Ortigueira - ORDENANZA FISCAL Nº 17, REGULADORA DE LA TASA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE PISCINA E INSTALACIONES DEPORTIVAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 19/06/2014 BOP Nº: 116
Aplicable dende: 19/06/2014

Artigo 1.-Fundamento e réxime xurídico.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución española, nos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo cal se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por prestación de servizos das instalacións deportivas municipais e por participación en actividades promovidas polo Concello de Ortigueira, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao prevido nos artigos 20 e seguintes da citada Lei reguladora das facendas locais.

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo o uso e goce das instalacións deportivas de titularidade municipal, entre outras: a piscina cuberta municipal, o ximnasio da piscina, as saunas da piscina, as dúas pistas de pádel da zona da Preguiza, as pistas de patinaxe da Preguiza, o polideportivo do CEIP José María Lage, os campos de fútbol municipais e calquera outra instalación deportiva de titularidade municipal.

Así mesmo tamén constitúe feito impoñible, a participación en actividades de calquera tipo que se desenvolva nas mencionadas instalacións organizadas polo Concello, ben directamente ou mediante empresas de xestión indirecta, como concesionarias ou arrendatarias de servizos.

Artigo 3.-Devengo.

A taxa considerarase devengada, nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servizo, que será no momento no que se formalice a correspondente matrícula ou no momento no que solicite a utilización dos servizos referenciados de acordo coas normas reguladoras do servizo correspondente.

Artigo 4.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos da taxa as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Responsables.

Responderán solidariamente as obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 6.-Base impoñible e liquidable.

Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como o número de horas de utilización das instalacións ou actividades.

Artigo 7.-Cota tributaria.

As tarifas para aplicar serán as seguintes, expresadas en euros:

7.1.-COMPLEXO DEPORTIVO DA PREGUIZA.

Comprende os usos e actividades que se desenvolvan nas instalacións do complexo deportivo: piscina climatizada, ximnasio, sauna, pistas de pádel descubertas e pista de pádel cuberta.

Tarifa

Concepto

Prezo / euros/mes

Prezo/ euros/mes

NON ABONADOS

ABONADOS

A.-

MATRÍCULA

Abonados (tarifa B)

Unha mensualidade do prezo do abono

Cursillistas (tarifa D)

Unha mensualidade do prezo do curso

B.-

ABONADOS MENSUAIS

B.1

Abonado individual

23,50

B.2

Abonado familiar

28,50

B.3

Abonado terceira idade individual

11,60

B.4

Abonado terceira idade familiar

14,80

B.5

Abonado especial

11,60

B.6

Abonado Semanal

25% taxa mensual + 25% de matricula

B.7

Abonado de verán individual

35

B.8

Abonado de verán familiar

43

C.-

ENTRADA DIARIA

C.1

Entrada ADULTO.

4,30

C.2

Entrada MENORES de idade.

2,20

C.3

Entrada reducida.

2,20

C.4

Entrada Familiar.

11

C.5

Entrada 12 accesos. Maiores de idade

40

C.6

Entrada 12 accesos. Menores de idade

20

D.1.-

CURSOS DE NATACIÓN NON INTENSIVOS (de 1 a 3 sesións semanais).

Por cada día de actividade á semana, pago mensual

11,60

5,81

D.2.

CURSOS DE NATACIÓN INTENSIVOS (de catro a seis sesións por semana). Por sesión

1,60

0,81

D.3.-

CURSOS DE NATACIÓN BEBÉS.

Tarifa mensual do curso por cada dia á semana

11,60

5,81

D.4

CURSOS DE NATACIÓN TERCEIRA IDADE E MINUSVALÍDOS

Tarifa mensual do curso por cada día á semana.

6,33

3,17

D.5.-

CURSOS DE XIMNASIO: AERÓBIC, GIMN. MANTEMENTO E SIMILARES. MANTEMENTO COMBINADO. PILATES, etc.

