Sada - Regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal do concello de Sada

Publicación provisional: 23/09/2013 BOP Nº: 181
Publicación definitiva: 11/12/2013 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 30/12/2013

Artigo 1.

Os ficheiros automatizados do Concello de Sada, nos que se conteñen e procesan datos de carácter persoal son os que están recollidos neste regulamento.

Artigo 2.

Créanse os seguintes ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Sada:

1.- Rexistro de entrada e saída de documentos.

2.- Servizos Sociais SIUSS (Sistema Informático de Usuarios de Servizos Sociais).

3.- Ficheiro de datos relativos á Escola Municipal de Música.

4.- Casa da Cultura.

5.- Biblioteca Municipal ¿Ramón Suárez Picallo".

6.- Empresas demandantes de información sobre axudas e subvencións.

7.- Persoas que buscan emprego por conta allea.

8.- Solicitudes e adxudicatarios de postos no Feirón.

9.- Actuacións formativas con listas de inscrición do alumnado.

10.- Persoas emprendedoras cunha idea empresarial.

11.- Empresas que ofertan emprego.

12.- Empresas ubicadas no Concello de Sada.

13.- Usuarios de programas europeos.

14.- Xestión de competencias da Policía Local.

15.- Licenzas e autorizacións.

16.- Multas.

17.- Ficheiro de datos relativo a un rexistro diario da actividade da axente de emprego e desenvolvemento local.

18.- Ficheiro de datos relativos á Escola Infantil Municipal.

19.- Ficheiro de datos relativos ás instalacións deportivas municipais.

20.- Ficheiro de video vixilancia de instalacións.

21.- Ficheiro de solicitude de información online.

22.- Ficheiro do directorio comercial web.

23.- Ficheiro de control horario.

Artigo 3.- Ficheiros preexistentes

Os ficheiros incluídos no ámbito da Lei Orgánica 15/1999, creados antes da aprobación deste regulamento, manteranse nos termos establecidos coas únicas modificacións que se recollen no articulado deste regulamento.

Os ficheiros aos que se refire este artigo son os de:

- Contabilidade

- Rendas

- Padrón

- Nómina

Queda suprimido o ficheiro preexistente denominado ¿alistamento", actualmente en desuso por supresión do servizo ao que se aplicaba, o soporte automatizado do cal destruirase coas pertinentes garantías.

Artigo 4.- Responsables dos ficheiros.

1.- A titularidade e responsabilidade dos ficheiros do Concello correspóndelle ao Concello de Sada, representado polo Sr. Alcalde-presidente. Consideraranse encargadas do ficheiro as persoas que leven a cabo por conta do responsable o tratamento dos datos recollidos nos mesmos, en concreto:

Ficheiro de nómina: funcionario responsable da súa xestión e pagamento e alcalde.

Ficheiro de rendas: funcionario responsable da súa xestión e o alcalde.

Ficheiro de contabilidade: Responsable da Intervención municipal e alcalde.

Ficheiro de padrón municipal: funcionario encargado de padrón e o alcalde.

Ficheiro de rexistro de entrada e saída de documentos: funcionario encargado de rexistro e alcalde.

Ficheiro de servizos sociais SIUSS: traballadora social e concelleiro de servizos sociais.

Ficheiro de Escola Municipal de Música: persoal encargado da súa xestión e concelleiro delegado de cultura.

Casa da Cultura: persoal encargado da súa dirección e concelleiro delegado de cultura.

Biblioteca Municipal ¿Ramón Suárez Picallo": funcionario responsable da súa xestión e alcalde.

Empresas demandantes de información sobre axudas e subvencións: persoal encargado da súa xestión e concelleiro delegado de fomento de emprego.

Persoas que buscan emprego por conta allea: persoal encargado da súa xestión e concelleiro delegado de fomento de emprego.

Relación de solicitudes e de adxudicatarios de postos no Feirón: funcionario encargado da súa xestión e concelleiro delegado de fomento de emprego.

Actuacións formativas con listas de inscrición do alumnado: funcionario encargado da súa xestión e concelleiro delegado de fomento de emprego.

Persoas emprendedoras cunha idea empresarial: funcionario encargado da súa xestión e concelleiro delegado de fomento de emprego.

Empresas que ofertan emprego: funcionario encargado da súa xestión e concelleiro delegado de fomento de emprego.

Empresas ubicadas no Concello de Sada: funcionario encargado da súa xestión e concelleiro delegado de fomento de emprego.

