imponible.
1. Constitúe o feito imponible da taxa:
a) A actividade municipal tendente á verificación de se concorren as
condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de saneamento
municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de augas pluviais, negras e
residuais, a travesó da rede de saneamento municipal e, se for do caso, o
tratamento para depúralas.
2.- Non estarán suxeitas a tasa as fincas derruidas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
Artigo 2.- Suxeito Pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se ref iré o artigo 33 da Leí Xeral Tributaria que sexan:
a) cando se trate da concesión de licencia de acometida a rede, o
propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) no caso da prestación de servicios do número l.b) do artigo anterior, os
ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarías de dito
servicios, calquera que sexa o título: propietarios, usufructuarios,
habitacionistas, ou arrendatarios, incluso en precario.
2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locáis, o propietario do inmoble, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 3.- Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as perseas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Leí Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 4.- Cota tributaria
1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou
atorización de acometida á rede de saneamento esixirase por unha soa vez e
consistrá na cantidade f ixa de dez mil pesetas.
2. A cota tributaria do servicio é a de:
a) 660 pts anuais na rúas de primeira categoría; b) 530 pts anuais ñas rúas de segunda categoría."
3. Non se concederán exencions nin bonif icacións na exacción da presente taxa.
Artigo 5.- Período impositivo.
1. O período impositivo coincide co ano natural, non sendo no suposto de
primeira utilización ou reapertura dos locáis. Neste caso o período impositivo
comezará o día no que se produza aquel feito."
2. O importe da cota do imposto prorratearase por trimestres naturais
nos casos de primeira utilización ou reapertura ou cerré dos locáis.
Artigo 6.- Devengo.
1. Devéngase a taxa e xorde a obrigación de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible,isto é:
a) na data de presentación da oportuna solicitude da licencia da acometida,
se o suxeito pasivo a formulara expresamente.
b) dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento. O
devengo por esta modalidade de taxa prodúcese con independencia de que se
obtivera ou non a licencia de acometida e sen perxuício da iniciación do
expediente administrativo para a súa autorización.
2.- Os servicios de evacuación de augas pluviais, negras e residuais e, se for do caso, da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas ñas que exista saneamento, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros e devengarase a taxa aínda cando os interesados non fagan a acometida á rede.
Artigo 7.- Declaración, liquidación e ingreso.
1. No prazo de quince días seguintes á data en que se devengue a taxa
por primeira vez, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición e rexistro
mediante a presentación da correspondente declaración de alta e ingreso
simultáneo da cota do ano corrente.
2. Idéntica obrigación existe no caso de cesamento, cambio de uso ou
cerré de local.
3. Cando se coñeza, de oficio ou por comunicación dos interesados,
calquera variación dos datos que figuran na lista de contribuíntes, o Concello
realizará as modificacións que cumpran que surtirán efecto no período de
cobranza corrente.
4. O cobro será anual.
DISPOSICIÓN FINAL
Esta ordenanza entrará en vigor o primeiro día do mes de xaneiro do mil novecentos noventa.