Tarifa mensual do curso por cada día á semana,

11,60

5,81

D.6.-

CURSOS PREPARACIÓN Ao PARTO E MATRONATACIÓN

Tarifa mensual do curso por cada día á semana

11,60

5,81

D.7.-

CURSO DE PREPARACIÓN FÍSICA: opositores, adestrador persoal, etc.

Cota mensual

35,33

17,41

D.8.-

CURSOS DE PADEL.

Ata 18 anos, por persoa/hora

2,13

1,07

18 ou máis anos, por persoa/hora

5,28

2,65

D.9.-

OUTROS CURSOS DEPORTIVOS.

Ata 18 anos, por persoa/hora.

2,13

1,07

18 ou máis anos, por persoa/hora.

5,28

2,65

F.-

OUTRAS ACTIVIDADES

F.1.-

REHABILITACIÓN (Sesión)

23,20

11,60

F.2.-

REVISIÓN MÉDICA. (sen probas complementarias)

28,47

14,24

F.3.

MASAXE.(por sesión)

16,98

8,44

F.4.-

MASAXE RÁPIDA (sesión de 15 minutos)

11,60

5,81

F.5.

XORNADA ACUÁTICA Ou FESTIVA. Por persoa.

5,28

2,65

F.6.-

ALUGUER DUNHA RÚA DA PISCINA (45 minutos).

23,20

11,60

F.7.-

ALUGUER DUNHA PISTA PADEL, menores de idade, por hora (todos os xogadores han de ser menores de idade).

6,00

3,00

F.8.

ALUGUER DUNHA PISTA DE PÁDEL, maiores de idade, por hora,

por 30 minutos engadidos,

12,00

6,00

6,00

3,00

F.9

Aluguer de sala polivalente da piscina. Por hora ou fracción.

3,86

F.10

SERVIZO DE GUARDAROPA (custodia de obxectos de valor)

1,00

0,50

7.2.-As tarifas para aplicar pola utilización das instalacións deportivas de competencia municipal ou participación nas actividades promovidas polo Concello de Ortigueira serán as seguintes:

7.2.1.-TAXA POR USO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

A.-Pistas Polideportivas. Usos deportivos.

A.1.-Por hora de uso ou fracción: 6,15

Esta tarifa inclúe a utilización dun só vestiario.

A.2.-Por uso de luz eléctrica, por hora ou fracción: 2,04

A estes efectos considérase necesaria luz eléctrica a partir das 18 horas.

A.3.-Suplemento por uso dun segundo vestiario e/ou marcadores electrónicos, por hora ou fracción: 3,40

A.4.-Uso exclusivo do pavillón, por hora ou fracción: 67,11

A.5.-Cobro de entrada ao público e utilización de despachos de billetes, por hora ou fracción: 33,57

B.-Pista polideportiva para outros usos

B.1.-Para espectáculos deportivos

B.1.1.-Con cobro de entrada, por hora ou fracción: 100,65

B.1.2.-Sen cobro de entrada, por hora ou fracción: 33,57

B.2.-Para espectáculos non deportivos

B.2.1.-Con cobro de entrada, por hora ou fracción: 503,16

B2.2.-Sen cobro de entrada, por hora ou fracción: 167,74

C.-CAMPOS DE FÚTBOL

Neste apartado inclúese o Campo de Fútbol Municipal de Morouzos e o Campo de Fútbol de San Claudio.

C1.-Por hora de uso ou fracción: 13,45

C2.-Suplemento de luz e vestiarios: 6,75

7.2.2.-TAXA POR PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE PROMOCIÓN MUNICIPAL

7.2.2.-Taxa por participación en actividades deportivas de promoción municipal.

Neste apartado inclúese a participación de calquera persoa en actividades de promoción municipal sometida ao tramite de solicitude de inscrición.

7.2.2.1.-Participación en actividades deportivas, por cada hora de actividade: 2,52 euros/persoa.

