Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 15, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/12/2013 BOP Nº: 245
Aplicable dende: 01/01/2014

Artigo 1º

De conformidade co previsto no artigo 95.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o coeficiente de incremento das cotas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica aplicable neste municipio queda fixado no 1,50.

Artigo 2º

O pagamento do imposto acreditarase mediante o recibo debidamente validado pola Entidade Recadadora.

Artigo 3º

1.-No caso de primeiras adquisicións dun vehículo ou cando estes se reformen de maneira que se altere a súa clasificación a efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán ante a oficina xestora correspondente, no prazo de trinta días a contar dende a data da adquisición ou reforma, declaración por este imposto segundo modelo aprobado polo Concello ó que se lle achegarán: a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o Documento Nacional de Identidade ou o Código de Identificación Fiscal do suxeito pasivo.

2.-A oficina xestora practicará a correspondente liquidación, normal ou complementaria, que será notificada individualmente ós interesados, con indicación do prazo de ingreso e dos recursos procedentes.

Artigo 4º

1.-No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, a recadación das correspondentes cotas realizarase mediante o sistema de padrón anual no que figurarán tódolos vehículos suxeitos ó imposto que se achen inscritos no correspondente Rexistro Público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste término municipal.

2.-O padrón ou matrícula do imposto expoñerase ó público polo prazo de 15 días hábiles, para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular reclamacións oportunas. A exposición ó público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.

Artigo 5º .

En relación ca exención dos vehículos de minusválidos prevista no parágrafo 2º da letra e) do apartado 1º do artigo 94 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, o interesado deberá aportar o certificado da minusvalía emitido polo órgano competente e declaración xurada con expresión de que o vehículo destínase a uso persoal do titular ou para o seu transporte e que non goza da mesma exención por outros vehículos da súa propiedade.

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal, cuia redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 31 de outubro de 2013, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.