Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 35, TAXA POR CAIXEIROS NA VIA PUBLICA
ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e artigo 331 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, este Concello establece a Taxa por aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos e outros elementos análogos, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevido nos artigos 57 e 20.3 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE
Son obxecto desta ordenanza os aproveitamentos da vía pública e terreos de dominio público con caixeiros automáticos e demais aparatos de que se serven as entidades financeiras para prestar os seus servizos, e outros análogos, achegados ós edificios, por implicar un aproveitamento especial da vía pública ou unha especial intensidade de uso da mesma, en caso de goce de espazos sen pechar, abertos ó uso público.
A Ordenanza non será de aplicación ós casos de caixeiros sitos en espazos delimitados por elementos permanentes de peche.
ARTIGO 3º. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO.
Están obrigados ó pagamento das taxas reguladas nesta ordenanza:
1) As persoas físicas ou xurídicas beneficiarias da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público ou a quen afecte ou beneficie,persoalmente ou nos seus bens, os servizos ou actividades públicos que constitúan o seu feito impoñible e en calquera caso, a entidade financeira titular do caixeiro automático.
2) Se é o caso, terán a consideración de suxeitos pasivos as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separados sus- ceptible de imposición.
3) Os beneficiarios dun aproveitamento continuado que figuren no correspondente padrón, en tanto non presenten a baixa, aínda no caso de que cesasen no aproveitamento, mesmo cando o cesamento no dito aproveitamento se deba a causas non imputables ó contribuínte.
ARTIGO 4º.TARIFAS.
A contía das taxas reguladas nesta ordenanza será:
Por unidade de caixeiro automático,ó ano: 248,90 €
Establécese a obriga, a efectos de practicar a correspondente liquidación, de declarar perante a Administración tributa- ria a instalación e a desinstalación do caixeiro.
ARTIGO 5º. OBRIGACIÓN DE PAGAMENTO.
A obrigación de pagamento das taxas reguladas nesta ordenanza nace no momento de obter a preceptiva licenza ou ó comezar o aproveitamento especial, coa instalación do correspondente caixeiro.
A preceptiva licencia deberá obterse da Administración municipal previamente ó exercicio do aproveitamento. Para os caixeiros exteriores xa existentes e que conten coa licencia municipal, comezarán a aboar a tarifa dende a entrada en vigor desta ordenanza.
ARTIGO 6º. NORMAS DE XESTIÓN.
1) Para gozar dos aproveitamentos especiais e utilizacións privativas da vía pública, as persoas interesadas deberán solicitar a oportuna licenza.
En todo caso estes aproveitamentos axustaranse segundo o disposto no Regulamento de bens das entidades locais aprobado polo Real decreto 1372/86.
2) O aproveitamento entenderase prorrogado mentres non se presente baixa debidamente xustificada polo interesado. A tal fin, os suxeitos pasivos deberán presentar a oportuna declaración no prazo dun mes seguinte a aquel no que se retire a instalación. As declaracións de baixa dos aproveitamentos prorrogados ou continuados producirán efectos no ano seguinte a aquel en que fosen formuladas.
ARTIGO 7º. PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO
1. O período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese do aproveitamento especial, en cuxo caso, o período impositivo se axustará a esta circunstancia co conseguinte prorrateo da cota, calculándose as tarifas proporcionalmente ó número de trimestres naturais que resten para finalizar o ano, incluído o do comezo do aproveitamento especial. Así mesmo, e no caso de baixa por cesamento do aproveitamento, as tarifas serán prorrateables por trimestres naturais, excluído aquel no que se produza o dito cesamento. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicitar a devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se producira o aproveitamento citado.
2. O concello esixirá a tarifa en réxime de autoliquidación nos supostos de alta e por medio do correspondente padrón anual respecto as cotas posteriores á alta.
DISPOSICIÓN COMPLEMENTARIA
Para todo o non previsto expresamente nesta ordenanza será de aplicación directa a regulación contida nos artigos 20 a 27 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba a Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e demais normas concordantes de réxime local, e subsidiariamente os artigos 24 a 27 da Lei 8/1989, do 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos, e preceptos concordantes da Lei Xeral Tributaria e da Lei Xeral Presupostaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.