A contía por persoa que corresponda abonar pola prestación de cada un dos servizos a que se refire esta ordenanza determinarase segundo cantidade fixa ou en función dos elementos ou factores que se indiquen nos respectivos epígrafes. Na convocatoria da actividade especificaranse os días e horas da mesma e o seu comezo e finalización, así como os períodos de descanso e /ou vacacións.

Cada departamento municipal convocante de cada unha das actividades realizará o calculo horario correspondente á totalidade da actividade, para que multiplicado polo custo, nos de o prezo total da mesma, que se pode ser fraccionado entre os meses de duración da mesma.

Artigo 8.-Criterios xerais de capacidade económica.

Artigo 8.1.-Bonificacións.

a) Para os menores de idade membros dunha unidade familiar, en caso de inscribirse varios, o primeiro abonará o 100% da taxa, e a partir do segundo abonarase o 50% da taxa.

b) Previa petición da usuaria ou usuario poderá concederse unha bonificación do 50% da taxa correspondente sempre que os ingresos anuais ponderados da súa unidade familiar non superen o Salario Mínimo Interprofesional vixente para cada ano.

N.º membros da unidade familiar

Coeficiente de ponderación a aplicar

2

1

3

1

4

0,95

5

0,90

6

0,85

7

0,80

Más de 7

0,75

a) No caso de que exista risco de exclusión social a bonificación poderá acadar o cen por cento da taxa.

Os usuarios solicitantes destas bonificacións deberán reunir ademais os seguintes requisitos:

1.-Que ningún membro da unidade familiar teña débedas tributarias pedantes co Concello.

2.-Que o solicitante e todos os membros da súa unidade familiar estean empadroados no municipio de Ortigueira cunha antigüidade mínima de un ano e teñan a residencia habitual no Municipio.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

- DNI

- Certificado de empadroamento e convivencia de toda a unidade familiar

- Xustificante documental dos ingresos da unidade familiar

- Informe de Servizos Sociais.

As solicitudes serán resoltas pola Alcaldía, previos informes favorables de Intervención e Servizos Sociais e calquera outro que se estime oportuno, e no caso de que sexa favorable especificarase a cuantía da bonificación e o seu período.

Artigo 8.2.-Xestión.

A obrigación de pago da taxa regulada nesta Ordenanza nace desde que se solicite calquera das actividades especificadas na presente ordenanza.

O pago da taxa efectuarase da seguinte forma:

a) Ao formalizar a inscrición.

b) Mensualmente mediante domiciliación bancaria.

En ambos os casos os ingresos correspondentes realizaranse en calquera entidade bancaria nas que teña aberta conta o Concello ou na caixa municipal, debendo presentar o recibo nas oficinas municipais.

Incorpórase a modalidade de pago por mes anticipado para a totalidade das actividades deportivas municipais, permitindo ben o pago en efectivo nas dependencias deportivas da piscina ou concello, ou ben mediante a domiciliación bancaria correspondente. Neste último caso, se existe unha devolución do recibo por parte do interesado, o concello repercutirá os gastos que dita devolución leve consigo.

No caso de que calquera usuario acumule dúas mensualidades pendentes de abono de calquera tipo de actividade, o concello poderá dalo de baixa dos servizos deportivos, debendo realizar de novo todos os trámites de inscrición e abonando a matrícula correspondente. Ademais faculta ao concello para esixir o pago do debido mediante os procedementos legais adecuados.

Artigo 9.º.-Concerto fiscais.

As persoas naturais ou xurídicas, así como as Entidades, Organismos, Asociacións, Federacións, Clubs, etc., que organicen actos con carácter periódico nas instalacións ou/e participen nas actividades mencionadas poderán solicitar o correspondente concerto económico co Moi Nobre Concello de Ortigueira. As condicións do mesmo serán fixadas en todo caso con arranxo ao procedemento legal establecido e a aprobación dos devanditos concertos corresponderá ao órgano competente do Concello, previo os informes regulamentarios

Artigo 10.-Normas de xestión.

