Carballo - Ordenanza fiscal núm. 10, reguladora da taxa pola prestación do servizo da rede de sumidoiros e depuración de augas residuais
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.
Este Concello, no uso das potestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto nos artigos 20.4 r) e 58 da Lei 39/88 do 28 de Decembro, reguladora das Facendas Locais, establece a taxa pola prestación de servicios de rede de sumidoiros e depuración de augas residuais, que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme ó disposto nos artigos 20 a 27 da Lei 39/88 citada.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible destas Taxas a prestación do servicio de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de sumidoiros municipal, e a conseguinte depuración das devanditas augas na Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.).
2. O servicio de evacuación de excretas, augas negras, rediduais e pluviais e o servicio de depuración das mesmas na E.D.A.R. serán de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia tódolos inmobles enclavados a distancia menor de cen metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros deberán estar dotadas destes servicios, devengándose as taxas correspondentes aínda cando os suxeitos pasivos non realicen a acometida da finca á rede xeral.
ARTIGO 3º.- SUXEITOS PASIVOS.
1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición; que ocupen ou utilicen por calquera clase de título, incluso en precario, as vivendas e locais onde se presta o servicio.
2. Terán a consideración de sustitutos do contribuinte o propietario das vivendas ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, ós ocupantes ou usuarios, as cotas abonadas por razón da taxa.
ARTIGO 4º.- RESPONSABLES.
1. Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de persoalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias das devanditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consentiran no incumprimento por quen dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesen nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
ARTIGO 5º.- BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE.
1.- Usuarios con subministro de auga potable da rede municipal.
A base impoñible virá determinada polos metros cúbicos de auga consumida na finca, medida por contador segundo a facturación realizada polo Servizo Municipal.
2.- Usuarios con outros subministros de auga potable.
2.1.- Os usuarios cuio subministro de auga proveña de forma parcial ou total dun autoabastecemento ou outra fonte, deberán instalar un contador para medir o volume extraído ou implantar no súa captación un sistema de aforo directo dos caudais aportados, aprobados polo concello.
2.2.- Durante o período en que tal sistema no exista ou o Concello non teña acceso ao mesmo, o volume de auga consumida estimarase nunha contía de 14 metros cúbicos/vivenda e mes, é dicir 42 metros cúbicos/vivenda ao trimestre.
Artigo 6.º .-Cota tributaria
1. Acometida á rede xeral: A cota tributaria no suposto de licencia ou autorización para a acometida á rede de sumidoiro coincidirá exactamente co importe do presuposto material da obra, presupostado pola empresa concesionaria dos servicio e aprobado pola Comisión de Goberno.
2.-Servizo de evacuación á rede de sumidoiros:a) Cota de mantemento: 4,60 €/trimestre
b) Cota de consumo:
Industrial: 0,410868 €/metro cúbico
Doméstico: 0,150105 €/metro cúbico
3.- Servizo de depuración:
a) Consumo industrial: 0,453059 €/metro cúbico
b) Consumo doméstico: 0,254174 €/metro cúbico.
4. Cando os feitos impoñibles descritos nesta ordenanza non se produzan conxuntamente co feito impoñible de subministro de auga potable regulado na ordenanza fiscal n.º 17, de maneira que non sexa posible determina-la cantidade de auga vertida á rede de sumidoiros e depurada posteriormente, aplicarase unha cota mínima equivalente a 10 m3 de facturación mensuais.
ARTIGO 7º.- DEVENGO.
O tributo considerarase devengado dende que naza a obriga de contribuir a teor do establecido no artigo 2º. Considerarase que comenza a prestación do servicio que da orixe ó nacemento da obriga de contribuir, entre outras, cando se formule a solicitude, ou dende que teña lugar a acometida efectiva se se levase a cabo sen autorización, ou cando se esté en disposición de recibir o servizo nos termos sinalados na presente Ordenanza e non se solicite o preceptivo enganche.
Artigo 8.º .-Exencións, reduccións e demais beneficios fiscais legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9.1 da Lei 39/88, non se recoñecen outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei ou os derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.
Artigo 9.º .-Liquidación e recadación.
1. A liquidación da cota tributaria pola acometida á rede xeral de sumidoiros será aprobada polo órgano competente do Concello, simultaneamente ó outorgamento da correspondente licencia e baseándose no presuposto presentado pola empresa concesionaria do servicio. A recadación levarase a cabo polo concesionario do servicio, unha vez realizada a notificación ó suxeito pasivo segundo o disposto no artigo 124.1 da Lei Xeral Tributaria.
2. As liquidacións pola prestación dos servicios de rede de sumidoiros e depuración de augas residuais serán aprobadas polo órgano competente do Concello, unha vez confeccionados os correspondentes padróns polo concesionario do servicio, tendo en conta as lecturas de contadores do devandito período. O cobro dos recibos realizarase nas Oficinas do Servicio ou ben mediante xestión bancaria. Os Padróns de cada período trimestral, cos datos dos suxeitos pasivos e a débeda tributaria resultante, serán expostos ó público por un período mínimo de quince días hábiles.
3. Dada a unidade de xestión e mantemento dos servicios de subministro de auga, rede de sumidoiros e depuración de augas residuais, poderase expedir un recibo único que incorpore a facturación trimestral das tres taxas.
Artigo 10.º .-Infraccións e sancións.
No tocante á cualificación das infraccións tributarias e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa que a desenrola.
Disposición adicional.
As cotas tributarias fixadas no artigo 6 desta ordenanza modificaranse anualmente de acordo coa variación do Índice de Prezos ó Consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística.
Disposición final.
Esta ordenanza foi modificada por acordo plenario, tomado na sesión ordinaria celebrada o día... (Expte. 99/176). Exposta ó público por prazo de trinta días hábiles, segundo anuncio publicado no BOP o día... e no Diario... do día..., foi aprobada definitivamente o día. Publicada no Boletín Oficial da Provincia n.º .. do día..., entrou en vigor o día 1 de xaneiro do ano 2000
Esta Ordenanza foi modificada por acordo plenario, tomado na sesión extraordinaria do 20 de decembro de 2002. Exposta ó público por prazo de 30 días hábiles, segundo anuncio publicado no B.O.P. nº 299, de 31 de decembro de 2002, sen que se tiveran presentado reclamacións, entrou en vigor o día primeiro de xaneiro de 2003.
Esta Ordenanza foi modificada por acordo plenario, tomado na sesión ordinaria do 24 de novembro de 2008. Exposta ao público por prazo de 30 días hábiles, segundo anuncio publicado no B.O.P. nº 286, de 13 de decembro de 2008, sen que se tivera presentado reclamacións, entrou en vigor o día primeiro de xaneiro de 2009.
No B.O.P. n.º 207, do 31 de outubro de 2011 -páxina 23-, publicouse o anuncio de aprobación inicial dos acordos. Unha vez transcorrido o prazo establecido no art. 17 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, sen que se teñan presentado alegacións, procede, consonte sinala o parágrafo 4.º do devandito artigo, elevar a definitivos os acordos inicialmente adoptados, procedendo a inserir o texto íntegro das modificacións operadas nos textos das devanditas normas no B.O.P., a efectos da súa entrada en vigor, que se producirá:
Para a ordenanza fiscal n.º 10, o primeiro de xaneiro de 2012.