Arteixo - ORDENANZA N.º 36, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE ARTEIXO

Publicación provisional: 10/06/2013 BOP Nº: 109
Publicación definitiva: 01/08/2013 BOP Nº: 145
Aplicable dende: 28/04/2014

ARTIGO 1.-CONCEPTO.

De conformidade co previsto no artigo 127, e segundo as normas contidas no capítulo VI do título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar, especificado nas tarifas comprendidas no artigo 5, e que se rexerá pola presente ordenanza.

ARTIGO 2.-OBRIGADOS AO PAGO.

Están obrigados ao pago do prezo público regulado mediante a presente ordenanza as persoas as que se lles preste o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), calquera que sexa a súa modalidade (dependencia ou libre concorrencia), basándonos no establecido na Orde do 22 de xaneiro de 2009 da Vicepresidencia para a Igualdade o o Benestar pola que se regula o Servizo de Axuda no Fogar ( DOG núm. 22 do 02/02/2009) e o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, da Consellería de Traballo e Benestar, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento ( DOG núm. 63 do 30/03/2012) asi como na ordenanza municipal reguladora do servicio de axuda no fogar do Concello de Arteixo.

Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, a dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

No artigo 6 da ordenanza reguladora do servizo municipal de axuda no fogar do concello de Arteixo se regulan e definen as persoas destinatarias do SAF.

ARTIGO 3.-NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGO.

A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:

1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, por mensualidades vencidas.

2. Por parte do Concello e sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa usuaria para que se efectúe o pagamento (domiciliación bancaria). As excepcións a esta regra (domiciliación bancaria) deberán motivarse cun informe dos técnicos de servicios sociais.

3.-A finais do mes de febreiro de cada ano, ou antes si se producen cambios na situación das persos beneficiarias do servizo, se lles requirirá, por parte dos Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmente a situación socioeconómica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa renda per cápita e o prezo público a aboar.

ARTIGO 4.-BASE IMPOÑIBLE.

Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 4 seguinte, establécese o prezo da hora por prestación do servizo de axuda no fogar dependencia en 13,68 euros/hora, determinado como custe unitario do servizo. Non inclúe o IVE que no seu caso houbera que repercutir.

Así mesmo, establécese o prezo da hora por prestación do servizo de axuda no fogar en libre concorrencia ou básico en 14,29 euros/hora, determinado como custe unitario do servizo. Non inclúe o IVE que no seu caso houbera que repercutir.

ARTIGO 5.-CONTÍA.

5.1.-DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO.

Para a determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo terase en conta o establecido nos artigos 59 e 60 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, da Consellería de Traballo e Benestar, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

A) Determinación da capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido usuarias do servizo de axuda no fogar.

A capacidade económica das persoas dependentes valoradas que teñan recoñecido un dereito de atención mediante o SAF calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capitulo ll do título lll do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.

B) Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia (básico).

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia usuarias do servizo de axuda a domicilio de libre concorrencia, o concello regulará o cómputo da capacidade económica de acordo cos seguintes criterios:

Para os efectos deste artigo considérase persoa usuaria aquela para a que se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria a un dos membros da unidade de convivencia responsables dos menores que forman parte dela.

a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas: ingresos netos que se perciban procedentes de rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

b) Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

d) Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á ultima declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

e) Para a actualización da información relativa á capacidade económica, as persoas beneficiarias do servizo presentarán, antes do final do mes de febreiro de cada ano, ou cando se produzan cambios na súa situación inicial ou ben a petición dos Servizos Sociais do Concello, xustificación documental das circunstancias socioeconómicas tidas en conta para o acceso ao servizo.

5.2.-PARTICIPACIÓN ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO.

Para os efectos de aplicación das tarifas tomarase como referencia o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

A) Determinación da participación no financiamento das persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido usuarias do servizo de axuda no fogar.

1. Cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

GRAO I

GRAO Ii

GRAO Iii

Capacidade económica (referida ao IPREM)

<=20 horas /mes

<=45 horas /mes

<=70 horas /mes

Inferior ou igual ao 100% do IPREM

0.00%

0.00%

0.00%

Maior do 100% e menor ou igual a 115% do IPREM

4.52%

9,61%

14.70%

Maior do 115% e menor ou igual a 125% do IPREM

5.41%

11.50%

17.58%

Maior do 125% e menor ou igual a 150% do IPREM

5.55%

11.79%

18.03%

Maior do 150% e menor ou igual ao 175% do IPREM

5.65%

12.00%

18.35%

Maior do 175% e menor ou igual a 200% do IPREM

5.72%

12.16%

18.60%

Mayor do 200% e menor ou igual a 215% do IPREM

5.81%

12.34%

18.87%

Maior do 215% e menor ou igual a 250% do IPREM

6.03%

12.82%

19.61%

Maior do 250% e menor ou igual a 300% do IPREM

6.24%

13.26%

20.29%

Maior do 300% e menor ou igual a 350% do IPREM

6.42%

13.63%

20.85%

Maior do 350% e menor ou igual a 400% do IPREM

6.54%

13.90%

21.25%

Maior do 400% e menor ou igual a 450% do IPREM

6.63%

14.09%

21.55%

Maior do 450% e menor ou igual a 500% do IPREM

6.70%

14.25%

21.79%

Superior a 500% do IPREM

6.76%

14.36%

21.97%

2. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa usuaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de SAF sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade que se debe pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