Descrición das tarifas:

1. COMPLEXO DEPORTIVO A PREGUIZA (piscina e demais).

A.-MATRÍCULA

Abonarase ao comezo do uso da instalación. O seu obxecto é a tramitación de carnés, fotos, alta informática, etc. Esta cota abonarase a primeira vez que se inscriba na instalación ou actividade. A súa contía é dunha mensualidade do tipo de abono ou do curso onde se matricula o solicitante.

En caso de baixa, deberá pagarse de novo ao inscribirse.

Establécese unha tarifa especial de mantemento do abonado, dun prezo do 30 por cento mensual do prezo mensual de abono, para os abonados que desexen suspender temporalmente a súa asistencia á instalación durante un período máximo de 3 meses ao ano, sen perder a súa condición de abonado. Ao darse de alta de novo na instalación, non deberá abonar ningunha tarifa de matrícula.

B.-ABONADOS ÁS INSTALACIÓNS DA PISCINA MUNICIPAL.

TIPOLOXÍA E COTA MENSUAL

Son abonados, nos seus diferentes tipos, segundo especifícase a continuación, aquelas persoas que abonan unha taxa mensual a cambio dun uso sen límite das instalacións do edificio da Piscina Municipal, sempre dentro do horario de apertura das instalacións, segundo establécese no parágrafo anterior.

Así mesmo teñen dereito a reducións do 50 por cento nos prezos dos cursos de promoción municipal que se realicen nas instalacións do edificio da Piscina, así como o aluguer das mesmas, sinalados no artigo 7.1.

Tipos de abonados:

B.1.-ABONADO INDIVIDUAL.

É a persoa física maior de idade que accede á instalación.

B.2.-ABONADO FAMILIAR.

Enténdese incluído neste concepto de Abonado Familiar a calquera dos responsables dunha unidade familiar, o seu cónxuxe ou similar, e fillos e fillas menores de 18 anos. Tamén forman parte os fillos e fillas maiores de idade e ata que cumpran os 26 anos, se están a cursar algún estudo oficial ou en situación de paro laboral. En ambos os casos debe ser documentada esta circunstancia mediante o correspondente certificado de estudos ou de situación laboral.

B.3.-ABONADO TERCEIRA IDADE INDIVIDUAL.

É abonado de terceira idade individual a persoa de 65 ou máis anos, en réxime de xubilación de actividade laboral. Tamén se aplica esta tarifa ou os xubilados antes desa idade e aos pensionistas.

En todos os casos debe documentarse a situación.

Abona o 50 por cento da tarifa normal.

B.4.-ABONADO TERCEIRA IDADE FAMILIAR.

Cos mesmos criterios que o abonado familiar, pero o titular debe ter 65 anos ou máis ou estar en situación de xubilación da actividade laboral.

Debe documentarse esta situación.

B.5.-ABONADO ESPECIAL.

É un abono de tipo individual.

Se incorporan nesta categoría, os menores de idade de 14 ou máis anos, previa autorización dos pais, membros de colectivos desfavorecidos e minusválidos, todos eles en réxime individual.

Deberá documentarse a situación.

Teñen a consideración de colectivos desfavorecidos, as persoas individuais que así obteñan esta declaración por parte dos Servizos Sociais Municipais. Ademais están incluídos os parados de longa duración (con xustificación mensual) e os declarados minusválidos pola administración competente.

B.6.-ABONADO SEMANAL.

É un abono dunha semana de duración.

O importe será o 25 por cento da cota mensual que corresponda ao tipo de abono, ao que hai que engadir o 25 por cento de matricula.

Este abono non pode renovarse. Deberá solicitarse outro en caso de desexar seguir o uso da instalación, abonando de novo a parte proporcional da cota e de matrícula

Dispón das mesmas modalidades e requisitos que o resto de abonos.

