Teo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

Publicación provisional: 09/04/2013 BOP Nº: 67
Publicación definitiva: 31/05/2013 BOP Nº: 103
Aplicable dende: 05/05/2021

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

En virtude do artigo 41 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Teo impón o prezo público por servizo de escolas infantís municipais. O citado prezo é un recurso público de titularidade municipal e se regulará pola presente ordenanza reguladora, polo citado RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, Regulamento xeral de recadación, e demais normas concordantes.

Artigo 2.º.-Servizos que grava o prezo público.

O prezo público que regula a presente ordenanza esíxese pola utilización do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Teo, e por cada unha das prestacións que se contemplan no artigo 5.

Artigo 3.º.-Obrigados ao pagamemto.

Están obrigados ao pagamento das cantidades que se establecen como prezo as/os nais/pais dos nenos e das nenas en situación de alta nos centros sinalados no artigo anterior, no seu defecto, os/as familiares ou titores/as legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.

Artigo 4.º.-Criterios e variables para a determinación do prezo a pagar.

Para a determinación do importe mensual do prezo público mensual que recolle o artigo 5 teranse en conta os seguintes criterios e variables:

1.-A renda per cápita mensual da unidade familiar, que se computará segundo as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:

1. Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.

2. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

3. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, ou sen rendas propias que dependan económicamente da unidade familiar.

b) A renda serán os ingresos totais da unidade familiar do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar no que se pretenda que produza efectos. Se calculará como a suma das rendas de cada membro da unidade, e para elo se terán en conta a base impoñible xeral e a base impoñible de aforro da declaración do IRPF correspondente. Polo tanto, os ingresos totais anuais se acreditarán mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.

c) A renda per cápita anual calculase dividindo os ingresos totais polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por 12.

Artigo 5.º.-Importe do prezo público.

As tarifas do prezo público para cada prestación e segundo os niveis de renda, son os que se expoñen de seguido:

1. Atención educativa.

- O prezo pola atención educativa en xornada completa nas escolas infantís 0-3 dependentes do concello de Teo fíxase en 160 € mensuais, para os primeiros fillos da unidade familiar. Os segundos e posteriores terán de balde este servizo.

Entendemos por Atención Educativa o coidado e educación de como máximo 8 horas de xornada lectiva, excluídas as horas extras e o os servizos de comedor. Non inclúe o material funxible que se utilice nos traballos individuais.

Entendemos por segundos fillos aqueles nenos ou nenas nos que os dous ou un dos proxenitores teña un fillo ou filla anterior. Compútanse como membros da unidade familiar a filla ou fillo maior de 18 anos se forma parte da unidade familiar segundo a lei 13/2008 de servizos sociais.

- Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no seguinte cadro:

Renda per cápita mensual da unidade familiar

Límite inferior (€)

Límite superior (€)

Xornada completa (€)

Inferiores ao 30% IPREM

-

159,75

-

Entre o 30% e inferiores ao 50% IPREM

159,75

266,25

-

Entre o 50% e inferiores ao 75% IPREM

266,25

399,38

33,00

Entre o 75% e inferiores ao 100% IPREM

399,38

532,51

66,00

Entre o 100% e inferiores ao 125 IPREM

532,51

665,64

85,00

Entre o 125% e inferiores ao 150% IPREM

665,64

798,77

105,00

Entre o 150% e 200% IPREM

798,77

1.065,02

139,00

Superiores ao 200% IPREM

1.065,02

 

160,00

Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase no cincuenta por cento do prezo que lle corresponda aboar de acordo coa renda per cápita da unidade familiar.

2. Servizos complementarios.

1.-Servizo de comedor.

O servizo de comedor consta de tres servizos, o almorzo, xantar e merenda. O prezo de cada un deles será segundo o contido do cadro seguinte:

Renda per cápita mensual da unidade familiar

Límite inferior

Límite superior

Almorzo ou merenda

Xantar

Inferiores 30% IPREM

0 €

159,75

0

0

Entre 30-50%

159,75

266,50

0

0

Entre 50-75%

266,25

399,38

5

10

Entre 75-100%

399,38

532,51

10

20

Entre 100-125%

532,51

665,64

15

30

Entre 125-150%

665,64

798,77

20

40

Entre 150-200%

798,77

1.605,02

25

50

Máis do 200%

1.065.02

 

30

60

No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 3 € polo xantar, e 2 € polo almorzo e merenda.

O prezo de comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.

2.-Horario ampliado.

Con carácter excepcional os/as usuarios/as poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias, sempre que acrediten a súa necesidade.

O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado ao usuario ou usuaria será de 20 €.

As horas complementarias tera unha contribución de 4 €. As familias cunha renda percapita inferior ao 75% € IPREM teran unha reducción do 50%.

O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución.

3. Descontos sobre os prezos iniciais.

1.-Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto anterior, aplicaranse os seguintes descontos que son acumulables entre si:

a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas (categoría especial ou especial), desconto dun 20%.

b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.

c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 20%.

Entenderase por familia numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas; esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do correspondente título de familia numerosa.

Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data dada declaración do IRPF.

2.-Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50%.

3.-Os usuarios e usuarias que teñan horario a quendas, e que polo tanto non fagan uso dos servizos de comedor de xeito continuado durante todo o mes, cobraráselles os servizos prestados facendo o cálculo proporcional sobre o custo mensual dos mesmos.

Artigo 6.º.-Suspensión temporal do pagamento.

