Sada - REGULAMENTO DOS FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO CONCELLO DE SADA
Artigo 1.
Os ficheiros do Concello de Sada, nos que se conteñen e procesan datos de carácter persoal, son os que están recollidos neste regulamento.
Artigo 2.
Créanse os seguintes ficheiros de datos de carácter persoal:
Portelo único e rexistro
Padrón de habitantes
Persoal
Servizos sociais
Desenvolvemento local
Participantes en accións de promoción de emprego
Formación
Xestión económica
Recadación
Contratación
Licenzas e autorizacións
Urbanismo
Rexistro de intereses membros da corporación
Responsabilidade administrativa
Eleccións
Cultura y deportes
Medio Ambiente
Rexistro canino e animais perigosos
Policía
Escolas municipais
Unións non matrimoniais e matrimonios civís
Oficina municipal de turismo
Protección civil e servizo de emerxencias
Oficina de información á xuventude
Cemiterio
Subvencións
Páxina web
Artigo 3.
Os ficheiros incluídos no ámbito da Lei Orgánica 15/1999, creados antes da aprobación deste regulamento, son suprimidos e substituídos na forma seguinte:
1.-ACTUACIÓNS FORMATIVAS CON LISTAS DE INSCRICIÓN DE ALUMNADO, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación FORMACIÓN.
2.-CASA DA CULTURA, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación CULTURA E DEPORTES.
3.-CONTABILIDADE, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación XESTIÓN ECONÓMICA.
4.-DATOS RELATIVOS A UN REXISTRO DIARIO DA ACTIVIDADE DA AEDL, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación DESENVOLVEMENTO LOCAL.
5.-EMPRESAS DEMANDANTES DE INFORMACIÓN SOBRE AXUDAS E SUBVENCIÓNS, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación DESENVOLVEMENTO LOCAL.
6.-EMPRESAS QUE OFERTAN EMPREGO, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación DESENVOLVEMENTO LOCAL.
7.-EMPRESAS UBICADAS NO CONCELLO DE SADA, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación DESENVOLVEMENTO LOCAL.
8.-ESCOLA DE MÚSICA, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación ESCOLAS MUNICIPAIS.
9.-ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación ESCOLAS MUNICIPAIS.
10.-FICHEIRO DE CONTROL HORARIO, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación PERSOAL.
11.-FICHEIRO DIRECTORIO COMERCIAL WEB, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación PÁXINA WEB.
12.-FICHEIRO DE MULTAS, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación POLICÍA.
13.-FICHEIRO DE SOLICITUDE DE INFORMACIÓN ONLINE, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación PÁXINA WEB.
14.-XESTIÓN DE COMPETENCIAS DA POLICÍA LOCAL, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación POLICÍA.
15.-INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación CULTURA E DEPORTES.
16.-LICENZAS E AUTORIZACIÓNS, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación LICENZAS E AUTORIZACIÓNS.
17.-NÓMINA, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación PERSOAL.
18.-PADRÓN, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación PADRÓN DE HABITANTES.
19.-PERSOAS EMPRENDEDORAS CUNHA IDEA EMPRESARIAL, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación PARTICIPANTES EN ACCIÓNS DE PROMOCIÓN DE EMPREGO.
20.-PERSOAS QUE BUSCAN EMPREGO POR CONTA ALLEA, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación PARTICIPANTES EN ACCIÓNS DE PROMOCIÓN DE EMPREGO.
21.-REXISTRO DE ENTRADA E SAÍDA DE DOCUMENTOS, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación REXISTRO ELECTRÓNICO XERAL.
22.-RENDAS, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación RECADACIÓN.
23.-SERVIZOS SOCIAIS SIUSS, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación SERVIZOS SOCIAIS.
24.-SOLICITUDES DE ADXUDICACIÓN DE POSTOS NO FEIRÓN, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación LICENZAS E AUTORIZACIÓNS.
25.-USUARIOS DE PROGRAMAS EUROPEOS, rexistrarase un novo ficheiro coa denominación DESENVOLVEMENTO LOCAL.
Se manteñen o ficheiro da BIBLIOTECA MUNICIPAL SUÁREZ PICALLO e o ficheiro de VÍDEO VIXILANCIA DAS INSTALACIÓNS.
Artigo 4.
A titularidade e responsabilidade dos ficheiros do Concello de Sada, correspóndelle ao propio Concello de Sada.
O órgano responsable e perante o que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición con relación a calquera dos ficheiros municipais de datos de carácter persoal é a Alcaldía.
O Concello de Sada facilitará a todo o que o solicite, un formulario de dereitos ARCO, para facilitar o exercicio de dereitos anteriormente mencionados. O dito formulario deberá presentarse debidamente cuberto, acompañado dunha copia do DNI do interesado.
Artigo 5.
Artigo 5.
Dando cumprimento ao artigo 20.2 da Lei Orgánica de Protección de datos de carácter persoal, indicase, en relación aos ficheiros de nova creación: finalidade do ficheiro e usos previstos para o mesmo, as persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos, a estrutura básica do ficheiro e da descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos no mesmo, os destinatarios de cesións, as medidas de seguridade con indicación de nivel básico, medio ou alto esixible e o sistema de tratamento de datos de carácter persoal.
