Coristanco - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Artigo 1.- Fundamento
De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do Título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público polo Servicio de Axuda no fogar.
Artigo 2. Concepto (modificado).
O prezo público regulado neste ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará pola prestación do servizo de axuda no fogar a través dos servizos sociais municipais, de conformidade coa ordenanza reguladora do devandito servizo.
Artigo 3.- Obrigados ao pagamento (modificado)
1.- Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas físicas usuarias do servizo dacordo co establecido na Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar.
Se considera persoa usuaria do servizo aquela para a cal se solicita o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsable dos menores que formen parte dela.
2.- Cando por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, o servizo non sexa prestado, procederá á devolución do importe correspondente.
Artigo 4.- Contía do prezo público
A contía do prezo público ven referida a unha hora de prestación do servizo, establecéndose o prezo da hora en 12,00 euros.
Artigo 5.- Participación económica das persoas usuarias do servizo (modificado)
A participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar determinaranse con arranxo ao artigo 17 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Coristanco.
A participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento determinarase con arrranxo ao artigo 18 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Coristanco.
Artigo 6.- Capacidade económica da persoa usuaria do servizo (modificado)
A determinación da capacidade económica das persoas usuarias da dependencia axustarase ao disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Coristanco.
A determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento axustarse ao disposto no artigo 16 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Coristanco.
Artigo 7.- Condicións de pagamento (modificado)
A obriga de pagamento do prezo público comeza desde que se inicie a prestación do servizo de axuda no fogar ou servizos complementarios.
O abono do prezo realizarase con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.
Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.
A falta de pagamento do prezo suporá a esixibilidade deste en vía de constrinximento.
Disposicion final
Esta Ordenanza entratá en vigor unha transcurridos quince días dende a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, segundo o disposto nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas."