Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL Nº 30, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 31/03/1999 BOP Nº: 73
Publicación definitiva: 31/03/1999 BOP Nº: 73
Aplicable dende: 01/01/2013
Derrogada: 27/09/2013 BOP Nº: 185

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

O art. 133 da CE sinala ca potestade orixinaria para establecer tributos corresponde exclusivamente ó Estado, mediante lei; e cas Corporacións locais poderán establecer e esixir tributos, de acordo coa Constitución e as leis. Por outra parte a mesma CE, no seu art. 142, di que as Facendas locais deberán dispoñer dos medios suficientes para o desempeño das funcións ca lei atribúe ás Corporacións respectivas e nutriranse fundamentalmente de tributos propios e da participación nos do Estado e das Comunidades Autónomas. A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, no seu art. 106, preceptúa cas Entidades locais terán autonomía para establecer e esixir tributos de acordo co previsto na lexislación do Estado reguladora das Facendas locais e nas Leis que dicten as Comunidades Autónomas nos supostos expresamente previstos naquela; e ademais ca potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria exercerase a través de Ordenanzas fiscais reguladoras dos seus tributos propios. Pola súa parte o art. 57 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, autoriza ós Concellos a esixir taxas pola prestación de servicios públicos. Por último, as taxas ó ser tributos que poden ser esixidos polos entes locais de forma potestativa, é necesario aproba-las correspondentes Ordenanzas fiscais de conformidade ó previsto nos artigos 15 e ss. do RDL 2/2004, de 5 de marzo.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da Taxa a utilización de calquera dos tipos de prestacións definidos no artigo 4 do regulamento e baremo do servicio de axuda domiciliaria.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

Os/as que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados por este Concello ás que se refire o artigo anterior.

Artigo 4.- Base Impoñible

Fíxase o prezo público pola prestación do servicio de axuda no fogar en 12 € por hora.

Artigo 5.º .-Cota tributaria.

A cuantificación do prezo da hora do servicio fíxase en 12,93 €.

Artigo 6.º .-Exencións.

De conformidade co artigo 45.3 da Lei 39/88, do 28 de Decembro, estarán exentos/as do pago da taxa os/as beneficiario/as seguintes:

a) As persoas que residan soas nun domicilio, cando a contía dos seus ingresos sexa igual ou inferior á pensión mínima establecidas.

b) Usuarios/as en situación familiar moi conflictiva cando a contía dos seus ingresos sexa igualou inferior á pensión mínima establecida.

c) Unidades familiares compostas por dúas persoas cando a contía dos seus ingresos sexa igual ou inferior ó 75% da pensión mínima establecida.

d) Unidades familiares de máis de dúas persoas cando a contía dos seus ingresos sexa igual ou inferior ó 75% da pensión mínima establecida.

Artigo 7.º .-Normas de xestión.

a) As persoas interesadas na prestación do Servicio ó que se refire esta Ordenanza deberán presentar no Departamento de Servicios Sociais do Concello solicitude, segundo modelo normalizado, sobre o servicio interesado e a documentación que se especifica no artigo 6 do Regulamento do servicio de axuda domiciliaria.

b) As cantidades esixibles con arreglo á tarifa liquidaranse polo servicio prestado, e serán irreducibles por períodos mensuais.

c) O/a asistente/a social do Concello comprobará as declaracións formuladas polos/as interesados/as mediante visitas a domicilio, entrevistas e outros medios de investigación, emitíndose informe ó respecto sobre a procedencia ou non de acceder ó solicitado e ó tipo de prestación.

d) A forma de prestación do servicio, a súa autorización e cese serán resoltas pola Comisión de Goberno, atendendo ós criterios e obxectivos do propio servicio e tendo en conta a valoración dos/as profesionais.

e) Unha vez autorizada a prestación do Servicio, entenderase prorrogada mentes non se acorde, por parte da Comisión de Goberno, a súa caducidade ou se presente baixa xustificada polo/a interesado/a ou polos/as seus/súas lexítimos/as representantes.

f) A baixa da prestación terá efectos a partires do día seguinte hábil á data da notificación da resolución do cese.

Artigo 8.º .-Devengo.

A liquidación da taxa practicarase por meses naturais, levándose a cabo o cobro dentro da primeira semana natural do mes seguinte ó correspondente á prestación por medio das entidades bancarias que se sinalen.

Artigo 9.º .-Períodos vacacionais dos/as usuarios/as da A.D.

As persoas que estean recibindo o Servicio e se ausenten do seu domicilio, por vacacións ou viaxes, deberán avisar con antelación ó departamento de servicios sociais do Concello. Durante ese tempo, se desexan que se lles reserve a praza dentro do Servicio de Axuda Domiciliaria, terán que seguir aboando a cota mensual correspondente.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo pleno do Concello o día 18 de febreiro de 1999, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.