Nome do ficheiro | Rexistro Electrónico Xeral |
Finalidade do ficheiro | Rexistro de entrada e saída de documentación no concello. Portelo único. SIR. Procedemento administrativo |
Interesados | Cidadáns e residentes, solicitantes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal, administracións públicas |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI |
Destinatarios de cesións | Outros órganos da Administración do Estado, da Xunta de Galicia e da administración local. |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Padrón de habitantes |
Finalidade do ficheiro | Padrón de habitantes |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, data de nacemento, lugar de nacemento, académicos e profesionais |
Destinatarios de cesións | Instituto nacional de estatística, órganos da Administración do Estado, da Xunta de Galicia que necesiten datos do padrón de habitantes para realizar notificacións de ausentes, órganos xudiciais |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Persoal |
Finalidade do ficheiro | Recursos humanos, xestión de nóminas |
Interesados | Empregados |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal, administracións públicas |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, núm. Seguridade social, sinatura, características persoais, académicos e profesionais, detalles do emprego, económicos, financeiros e de seguros, transaccións de bens e servizos, datos biométricos |
Destinatarios de cesións | Organismos da Seguridade Social, Facenda pública e Administración tributaria, Xunta de Galicia, Administración do Estado: INEM |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Servizos sociais |
Finalidade do ficheiro | Servizos sociais |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, núm. Seguridade social, sinatura, cartón sanitario, características persoais, circunstancias sociais, académicas e profesionais, detalles do emprego, económicos, financeiros e de seguros, saúde, vida sexual, datos relativos a infraccións penais ou administrativas |
Destinatarios de cesións | Órganos xudiciais, outros órganos da Xunta de Galicia: xunta: traballo e benestar, Deputación Provincial |
Nivel de seguridade do ficheiro | Alto |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Desenvolvemento local |
Finalidade do ficheiro | Asesoramento sobre a procura de emprego, creación de novas empresas. |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, características persoais académicos e profesionais, detalles do emprego |
Destinatarios de cesións | Entidades privadas que soliciten currículos para cubrir postos vacantes propios |
Nivel de seguridade do ficheiro | Medio |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Participantes en accións de promoción de emprego |
Finalidade do ficheiro | Recursos humanos |
Interesados | Solicitantes, cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, información comercial, características persoais, académicos e profesionais, detalles do emprego, imaxe. |
Destinatarios de cesións | Outros órganos da Xunta de Galicia |
Nivel de seguridade do ficheiro | Medio |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Formación |
Finalidade do ficheiro | Xestión de cursos de formación, educación e cultura |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal, outras persoas físicas, administración pública |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, núm. Seguridade social, académicos e profesionais |
Destinatarios de cesións | Administración do Estado: INEM |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Xestión económica |
Finalidade do ficheiro | Xestión contable, fiscal e administrativa |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, económicos, financeiros e de seguros, transaccións de bens e servizos |
Destinatarios de cesións | Facenda pública e Administración Tributaria, Tribunal de Contas, Consello de Contas, Xunta de Galicia, Deputación provincial, entidades bancarias |
Nivel de seguridade do ficheiro | Medio |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Recadación |
Finalidade do ficheiro | Cobro de tributos municipais |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, económicos |
Destinatarios de cesións | Facenda pública e administración tributaria |
Nivel de seguridade do ficheiro | Medio |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Contratación |
Finalidade do ficheiro | Xestión da contratación municipal |
Interesados | Cidadáns e residentes, provedores |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, características persoais, circunstancias sociais, académicos e profesionais, económicos, financeiros e de seguros, transaccións de bens e servizos |
Destinatarios de cesións | Tribunal de Contas, Consello de Contas, Administración do Estado, Xunta de Galicia, entidades aseguradoras |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Licenzas e autorizacións |
Finalidade do ficheiro | Xestión de licenzas de apertura, de obras, feiras ou actividades culturais, procedemento administrativo |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, núm. Seguridade social, sinatura, circunstancias sociais, académicos e profesionais, detalles do emprego, económicos, financeiros e de seguros, transaccións de bens e servizos |
Destinatarios de cesións | Instituto nacional de estatística, órganos da Administración do Estado, órganos de Xunta de Galicia, Deputación provincial, Garda civil, SGAE. |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Urbanismo |
Finalidade do ficheiro | Planeamento, xestión e disciplina urbanística |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, circunstancias sociais, económicos, financeiros e de seguros |
Destinatarios de cesións | Órganos da Administración do Estado, Xunta de Galicia |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Rexistro de intereses membros da Corporación |
Finalidade do ficheiro | Xestión e control de intereses dos membros da Corporación |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, características persoais, circunstancias sociais, académicos e profesionais, económicos |
Destinatarios de cesións | Non hai cesión prevista |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Responsabilidade administrativa |
Finalidade do ficheiro | Resarcir aos particulares das lesións producidas nos seus bens e dereitos polo funcionamento do concello |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura |
Destinatarios de cesións | Consello Consultivo, entidades aseguradoras |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Eleccións |