Usuarios de programas europeos: funcionario encargado da súa xestión e concelleiro delegado de fomento de emprego.

Xestión de competencias da Policía Local: xefe e oficiais da Policía Local e alcalde.

Licenzas e autorizacións: funcionario encargado da súa xestión e alcalde.

Multas: funcionario encargado da súa xestión e alcalde.

Ficheiro de video vixilancia de instalacións: funcionario encargado da súa xestión e alcalde.

Ficheiro de solicitude de información online: encargado da páxina web e alcalde.

Ficheiro de directorio comercial web: encargado da páxina web e alcalde.

Ficheiro de control horario: funcionario encargado da súa xestión e alcalde.

2.- O órgano responsable e perante o que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición con relación a calquera dos ficheiros municipais de datos de carácter persoal é a Alcaldía.

Artigo 5. Cesión de datos.

Aplicarase ao respecto o réxime establecido no artigo 21 da Lei 15/1999 e o establecido especificamente para cada ficheiro en concreto.

FICHEIROS

Artigo 6.- Ficheiro de Contabilidade

Nivel de seguridade: baixo, acceso mediante contrasinal.

Artigo 7.- Ficheiro de Rendas

Nivel de seguridade: medio, acceso mediante contrasinal.

Artigo 8.- Ficheiro de Nómina

Nivel de seguridade: medio, acceso mediante contrasinal.

Artigo 9.- Ficheiro de Padrón

Nivel de seguridade: medio, acceso mediante contrasinal.

Artigo 10.- Rexistro de entrada e saída de documentos.

Finalidade deste ficheiro: levar a cabo o rexistro das entradas e saídas de documentación no Concello, procedentes ou dirixidos a calquera persoa física ou xurídica.

Tipo de datos identificativos que contén o ficheiro: DNI, nome e apelidos, enderezo, poboación, teléfono e aqueles que achegue a persoa física ou xurídica.

Orixe dos datos: O propio interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: persoalmente, no intre de presentar o documento, formulario o declaración.

Cesión dos datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: baixo, acceso mediante contrasinal.

Artigo 11.- Ficheiro de Servizos Sociais SIUSS (Sistema Informático de Usuarios de Servizos Sociais).

Finalidade: Trámites de seguimento de prestacións sociais e proxectos e actividades enmarcadas nos programas de servizos sociais de atención primaria.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, nome e apelidos, enderezo, poboación, teléfono.

Orixe dos datos: Persoas interesadas ou os seus representantes legais.

Procedemento de recollida de datos: entrevista persoal e visitas domiciliarias.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel medio, SIUSS.

Artigo 12.- Ficheiro de datos relativos á Escola Municipal de Música.

Finalidade: elaborar unha base de datos das persoas solicitantes de prazas na Escola Municipal de Música.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, nome e apelidos dos solicitantes, números de teléfono, enderezo, idade, número de conta bancaria, especialidade e instrumento solicitados, e estudos musicais previos.

Orixe dos datos: os interesados.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, no intre de presentar o documento, formulario ou declaración.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel medio.

Artigo 13.- Ficheiro da Casa da Cultura.

Finalidade: difusión da información cultural do Concello de Sada.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, núm. de teléfono, enderezo, poboación, enderezo de correo electrónico e teléfono.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, no intre de presentar o documento, formulario ou declaración.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 14.- Ficheiro da Biblioteca Municipal ¿Ramón Suárez Picallo".

Finalidade: rexistro de socios do servizo de préstamo de documentos de propiedade municipal.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: nome e apelidos, enderezo, poboación, teléfono, data de nacemento, DNI (se é menor de 12 anos copia do DNI dos pais ou titores legais) e dúas fotos.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, no intre de presentar o documento, formulario ou declaración.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 15.- Ficheiro de Empresas demandantes de información sobre axudas e subvencións.

Finalidade: datos de empresas demandantes de información sobre axudas e subvencións..

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, núm. de teléfono, enderezo, poboación, enderezo de correo electrónico e teléfono.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, mediante formulario, fax, teléfono ou correo electrónico.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 16.- Ficheiro de Persoas que buscan emprego por conta allea.

