Cariño - ORDENANZA MUNICIPAL DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE CARIÑO

Publicación provisional: 11/02/2016 BOP Nº: 27
Publicación definitiva: 04/04/2016 BOP Nº: 62
Aplicable dende: 21/04/2016

ARTIGO 1.-RÉXIME XURÍDICO.

A concesión das prestacións municipais baixo a denominación de emerxencia social, rexeránse polo disposto na presente Ordenanza e nas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento.

ARTIGO 2.-OBXECTO.

A presente ordenanza ten como obxecto a regulación do procedemento de concesión das axudas de emerxencia social no municipio de Cariño. Con estas axudas preténdese apoiar a aquelas persoas e familias que carecen de recursos económicos para afrontar as súas necesidades básicas como a alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social.

ARTIGO 3.-CLASIFICACIÓN DAS PRESTACIÓNS.

As prestacións clasificaránse do seguinte xeito:

a) Prestacións económicas que serán entregadas mediante cheque bancario, transferencia ou calquera outro medio válido.

b) Prestacións económicas efectuadas a provedores, arrendatarios, subministradores, etc., dos usuarios ou beneficiarios das prestacións.

ARTIGO 4.-BENEFICIARIOS.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou unidades familiares do Concello de Cariño que se atopen en situación de emerxencia social (segundo informe dos servizos técnicos municipais) e estean empadroadas no municipio con unha antigüidade mínima de seis (6) meses.

Poderá excepcionarse xustificadamente este requisito, e mediante o correspondente informe dos servizos técnicos, cando se trate de situacións singulares e urxentes como poden ser as persoas en situación de necesidade extrema.

Enténdese por unidade familiar o núcleo de convivencia composto por dúas ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou análoga relación de afectividade, por parentesco de consanguinidade ata o terceiro grao e por afinidade ata o segundo grao.

Na unidade familiar tan só unha persoa pode ter a condición do beneficiario aínda que as axudas se outorguen en beneficio da unidade familiar.

ARTIGO 5.-REQUISITOS.

5.1.-Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria aquelas persoas que cumpran, ademais do sinalado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, os seguintes requisitos:

1.º.-Ser maior de idade ou menor emancipado, ou no seu defecto, iniciar ou ter iniciado o trámite legal de emancipación.

2.º.-Estar empadroado no Concello de Cariño de forma ininterrumpida cunha antelación mínima de seis meses á data da solicitude, agás nas situacións de urxencia referidas no artigo 4 da presente Ordenanza.

3.º.-Acreditar a situación de necesidade e aportar a documentación necesaria en cada caso, de conformidade co esixido no artigo 6 da presente Ordenanza.

4.º.-Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia: ingresos non superiores ao importe do SMI* por unidade familiar composta por 2 membros, que se incrementará nun 10% por cada membro que conforme cada unidade familiar, entendendo por esta a composta por nais, pais, titores/as ou acolledores/as e os/as menores.

5.º.-Acreditar mediante declaración xurada ou algún dos seus integrantes non recibiron axudas polo mesmo concepto de ningún outro organismo, entidade ou Administración pública, así como, estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

ARTIGO 6.-DOCUMENTACIÓN.

6.1.--As solicitudes levaránse a cabo nas Oficinas dos Servizos Sociais Comunitarios, sito no Edificio da Casa do Concello, Avda.Paz, n.º 2, en Cariño.

6.2.-A documentación que deberán achegar xunto coa solicitude será a seguinte:

- Fotocopia do DNI do/da solicitante, NIE ou pasaporte.

- Volante de empadroamento da persoa solicitante.

- Volante de empadroamento colectivo da persoa solicitante.

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia do certificado de minusvalía, resolución de invalidez ou do recoñecemento do grao de dependencia, no caso de que algún membro da unidade de convivencia estea afectado por algún tipo de discapacidade.

- Declaración responsable da persoa solicitante (segundo ANEXO II) na que se faga constar: a contía dos ingresos obtidos por todos os membros da unidade de convivencia en concepto de rendas, intereses, retribucións, pensións, ou calquera outro título; e que non se están a percibir nin se solicitaron outras prestacións para o mesmo fin, no caso de telas concedidas, copia da resolución.

- Xustificación documental dos bens mobles e inmobles de todos os membros da unidade de convivencia.

- Última declaración da renda ou certificación negativa de non facela de todos os membros da unidade de convivencia.

- Certificacións bancarias de saldos, depósitos valores e contas a 31 de decembro do último ano de todos os membros da unidade de convivencia.

- De ser o caso, copia da sentencia de separación, divorcio ou nulidade, xunto co convenio regulador e en defecto destes, declaración xurada de percibir ou non pensión alimenticia a favor de fillo/a a cargo.

- Sempre que sexa posible,tarxeta do Servizo Público de Emprego que acredite a situación de demanda ou mellora de emprego das todas as persoas que conformen a unidade de convivencia, se é o caso.

6.3.-Non se poderá acceder a estas axudas municipais:

a) Cando, de existir, non se teñan utilizado as canles que outras Administracións teñan establecido para atender estas necesidades, a non ser que sexa para complementar o importe concedido.

b) Cando se perda o dereito a unha prestación pública recoñecida por causas imputables á persoa solicitante das axudas.

c) Cando non se teñan xustificado as axudas concedidas nos prazos establecidos en función da forma de pagamento (cheque bancario, transferencias).

ARTIGO 7.-APLICACIÓN ORZAMENTARIA.

Para o financiamento destas axudas destínase o crédito previsto no orzamento do correspondente exercicio orzamentario en vigor.

ARTIGO 8.-NATUREZA E CONTÍA DAS AXUDAS.

8.1.-Natureza das axudas:

Indícanse, con carácter xeral, os seguintes conceptos de prestacións:

1.º.-Gastos de vivenda, que inclúe:

Gastos de aluguer, cando existan garantías de continuidade na vivenda.

Créditos hipotecarios con entidades bancarias, en evitación de desafiuzamentos, sempre que non se disfrutase xa de axudas públicas por este concepto durante os períodos de adebedamento.

Débedas de comunidade.

Mobiliario de primeira necesidade.

Débedas de subministros: enerxía eléctrica, augas e gas.

2.º.-Alimentación básica, incluída a infantil á venda en establecementos de alimentación.

3.º.-Gastos de atención sanitaria non cubertos polo sistema público de saúde:

- Gastos de atención sanitaria para a adquisición de medicinas e pagamento de débedas xeradas por este concepto, na porcentaxe non cuberta polo sistema sanitario.

- Gastos de atención sanitaria non cubertos polo sistema público (adquisición, reparación e adaptación de lentes, ortopedia e próteses), acreditando a súa prescripción por un médico do sistema público de saúde.

4.º.-Gastos persoais de primeira necesidade (a xuízo dos técnicos de servizos sociais).

5.º.-Aloxamentos (pensións, cuartos, etc.)

En todo caso, as axudas concedidas teñen carácter temporal e extraordinario e non poderán ser invocadas como precedente.

8.2.-A contía das axudas serán dun máximo anual do 200% dunha mensualidade do IPREM.

ARTIGO 9.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

A solicitude acompañada da documentación establecida no artigo 6.2 presentarase no Rexistro xeral do Concello de Cariño, no modelo descrito no ANEXO I da presente Ordenanza. De maneira excepcional a solicitude poderáse presentar de oficio cando concurran circunstancias graves, extraordinarias e urxentes cando se determine polos informes técnicos municipais.

ARTIGO 10.-TRAMITACIÓN, RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN AOS INTERESADOS.

Unha vez recibida a solicitude, e en caso necesario, requiriráselle a persoa beneficiaria para que proceda á subsanación de erros ou para a achega de documentación necesaria no prazo de dez días hábiles, facéndolles saber que en caso contrario, teráselles por desistido da súa petición, procedéndose ao arquivo do expediente.

Os Servizos Sociais, despois de efectuar as súas comprobacións oportunas, efectuará a valoración técnica e elaborará un informe social coa proposta e contía pertinente.

As solicitudes xunto coa documentación adxunta e o informe social pertinente, e logo da fiscalización da Intervención municipal, será elevado á Xunta de Goberno local para que emita a resolución correspondente, na que figurará o nome da persoa beneficiaria, o concepto da axuda, a contía e a forma de pagamento.

A resolución de concesión da axuda notificaráse ao interesado.

Unha vez concedida a axuda, a persoa beneficiaria deberá asinar o recibín e disporá dun prazo de dez días desde a recepción da mesma para presentar a xustificación perante os técnicos municipais, mediante facturas ou documentos acreditativos do gasto realizado.

ARTIGO 11.-OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.

1. Aplicar a prestación ás finalidades para as que foron concedidas.

2. Permitir e facilitar o labor do persoal designado para comprobar a situación económica e familiar dos posibles beneficiarios.

3. Comunicar os cambios que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou acumulación da prestación.

4. Reintegrar o importe da prestación indebidamente percibida ou en contía indebida.

5. Comunicar calquera cambio de domicilio.

6. Cumprir as condicións e obrigas específicas determinadas en cada caso pola profesional de traballo social correspondente.

7. Presentar as facturas xustificativas da axuda recibida no prazo de dez días hábiles dende a notificación da concesión de axuda.

ARTIGO 12.-EXTINCIÓN E REINTEGRO.

Serán causa de extinción da axuda concedida os seguintes supostos:

a) Falseamento ou ocultación de datos para obter a axuda.

b) Desaparición das circunstancias que deron lugar á concesión da axuda.

c) Baixa no padrón municipal.

d) Falecemento do/a beneficiario/a.

ARTIGO 13.-COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS.

A concesión destas axudas será incompatible con calquera outro tipo de axudas coa mesma finalidade.

DISPOSICIÓN FINAL

Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo de quince días hábiles ao que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local., permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXOS

ANEXO I

SOLICITUDE DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE CARIÑO

Nome ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. Apelidos ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.

DNI ¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿.. Teléfono ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

Enderezo ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿

A.-UNIDADE ECONÓMICA DE CONVIVENCIA

NOME E APELIDOS:

DNI:

IDADE:

PARENTESCO:

B.-INGRESOS MENSUAIS

NOME E APELIDOS:

CANTIDADE:

C.-VIVENDA

PROPIA: ALUGADA:

D.-DESCRICIÓN DA AXUDA E IMPORTE DA MESMA

E.-DECLARO: Que son certos os datos que consigno na presente solicitude.

F.-Documentación que acompaño:

Cariño, ¿¿¿¿. de ¿¿¿¿..

Asdo:

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CARIÑO

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

D./D.ª ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. con DNI ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. e enderezo ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

- Que non percibo nin percibín no mesmo ano ningunha axuda para a mesma finalidade para a que solicito.

- Que a contía dos ingresos obtidos por todos os membros da unidade de convivencia en concepto de rendas, intereses, retribucións, pensións, ou calquera outro título é a seguinte: ¿¿¿¿¿¿¿.

Cariño, ¿¿¿¿¿¿¿¿¿

Asdo.: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo de quince días hábiles ao que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.