Miño - Ordenanza fiscal número 5, reguladora da taxa por saneamento, así como de tratamento e depuración de augas residuais incluída a vixiancia especial dos sumidoiros particulares.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 30/12/2024 BOP Nº: 250
Aplicable dende: 01/01/2025

Artigo 1º.- Fundamento e Natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por prestación de servizos ou a realización de actividades administrativas de competencia local por servizos de saneamento, así como de tratamento e depuración de augas residuais, incluída a vixilancia especial de sumidoiros particulares, que se rexerá pola presente Ordenanza, cuxas normas atenden ao prevido no artigo 58 en relación co artigo 20.4.r), ambos da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, de acordo coa modificación establecida na Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais e de Carácter Público.

Artigo 2°.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da Taxa:

a. A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar si se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de saneamento municipal.

b. A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de saneamento municipal, e o seu tratamento para depuralas.

2. Non estarán suxeitas á Taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 3°.- Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufrutuario ou titulo dominio útil da finca.

b) No caso de prestación de servizos do número 1. b ) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de ditos servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.

2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

Artigo 4 °.- Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria. 

Artigo 5º.- Cota tributaria.

1. A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de saneamento esixirase por unha sola vez e consistirá nunha cantidade fixa de 75,90 € por vivenda ou local.

2. A cota tributaria por vaciado de fosas sépticas aplicarase segundo seguinte:

Por contido de fosa séptica vaciado na depuradora

8,27 €/ m³

3. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos de saneamento e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada na finca.

A tal efecto, aplicarase a seguinte Tarifa:

CONCEPTOS

EUROS

a) Vivendas:

Por saneamento, cada m3

Por depuración, cada m3

50 % consumo de auga

b) Fincas e locais non destinados exclusivamente a vivenda:

Por saneamento, cada m3

Por depuración, cada m3

50% consumo de auga

4. En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ao mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración de este consumo terá o carácter de mínima esixible.

5. A cota tributaria por acometida de saneamento, así como conexión ao pozo ou colector.

- Instalación de arqueta de saída, para acometida de augas residuais, con tapa de fundición de 40 x 40, tubería de PVC Ø 160-200 MM./5 atm., incluída excavación, recheo, demolición e reposición de firme no seu caso, así como conexión ao pozo ou colector existente mediante Kit estanco de conexión, unha profundidade máxima de 1,5 m. e para unha lonxitude máxima de 5 m., aplicarase a seguinte tarifa:

ZANJA

EUROS

En terra

496,58 €/Ud.

En asfalto

576,48 €/Ud.

En beirarrúas

622,31 €/Ud.

Todos os prezos anteriores veranse gravados co IVE correspondente.

Artigo 6°.- Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente Taxa.

Artigo 7°.- Devengo

1. Devéngase a Taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose a mesma:

a. Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b. Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento municipal. O devengo por esta modalidade da Taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licenza de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2. Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para todas as fincas do Municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista saneamento, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e devengarase a Taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

Artigo 8°.- Declaración, liquidación e ingreso.

1. Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da Taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

A inclusión inicial no Censo farase de oficio unha vez concedida a licenza de acometida á rede.

2. As cotas esixibles por esta Taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de saneamento e consumo de auga.

3. No suposto de licenza de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude acompañando o ingreso da autoliquidación das taxas de acometida, que será condición indispensable para a tramitación e obtención de dita licenza.

Disposición Derradeira

A presente modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa de saneamento, entrará en vigor no día da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2025. A ordenanza continuará vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.