Finalidade: inscrición de persoas demandantes de emprego na bolsa de emprego municipal. Demandas de emprego, consultas, mailings e actuacións.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, núm. de teléfono, enderezo, poboación, teléfono e outros datos de tipo académico, formativo, profesional ou laboral.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, no intre de presentar o documento, formulario ou declaración.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 17.- Ficheiro de Solicitudes e adxudicación de postos no Feirón:

Finalidade: regulación e control do Feirón municipal.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, núm. de teléfono, enderezo, poboación, teléfono póliza de seguro RC (xeralmente constan datos bancarios)

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente no rexistro de entrada municipal.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 18.- Ficheiro de Actuacións formativas con listas de inscrición do alumnado.

Finalidade: persoas participantes en actuacións formativas realizadas pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, núm. de teléfono, enderezo, poboación, teléfono e mais datos de formativos e por asistencia a cursos.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, mediante formulario, fax, teléfono ou correo electrónico.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 19.- Ficheiro de persoas emprendedoras cunha idea empresarial.

Finalidade: rexistro das persoas emprendedoras cunha idea empresarial e que queren montar un negocio, que solicitan a axuda dos servizos municipais de emprego.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, nome e apelidos, núm. de teléfono, enderezo, poboación e mais datos académicos, formativos, profesionais e idea empresarial.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, no intre de presentar o documento, formulario ou declaración, correo ordinario ou electrónico.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 20.- Ficheiro de empresas que ofertan emprego.

Finalidade: datos de empresas usuarias do servizo municipal de emprego, para ofertar emprego e realizar a intermediación laboral.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: NIF da empresa, enderezo, teléfono, e datos da persoa de contacto, DNI , nome e apelidos e enderezo e datos da oferta de emprego.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, mediante formulario, fax, teléfono ou correo electrónico.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 21.- Ficheiro de empresas ubicadas no Concello de Sada.

Finalidade: recollida de datos das empresas ubicadas no Concello de Sada para as finalidades propias dos servizos municipais de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: NIF da empresa, enderezo, teléfono, e datos da persoa de contacto, DNI , nome e apelidos e enderezo e datos da oferta de emprego.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, mediante formulario, fax, teléfono ou correo electrónico.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 22.- Ficheiro de Usuarios de programas europeos

Finalidade: rexistro de persoas participantes en actuacións desenvolvidas nos programas europeos para seguimento e xestión destes.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, e datos formativos e outros datos.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico

Artigo 23.- Ficheiro de Xestión de competencias da Policía Local.

Finalidade: rexistro de datos relativos a materias propias da Policía Local co fin de facilitar a súa xestión.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, obxecto do expediente e resolución recaída, titularidade de establecementos comerciais, etc.

Orixe dos datos: o interesado ou persoas sobre as que recaia o labor policial.

Procedemento de recollida de datos: Os datos recolleranse das dilixencias que instrúa e dos expedientes que tramite a Policía Local.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel medio.

Artigo 24.- Ficheiro de Licenzas e autorizacións.

Finalidade: rexistro de solicitudes de licenzas e autorizacións con numeración de cada expediente, facilitando a xestión dos mesmos.

Os datos referiranse a persoas ou colectivos que soliciten licenzas ou autorizacións de calquera tipo ao Concello de Sada.

Orixe dos datos: o interesado ou o seu representante legal, e servizo municipal en cargado da tramitación.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: Nome, apelidos, DNI ou NIF e domicilio, lugar de realización da obra ou actividade, trámites efectuados, contido da licenza, importe dos tributos liquidados, sancións impostas, observacións.

Procedemento de recollida de datos: a través dos solicitantes ou representantes legais destes, mediante o documento de solicitude e restante documentación que acheguen.

Cesión de datos: só serán cedidos os datos a outras Administracións Públicas, ou ao poder xudicial para exercicio das súas competencias ou cando teña por obxecto o tratamento posterior con fins históricos, estatísticos ou científicos.

- Nivel de seguridade: medio.

Artigo 25.- Ficheiro de Multas.

Finalidade: rexistro e tramitación de expedientes sancionadores por denuncias formuladas pola Policía Local, Garda Civil ou por particulares, por infraccións de tráfico.

Orixe dos datos: o interesado, a Policía Local ou os facilitados pola Xefatura Provincial de Tráfico.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: Nome, apelidos, DNI ou NIF, domicilio, matrícula do vehículo.

Procedemento de recollida de datos: o propio interesado ou por medio doutras administracións.

Cesión de datos: Só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na lei.

Nivel de seguridade: medio.

Artigo 26.- Ficheiro de datos relativo a un rexistro diario da actividade da axente de emprego e desenvolvemento local.

