Teo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
En virtude do artigo 41 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Teo impón o prezo público por servizo de escolas infantís municipais. O citado prezo é un recurso público de titularidade municipal e se regulará pola presente ordenanza reguladora, polo citado RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, Regulamento xeral de recadación, e demais normas concordantes.
Artigo 2.º.-Servizos que grava o prezo público.
O prezo público que regula a presente ordenanza esíxese pola utilización do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Teo, e por cada unha das prestacións que se contemplan no artigo 5.
Artigo 3.º.-Obrigados ao pagamemto.
Están obrigados ao pagamento das cantidades que se establecen como prezo as/os nais/pais dos nenos e das nenas en situación de alta nos centros sinalados no artigo anterior, no seu defecto, os/as familiares ou titores/as legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.
Artigo 4.º.-Criterios e variables para a determinación do prezo a pagar.
Para a determinación do importe mensual do prezo público mensual que recolle o artígo 5, teranse en conta os seguintes criterios e variables:
1.-A renda per cápita mensual da unidade familiar, que se computará segundo as seguintes regras:
a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:
1. Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.
2. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
3. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
b) A renda serán os ingresos totais da unidade familiar do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar no que se pretenda que produza efectos. Se calculará como a suma das rendas de cada membro da unidade, e para elo se terán en conta a base impoñible xeral e a base impoñible de aforro da declaración do IRPF correspondente.
Polo tanto, os ingresos totais anuais se acreditarán mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.
c) A renda per cápita anual calculase dividindo os ingresos totais polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por 12.
Artigo 5.º.-Importe do prezo público.
As tarifas do prezo público para cada prestación e segundo os niveis de renda, son os que se expoñen de seguido:
1. Atención educativa.
- O prezo pola atención educativa en xornada completa nas escolas infantís 0-3 dependentes do concello de Teo fíxase en 160 € mensuais.
- Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no seguinte cadro:
Renda per cápita mensual da unidade familiar | Límite inferior (€) | Límite superior (€) | Xornada completa (€) |
Inferiores ao 30% IPREM | - | 159,75 | - |
Entre o 30% e inferiores ao 50% IPREM | 159,75 | 266,25 | - |
Entre o 50% e inferiores ao 75% IPREM | 266,25 | 399,38 | 33,00 |
Entre o 75% e inferiores ao 100% IPREM | 399,38 | 532,51 | 66,00 |
Entre o 100% e inferiores ao 125 IPREM | 532,51 | 665,64 | 85,00 |
Entre o 125% e inferiores ao 150% IPREM | 665,64 | 798,77 | 105,00 |
Entre o 150% e 200% IPREM | 798,77 | 1.065,02 | 139,00 |
Superiores ao 200% IPREM | 1.065,02 | 160,00 |
Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase no cincuenta por cento do prezo que lle corresponda aboar de acordo coa renda per cápita da unidade familiar.
2. servizos complementarios.
1.-Servizo de comedor.
O servizo de comedor consta de tres servizos, o almorzo, xantar e merenda. O prezo de cada un deles será segundo o contido do cadro seguinte:
Renda per cápita mensual da unidade familiar | Límite inferior | Límite superior | Almorzo ou merenda | Xantar |
Inferiores 30% IPREM | 0 € | 159,75 | 0 | 0 |
Entre 30-50% | 159,75 | 266,50 | 0 | 0 |
Entre 50-75% | 266,25 | 399,38 | 5 | 10 |
Entre 75-100% | 399,38 | 532,51 | 10 | 20 |
Entre 100-125% | 532,51 | 665,64 | 15 | 30 |
Entre 125-150% | 665,64 | 798,77 | 20 | 40 |
Entre 150-200% | 798,77 | 1.605,02 | 25 | 50 |
Máis do 200% | 1.065.02 | 30 | 60 |
No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 3 € polo xantar, e 2 € polo almorzo e merenda.
O prezo de comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.
2.-Horario ampliado.
Con carácter excepcional os/as usuarios/as poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias, sempre que acrediten a súa necesidade.
O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado ao usuario ou usuaria será de 20 €.
As horas complementarias tera unha contribución de 4 €. As familias cunha renda percapita inferior ao 75% € IPREM teran unha reducción do 50%.
O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución.
3. Descontos sobre os prezos iniciais.
1.-Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto anterior, aplicaranse os seguintes descontos que son acumulables entre si:
a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas (categoría especial ou especial), desconto dun 20%.
b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.
c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 20%.
Entenderase por familia numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas; esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do correspondente título de familia numerosa.
Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data dada declaración do IRPF.
2.-Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50%.
Artigo 6.º.-Suspensión temporal do pagamento.
A inasistencia da/do usuaria/o durante un período determinado, mentres non se formalice a baixa correspondente, non supón redución ningunha, nin exención do pagamento do prezo establecido cos seguintes excepcións:
1.-Os suxeitos obrigados a que fai referencia o artigo 3 non terán a obriga de aboar o prezo correspondente á atención educativa e ao servizo de comedor durante os seguintes períodos:
a) O mes de vacacións anual da/o nena/o. Cando se fraccione o mes de vacacións en períodos de unha semana (non admitiran períodos inferiores), este desconto farase no mes no que faga o último período de descanso.
b) Cando por calquera motivo distinto ao período de vacacións anuais o centro permaneza pechado por un período superior a quince días naturais.
En ambos os dous casos a suspensión realizarase de oficio.
2.-Os suxeitos obrigados a que fai referencia o artigo 3 non terán a obriga de aboar o prezo cando, por causa debidamente xustificada, a nena ou neno deixe de asistir temporalmente ao centro. Neste caso, a suspensión da cota terá lugar desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte á data de inasistencia ao centro, e durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación ao centro.
Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ao día 15 do mes, a cota correspondente ao dito mes reducirase nun 50%.
A solicitude de suspensión da cota correspondente a este servizo, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse no rexistro do concello, que resolverá sobre a procedencia da exención.
3.-Nos supostos de solicitudes formuladas fóra de prazo por circunstancias sobrevidas debidamente xustificadas, o aboamento do prezo será dende o mes en que se lle concede a praza.
Nestes casos o pagamento correspondente ao mes de reincorporación ou incorporación realizarase no prazo dos dez días naturais seguintes á data de reincorporación.
Artigo 7.º.-Revisión dos prezos.
A) VARIACIÓN INTERANUAL DO IPC.
Os prezos públicos establecidos no artigo 3 actualizaranse cada curso escolar en función da variación interanual experimentada polo IPC para a Comunidade Autónoma de Galicia, para o cal se modificará o cadro de prezos desta ordenanza.
B) ALTERACIÓN DAS VARIABLES DE CÁLCULO DO IMPORTE.
O importe a pagar polos usuarios do servizo poderá modificarse ao longo do curso cando varíen as súas circunstancias familiares ou económicas, xa que éstas inflúen sobre o cálculo do prezo final e os descontos aplicables.
As variacións de mais do 25% das rendas do traballo ou de actividades económicas ou empresariais da unidade familiar, poderán dar lugar a un novo cálculo da cota, cando estas se manteñan como mínimo por un período de tres meses consecutivos, e xustificarse por medio da declaración do IRPF, certificación de desemprego ou calquer outro documento que acredite sufiencientemente esta circunstancia.
Aos efectos anteriores, todas/os obrigadas/os ao pagamento deberán comunicar calquera variación que se produza ao respecto, e concretamente, deberán achegar antes do día 1 de xullo de cada ano a declaración do IRPF ou certificado negativo do ano inmediatamente anterior. De non dispoñer no prazo indicado deste documento, por imposibilidade de conseguilo da administración tributaria, a presentación farase no máis breve espazo de tempo e sempre antes do día 31 de agosto do ano 2012. Sendo en calquera caso imprescindible para a incorporación efectiva ao centro no mes de setembro.
Artigo 8.º.-Réxime de pagamento e xestión.
1.-O pagamento das cotas, sen prexuízo do establecido no artigo 6 desta ordenanza, realizarase mensualmente nos dez primeiros días naturais do mes a que correspondan. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ao día primeiro do mes, a cota correspondente ao dito mes ingresarase nos dez días naturais seguintes á data de ingreso.
2.-No caso de utilizar o servizo de comedor por días soltos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa cota do mes seguinte.
3.-Salvo o disposto no artigo 6 desta ordenanza, a falta de asistencia da nena ou do neno ao centro non supón redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.
4.-A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, sen prexuízo da súa exixencia polo procedemento administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.
5.-Todas/os usuarias/os aboarán 11 mensualidades por curso, salvo as seguintes excepcións:
- Aboarán 10 mensualidades cando tendo que fixarse un mes de peche do centro por motivos debidamente xustificados, este non coincida co mes de vacacións anuais das/dos proxenitoras/es ou responsables legais.
- Aboarán 12 mensualidades no caso de que a asistencia ao centro inclúa excepcionalmente os 12 meses do ano.
6.-O prezo público e se ingresará nunha conta a nome da empresa xestora do servizo, que deberá presentar mensualmente a conta recadatoria no rexistro de entrada municipal para o seu control e contabilización por parte dos servizos económicos municipais.
Disposición derrogatoria.
A partires da entrada en vigor da presente ordenanza queda automáticamente derrogada a ordenanza fiscal reguladora da taxa por servizo de escolas infantís municipais vixente dende 01/03/2004.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza reguladora entrará en vigor a partires do día 01/09/2013 e manterá a súa vixencia indefinidamente en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.