Finalidade do ficheiro | Selección dos membros das mesas electorais e xestión administrativa das eleccións |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Administracións públicas |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, características persoais, académicos e profesionais |
Destinatarios de cesións | Instituto nacional de estatística, Xuntas Electorais, Administración electoral |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Cultura e deportes |
Finalidade do ficheiro | Educación e cultura, organización de eventos e actividades deportivas, de lecer e culturais, xestión dos edificios deportivos e casa da cultura |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, características persoais, circunstancias sociais, académicos e profesionais, económicos, financeiros e de seguros |
Destinatarios de cesións | Entidades privadas que colaboran na organización de actividades culturais e/ou deportivas, Deputación Provincial, órganos da Xunta de Galicia |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Medio ambiente |
Finalidade do ficheiro | Xestión de denuncias en materia de medio ambiente |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Fontes accesibles ao público, administracións públicas |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, circunstancias sociais |
Destinatarios de cesións | Órganos xudiciais, órganos da Administración do Estado e da Xunta de Galicia con competencia no medio ambiente para dar traslado das denuncias nesta materia a nivel estatal e autonómico |
Nivel de seguridade do ficheiro | Medio |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Rexistro canino e animais perigosos |
Finalidade do ficheiro | Procedemento administrativo, seguridade pública e defensa |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal, administración pública |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, sinatura, transaccións de bens e servizos, datos relativos a infraccións penais ou administrativas |
Destinatarios de cesións | Outros órganos de Xunta de Galicia |
Nivel de seguridade do ficheiro | Medio |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Policía |
Finalidade do ficheiro | Seguridade pública e defensa |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal, outras persoas físicas, administracións públicas |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, sinatura, circunstancias sociais, económicos, financeiros e de seguros, saúde, datos relativos a infraccións penais ou administrativas |
Destinatarios de cesións | Órganos xudiciais, órganos da Administración do Estado e da Xunta de Galicia con competencia en seguridade cidadá para dar traslado ás denuncias. |
Nivel de seguridade do ficheiro | Alto |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Escolas municipais |
Finalidade do ficheiro | Xestión administrativa das escola municipais |
Interesados | Titores e menores |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos; DNI; data nacemento; dirección; teléfono; sinatura; datos académicos e profesionais; económicos, financeiros e de seguros; datos da unidade familiar; datos de saúde; imaxe |
Destinatarios de cesións | Entidade privada encargada da xestión da escola municipal |
Nivel de seguridade do ficheiro | Alto |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Unións non matrimoniais e matrimonios civís |
Finalidade do ficheiro | Tramitación e rexistro das unións non matrimoniais e matrimonios civís |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, data de nacemento, sinatura |
Destinatarios de cesións | Órganos xudiciais |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Oficina municipal de turismo |
Finalidade do ficheiro | Prestar os servizos de información a visitantes, organización de actividades lúdicas para a cidadanía do concello e e realización de enquisas para a elaboración de estatísticas |
Interesados | Cidadáns e residentes, visitantes ao concello |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, características persoais, circunstancias sociais |
Destinatarios de cesións | Non hai cesión prevista |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Protección civil e servizo de emerxencias |
Finalidade do ficheiro | Prestar servizos de protección e asistencia á cidadanía ante calquera tipo de emerxencia, desastre ou accidente e salvagarda do medio ambiente. |
Interesados | Cidadáns e residentes, garda civil e policía local |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, características persoais, dirección, teléfono, sinatura, saúde, cartón sanitario |
Destinatarios de cesións | Garda civil, policía local, servizo médico - 061, ambulancias privadas, servizos de bombeiros, xulgados, compañías aseguradoras e outros servizos de emerxencias e de protección civil doutros concellos |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Oficina de información á xuventude |
Finalidade do ficheiro | Prestar servizo de información e trámite de xestións relativas ao colectivo novo do concello |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, características persoais, dirección, teléfono, firma, académicos e profesionais |
Destinatarios de cesións | Xunta de Galicia |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Cemiterio |
Finalidade do ficheiro | Xestión administrativa e control do cemiterio |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono, datos económicos |
Destinatarios de cesións | Non hai cesión prevista |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Subvencións |
Finalidade do ficheiro | Xestión administrativa da solicitude de subvencións por parte dos cidadáns |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos; DNI; data nacemento; dirección; teléfono; sinatura; económicos, financeiros e de seguros; datos da unidade familiar |
Destinatarios de cesións | Calquera administración pública á que se solicite a subvención en cuestión |
Nivel de seguridade do ficheiro | Medio |
Sistema de tratamento | Mixto |
Nome do ficheiro | Páxina web |
Finalidade do ficheiro | Xestión xeral da páxina web do concello e atender as solicitudes que os cidadáns realizan a través da mesma |
Interesados | Cidadáns e residentes |
Orixe dos datos | Propio interesado ou o seu representante legal |
Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro | Nome e apelidos; dirección; teléfono; imaxe |
Destinatarios de cesións | Non hai cesión prevista |
Nivel de seguridade do ficheiro | Básico |
Sistema de tratamento | Mixto |
Disposición final
Este Regulamento entrará en vigor logo de que se publique o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A modificación do regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.