Vedra - Ordenanza fiscal reguladora da achega económica dos usuarios do servizo de axuda no fogar do concello de Vedra

Publicación provisional: 30/07/1998 BOP Nº: 173
Publicación definitiva: 30/07/1998 BOP Nº: 173
Aplicable dende: 13/05/2014

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

1.1. En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba a texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia,

O Concello de Vedra establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar atendendo ao establecido nos artigos 20.4 e 57 do citado Real decreto lexislativo polo que se aproba a texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

1.2. O servizo público de axuda no fogar configurase como unha prestación do sistema público de benestar social establecida na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e de Atención as persoas en situación de dependencia e demais normativa estatal de desenvolvemento, Lei 13/2008 de Servizos Socias de Galicia e demais na normativa de carácter autonómico que desenvolve a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma, e en especial a Orde do 22 de xaneiro do 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG n.º 22, do 2/02/ 2009).

1.3. As atencións que se prestan son as reflectidas no Regulamento municipal do servizo de axuda no fogar no Concello de Vedra.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible a prestación efectiva do servizo de axuda no fogar, nos termos e condicións de intensidade regulada polo Regulamento municipal do servizo de axuda no fogar deste Concello.

Artigo 3.º.-suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas usuarias da prestación do servizo de axuda no fogar, xa sexa con carácter estable ou temporal.

Artigo 4.º.-Responsables.

1.1. Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades as que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

1.2. Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades as que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 5.º.-Cota tributaria.

5.1. A base impoñible estará constituída pola intensidade do servizo, medido en horas, por parte da persoa usuaria.

5.2. O prezo da hora está calculado en función do custo actual sendo para os días laborais de 12,98 € mais IVE e os domingos e festivos de 14 € máis IVE.

Artigo 6.º.-Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar por libre concurrencia.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

Artigo 7.º.-Participación das persoas usuarias no financiamento do servizo de axuda no fogar por libre concurrencia.

Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizo de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita, de cordo co establecido no artigo 6 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

PARTICIPACIÓN NO CUSTE DO SERVIZO DE SAF BÁSICO

Inferior ao 80% do IPREM

0%

Dende o 80% e inferior ao 125% do IPREM

10%

Dende o 125% e inferior ao 150% do IPREM

20%

Dende o 150% e inferior ao 175% do IPREM

30%

Dende o 175% e inferior ao 200% do IPREM

50%

Dende o 200% e inferior ao 225% do IPREM

65%

Dende o 225% e inferior ao 250% do IPREM

70%

Maior do 250% do IPREM

90%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

Artigo 8.º.-Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia.

1- A capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capitulo II do título III do Decreto 149 /2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Artigo 9.º.-Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.

1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 6 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

PARTICIPACIÓN NO CUSTE DO SERVIZO DE SAF BÁSICO

Inferior ao 0,80% do IPREM

0%

Dende o 0,80% e inferior ao 1,25% do IPREM

15%

Dende o 1,25% e inferior ao 1,5% do IPREM

20%

Dende o 1,5% e inferior ao 1,75% do IPREM

40%

Dende o 1,75% e inferior ao 2% do IPREM

50%

Dende o 2% e inferior ao 2,25% do IPREM

65%

Dende o 2,25% e inferior ao 2,5% do IPREM

70%

Maior de 2,50% do IPREM

90%

2- Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

4- En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

5- No caso de atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado.

% Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia.

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

Artigo 6.º.-Obriga de contribuír.

O prezo público devengarase e nace a obriga de contribuír no momento de iniciarse a prestación do servizo.

Artigo 7.º.-Normas de xestión.

7.1 As normas de altas, modificacións e baixas na prestación do servizo son as recollidas nos artigos 8, 9, 12 e 13 do Regulamento municipal do servizo de axuda no fogar.

7.2. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante a primeira quincena do mes seguinte.

7.3. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.

7.4. O Concello de Vedra revisará anualmente os prezos base do servizo, e adaptará as porcentaxes correspondentes ás aportacións das persoas usuarias segundo as modificacións que ponderan emanar dos órganos autonómicos correspondentes. En ambos casos, de darse modificacións, comunicarase por escrito ás persoas usuarias.

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación, e entrará en vigor, unha vez se produza a publicación do seu texto no BOP. A presente ordenanza permanecerá vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa. O texto íntegro da nova ordenanza, ou da ordenanza modificada, será obxecto de publicación no BOP.

Artigo 11.º.- Normas de xestión

2. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.