Finalidade: elaborar un rexistro diario da actividade da axente de emprego e desenvolvemento local

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos ou resulten obrigados a subministralos: particulares, emprendedores/as, empresariado, consultora ou asesoría, organización empresarial, profesional ou sindical e outras entidades.

Procedimento de recollida de datos: segundo o programa XATemprego da UPD Coordina Local.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF/NIE, enderezo, código postal, provincia, concello, teléfono, teléfono móbil, fax, e-mail, data de nacemento, sexo, situación laboral, nivel de estudos.

Cesión de datos previstas: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao Poder Xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel básico, mediante clave e contrasinal.

Artigo 27.- Ficheiro de datos relativos á Escola Infantil Municipal.

Finalidade: elaborar unha base de datos das persoas solicitantes de prazas na Escola Infantil Municipal.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, nome e apelidos dos solicitantes, números de teléfono, enderezo, filiación, niveis de renda, lugar, horario e posto de traballo, número da seguridade social e de conta bancaria, situación familiar, servizos solicitados, datos da unidade familiar, documentos que xustifiquen a situación sociofamiliar e a situación laboral familiar, e outros datos de interese.

Orixe dos datos: os interesados.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, no intre de presentar o documento, formulario ou declaración.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel medio.

Artigo 28.- Ficheiro de datos relativos ás instalacións deportivas municipais.

Finalidade: elaborar unha base de datos das persoas usuarias das instalacións deportivas municipais (piscina e pavillón).

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: DNI, nome e apelidos dos solicitantes, números de teléfono, enderezo, idade, número da seguridade social e de conta bancaria, datos da unidade familiar.

Orixe dos datos: os interesados.

Procedemento de recollida de datos: Persoalmente, no intre de presentar o documento, formulario ou declaración.

Cesión de datos: só serán cedidos a outras Administracións Públicas ou ao poder xudicial nos termos establecidos na Lei.

Nivel de seguridade: Nivel medio.

Artigo 29.- Ficheiro de video vixilancia de instalacións.

Finalidade: Garantir a seguridade mediante a videovixilancia, evitando e previndo a comisión de actuacións ilícitas, e salvagarda do patrimonio municipal.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: Conxunto de imaxes e voz dos usuarios, asistentes e persoal municipal tomadas nos inmobles, instalacións e edificios municipais.

Orixe dos datos: captación de imaxes.

Procedemento de recollida de datos: Captación de imaxes mediante videocámaras nun videograbador dixital que admite conexión tcp/ip.

Cesión de datos: Non hai cesión, agás nos supostos contemplados no artigo 10 do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 30.- Ficheiro de solicitude de información online

Finalidade: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información e/ou documento a través do portal web municipal e dos seus subdominios.

Tipo de datos identificativo que contén o ficheiro: DNI, nome e apelidos, enderezo, poboación, teléfono e aqueles que achegue a persoa física ou xurídica.

Orixe dos datos: O propio interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: persoalmente, no intre de cubrir o documento, formulario ou declaración.

Cesión de datos: Non hai cesión, agás nos supostos contemplados no artigo 10 do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

Nivel de seguridade: baixo, acceso mediante contrasinal.

Artigo 31.- Ficheiro de directorio comercial web.

Finalidade: Xestión de datos de identificación de profesionais e de empresas que solicitan a súa publicación a través do portal web municipal e dos seus subdominios.

Tipo de datos de carácter identificativo que contén o ficheiro: denominación, enderezo, teléfono e, de ser o caso, e-mailque achegue a persoa física ou xurídica.

Orixe dos datos: O propio interesado ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: persoalmente, no intre de cubrir o documento, formulario ou declaración.

Cesión de datos: Non hai cesión, agás nos supostos contemplados no artigo 10 do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

Nivel de seguridade: Nivel básico.

Artigo 32.- Ficheiro de control horario.

Finalidade: Xestión da presenza no seu posto de traballo e do control horario do persoal ao servizo do Concello de Sada.

Tipo de datos identificativos que contén o ficheiro: DNI, nome e apelidos, enderezo, poboación, teléfono, número de rexistro de persoal e pegada dixital.

Orixe dos datos: O propio interesado.

Procedemento de recollida de datos: persoalmente, ben no momento de cubrir o documento, formulario ou declaración, ou ben no intre de toma da pegada dixital.

Cesión de datos: Non hai cesión, agás nos supostos contemplados no artigo 10 do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

Nivel de seguridade: baixo, acceso mediante contrasinal.

Disposición final.

Este Regulamento entrará en vigor logo de que se publique o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.