Coristanco - Prezo público polo servizo de axuda no fogar

Publicación provisional: 04/10/2013 BOP Nº: 190
Publicación definitiva: 26/11/2013 BOP Nº: 225
Aplicable dende: 14/12/2013

Artigo 1.- Fundamento

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do Título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público polo Servicio de Axuda no fogar.

Artigo 2. Concepto.

Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algún dos servizos públicos municipais que se desenvolvan de cara á prestación de axuda a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador a individuos e familias no seu domicilio cando se atopen incapacitados, temporal ou permanentemente, por motivos de carácter psíquico, físico ou social, para realizar as tarefas esenciais da vida diaria, manténdoos no fogar e integrándoos no seu entorno natural, mellorando a súa calidade de vida, dacordo ca Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, especificados nas tarifas contidas no presente acordo regulador.

Artigo 3.- Obrigados ao pagamento

Estarán obrigadas ao pagamento deste prezo público as persoas usuarias da prestación do servizo de auxuda no fogar, tanto as valoradas como as que accedan por libre concurrencia, e sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no seu regulamento de funcionamento.

Se a persoa usuaria carecera de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

Artigo 4.- Contía do prezo público

A contía do prezo público ven referida a unha hora de prestación do servizo, establecéndose o prezo da hora en 12,00 euros.

Artigo 5.- Participación económica das persoas usuarias do servizo

- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido, ususarias do servizo de axuda no fogar.

No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

Nos demáis supostos aplicarase á táboa fixada no atigo 61.2 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asinado. A táboa fixa os seguintes porcentaxes:

Grado I

Grado II

Grado III

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Capacidade económica

(referida ao IPREM)

20 horas

30 horas

40 horas

55 horas

55 horas

90 horas

Inferior ou igual ao 100% do IPREM

0,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

Maior do 100% e menor ou igual ao 115% do IPREM

4,52 %

6,56 %

8,59 %

11,42 %

14,47 %

18,09 %

Maior do 115% e menor ou igual ao 125% do IPREM

5,41 %

7,84 %

10,28 %

13,66 %

17,31 %

21,64 %

Maior do 125% e menor ou igual ao 150% do IPREM

5,55 %

8,05 %

10,54 %

14,01 %

17,76 %

22,19 %

Maior do 150% e menor ou igual ao 175% do IPREM

5,65 %

8,19 %

10,73 %

14,26 %

18,07 %

22,59 %

Maior do 175% e menor ou igual ao 200% do IPREM

5,72 %

8,30 %

10,87 %

14,45 %

18,31 %

22,89 %

Maior do 200% e menor ou igual ao 215% do IPREM

5,81 %

8,42 %

11,03 %

14,66 %

18,58 %

23,23 %

Maior do 215% e menor ou igual ao 250% do IPREM

6,03 %

8,75 %

11,46 %

15,24 %

19,31 %

24,14 %

Maior do 250% e menor ou igual ao 300% do IPREM

6,24 %

9,05 %

11,86 %

15,76 %

19,97 %

24,97 %

Maior do 300% e menor ou igual ao 350% do IPREM

6,42 %

9,30 %

12,19 %

16,20 %

20,53 %

25,66 %

Maior do 350% e menor ou igual ao 400% do IPREM

6,54 %

9,48 %

12,42 %

16,51 %

20,93 %

26,16 %

Maior do 400% e menor ou igual ao 450% do IPREM

6,63 %

9,62 %

12,60 %

16,75 %

21,22 %

26,53 %

Maior do 450% e menor ou igual ao 500% do IPREM

6,70 %

9,72 %

12,74 %

16,93 %

21,45 %

26,82 %

Maior do 500% do IPREM

6,76 %

9,80 %

12,84 %

17,07 %

21,63 %

27,04 %

Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresasdas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grado e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á disminución das horas efectivas de servizo.

En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de pagamento poderá exceder o 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

- Participación das persoas usuarias no financiamento do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006 aplicarase a seguinte táboa:

Capacidade económica

Participación no custe do servizo do SAF básico

Menor do 0,80 do IPREM

0 %

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 do IPREM

20 %

Maior do 1,50 do IPREM e menor ou igual a 2,00 do IPREM

30 %

Maior do 2,00 do IPREM e menor ou igual a 2,50 do IPREM

60 %

Maior do 2,50 do IPREM

80 %

Sen perxuizo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

Esta táboa de copagamento poderá aplicarse a tódolos servizos complementarios do servizo de axuda no fogar, enténdase fisioterapia, podoloxía, etc......no caso de non estar suxeitos a convenio ou ordenanza específica.

Artigo 6.- Capacidade económica da persoa usuaria do servizo

A determinación da capacidade económica á que fan referencia as tarifas previstas no artigo anterior será a que resulte da aplicación dos artigos 59 e 60 do Decreto 99/2012, de 9 de marzo.

Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

Para poder establecer a capacidade económica da persoa solicitante, o concello deberá dispoñer dos datos fiscais e de patrimonio, que solicitará ao usuario ou de oficio aos organismos competentes, previa autorización expresa e por escrito da persoa beneficiaria ou familia.

Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requerirá, por parte dos Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa renda per cápita e o prezo público a aboar, a través dos mesmos mecanismo previstos no párrafo anterior.

Artigo 7.- Condicións de pagamento

A obriga de pagamento do prezo público comeza desde que se inicie a prestación do servizo de axuda no fogar ou servizos complementarios.

O abono do prezo realizarase mensualmente, a través da corresponde liquidación mensual efectuada en función das horas asignadas ao usuario.

A realización do pago efectuarase nos primeiros 10 días hábiles do mes seguinte, mediante cargo na conta corrente que o solicitante do servizo indicará no modelo oficial de solicitude, ou ingreso na conta corrente que o Concello sinale no momento de subscribir o contrato de prestación do servizo.

No caso de non prestación do servizo por causas non imputables á persoa usuaria, léase por inconvintes derivados da organización interna do propio servizo, terá dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen atención á hora de abonar a cota mensual.

A falta de pagamento do prezo suporá a esixibilidade deste en vía de constrinximento.

Disposicion final

Esta Ordenanza entratá en vigor unha transcurridos quince días dende a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, segundo o disposto nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.