Betanzos - Ordenanza fiscal n.º 35. Ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos e outros elementos análogos pegados aos edificios e con acceso directo desde a vía pública
ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO.
ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE
Son obxecto desta ordenanza os aproveitamentos da vía pública e terreos de dominio público con caixeiros automáticos e demais aparatos de que se serven as entidades financeiras para prestar os seus servizos, e outros análogos, achegados ós edificios, por implicar un aproveitamento especial da vía pública ou unha especial intensidade de uso da mesma, en caso de goce de espazos sen pechar, abertos ó uso público.
A Ordenanza non será de aplicación ós casos de caixeiros sitos en espazos delimitados por elementos permanentes de peche.
ARTIGO 3º. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO.
Están obrigados ó pagamento das taxas reguladas nesta ordenanza:
1) As persoas físicas ou xurídicas beneficiarias da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público ou a quen afecte ou beneficie,persoalmente ou nos seus bens, os servizos ou actividades públicos que constitúan o seu feito impoñible e en calquera caso, a entidade financeira titular do caixeiro automático.
2) Se é o caso, terán a consideración de suxeitos pasivos as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separados susceptible de imposición.
3) Os beneficiarios dun aproveitamento continuado que figuren no correspondente padrón, en tanto non presenten a baixa, aínda no caso de que cesasen no aproveitamento, mesmo cando o cesamento no dito aproveitamento se deba a causas non imputables ó contribuínte.
ARTIGO 4º.TARIFAS.
A contía das taxas reguladas nesta ordenanza será:
Por unidade de caixeiro automático, ao ano: 248,90 €
Establécese a obriga, a efectos de praticar a correspondente liquidación, de declarar ante a Administración tributaria a instalación e desistalación do caixeiro.
ARTIGO 5º. OBRIGACIÓN DE PAGAMENTO.
A obrigación de pagamento das taxas reguladas nesta ordenanza nace no momento de obter a preceptiva licenza ou ó comezar o aproveitamento especial, coa instalación do correspondente caixeiro.
A preceptiva licencia deberá obterse da Administración municipal previamente ó exercicio do aproveitamento. Para os caixeiros exteriores xa existentes e que conten coa licencia municipal, comezarán a aboar a tarifa dende a entrada en vigor desta ordenanza.
ARTIGO 6º. NORMAS DE XESTIÓN.
1. Para gozar dos aproveitamentos especiais e utilizacións privativas da vía pública, as persoas interesadas deberán solicitar a oportuna licenza.
En todo caso estes aproveitamentos axustaranse segundo o disposto no Regulamento de bens das entidades locais aprobado polo Real decreto 1372/86.
2. O aproveitamento entenderase prorrogado mentres non se presente baixa debidamente xustificada polo interesado. A tal fin, os suxeitos pasivos deberán presentar a oportuna declaración no prazo dun mes seguinte a aquel no que se retire a instalación. As declaracións de baixa dos aproveitamentos prorrogados ou continuados producirán efectos no ano seguinte a aquel en que fosen formuladas.
ARTIGO 7º. PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO
1. O período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese do aproveitamento especial, en cuxo caso, o período impositivo se axustará a esta circunstancia co conseguinte prorrateo da cota, calculándose as tarifas proporcionalmente ó número de trimestres naturais que resten para finalizar o ano, incluído o do comezo do aproveitamento especial.
Así mesmo, e no caso de baixa por cesamento do aproveitamento, as tarifas serán prorrateables por trimestres naturais, excluído aquel no que se produza o dito cesamento. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicitar a devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se producira o aproveitamento citado.
2. O Concello procederá a xirar anualmente a liquidación tributaria que corresponda.
O pagamento da Taxa se realizará por ingreso directo na Tesourería Municipal, ou nas entidades bancarias que establecese o Concello.