A inasistencia da/do usuaria/o durante un período determinado, mentres non se formalice a baixa correspondente, non supón redución ningunha, nin exención do pagamento do prezo establecido cos seguintes excepcións:

1.-Os suxeitos obrigados a que fai referencia o artigo 3 non terán a obriga de aboar o prezo correspondente á atención educativa e ao servizo de comedor durante os seguintes períodos:

a) O mes de vacacións anual da/o nena/o. Cando se fraccione o mes de vacacións en períodos de unha semana (non admitiran períodos inferiores), este desconto farase no mes no que faga o último período de descanso.

b) Cando por calquera motivo distinto ao período de vacacións anuais o centro permaneza pechado por un período superior a quince días naturais.

En ambos os dous casos a suspensión realizarase de oficio.

2.-Os suxeitos obrigados a que fai referencia o artigo 3 non terán a obriga de aboar o prezo cando, por causa debidamente xustificada, a nena ou neno deixe de asistir temporalmente ao centro. Neste caso, a suspensión da cota terá lugar desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte á data de inasistencia ao centro, e durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación ao centro.

Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ao día 15 do mes, a cota correspondente ao dito mes reducirase nun 50%.

A solicitude de suspensión da cota correspondente a este servizo, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse no rexistro do concello, que resolverá sobre a procedencia da exención.

3.-Nos supostos de solicitudes formuladas fóra de prazo por circunstancias sobrevidas debidamente xustificadas, o aboamento do prezo será dende o mes en que se lle concede a praza.

Nestes casos o pagamento correspondente ao mes de reincorporación ou incorporación realizarase no prazo dos dez días naturais seguintes á data de reincorporación.

Artigo 7.º.-Revisión dos prezos.

A) VARIACIÓN INTERANUAL DO IPC.

Os prezos públicos establecidos no artigo 3 actualizaranse cada curso escolar en función da variación interanual experimentada polo IPC para a Comunidade Autónoma de Galicia, para o cal se modificará o cadro de prezos desta ordenanza.

B) ALTERACIÓN DAS VARIABLES DE CÁLCULO DO IMPORTE.O importe a pagar polos usuarios do servizo poderá modificarse ao longo do curso cando varíen as súas circunstancias familiares ou económicas, xa que éstas inflúen sobre o cálculo do prezo final e os descontos aplicables. As variacións de mais do 25 % das rendas do traballo ou de actividades económicas ou empresariais da unidade familiar, poderán dar lugar a un novo cálculo da cota, cando estas se manteñan como mínimo por un período de tres meses consecutivos, e xustificarse por medio da declaración do IRPF, certificación de desemprego ou calquer outro documento que acredite sufiencientemente esta circunstancia. As variacións de mais do 15% e ata o 25% das rendas do traballo ou actividades económicas ou empresariais da unidade familiar, poderán dar lugar a un novo cálculo da cota, cando estas se manteñan como mínimo por un período de seis meses consecutivos, e xustificarase por medio de declaración do IRPF, certificación de desemprego, ou calquer outro documento que acredite suficientemente esta circunstancia. Aos efectos anteriores, todas/os obrigadas/os ao pagamento deberán comunicar calquera variación que se produza ao respecto, e concretamente, deberán achegar antes do día 1 de xullo de cada ano a declaración do IRPF ou certificado negativo do ano inmediatamente anterior. De non dispoñer no prazo indicado deste documento, por imposibilidade de conseguilo da administración tributaria, a presentación farase no máis breve espazo de tempo e sempre antes do día 31 de agosto do ano 2012. Sendo en calquera caso imprescindible para a incorporación efectiva ao centro no mes de setembro.

Artigo 8.º.-Réxime de pagamento e xestión.

1.-O pagamento das cotas, sen prexuízo do establecido no artigo 6 desta ordenanza, realizarase mensualmente nos dez primeiros días naturais do mes a que correspondan. Cando o ingreso no centro se produza con posterioridade ao día primeiro do mes, ou en xeral os servizos que non se poidan computar e calcular por adiantado, pagaranse xunto coa cota do mes seguinte.

2.-No caso de utilizar o servizo de comedor por días soltos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa cota do mes seguinte.

3.-Salvo o disposto no artigo 6 desta ordenanza, a falta de asistencia da nena ou do neno ao centro non supón redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.

4.-A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, sen prexuízo da súa exixencia polo procedemento administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.

5.-Todas/os usuarias/os aboarán 11 mensualidades por curso, salvo as seguintes excepcións:

- Aboarán 10 mensualidades cando tendo que fixarse un mes de peche do centro por motivos debidamente xustificados, este non coincida co mes de vacacións anuais das/dos proxenitoras/es ou responsables legais.

- Aboarán 12 mensualidades no caso de que a asistencia ao centro inclúa excepcionalmente os 12 meses do ano.

6.-O prezo público ingresarase na conta que indique o departamento municipal responsable da xestión das EIM ás persoas responsables do pago ao comezo do curso. No caso de que a titularidade desta corresponda a unha empresa privada xestora do servizo, esta deberá presentar mensualmente a conta recadatoria no rexistro de entrada municipal para o seu control e contabilización por parte dos servizos económicos municipais.

Disposición derrogatoria

A partires da entrada en vigor da presente ordenanza queda automáticamente derrogada a ordenanza fiscal reguladora da taxa por servizo de escolas infantís municipais vixente dende 01/03/2004.

Disposición derradeira

A presente ordenanza reguladora entrará en vigor a partires do día 01/09/2013 e manterá a súa vixencia indefinidamente en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.