3. En ningún caso o importe da participación económica que debe ingresar a persoa usuaria en concepto de participación no custo do servizo poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

4. No caso de que a entidade local asuma tamén a prestación, ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, das atencións e servizos complementarios do nivel básico do SAF regulados no artigo 14.2 do decreto 149/2013, do 5 de setembro, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarán a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

GRAO I

GRAO II

GRAO III

At. 1*

At. 2*

At. 3*

At. 1*

At. 1*

At. 3*

At. 1*

At. 1*

At. 3*

Capacidade económica

(referida a IPREM)

<= 15 horas/mes

<= 28 horas / mes

< = 45 horas / mes

Inferior ou igual a 100% do IPREM

0.00%

12.87%

13.76%

0.00%

22.73%

24.29%

0.00%

35.51%

37.95%

Mayor do 100% e menor ou igual a 115% do IPREM

5.98%

13.10%

14.00%

10.56%

23.13%

24.71%

16.50%

36.13%

38.61%

Mayor do 115% e menor ou igual a 125% do IPREM

7.15%

13.39%

14.31%

12.63%

23.64%

25.26%

19.73%

36.94%

39.47%

Mayor do 125% e menor ou igual a 150% do IPREM

7.34%

13.52%

14.44%

12.95%

23.87%

25.50%

20,24%

37.29%

39.85%

Mayor do 150% e menor ou igual a 175% do IPREM

7.47%

13.61%

14.54%

13.18%

24.03%

25.67%

20.60%

37.54%

40.12%

Mayor do 175% e menor ou igual a 200% do IPREM

7.57%

13.76%

14.70%

13.36%

24.29%

25.96%

20.87%

37.96%

40.56%

Mayor do 200% e menor ou igual a 215% do IPREM

7.68%

13.83%

14.78%

13.56%

24.42%

26.09%

21.18%

38.16%

40.77%

Mayor do 215% e menor ou igual a 250% do IPREM

7.98%

13.96%

14.91%

14.09%

24.64%

26.33%

22.01%

38.50%

41.14%

Mayor do 250% e menor ou igual a 300% do IPREM

8.25%

14.06%

15.02%

14.57%

24.82%

26.52%

22.77%

38.78%

41.44%

Mayor do 300% e menor ou igual a 350% do IPREM

8.48%

14.16%

15.13%

14.98%

25.00%

26.72%

23.40%

39.07%

41.74%

Mayor do 350% e menor ou igual a 400% do IPREM

8.65%

14.35%

15.33%

15.27%

25.33%

27.06%

23.85%

39.57%

42.29%

Superior a 400% do IPREM

8.77%

14.48%

15.48%

15.48%

25.57%

27.32%

24.19%

39.95%

42.69%

*Atención 1: Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia.

*Atención 2: Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

*Atención 3: Servizo de préstamo de axudas técnicas.

5. Establecese como mínimo vital ou contía mínima para gastos persoais no resto dos servizos distintos da atención residencial, prestados dentro da carteira regulada polo Decreto 149/2013, de 5 de setembro, que quedará integramente á disposición da persoa perceptora, unha contía equivalente ao 49 % dos ingresos líquidos percibidos, calculados en cómputo anual.

6. Garantiráselle á persoa usuaria unha dispoñibilidade anual mínima de 2.653€, no suposto de que a persoa usuaria traballe nun centro especial de emprego. Este importe será actualizado anualmente consonte a variación interanual do IPREM.

7. As ausencias mensuais, por causas imputables á persoa usuaria nos servizos con dereito a reserva de praza mensual que sexan superiores aos dez días agás o mes de vacacións e os supostos previstos nos artigos 27 e 28 da Orde de 2 de xaneiro de 2012, referidos ao prazo máximo de dous (2) meses de suspensión temporal, deinvidicarán un 40% do importe correspondente á participación no seu financiamento en concepto de reserva de praza".

C) Determinación da participación no financiamento das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia (básico)

1. O servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia prestarase de forma gratuíta naqueles casos nos que a capacidade económica resulte igual ou inferior ao 80% do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM)

2. Para o resto dos supostos establécese unha regulación progresiva de participación económica no custo do servizo que terá en conta o cálculo da capacidade económica per cápita de acordo co establecido no artigo 20 do regulamento do servizo e segundo o recollido na seguinte táboa:

Capacidade económica

Participación no custe do servizo de SAD básico

Contía

Menor de 0,80 do IPREM

0

0

Maior de 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

10%

1,43 €/hora

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

20%

2,86 €/hora

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

40%

5,72 €/hora

Maior de 2,5 IPREM

60%

8,57 €/hora

O custe do servizo do SAF básico queda establecido en 14,29 €/hora.

3. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

4. Establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

Queda derrogada a Ordenanza fiscal n.º 14, reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA PRIMEIRA.

O IPREM para o presente ano 2014 queda establecido en 532,51€.

Para os vindeiros anos a súa contía será a que anualmente se estableza nos orzamentos xerais do Estado.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA SEGUNDA.

A presente Ordenanza, unha vez aprobada polo Pleno do Concello de Arteixo, será publicada na forma legal establecida e entrará en vigor conforme ao previsto no artigo 70.2 e concordantes da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.