Miño - ORDENANZA FISCAL Nº 5, REGULADORA DA TAXA POR ALCANTARILLADO, ASI COMO DE TRATAMENTO E DEPURACION DE AUGAS RESIDUALES INCLUIDA A VI-XIANCIA ESPECIAL DAS ALCANTARILLAS PARTICULARES.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/06/2014 BOP Nº: 118
Aplicable dende: 23/06/2014

Artigo 1º.- Fundamento e Natureza

Artigo 1º.- Fundamento e Natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por prestación de servizos ou a realización de actividades administrativas de competencia local por ¿servizos de saneamento, así como de tratamento e depuración de augas residuais, incluída a vixilancia especial de sumidoiros particulares", que se rexerá pola presente Ordenanza, cuxas normas atenden ao prevido no artigo 58 en relación co artigo 20.4.r), ambos da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, de acordo coa modificación establecida na Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais e de Carácter Público.

Artigo 2°.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da Taxa:

a. A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar si se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de saneamento municipal.

b. A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de saneamento municipal, e o seu tratamento para depuralas.

2. Non estarán suxeitas á Taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 3°.¿ Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan:

a ) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titulo dominio útil da finca.

b ) No caso de prestación de servizos do número 1. b ) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.

2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

Artigo 4 °.¿ Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5°.¿ Cota tributaria

1. A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de saneamento esixirase por unha sola vez e consistirá en unha cantidade fixa de 61,75 euros pola primeira vivenda ou loca1 e de 30,93 euros por cada unha das demais do edificio.

2. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos de saneamento e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada na finca.

A tal efecto, aplicarase a seguinte Tarifa:

CONCEPTOS

EUROS

a) Vivendas:

Por saneamento, cada m3

Por depuración, cada m3

50 % consumo de auga

b) Fincas e locais non destinados exclusivamente a vivenda:

Por saneamento, cada m3

Por depuración, cada m3

50% consumo de auga

3. En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ao mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración de este consumo terá o carácter de mínima esixible.

Artigo 6°.¿ Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente Taxa.

Artigo 7°.¿ Devengo

1. Devengase a Taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose a mesma:

a. Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b. Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento municipal. O devengo por esta modalidade da Taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licenza de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2. Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para todas as fincas do Municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista saneamento, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e devengarase a Taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

Artigo 8°.¿Declaración, liquidación e ingreso.

1. Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da Taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

A inclusión inicial no Censo farase de oficio unha vez concedida a licenza de acometida á rede.

2. As cotas esixibles por esta Taxa liquidaranse e recaudaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de saneamento e consumo de auga.

3. No suposto de licenza de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude acompañando o ingreso da autoliquidación das taxas de acometida, que será condición indispensable para a tramitación e obtención de dita licenza.

Disposición Final

A presente Ordenanza fiscal, cuxa redacción definitiva se aprobou polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 29 de agosto de 1989, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1990, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

BOP nº 142 de 29/07/2014:

Corrección de erros no edicto publicado no BOP número 118, do 23 de xuño de 2014, relativos a modificación da ordenanza fiscal.