B.7.-ABONADO DE VERÁN.

Para esta categoría só existe a modalidade de individual, cun custo de 34,80 euros mes e a modalidade de familiar, cun custo de 42,70 euros/mes.

Pode renovarse durante os meses de verán, abonando a mesma contía.

C.-ENTRADAS LIBRES

Poden acceder ás instalacións da piscina, ximnasio e sauna, sen límite de tempo, ao longo do día, coas condicións de acceso establecidas, podendo entrar e saír das mesmas sen límite.

Para o acceso aos menores de idade, é absolutamente necesaria a autorización dalgún dos pais ou titores. Dita autorización plasmarase nun documento que ha de formalizarse na piscina climatizada en presenza do responsable da instalación.

Tipos de entradas diarias:

ADULTO.

MENORES DE IDADE.

Idade mínima para acceder á piscina é de 12 anos.

Os menores da devandita idade deberán acceder acompañados dun maior de idade responsable do menor. Os de 12 anos ou máis deberán dispoñer da correspondente autorización paterna ou materna.

Para acceder ao ximnasio a idade mínima é de 14 anos.

REDUCIDA.

Esta entrada aplícase a minusválidos, terceira idade e desfavorecidos, segundo os criterios sinalados nos artigos anteriores.

FAMILIAR, coas características e requisitos establecidos para os abonados familiares.

C.5 C.6.-ENTRADA ABONADA DE 12 ACCESOS.

Teñen unha duración de 1 ano desde a súa emisión e poden ser para maiores de idade, cun prezo de 38,07 euros e para menores de idade, cun prezo de 19,17 euros.

Son entradas individuais.

D.- CURSOS E CURSOS.

Son actividades de promoción municipal específicas á marxe do sistema de abonos, que poden estar participadas por abonados ou por cursillistas non abonados e están baixo a dirección dun monitor.

No caso de abonados, o custo será a metade.

No caso de non abonados, pagarán a totalidade do curso e inicialmente a matrícula.

E.-CONTIDO E DESCONTOS PARA ABONADOS.

O abonado ten dereito á utilización da piscina, zonas comúns, ximnasios e sauna, durante todo o horario de funcionamento das instalacións.

As tarifas fixadas para os cursos de promoción municipal e aluguer de pistas, tanto de carácter xeral como especial, terán para os abonados unha redución do 50% fronte aos non abonados.

F.-REFERENCIA Á XORNADA ACUATICA OU FESTIVA.

Con esta tarifa por persoa, abónase a taxa para a realización de actividades lúdicas dentro da instalación, dirixidas por un monitor, xa sexa a petición de interesado ou organizada pola empresa concesionaria. Cando sexa de actividades en piscina, será necesario un monitor por cada 10 participantes ou fracción.

G.-TARIFAS POR USOS DOUTRAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS OU ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DEPORTIVA SOMETIDAS AO TRAMITE DE INSCRICIÓN.

En canto ás instalacións deportivas de competencia municipal (polideportivo e campo de fútbol) a taxa se devengará no momento mesmo en que se inicie a prestación do servizo.

O usuario ou usuarios serán responsables dos danos que causen nas instalacións e estarán obrigados á reparación dos mesmos.

O Moi Nobre Concello de Ortigueira por medio do órgano encargado da Administración destas taxas, poderá esixir o depósito previo dos mesmos para responder no seu caso as indemnizacións polos danos que poidan producirse no Pavillón ou calquera outro servizo complementario. Igualmente poderá esixir calquera outro depósito complementario coa finalidade antedita.

En termos xerais os pagos realizaranse trimestralmente ou anualmente, e sempre anticipadamente. Neste último caso aplicarase ás tarifas bonificadas. Excepcionalmente permitirase o abono mensual previa solicitude do interesado.

