Sada - ORDENANZA FISCAL nº 16, REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓN DE POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS OU ATRACCIÓNS SITUADAS EN TERREO DE USO PUBLICO. INDUSTRIAS DA RÚA E AMBULANTES E RODASE CINEMATOGRÁFICO
Artigo 1.- Fundamento e natureza
Artigo 2.- Feito impoñible
Artigo 3.- Suxeitos pasivos
Artigo 4.- Responsables
Artigo 5.- Tarifas
1. Tomarase como base para a determinación do importe da taxa, o tempo de duración do aproveitamento e os metros cadrados de terreo de uso publico que son obxecto da ocupación.
Distínguense dous períodos de ocupación:
a) Temporada alta: do 1 de maio ao 15 de outubro ambos inclusive e a Semana Santa considerada dende o sábado anterior ao Venres Santo ata o luns de Pascua.-
b) Temporada baixa: o resto do ano.
2. Para a temporada alta, a contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas Tarifas seguintes:
Metros cadrados de superficie ocupada.- Tarifa m2/día.- Tarifa mínima de instalación por tramo e día.-
Ata49 m2.- 1,25 €/m2/día.- 30,00.-
De50 a99 m2.- 1,20 €/m2/día.- 61,25.-
De100 a149 m2.- 1,15 €/m2/día.- 118,8.-
De150 a299 m2.- 1,10 €/m2/día.- 171,35.-
Mais de299 m2.- 0,65€/m2/día.- 328,90.-
3. Para a temporada baixa, establécense as seguintes tarifas fixas mensuais de acordo coa superficie ocupada:
Metros cadrados de superficie ocupada.- Tarifa fixa mensual.-
Ata25 m2.- 150 €/mes.-
De25 a49 m2.- 375 €/mes.-
De50 a99 m2.- 550 €/mes.-
Mais de100 m2.- 750 €/mes.-
4. Por ocupación con máquinas expendedoras ou mecanismos de venda automática, ata un máximo en todo caso de 4 m2, establécese a cota anual de 300 euros por m2, irredutible para ocupacións por período inferior ao ano.
Artigo 6.- Devengo
Artigo 7.- Normas de xestión
2. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licenza e formular declaración na que conste a superficie que se pretende ocupar, xustificándoa coa presentación de documentación técnica, a súa situación no Municipio e os elementos que se van instalar.
3. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licenza, sen prexuízo das contías que corresponda abonar ós interesados.Artigo 8.- Obrigación de pago
Disposición Final.-
Esta Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11-4-2012, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir desa data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.