Artigo 11.-Tramitación, resolución e pago das instalacións deportivas competencia do Concello (polideportivo e campo de fútbol).

A tramitación das solicitudes de uso estará diferenciada en dous grupos:

- Aquelas de duración inferior a un trimestre (usos esporádicos).

- Aquelas de duración superior a tres meses (de uso habitual).

Usos esporádicos.-Poderá solicitarse o uso esporádico das instalacións deportivas cunha duración inferior a un trimestre. Neste caso utilizarase un procedemento abreviado de resolución e pago, que se expón a continuación:

A concesión realizarase directamente polo persoal do Pavillón á vista das horas dispoñibles e emitirase o correspondente recibo, que fará as veces de autorización de uso para o período de referencia. Estes usos deben de solicitarse cun mínimo de 48 horas de antelación.

Usos habituais ou de duración superior a un trimestre.-As solicitudes presentaranse no rexistro municipal do Concello, expresando claramente a petición e acompañando unha fotocopia do D.N.I. ou N.I.F. do solicitante.

De oficio apreciarase polo Concello a non existencia de débedas pendentes, así como o cumprimento dos requisitos xerais da solicitude.

Polo servizo de deportes analizarase a solicitude, elaborando a correspondente liquidación da taxa e autorización de uso, que será resolta polo órgano correspondente do Concello, sendo notificado aos interesados de forma regulamentaria.

En ambos os casos os ingresos correspondentes realizaranse en calquera entidade bancaria nas que teña aberta conta o Concello ou na caixa municipal, debendo presentar o correspondente recibo na Conserxería do Pavillón antes do goce da instalación.

Os abonos das taxas por uso das instalacións deportivas poderán efectuarse trimestralmente, antes do período de referencia, ou polo total da liquidación.

A non celebración ou non uso da instalación só dará dereito á súa devolución cando sexa o propio Concello o responsable da non celebración, non tendo o solicitante dereito a reclamar danos e prexuízos se a cancelación do permiso notifícase cun mínimo de 48 horas.

No caso de que calquera persoa física ou xurídica que teña concedida a autorización de uso, non faga uso da mesma durante un período de dúas semanas, sen xustificación, poderá ser dado de baixa no mencionado uso, coa perda das cantidades abonadas.

Artigo 12.-Convenios de colaboración.

O Concello poderá subscribir convenios de colaboración con persoas naturais ou xurídicas para o desenvolvemento de actividades ou uso de instalacións. O contido do mencionado convenio deberá respectar en todo caso o establecido na presente ordenanza.

Artigo 13.-Liquidación e recadación das taxas por uso de instalacións deportivas competencia do Concello (polideportivo e campo de fútbol).

O abono das liquidacións correspondentes aos espectáculos de carácter non periódico deberán realizarse cunha antelación mínima de 48 horas á celebración do espectáculo.

No suposto de usos periódicos, as liquidacións resultantes deberán ingresarse anticipadamente ao período de uso, sen cuxo requisito non poderán utilizarse as instalacións.

No suposto de usos esporádicos aplicarase o disposto no artigo 11.

A non celebración do acto ou do uso autorizado só dará dereito á devolución do importe abonado cando sexa o propio Concello o responsable da non celebración, non tendo dereito o solicitante á reclamación de danos e prexuízos, sempre que a cancelación do permiso notifíquese con 48 horas de antelación como mínimo.

Artigo 14.-Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no RD lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo cal se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 15.-Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.

As entidades deportivas municipais, inscritas con tal carácter no rexistro municipal de Entidades, estarán exentas de abonar as tarifas sinaladas nesta ordenanza, relativas á utilización das instalacións deportivas, excepto a piscina municipal, sempre que teñan asinados convenios de colaboración en materia deportiva co Concello de Ortigueira, se así se establece no citado Convenio.

."

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza entrará en vigor tras a preceptiva exposición pública da mesma e será de aplicación de acordo co disposto no RD lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, pola cal se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais